Lamas*
Clara Iglesias Cortizo
- A ABELLEIRA: a palabra abelleira pertence ao léxico común. Deriva de abella coa adición do sufixo locativo –eira. O seu significado, inicialmente, é “colmea, niño de abellas ou burato onde vive un enxame”; mais, tamén é outro dos moitos nomes que recibe a melisa, nébeda ou menta, planta herbácea, cuxas pequenas flores brancas desprenden un cheiro semellante ao do limón que atrae as abellas. Polo tanto non podemos saber con certeza se estamos perante un zootopónimo ou un fitotóponimo. O que si sabemos é que esta palabra procede do latín: a denominación de “abella” en latín clásico, APIS, foi substituída en época tardía polo seu diminutivo APICULLAM, do que deriva o galego abella.
- O CARBALLAL: é unha palabra formada pola raíz prerromana karb-, “pedra” (que substituíu desde época moi temperá a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos). O sufixo –al é locativo e abundancial: o significado do topónimo é transparente “bosque poboado de carballos”.
- FONTECOVA: trátase do substantivo fonte ( do latín FONTEM), acompañado de cova, que vai funcionando como un adxectivo, posto que expresa unha calidade do substantivo. Covo e cova son moi frecuentes na toponimia para referirse a lugares (neste caso unha fonte) situados nun fondal ou na parte baixa dunha pendente. A palabra cova deriva do latín vulgar COVA e esta, do clásico CAVAM, “burato, oco”.
- LAMAS: a palabra prerromana lama incorporouse moi cedo ao latín falado na Gallaecia, e conserva na actualidade o mesmo significado que nun principio, “masa branda que resulta de se mesturaren terra e auga”. Podemos consideralo un hidrónimo, posto que fai referencia a un tipo de terreo que se caracteriza pola abundancia en auga.
- RIAMONDE: de orixe xermánica VILLAM RENAMUNDI, do antropónimo Renamundus. Este elemento –mund, “protección” é xermánico. Hai dous resultados posíbeis na toponimia galega: -monde e –munde.
- SALOUZÁNS: deriva do sintagma sala avezanis. Avezanis procede do nome xermánico Aveza + a desinencia –anis, característica do xenitivo xermánico empregado para a derivación de antropónimos. Este sufixo produciu tres solucións distintas segundo a área xeográfica: no occidente do país, –áns; no centro –ás; e no oriente -ais, todos a partir da forma medieval –ães. En canto ao primeiro elemento do topónimo, sá, é tamén unha palabra de orixe xermánica. Correspóndese coa forma actual sala, que no galego medieval era sá ou saa. O significado desta palabra no topónimo Salouzáns ten que ser semellante a VILLAM do latín, “grande propiedade rústica”. Trátase, polo tanto, dun topónimo de posesor; formado coa palabra xermánica sá, en lugar da máis habitual vila. O curioso deste caso é a conservación desta primeira parte do topónimo; de feito, moi poucos destes topónimos de posesor conservaron até hoxe o primeiro dos seus compoñentes. No concello de Paderne (A Coruña), aparece, co mesmo antropónimo Avezanis, un caso en que tamén se conserva o primeiro elemento, Vilouzás.
- SEQUEIROS: este nome reflectiría a existencia no lugar dunha antiga construción dedicada a secar os froitos do outono, normalmente as castañas. No latín vulgar existía xa a forma SICCARIUM, derivada de SICCARE, “secar” + o sufixo locativo –ARIUM.
- SOBRADO: a orixe deste topónimo ten xerado certa controversia. Hai quen o deriva de SUPERATUM, co sentido de “sitio alto ou eminente”; segundo outros autores, procede de SUBERATUM, “lugar plantado de sobreiras”. Na opinión de Fernando Cabeza Quiles o máis probábel é que practicamente sempre teña que ver con este último significado, xa que aparece moitas veces referido a lugares que non presentan alturas; engadimos nós que, en concreto, no caso da parroquia de Lamas, ten que ser así, posto que se trata dunha terra chá, dun extenso val sen elevacións do terreo. A palabra SUBERATUM do latín vulgar, é un derivado de SUBER, “sobreira” + o sufixo locativo –ATUM.
