Tabeirós-Terra de Montes unido para sempre a San Simón
Desde 2006, ano da memoria, vénse conmemorando nas datas próximas ao 18 de xullo unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo. Na homenaxe de 17 de xullo 2011 se tributa na Illa de San Simón ás vítimas da represión franquista participarán dous estradenses, antigos “residentes” desta cárcere no 36. Referímonos a Idelfonso Puente e Heriberto Rodríguez. Xunto con José María Goldar, son os tres superviventes deste concello que poden dar testemuño do que aconteceu naquel fermoso lugar de funesto recordo.
O certo é que a porcentaxe de presos da Estrada na colonia penitenciaria era bastante elevado. Até este momento temos computado nominalmente 53. Alí ían para agardar con agonía un destino incerto, unha situación terríbel que contrastaba coa beleza dunha paisaxe singular.
Todos os presos lembran a súa estadía con referencias positivas a este penal fronte aos que logo terían que coñecer. Recentemente recuperouse unha carta do alcalde estradense Jesús Puente Fontanes que comeza facendo mención aos bos momentos que pasaban durante o día: “paseamos desde as oito da mañá ás 6 da tarde por toda a Illa”. Mais tamén nesta carta se deixa entrever unha negra sombra, a espera de declaracións favorábeis desde A Estrada “o caso é que os da Estrada non acusen, é dicir, os de dereitas e que os informes da Garda Civil non sexan malos, non tendo malos informes e non habendo acusacións pódese salvar un ben, o que as teña está fastidiado”.
Recentemente Idelfonso Puente falaba disto nunha charla recente: os membros do Tribunal non coñecían a quen se xulgaban. Non había obxectividade ningunha ao imputar un delito que só dependía da catalogación ideolóxica. Eran os informes de quen os coñecía, os seus veciños, o que determinaba a súa pena, sobre todo, a súa execución.
Isto é o que lle aconteceu a Jesús Puente e demais membros da corporación fusilados. A pesares de que tamén había membros da dereita tradicional e da igrexa que optaron por saír en defensa dos seus veciños. Os casos de máis sona foron os do crego Nicolás Mato e da dirixente da CEDA Melania Nine. Con todo, outras testemuñas inclinaron a decisión cara a pena capital do alcalde e concelleiros, e moitos outros veciños da Estrada que estiveron pendentes da súa sorte ao son das ondas do mar de Vigo que cantara Martín Codax.