TABEIROSMONTES
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Ancorados (San Pedro)
      • Ancorados (San Tomé)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Castro (San Miguel)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • Santeles (San Xoán)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vea (San Xiao)
      • Vea (San Xurxo)
      • Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
      • Vea (Santo André)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Beariz >
      • Beariz (Santa María)
      • Lebozán (Santa Cruz)
      • Xirazga (San Salvador)
    • Cerdedo >
      • Castro (Santa Baia)
      • Cerdedo (San Xoán)
      • Figueiroa (San Martiño)
      • Folgoso (Santa María)
      • Parada (San Pedro)
      • Pedre (Santo Estevo)
      • Quireza (San Tomé)
      • Tomonde (Santa María)
    • Forcarei >
      • Aciveiro (Santa María)
      • Castrelo (Santa Mariña)
      • Dúas Igrexas (Santa María)
      • Forcarei (San Martiño)
      • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
      • Meavía (San Xoán)
      • Millarada (San Amedio)
      • Pardesoa (Santiago)
      • Pereira (San Bartolomeu)
      • Presqueiras (San Miguel)
      • Presqueiras (Santa Mariña)
      • Quintillán (San Pedro)
      • Ventoxo (San Nicolao)
  • Patrimonio
    • Material >
      • Arquitectura vernácula >
        • Pombais
        • Reloxos de sol
      • Castros >
        • Castro de Barbude
        • Castro de Garellas
        • Castro Loureiro
        • Castro da Mouteira
        • Castro de Ribela
        • Castrp Valente
      • Cruceiros >
        • A Estrada
        • Forcarei
        • Cerdedo
      • Hórreos >
        • O hórreo do Coto Nabal
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas >
        • Capela de San Bartolomé
      • Industria
      • Lavadoiros >
        • Lavodoiro de Liñares
        • Lavadoiro de Fontegrande
        • Lavadoiro do Souto
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Aciveiro
      • Muíños >
        • Muíño de Ricovanca
        • Muíños de Vesacarballa
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petos de ánimas
      • Petróglifos >
        • Cuiña (Quireza)
        • Laxa da Romaxe
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Ricovanca
        • Ponte de Santo Antonio
        • Ponte Vea
        • Ponte de Gundián
        • Ponte de Paradela
        • Ponte de Parada
        • Ponte de Leira
        • Ponte Liñares
        • Ponte do Reconco
        • Ponte de Gomail
        • Ponte do Crego
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Andón
        • Ponte de Pedre
        • Pontes do Lérez
      • Torres e castelos >
        • A Torre da Barreira
        • Castelo de Cira
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Natural >
      • Árbores >
        • Sobreira de Valboa
        • Sobreira de Valiñas
      • Fervenzas >
        • Fervenza de Callobre
        • Fervenza da Caldeira
        • Fervenza da Cova do Lago
        • Fervenza de Curantes
        • Freixa de Chamosa
        • Fervenza da Firveda
        • Fervenza da Graña
        • Pozo Sangoento
        • Fervenza do Segón
      • Fontes
      • Flora >
        • Cogumelos
        • Piornal de San Trocado
      • Fauna >
        • Aves >
          • Canilonga
        • Anfibios e réptiles
        • Invertebrados
        • Mamíferos >
          • Lontra
        • Peixes
      • Lagoas >
        • Canteira de Ventoxo
        • Lagoa Sacra
        • Lagoa do Seixo
      • Montes >
        • Cádabo
        • Candán
        • Monte do Seixo
        • Montouto
        • Pico Sacro >
          • Fotografías
          • Textos
          • Vídeos
        • Serra de Cabanelas
      • Penedos >
        • Penedas de Naveiro
      • Ríos >
        • Umia
        • Ulla
      • Vales
    • Inmaterial >
      • Entroido
      • Haxiografía
      • Mitoloxía
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Romaxes >
        • A Saleta de Bugarín
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán
  • Artes
    • Artesanía >
      • Fernando Porto
    • Cine >
      • Chano Piñeiro
    • Escultura >
      • Ignacio Cerviño
      • Esculturas funerarias >
        • Cemiterio de Folgoso
      • A purísima de Asorey
    • Fotografía >
      • Karina
      • Pedro Brey Guerra
      • Maxcarun >
        • Aves
        • Insectos
        • Mamíferos
        • Reptis e anfíbios
      • Naturgalicia
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Chorovía na moucarría
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Pintura >
      • Virxilio Blanco
    • Teatro
  • Letras
    • Avelina Valladares
    • Andrea Porto >
      • Textos
    • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
    • Antonio Fraguas
    • Antonio Rodríguez Fraiz >
      • Textos
      • Estudos
      • Entrevistas
    • Carlos Loureiro >
      • Textos
    • Carlos Mella
    • Calros Solla >
      • Textos
    • David Otero >
      • Textos
      • Fiestra Con Masa
    • Dionísio Pereira >
      • Textos
    • Goretti Sanmartín >
      • Textos
    • Manuel Cabada Castro >
      • Textos
    • Manuel García Barros >
      • Correspondencia >
        • Cecilia Alcoba
        • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
      • Documentos
      • Fotos
      • Vídeos
      • Estudos
    • Manuel Espiña Gamallo
    • Manuel Daniel Varela Buxán >
      • Fotos
      • Textos
    • Marcial Valladares Núñez >
      • Actividades
      • Estudos
      • Obra
      • Vídeo
    • Neves Soutelo >
      • Textos
    • Olimpio Arca Caldas >
      • Fotos
      • Obras
      • Vídeos
    • Ramón de Valenzuela Otero >
      • Achegas >
        • Sermos Galiza
      • Fotos
      • Vídeos
    • Santiago Gómez Tato
    • Sindo Villamayor >
      • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Aríns >
      • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna Sanmartín >
      • Recursos
    • Xosé Manuel Martínez Oca
    • Xoseme Mosquera >
      • Vida
      • Obra
    • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
      • Biografía
      • Documentos
      • Imaxes
      • Obra
    • Xosé Otero Abelleira >
      • Fotografías
    • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
      • Do autor >
        • Vivir morrendo
      • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
      • Un Otero Espasandín de vinte anos
    • Xosé Varela Buela
    • Xurxo Esquío >
      • Xurxo Esquío
  • Historia
    • Feitos >
      • Prehistoria
      • Idade Antiga
      • Idade Media
      • Idade Moderna
      • Idade Contemporánea >
        • Revolta labrega de 1915 >
          • Sociedades agrarias
          • Xornais e documentos
          • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
          • Recuperación da Festa Labrega
          • Revolta labrega de 1915
    • Persoas >
      • Anxel Campos Varela
      • Manuel Ventura Figueroa
      • Mary Isaura
      • Pedro Campos Couceiro
      • Pedro Varela Castro
      • Ramón Silvestre Verea García
      • Virxinia Pereira
      • Waldo Álvarez Insua
  • Memoria
    • Actividades >
      • Ponte do Barco
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • Listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Campo de Laudas
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
      • Simboloxía franquista
    • Nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono
      • Alfredo Iglesias Álvarez
      • Candido Tafalla Froiz
      • Manuel Brea Abades
      • Manuel Garrido "O resucitado"
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros Salgueiro
      • José Mª Baliño Sánchez
      • José María Pena
      • Manuel García Barros
      • Antonio Fraguas Fraguas
      • Jesús Ignacio Puente Fontanes (Balseiros)
      • Bernardo Mato Castro
      • Hixinio Carracedo Ruzo >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas
      • José Mª Taberneiro
      • José Rodríguez Sangiao
      • Manuel Puente Porto
      • Manuel Coto Chan
      • Martiño Ferreiro Álvarez
      • Ramón Fernández Rico
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
    • Represores >
      • Padre Nieto
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Asociacionismo cultural >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades >
          • Conmemorar Carvalho Calero
        • Vídeos
        • Publicacións
        • Fotos
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • Capitán Gosende
      • CETMO
      • Colectivo Portalén
    • Ecoloxismo >
      • Atri Non
      • Invasión eólica
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP de Figueroa >
          • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
        • CEIP Cabada Vázquez
        • CEIP Pérez Viondi
        • CEIP Villar Parama
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
      • Secundaria >
        • IES Nº 1 >
          • Fotos
        • IES Manuel García Barros >
          • As nosas letras
        • IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
        • IES Chano Piñeiro >
          • O Chaniño - Biblioteca
          • Lingua de Montes
    • Feminismo >
      • Asociacionismo >
        • Colectivo Feminista
        • Espadela >
          • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
          • Festa da Vincha
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Unha mámoa no Samarco de Pardesoa