- VEIGA DA LEÑA: topónimo de significado transparente, formado con palabras do léxico común. En canto ao primeiro substantivo, veiga (como xa se dixo no capítulo referido á parroquia de Arnois), provén da palabra prerromana baika, “terreo fértil á beira dun río”. En canto a leña, deriva de LIGNA, plural do substantivo LIGNUM, “madeira”. Neste plural latino en –A, propio dos substantivos neutros, está a orixe da flexión de xénero con significado masculino-individual/feminino-colectivo, que se conserva na nosa lingua en certos pares de palabras como é o caso de ovo/ova, froito/froita…
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Lamas (San Breixo)
Manuel Reimóndez Portela
Parroquia coñecida por este nome desde tempos dos que non se ten recordo.
Pertence á zona chamada de Pardemarín, que compoñen ademais de Lamas as parroquias de Pardemarín, Rubín, Olives e Curantes.
LINDES: polo norte coa de Rubín, polo sur con Pardemarín, polo leste con Olives e Curantes, polo oeste con Cereixo e Vinseiro.
Atinxindo ao seu nome por orde alfabética correspóndelle a esta parroquia de Lamas o número 27.
Se atendemos á superficie encóntrase no número 48 con 237,5 hectáreas. A poboación actual cífrase en 149 habitantes.
Os lugares que a compoñen no día de hoxe son os seguintes:
COMUNICACIÓNS: a máis importante estrada é a que desde a nacional 640 no Foxo ou no Sol de Rubín sae cara aLamas por Sequeiros, pasando despois a Pardemarín.
Arrancando dela únense cada un dos lugares da parroquia por pistas feitas pola concentración parcelaria, ademais camiños veciñais lévannos a leiras e montes, aínda que sexan poucos.
Camiño Real: este camiño que vindo de Pardemarín pasaba por Sequeiros seguía a terras de Rubín polo Foxo cara a barca de Sarandón, sendo no seu tempo moi importante, hoxe quedan abertos anacos do camiño real.
HIDROGRAFÍA: entre os regueiros ou regatos que cruzan a parroquia teñen o de Sobrado, que baixa de Pardemarín e se xunta aquí co de Gollufe, seguíndolle entón ao chamado por este nome; e saíndo de Lamas pasa a Rubín.
O regato que baixa por Golfarís, que vén sendo o mesmo que en Pardemarín lle chaman de Porto de Viacova, pasa entre Riamonde e Salouzáns.
O regato de Riamonde nace onde a Capela ou a fonte de Guadalupe e pasa ao regato de Gollufe nas Insuas; e rematan no río de Rubín que segue ata o Liñares.
PONTES: na parroquia están as pontes ou pontellas seguintes: a ponte Sobrado no regueiro do mesmo nome, a do Gollufe tamén sobre do mesmo regueiro, o da Raposa en Salouzáns e o tamén chamado de Salouzáns.
FONTES PÚBLICAS: teñen a fonte da Virxe Peregrina, onda a igrexa, pegada ao regueiro.
A fonte chamada de Fontecova no mesmo lugar.
E a fonte do Seixo en Salouzáns, que está restaurada.
A fonte da Virxe, onda a capela de Riamonde, está restaurada. Fonte de San Breixo, que leva o nome do patrón, por estar antigamente alí a igrexa parroquial. Perante a igrexa, subindo á man esquerda, atópase un bo picho de auga, semellando unha fonte, aínda que se trata dunha traída levada ata alí polos veciños.
OROGRAFÍA: terra chá que forma parte do val de Pardemarín e Olives cara ao de Rubín.
Non ten castros Lamas, aínda que din que a metade do castro de Olives é desta parroquia; describirémolo na parroquia de Olives.
PAISAXES: é a dun fermoso val cunha terra moi a propósito para a agricultura á que se dedica, con grandes explotacións gandeiras e moita actividade agrícola.
AS PEDRAS: atopamos a pena Coba e As Pedras.
Teñen ademais o seguinte Cruceiro:
Situación: parroquia de Lamas, á esquerda das escadas de subida ao adro da igrexa parroquial.
Descrición: plataforma: de cemento e pedras, que desdí do resto do cruceiro. Pedestal: liso, cuadrangular, pequeno. Columna: octogonal. Capitel: moi alongado, sección cadrada con colo no medio. Cruz: latina, de brazos cadrados con bordes biselados. Non ten figuras, aínda que no anverso ten un cáliz gravado. Altura: uns dous metros.
