David Otero
Secundino e Francisco
Francisco e Secundino
...
Velaí que na vosa presenza,
recordo determinado de fidelidade,
nós hoxe
neste espazo
exercemos memoria
memoria ela…
participativa e edificante
elemental fundamental,
tal tecido cívico
da nosa grande memoria nacional
galega.,.
E destas..
manifestamos perante vosa
nos afectos e respectos
a nosa proposta de traballo
consonte coa construción irrenunciable
da vosa restauración e restitución
integrada na pureza das vosas vidas exemplares
de absolutas inocencias de sentencia
dispostas outrora ilexitimamente a asasinato
por indecentes voitres
militantes do terror
no arrecendo das vinganzas
e nos descaros das inxustizas.
Ben sabemos irmaos nosos
que a vosa verdade
a vosa memoria,
como este espazo da Ponte do Barco,
ben que lle estorban aos inmorais
esas e eses investidos vencedores
que arestora...
proclaman igualdade co aquel de...
“ os outros tamén fixeron”
din,
e con descaro alentan falsas concordias
e demandan olvidos
e dan consellos
de “ non remover nada”
de que “ o mellor… é olvidar”
A volos dous,
nin a ningunha, nin a ningún,
irmandados no noso vitimario comunal,
vos permitiremos que vos leven
no colectivo de invisibles
Quérenvos
silenciados,
olvidados.
botados aos ninguén
Elas e eles...
que se nomean patriotas
desexan que ninguén en vós repare,
que todo mellor…
escondido
na escuridade das historias inventadas
á luz de verdades apagadas.
…pero volos dous hoxe,
e ben probado,
desde este emblemático lugar,
a toda a Galiza,
a día, a noite,
a mencer e a solpor,
a este Pobo aportades
luz intensa de dignidade ,
fulgor escintilante de gloria popular,
E así pois tamén
á nosa estrela comunal de liberdade...
a que marca infalible o noso norte de liberación
como pobo construtor de beleza e vida,
soberano,
en conquista de ser e de memoria plena
para así tamén aflorar
os ruídos reféns e fundamentais
dos nosos silencios.
Non permitiremos...
que xa non máis
vos firan de morte
porque así tamén sería...
a nós ferirnos
Por iso hoxe
queremos que as nosas palabras
o sexan de liberación
tal como ferro afiado
para sega das desmemorias aflorecidas
na dimensión das nosas responsabilidades
Así ha ser...
para que as e os traidores da nosa historia
da nosa liberdade
non medren na impunidade,
nin na inxustiza da súa historia,
que derivan...
da súa falsa memoria vencedora,
e que a vós…
Secundino e Francisco,
Francissco e Secundino,
Queren aplicarvos
para negarvos
Pero aquí, presentes,
na reparación vosa...
merecente de xustiza
AQUÍ ESTAMOS
AQUÍ ESTAMOS NÓS
pois a vosa condición de mártires…
non caduca nunca
e iso xa que logo
na loita
non se olvida nunca…
NUNCA….
david otero ( pola AC VAGALUMES)
ponte do barco en pedre de cerdedo
a 13 de agosto ( mes de martírio)
de MMXXIV