27/10/2024

0 Comentários

 

O colectivo Capitán Gosende descobre unha mámoa nos Toxais da Carballa, sitio arqueomítico da aldea do Samarco

Calros Solla
Foto
A carón de Xavier Cortizo, no goio da mámoa dos Toxais da Carballa.
O domingo 20 de outubro, os exploradores do Capitán Gosende citámonos coa boa xente do Samarco (Pardesoa-Forcarei) para percorrermos xuntos o camiño que comunica a aldea co denominado “castro das Mouteiras”, un xacemento catalogado por Patrimonio no ano 2002 (GA36018045). Había tempo que planeabamos pór o pé nese contraforte do monte do Samarco, afectado polo damóclico proxecto de construción do tren de alta velocidade Madrid-Vigo.

O “castro das Mouteiras” afástase un quilómetro escaso do casarío, dirección suroeste, situándose a unha altitude de 628 m. O mapa sombreado ou a fotografía do “Voo americano” do ano 56-7 permite albiscar aquilo que sobre o terreo se lle oculta aos ollos. Os visores corroboran que o sitio arqueolóxico posúe forma oval. O topónimo “Mouteiras” evoca un terreo choído de chantos, marcos ou pedrafitas. Velaquí as dimensións do ben catalogado: uns 125 m de lonxitude de eixe maior (medido dende o bordo exterior do foxo perimétrico) e uns 100 m de eixe menor (ídem); uns 350 m de lonxitude de perímetro exterior e uns 225 m de lonxitude de perímetro interior.