Inscricións: non ten.
Conservación: boa.
Tradición: foi trasladado á súa situación actual dende unha paraxe inmediata preto da ponte do río, hai poucos anos, con motivo das obras da concentración parcelaria.
Propiedade: pública.
HISTORIA: desta parroquia deixounos dito Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"San Bréixome o San Berísimo de Lamas, anexo de Santa María de Rubín.
Tiene esta feligresía de San Bréixome diez y seis feligreses, los fructos son todos a la cura que valdrán como doce cargas (fol. 453 r) de todo pan. Presentación de legos por fuero del monasterio de Conxo. La fábrica tiene de renta ocho ferrados de centeno y cinco de mijo. Hay en esta feligresía una ermita de Nuestra Señora. Está bien preparada y con decencia''.
Catastro de Ensenada: a parroquia de Lamas pertencía ao couto de Tabeirós, por iso poden atoparse os moi importantes datos deste catastro no capítulo correspondente, onde falamos do couto de Tabeirós.
segundo Pascual Madoz no seu Diccionario (1846-50):
"Lamas (San Verísimo). Feligresía en la provincia de Pontevedra (7 leg.), partido judicial de Tabeirós (1) diócesis de Santiago (4 y 1 /2) ayuntamiento de La Estrada (1). Situada en un llano combatida principalmente por los aires del N. y NO., el clima es templado y las enfermedades comunes fiebres de varias especies. Tiene 54 casas distribuidas en la aldea de su nombre y en las de Abelleira, Carballal, Foncoba, Riamonde, San Louzáns, Sequeros y Sobrado. Hay escuela de primeras letras frecuentada por 16 niños de ambos sexos cuyos padres dan al maestro la retribución convenida. La iglesia parroquial (San Verísimo) es anejo de la Santa Marfa de Rubín. También existe en la aldea de Riamonde una ermita con la advocación de Nuestra Señora. Confina el término N. feligresía matriz, E. la de Olives, S. la de Pardemarín y O. las de Cereijo y Vinseiro de las cuales dista con poca diferencia cuarto de legua.
El terreno es llano y gredoso y de regular calidad, abunda en arbolado de robles y castaños y le fertiliza un regato que no tiene nombre. Atraviesa por esta parroquia un camino que desde Santiago dirige al Carballino y a otros puntos, su estado es mediano. El correo se recibe de la estafeta de La Estrada. Produce, maíz, centeno, patatas, mijo, lino, castañas y nabos; hay ganado vacuno, de cerdo, lanar y algún caballar de cría, y poca caza de liebres y conejos. Industria, la agrícola, cuatro molinos harineros y telares de lienzos del país.
Población: 54 vecinos, 248 almas".
Nomenclátor do Arzobispado de Santiago (1883), os datos desta parroquia atópanse cos da parroquia de Rubín, da que é filial.
No censo do ano 1924 tiña 277 habitantes.
Tamén Álvarez Limeses en 1936 recolle:
"Lamas (San Verísimo). Dista 47 kilómetros de Pontevedra y 7 de La Estrada y limita: al Norte con la parroquia de Rubín de la que es anexo, al S. con Pardemarín, al E. con Olives y al O. con Cereijo y Vinseiro.
Entidades: Carballal con 24 habitantes, Fontecoba 19, Lamas
36, Riamonde 19, Salouzáns 67, Sequeros 61, Sobrado 37 y diseminados 4 que suman 277 habitantes para los cuales hay una escuela con la denominación de Pardemarín.
Enclavada en el valle de Tabeirós su único monte de relativa importancia es el de Brea. El terreno es de regular calidad."

IGREXA PARROQUIAL: ten a portada alintelada recercada e moldurada refundida. Liña de imposta coroada con frontón triangular. Remata con liña de camiño recta. Ao sur torre campanario sobre dun gran centro. Muros laterais lisos e sancristía pegada ao muro norte. Ten ademais unha capela no lateral sur.
Parece ser de moita antigüidade pois xa "EI Obispo de Iria, Sisnando, donó al Monasterio del Pico Sacro Codesión (Codeseda) y Lamis (Lamas)" no ano 914 José Sanmartín Sobrino).
Nesta igrexa colocouse unha fermosa imaxe da Virxe do Carme (Colmenero).
