Tendo en conta a situación de emerxencia lingüística en que nos atopamos, cómpre que a sociedade galega se active e se mobilice para frear a perda de falantes. Por iso, gustaríanos contar coa vosa presenza no plenario, para entre todos avaliar a situación da nosa lingua, así como a definición das accións a realizar partindo da proposta de puntos mínimos e medidas urxentes exposta en novembro por Queremos Galego, para comezar a reverter a situación actual e repoñer o noso idioma en todos os espazos onde está excluído.