Nun labor de milenios, os axentes naturais aterraron a gabia, o parapeto e os vestixios construtivos (se os houber) da superficie acoutada, e tamén ocultaron unha ampla avenida (uns 100 m de lonxitude visíbel e uns 17 m de largo) que, na dirección leste-oeste, acada o recinto murado pola súa sección sueste. Hai seis anos –dezaseis anos despois da súa catalogación–, a prensa local (Faro de Vigo: “¿Un henge en Forcarei?”, 2-9-2018) facíase eco interrogativo da súa existencia.
Malia o sitio arqueolóxico de Pardesoa figurar consignado no catálogo de Patrimonio coa denominación “castro”, nós preferimos identificalo cun “henge” (anglicismo), aludindo unha estrutura arquitectónica prehistórica, caracterizada pola presenza dun foxo circular ou elíptico e mais o ribazo subsecuente; ou ben cun curro prehistórico, empregado para ameixoar o gando no monte; ambas as dúas estruturas, datábeis no Neolítico. Non sería, pois, o xacemento de Pardesoa un espazo habitacional da céltica Idade do Ferro (+/- 2.000 anos de antigüidade), senón un espazo ritual, sagrado, cerimonial, ou unha cerrada gandeira duns 6.000 anos de antigüidade.
Se o de Pardesoa for “henge”, engadiríase á listaxe in crescendo de sitios arqueolóxicos afíns, achados na Galiza nos últimos tempos: A Roda (Barreiros), As Lavandeiras (Xove), A Mourisca 1 e 2 (Cervo), As Portaleiras (Laracha-Cerceda)... (Léase Faro de Vigo: “Descuberta dun crómlech en Cerdedo”, 3-4-2024).
Se for un curro neolítico, o de Pardesoa sumaríase na comarca ao Coto da Roda (na estrema das parroquias de Castrelo e Parada-Cerdedo) e á Roda da Ameixoada (parroquia de Figueiroa-Cerdedo); ambos os dous, dados a coñecer no seu día polo colectivo Capitán Gosende (Faro de Vigo: “O Coto da Roda, un curro neolítico”, 23-9-2012; Faro de Vigo: “A Roda da Ameixoada, un novo curro prehistórico en Cerdedo, 2-12-2012). O Coto da Roda foi catalogado por Patrimonio en 2014; a Roda da Ameixoada agarda ad calendas graecas. Se a autoridade local quixese facer forza en prol da súa pronta catalogación, nós apludiriamos o esforzo. A perder ninguén é rico.
Xacando, algún arqueólogo castelanfalante se deixou caer polo “castro das Mouteiras”, e informou os veciños da existencia no seu monte dun “hoyo” (o foxo do xacemento). Dende aquelas, o pobo failles saber aos visitantes que no coto das Mouteiras hai un “ollo”, atribuíndolle ao fenómeno a condición de apotropaica sentinela do poboado. Na transmisión oral do saber tradicional opera unha máxica artesa onde se amasan os mitos.
Volvendo á paseata do domingo, avanzabamos en boa compaña polo antigo camiño de carro dos Tallós ou das Mouteiras (hoxe ancheado polos madeireiros), afagando a vista coas cores outonizas da fraga. Á altura das leiras coñecidas polos Toxais da Carballa, o señor Manuel –que nos guiaba– sinalou unha prominencia do terreo, situada á beira dereita da verea. Nomeou o sitio O Burato da Moura.
Adobiou o señor Manuel aquel montelo cunha lenda tan saborosa coma elucidadora: “Dicían os vellos que dende aquí ata O Curriño (onde hoxe verdea a carballeira do Samarco), a uns 700 m de distancia cara ao norte, téndense soterradas dúas vighas: unha de ouro e outra de alcatrán. Se os cacheadores de tesouros bateren na rebusca coa vigha de alcatrán, un pavoroso incendido arrasaría a contorna”.
Sentado diante dun mapa, comprobei que debuxando, de sur a norte, unha liña recta entre o Burato da Moura e O Curriño, o trazo atravesaba a aldea, pasando por riba da capela do San Marcos, sita nun punto intermedio.
Feitas as pertinentes comprobacións, o colectivo Capitán Gosende alédase de pór en coñecemento dos lectores o achado doutra mámoa inédita en Montes; esta, en terras de Pardesoa, na avenida neolítica dos Tallós, a uns 200 m de distancia do “henge” das Mouteiras.
O túmulo megalítico coñecido popularmente como Burato da Moura, que os veciños non identificaban como mámoa, debera asentarse no rexistro de Patrimonio a carón da denominación “Mámoa dos Toxais da Carballa”, para facilitar a súa localización; mesmo así, velaquí as súas coordenadas.- X: 556.205; Y: 4.708.618; 618 m de alt.
A mámoa, visibelmente vulnerada, posúe na actualidade un diámetro de 22 m. O diámetro da foca de espoliación acada os 5 m. A coiraza está colonizada por carballos e bidos de bo porte, amais dun gateño silveiral. Segundo o noso informante, os carballos habían ter uns cincuenta anos. Antano, aqueles predios daban boas pataqueiras. O muro do camiño atravesa de leste a oeste a sección sur da mámoa. O alargamento do carreiro (hoxe, 3 m de ancho) fixo desaparecer parte da sección sur do túmulo.
Retomando o asunto das “vighas de ouro e alcatrán”, a curta distancia da mámoa dos Toxais da Carballa, cara ao norte, localízase o predio chamado Fonte da Lameiriña (manancial). In illo tempore, naquela braña apareceu unha pequena imaxe en pedra do san Lucas. A figuriña representa o apóstolo redactando o seu evanxeo, co libro pousado no lombo dun boi (iconografía canónica). A imaxe consérvase no altar maior da capela, á dereita dunha talla do san Marcos, que ocupa o fornelo central. Este paradoxo explícase pola errónea interpretación que os naturais fixeron do topónimo “Sumarco”, aínda vivo na microtoponimia da zona, leiras inmediatas ao devandito sitio do Curriño, onde, ao parecer, pousan as cabeceiras das “vighas encantadas”.
O topónimo Sumarco (>Samarco) –como ben deduciu Carme Hermida– non é un haxiotopónimo, senón índice de que o poboado se estabeleceu nunha cota inferior respecto a un histórico (e desaparecido?) marco de deslinde, probabelmente fincado perto das veigas chamadas Sumarco ou Curriño (estrema coa parroquia de Ventoxo, ao norte), ou ben, respecto a unha pedra alta, existente até hai pouco no medio dun valo que amolloaba a terra do Samarco e do Sisto (ao sur). Uns 25 m de muro aínda son visíbeis, á beira esquerda do camiño dos Toxais da Carballa.
Por todo o exposto, a mámoa do Burato da Moura debe estudarse poñéndoa en contexto co curro da Mouteira, coa Fonte da Lameiriña e mais co Curriño. O colectivo Capitán Gosende suma a décimo quinta mámoa ao seu labor de descuberta en Terra de Montes.