Antigamente situada no lugar da Frondieira, afundiuse por falta de firmeza do terreo, trouxérona para o lugar da Igrexa, suplementando o arco principal. De moito mérito é unha imaxe da Virxe Peregrina con policromías, que a fan “das máis belas" da provincia. Segundo Filgueira Valverde nunha visita a Lamas é "a Peregrina máis fermosa da provincia". O valor desta imaxe, e o celo dos veciños por que fose protexida, fixo que en 2005 fose trasladada temporalmente ao Arquivo da Diocese de Santiago creando un certo conflito social.
O templo atópase en moi bo estado. Foi reparado o tellado e drenándonlle os pisos para sacar a auga.
Capela da Virxe de Guadalupe en Riamonde
É de planta rectangular con portada adintelada, saeteira e espadana central dun van, cornixa moldurada que se prolonga na fachada formando capiteis nos extremos.
Porta lateral e ventá con derrame exterior no muro sur.
Tellada a tres augas e interior cuberta plana de madeira.
Esta capela debeuse de chamar de Nosa Señora do Rosario pois dinos Pedro Varela... "En Riamonde hay una capilla, advocación de Nuestra Señora del Rosario que ya existía en 1654 según los libros del Archivo Parroquial".
Igrexa, Campá vella: P.R.J. LISTE EN ORAZO. AÑO...
Campá nova: A FUNDIÇAO DESINOS DE BRAGA SERAFIN DE SILVA, 5. VERÍSLMO DE LAMAS. HERONIMO RUA DO CORVO 72 76, BRAGA, traída de Portugal hai 20 anos, xunto coa da capela do Guadalupe.
CASAS NOBRES: tíñase por tal, aínda que hoxe se atopa moi modificada a Casa de Andújar.
Segundo Varela Castro: "A la cofradía de San Ignacio, fundada por un jesuita, pertenecían el Rodo y otros bienes, hoy de la familia de Andújar: ese jesuita fundó también la cofradía de la Concepción allá por el año 1836".
FESTAS: o patrón San Breixo celébrase o día 1 de outubro, ao domingo seguinte son as Dores e o sábado anterior ten lugar o Santo Antón, e finalmente a Guadalupe o 8 de setembro, que se fai o sábado anterior.
INDUSTRIAS: trátase dunha parroquia dedicada á agricultura, incluída a gandería e o comercio da leite de vaca, sectores que ten moi desenvoltos.
Consérvanse (moitos desfeitos) os antigos muíños seguintes:
O muíño da Veiga Grande no regato de Salouzáns, o de Vicente e o dos Baloiras no regato de Sobrado. O Gollufe ten os de Gollufe e o da súa aldea, e o do Chouso en Salouzáns.
Construíuse 1 empresa de transportes, 2 de prefabricados de construción, 1 de compravenda de gando ao por maior, 1 taller de carpintería metálica, 2 explotacións gandeiras grandes, 1 cooperativa de mulleres dedicada a produtos de horta e 1 cooperativa: "Gandeiros Estradenses"
A "Cooperativa Gandeira Estradense": no lugar de Abelleira constituíuse cuns 200 socios, que dá servizo de venda de produtos manturios, veterinarios, herba e demais consumibles necesarios, mostrando un verdadeiro exemplo de cooperación.
Hai outra asociación de mulleres que se dedica á plantación de produtos hortícolas (feixóns, porros, cebolas, etc.), que logo comercializan a través dunha cooperativa.
Isto leva a que moitos predios enteiros de Lamas se vexan plantadas destes produtos.
A COOPERATIVA "GANDEIROS ESTRADENSES"
COMERCIO: fixéronse 1 taberna-ultramarinos e 1 bar.
CENTROS CULTURAIS: local social do campo, no campo da festa, con moita actividade, xestionado pola comisión de festas.
ENSINO: o ensino primario de CEIP téñeno no Colexio do Foxo, moi preto desta parroquia, tendo o segundo ensino nos institutos de ensino medio da Estrada.
DEPORTES: pódese practicar a caza nos montes das parroquias veciñas ou á pesca nos regueiros cara a Rubín ou o Liñares.
A SANIDADE téñena nun médico da Seguridade Social, que os atende no Foxo, e o ambulatorio da Estrada. No económico melloraron moito, véxanse senón os "chalés" que hai na parroquia... teñen servizos de auga e hixiénicos, así como de luz nas casas e tamén iluminación pública.
