Casa de A Silva en Vendexa
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Vendexa, parroquia de San Pedro de Orazo, áchase unha casona denominada Casa de A Silva, que ten no alto da súa fachada principal entre a porta e unha fiestra unha pedra armeira.
O fundador do vínculo e morgado da casa de A Silva foi Bartolomeu Vázquez Sotelo, veciño do lugar de Cualedro e reitor das parroquias de San Vicenzo de Berres, de San Pedro de Orazo e de Sta. Mª de Loimil, e primeiro patrón da capela de Na Sra. da Presentación en San Estevo de Oca, que lle deixou no testamento o reitor de dita igrexa Bras de Outeiro en 1628. Bartolomeu testou o 1 de xullo de 1638 ante o escribán Fernán Alonso de Castro, que era o dono del pazo de Xerliz. No seu testamento deixou como beneficiario a seu irmán Baltasar coa obrigación de mandar dicir diversas misas tanto pola súa alma como pola do dito Bras, e como supervisor e testamentario a Xoán Rodríguez Daleira, dono da casa de Os Muros en Parada e escribán de número de Tabeirós.
A Bartolomeu sucedeulle, pois, o seu irmán Baltasar pai de Bieito Vázquez Sotelo, soldado de a cabalo en Monterrei (Verín), logo familiar do Santo Oficio da Inquisición no ano 1654 e que casou con Marta Sánchez, tendo por fillo a: Bartolomeu Vázquez Sotelo que casou con Mª Antonia Mariño de Lobeira e Valenzuela, sucesora do vínculo e morgado de Ribas de Escuadro. Foi este matrimonio quen fixo a casa actual, por iso ten o escudo coas súas armas:
Sobre unha cartela destaca un escudo cuartelado por unha cruz flordelisada, armas que representan ao Santo Oficio da Inquisición á que pertencía o seu propietario. Primeiro cuartel, cinco roeis postos dous e dous e un en punta, VÁZQUEZ; segundo cuartel, león coroado que mira á sinistra, VALENZUELA; terceiro cuartel, un piñeiro con dúas cabras empinadas ao tronco, SOTELO; e cuarto, ondas superadas dunha mufle de lobo, MARIÑO DE LOBEIRA. María Antonia era filla de Pedro Mariño Valenzuela natural de San Salvador de Escuadro, cuñada de Diego Ribera Soutomaior da casa
de Preguecido e descendente de Xil Valenzuela que era en 1596 o alcaide da fortaleza de Cira, do conde de Altamira.
Dos seus cinco fillos o primoxénito foi Francisco Antonio Vázquez Sotelo de Mariño, quen herdou os vínculos e pazos de A Silva e de Ribas e contraeu esponsais con Sabela María López Carbajal en 1713 na capela do Real Hospital de Santiago. Vivían habitualmente
en San Salvador de Escuadro.
Francisco en 1756 pediu un préstamo, hipotecando gran parte dos seus bens. Ao non pagar, pois Francisco morreu sobre 1766, o seu fillo Antonio Michael negouse a pagar, alegando que os bens de vínculo non se podían hipotecar. Déuselle a razón e tiveron que pagar os fiadores.
A filla de Antonio Michael, chamada M^ Antonia, casou co escribán Luís Taboada Baamonde, veciño de Bendoiro, cambiando así o apelido dos donos da casa.
O seu fillo Caetano Taboado Sotelo, que herdou a metade da casa de A Silva e a de Ribas, foi o que inaugurou en 1847 a ponte da parroquia de Souto. As propiedades pasaron despois a Socorro Taboada Ribas, que casou con Albino Rodríguez Porto, da casa grande de Parada. Sucedeulles o seu fillo Luís Ignacio que casou en 1924 con Xenerosa Rexina Cortés Otero, veciña de Quintas en Codeseda, que tiveron tres fillas, dúas das cales, Mª Loisa e Manuela venderon a casa de Silva en 2005 a Manuel Otero García, que a rehabilitou con grande acerto.
Capicúa. 19-12-2012