Tras a gratificante andaina, agasallóusenos con café e rosca en cas de Xavier Cortizo. As veciñas do Samarco presentes no parladoiro adiantaron algún relato truculento dos que na noite do 2 de Santos se escoitarán na sobrecea do Roteiro da Pantalla: o home de lume de Presqueiras, a pantasma de Pousada, os tres anxos de Guisande...
Hai moitos xeitos de vivir a comarca de Montes. Eu, ao socairo da polarización política e da hipnose das redes sociais, prefiro botarme ao monte cos amigos do Capitán Gosende. Vémonos polos camiños da vida, sempre cos pés na terra.
Foto
Localización da mámoa dos Toxais da Carballa (der.) e do henge das Mouteiras (esqu.) (Samarco-Pardesoa).
Foto
Curro ou henge do Coto da Roda (Parada-Castrelo).
Foto
Curro ou henge da Roda da Ameixoada (Figueiroa).
0 Comentários



Deixe uma resposta.

    Un proxecto de:

     Imagem

    Colaboracións

    Tudo
    Alba Rivas
    Alicia Garrido
    Ana Cabaleiro
    Anjo Torres Cortiço
    Anxo Coya
    Calros Solla
    Carlos Loureiro
    Carlos Meixome
    Carme Hermida Gulías
    Carmela Sánchez Arines
    Clara Iglesias Cortizo
    David Otero
    Dionisio Pereira
    Héitor Picallo
    Lola Varela
    Luis Alberto Silva Casas
    Manuel Barros
    Manuel Cabada Castro
    Manuel Fortes
    Marcos Borrageros
    Maria Xesus Nogueira
    Montse Fajardo
    Pedro Peón Estévez
    Susana Sánchez Arins
    Tino Regueira
    Xoán Carlos Garrido
    Xosé Álvarez Castro
    Xosé Malheiro
    Xosé María Lema
    Xurxo Esquío

    Estamos en:


    Imagem
    Imagem
    Imagem
    Foto

    Feed RSS

      Recibir novas

    Subscrición

    Histórico

    Janeiro 2026
    Novembro 2025
    Outubro 2025
    Julho 2025
    Junho 2025
    Maio 2025
    Abril 2025
    Março 2025
    Fevereiro 2025
    Janeiro 2025
    Dezembro 2024
    Novembro 2024
    Outubro 2024
    Setembro 2024
    Agosto 2024
    Julho 2024
    Junho 2024
    Maio 2024
    Abril 2024
    Março 2024
    Janeiro 2024
    Dezembro 2023
    Novembro 2023
    Outubro 2023
    Setembro 2023
    Agosto 2023
    Julho 2023
    Maio 2023
    Abril 2023
    Fevereiro 2023
    Janeiro 2023
    Dezembro 2022
    Novembro 2022
    Outubro 2022
    Setembro 2022
    Agosto 2022
    Julho 2022
    Junho 2022
    Maio 2022
    Abril 2022
    Março 2022
    Fevereiro 2022
    Janeiro 2022
    Dezembro 2021
    Novembro 2021
    Setembro 2021
    Agosto 2021
    Julho 2021
    Junho 2021
    Maio 2021
    Abril 2021
    Março 2021
    Fevereiro 2021
    Janeiro 2021
    Dezembro 2020
    Novembro 2020
    Outubro 2020
    Setembro 2020
    Agosto 2020
    Julho 2020
    Junho 2020
    Maio 2020
    Abril 2020
    Março 2020
    Fevereiro 2020
    Janeiro 2020
    Dezembro 2019
    Novembro 2019
    Outubro 2019
    Setembro 2019
    Agosto 2019
    Julho 2019
    Junho 2019
    Maio 2019
    Abril 2019
    Março 2019
    Fevereiro 2019
    Janeiro 2019
    Dezembro 2018
    Novembro 2018
    Outubro 2018
    Setembro 2018
    Agosto 2018
    Julho 2018
    Junho 2018
    Maio 2018
    Abril 2018
    Março 2018
    Fevereiro 2018
    Janeiro 2018
    Dezembro 2017
    Novembro 2017
    Outubro 2017
    Setembro 2017
    Agosto 2017
    Julho 2017
    Junho 2017
    Maio 2017
    Abril 2017
    Março 2017
    Fevereiro 2017
    Janeiro 2017
    Dezembro 2016
    Novembro 2016
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Março 2016
    Fevereiro 2016
    Janeiro 2016
    Dezembro 2015
    Novembro 2015
    Outubro 2015
    Setembro 2015
    Agosto 2015
    Julho 2015
    Junho 2015
    Maio 2015
    Abril 2015
    Março 2015
    Fevereiro 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Março 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.
Com tecnologia Crie um website único com modelos personalizáveis.