PERSOEIRO ILUSTRE: temos que falar aínda que sexa en síntese de Manuel D. Varela Buxán, que naceu nesta parroquia, lugar de Salouzáns o día 2 de marzo do ano 1909, na casa de Carmela Souto, ama de súa nai (aínda que no Rexistro aparece o día 3), é fillo de nai solteira.
Aos tres anos lévano para o Carballal a xunto de Pilar Figueiras, dona que o coida con moito agarimo. Por estas datas casou a súa nai con Xesús Varela e traballan como caseiros en Riamonde e en Santa Cristina de Vinseiro... indo despois para Cercio (Lalín), cando morre Pilar Figueiras; e pouco despois recoñeceuno por fillo Xesús Varela, home da súa nai.
Aos 21 anos emigrou á Arxentina, permanecendo naquelas terras dende 1930 a 1950. Alí formou unha gran compañía de teatro galego, composta por 22 actores, que levaba o nome de "Maruxa Villanueva"; foi a primeira que estreou no Teatro Solís de Montevideo a obra de Castelao Os vellos non deben namorarse, levando a cabo tempadas teatrais galegas todos os anos dende 1937 ata 1949, facendo outras non menores de 20 días arreo nos mellores teatros da capital arxentina e en moitas das súas provincias e tres no Teatro Solís de Montevideo. Para esta presentación Castelao gravou a súa voz, único rexistro que nos queda da voz ilustre persoeiro.
Volveu a Galicia no ano 1950 vivindo dende aquela en Cercio. Trasládase despois a Lalín onde pouco antes da súa morte preparaba o seu cuarto libro editado en Galicia co título "Pola nosa culpa".
O teatro de Varela Buxán é un teatro clásico na súa disposición, sinxelo na súa forma, xenuíno no seu fondo.
As súas obras están amasadas cunha xeira de compoñentes comúns: a paisaxe, o amor a Galicia, a saudade, o seu tenro humorismo, o barroquismo galego... Poden servir todas como testemuña, non só dunha situación social, senón tamén dun xeito da vida, dunha filosofía popular. Os seus personaxes beben nas fontes primeiras da nosa terra: labregos de vagarosos andares sacados da súa aldea, mariñeiros doutras falas, sacados da súa dorna. O noso lirismo tamén está presente envolvendo todas as situacións, ás veces servindo de canle para os nosos anceios e ás veces como vieiro polo que desbotar aos desenganados.
Estreou en total 23 obras, sendo as principais:
"O ferreiro de Santán", "Taberna sin dono", "Se o sei non volvo á casa", "A xustiza dun muiñeiro", "Pola nosa culpa", "Galicia canta", "As tres maruxas", "Triste chegada", "O cego de Fornelos", "Meu Pai", "¿Pista ou peste?", "Por borrachíns", "Gracias Padre Ramón" (está en castelán)... e moitas outras.
Algunhas delas analizadas e mesmo reeditadas polo profesor Luna Sanmartín.
O concello da Estrada ofreceulle unha homenaxe, da que tivemos a sorte de ideala e promovela, o día 15 de decembro do ano 1985 no que ademais do concello colaboraron a parroquia de Lamas e o Colexio Público do Foxo que amenizou co seu Coro de Danzas e Gaitas.
A homenaxe comezou coa misa solemne na igrexa parroquial, seguindo co descubrimento dunha placa por parte de Varela Buxán posta nun "monolito" preto da mesma igrexa e do campo do baile, despois representouse unha das súas obras no Teatro Principal da Estrada e rematouse cun xantar de irmandade na Rocha.
Foi moi concorrido o acto, onde o sobranceiro escritor recibiu o gran agarimo e admiración dos amigos.
Nun programiña de man que se distribuíu figuraban verbas que comezamos dicindo e a elas contestou Varela Buxán así... "Todo esto do homenaxe emocióname moito porque eu non teño méritos para tanto, pero, o que si teño, é a sorte de dar con homes nobres como vós, que vos excededes nos agasallos, que sen merecelos, me tributades. Moitas gracias".
Foi o grupo de teatro "Xenio" de Mourente que fixo a representación teatral da obra "Se o sei... non volvo á casa" e parte de canto se deixa dito do autor son verbas do seu director.
