Polígonos eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur e a Liña Eléctrica Aérea de Alta Tensión nos concellos de A Estrada, Cuntis e o Campo Lameiro
Liña Eléctrica Aérea de Alta Tensión de 8 km. Trazado a menos de 400 metros de aldeas de Arca.
Gran afección ao sistema hídrico do Monte Cabalar e o Cádavo, especialmente ás brañas e humedais. Potencial impacto negativo na rede de traídas veciñais.
EN PRAZO DE ALEGACIÓNS ATA O 12 de NOVEMBRO
-6 aeroxeradores de 206 metros altura total (poste de 118,6 m./ palas 87,5 m.) e 6,66 MW potencia. -Potencia total 40 MW.
-LIÑA DE ALTA TENSIÓN de 7,88 km, punto de conexión en Subestación Touriñan III-2 (Campo Lameiro, parroquia de Muimenta)
-Outras infraestruturas: Subestación Eléctrica, 2 torres de medición, gabias, pistas...
-Ubicación: Polígonos eólicos nos concellos de A Estrada e Cuntis (Zona Monte Cabalar) e LIÑA DE ALTA TENSIÓN en A Estrada e O Campo Lameiro (Do Monte Cabalar ao Monte Cádavo)
-Parroquias afectadas: A Somoza, Arca, Souto, Cuntis (Folgoso,Mesego, Zoo, Fuxacos), Cequeril, Couso e Muimenta. Parroquias lindantes con gran impacto visual.
-Tramita: Xunta de Galicia
-Empresa promotora: Nesa Vento Galego 3, S.L. e Nesa Vento Galego 2, S.L. de REPSOL.
Ínstase aos Concellos de A Estrada, Cuntis e Campo Lameiro para que informen á poboación, emitan informes rigorosos e presenten alegacións sobre as afeccións destes polígonos eólicos e a liña de alta tensión
A poboación afectada debe ser informada sobre os proxectos con grandes impactos que se proxectan encima das súas vivendas e aldeas. Seis aeroxeradores de 206 metros de altura e unha liña eléctrica de alta tensión de 8 quilómetros non son inocuos e suporán un problema para o a calidade de vida e a saúde da veciñanza, os recursos hídricos, a paisaxe, o medio natural e a economía local.
Tarabela de Terra de Montes
Feed RSS