Cando Varela Buxán volveu a Galicia dicía que a súa meirande ilusión era artellar unha compañía teatral nesta terra. Despois dunha entrevista co director de teatro Rosalía de Castro (A Coruña) convenceuse que non eran tempos doados para arranxar tal compañía teatral e refuxiouse na aldea de Cercio; botando man duns estudos que tiña acolleuse a traballar como practicante de medicina.
Ante novos tempos abertos á práctica das letras e artes galegas empezouse a coñecer como era obrigado a obra de Varela Buxán, que se foi poñendo en escena.
Resumindo: Varela Buxán foi o autor máis representado do teatro galego... moitas das súas obras pasaron das cen representacións seguidas. Foi o creador da primeira compañía de teatro galego e foi a primeira en representar a obra de Castelao "Os vellos non deben de namorarse" ...Tamén foi grande a súa amizade con Castelao en Buenos Aires.
Faleceu Manuel Daniel Varela Buxán nas primeiras horas do día 26 de setembro do ano 1986 en Lalín, déuselle terra ao día seguinte pola tarde no cemiterio da parroquia de Cercio do mesmo concello.
Dedicoselle o Ano Cultural 1998 o Concello da Estrada, no que se lle puxo unha escultura na rúa da Cultura e se lle dedicaron monográficos en Tabeirós Terra, Os Tirinautas representaron "Se o sei non volvo á casa", entre outros moitos sitios na cooperativa da parroquia, con grande éxito, fixéronse homenaxes en Lamas, o 1 de marzo de 1998, onde houbo misa cantada pola coral de Oca, despois ofrenda floral no seu monolito, coa presenza e intervención da súa primeira muller Maruxa Villanueva, que vén acompañada da súa segunda muller, viúva, MLuísa Sto André. Acudiron moitos veciños de Cercio e actuou o grupo Abrente do Foxo, coa estrea de pandeireteiras e xantar popular.
Posteriormente representouse a obra tamén en Cercio con grande acollida da comitiva estradense.
Tamén se lle dedicou unha rúa na Estrada, o colexio de Cercio leva o seu nome e publicáronse varias obras verbo da súa figura.
Obras de referencia
Tabeirós Terra nº3, 4 e 5
"Pista ou peste": separata Tabeirós Terra nº 4
Deza Actualidade nº 20 páx. 38
Varela Buxán M.: "A xustiza dun mariñeiro". "Se o sei non volvo á casa." Gaf. Portela 1977.
Varela Buxán: "O ferreiro de Santán"; "Taberna sen donu . Ed. Celta-Lugo 1975
Varela Buxán D.: "O cego de Fornelos e outras comedias curtas diálogos e monólogos". Artes gráficas Portela 1981.
Varela Buxán D.: "Gracias Padre Ramón". Seminario de Estudios de Deza 2004. Ed. Xosé Luna
Varela Buxán D.: "Pista oupeste". Ed. Fervenza 2002
Varela Buxán D.: "Gracias padre Ramón". Impr. Gráficas La Plana.
Vilavedra, Dolores: Manuel Varela Buxán, un autor por descubrir (Tab. Terra nº VI).
Tamén destaca como persoeiro ilustre Manuel Constenla Fariña (1905-1988); foi mestre en Lamas desde 1934 ata 1975 e formou varias xeracións da parroquia. Tributóuselle unha homenaxe, coa colocación dun monólito e placa de bronce perante a escaleira que conduce á igrexa. Sobre del escribiu Arca Caldas en Mestres Estradenses que fixeron historia".
PERXONAXE FOLCLÓRICO: un persoeiro folclórico desta parroquia foi |osé Alvarellos coñecido polo "Trangalleiro".
Este home aínda que viñera de fóra casou en Sequeros onde vivía... ao pouco tempo sen que ninguén saiba por qué a muller deulle un tiro na cabeza non lle pasou nada e de alí a uns anos cando estaba lendo o xornal na casa, onde hoxe é a taberna de Sequeros, empezou a rascar o peito... e saíulle a bala.
Era o transportista "a lombo" da parroquia, transportaba sobre todo grandísimos feixes de leña, os rapaces ou algún veciño atábanlle un cordel ao feixe cando ía con el ao lombo co correspondente enfado do "trangalleiro".
Era tamén enterrador na parroquia e nas veciñas... en ocasións chamábano para un enterro... chegaba á parroquia en cuestión... e non morrera ninguén.
Os veciños metíanse con el a cotío, aínda que o defendían e lle querían moito... sabía levar a farra...
Por un Entroido o "Trangalleiro" e máis o "Morano" (do que falamos en Pardemarín parroquia da que era veciño tiveron un encontro de máscaras:
O "Trangalleiro" díxolle ao "Morano": nacín de Cercio... dei a volta por Golada.
E estou aquí para amolar os de Parada. (en Parada, lugar de Pardemarín vivía o "Morano").
E o "Morano" respostoulle:
"Subín por Golfarís... dei a volta por Piñeiro. E estou aquí para amolar a José o Trangalleiro."
O "Trangalleiro", a quen lle gustaba moito o viño e as copas... cando chegaba bébedo de noite a súa casa berráballe á súa muller que lle chamaban Graciosa, e dicíalle:
"Ábreme a porta Graciosa... se non entro polas tellas. Teño un rapaz empezado... e faltánme as orellas."
UN DATO: na primeira corporación municipal formada na Estrada no ano 1840 nomeou depositario súa a José Andújar, veciño desta parroquia.
TOPONIMIA MENOR: son de subliñar nomes como Outeiriños, cerrada de Pena Cova, As Pedras, a Ponte da Raposa, o Cu de Mouros... a fonte da Virxe Peregrina, etc.
Lamas tiña PLANTÍOS REAIS: "Dehesa y Vivero Real de esta feligresía: La Dehesa real de esta feligresía se halla sita en dicho monte de Carballal, cavida 23 ferrados, primera calidad. Levante Monte de Abelleira. Poniente Vega de la Gesteira. Norte monte de Pazos, Mediodía Vega de Abajo.
El Vivero se halla inmediato a dicha dehesa, cavidad 20 ferrados y 13 cuartillos, primera calidad. Levante. Poniente. Norte y Mediodía, dicha dehesa."
TELEFONÍA: teñen todos cable menos o lugar de Riamonde.

Pedro Varela
Parroquia de 56 cabezas de familia e 340 habitantes, que dista da Estrada uns 9 quilómetros.
Lamas, “barro” ou “bulleiro”, tal é o significado do nome que leva a freguesía desde tempo inmemorial. Pensa o Sr. Murguía que as localidades de Lama, Lamas ou os seus derivados, foron asento de poboacións lacustres, anteriores en moitos anos ao cristianismo. Lamis (Lamas) xa aparece en 914 como tributaria para o mosteiro do Pico Sacro nunha escritura do bispo Sisnando de Iria.
Lugares: Sequeiros, Sobrado, Fontecova, Penacova, Lamas, O Carballal e Riamonde.
Sequeiros, “punto seco, falta de humidade no terreo”; Sobrado, “cuarto na casa de labradores”; Fontecova, fonte nunha cova que, efectivamente, existe. Riamonde, preto do regato, “río do mundo”, pois adoitan desbordarse as augas alí, anegando boa extensión de terreo.
Lindeiros: norte, Rubín; sur, Pardemarín; leste, Olives e oeste, Vinseiro.
Vías de comunicación: camiños rurais, e as pontes de Guillufe, Sobrado e Sanlouzáns. Por Lamas pasa o trazado dun camiño, cuxo proxecto aprobou o Estado.
Bañan esta parroquia dous regatos que descenden de Pardemarín, chamados de Parada e Mesadoiro. Esta freguesía está incluída no Sindicato Agrícola de Pardemarín, con local propio en Sequeiros.
No eclesiástico: é filial de Rubín, como foi noutro tempo Rubín de Lamas; ten por patrón a San Breixo, presentando para o curato D. Vicente Valderrama. Á confraría de San Ignacio, fundada por un xesuíta, pertencían o Rodo e outros bens, hoxe da familia Andújar. Ese xesuíta fundou tamén a cofraría da Concepción, alá polo ano 1836. En Riamonde hai unha capela, advocación de Nosa Señora do Rosario, que xa existía en 1654 segundo os libros do arquivo parroquial. A igrexa é de regular tamaño e bo aspecto.
Festas anuais: San Breixo e as Dores na capela de Riamonde o 8 de setembro. Tamén a Peregrina en agosto.
No ano 1840 foi concedida a Cruz de Isabel II ao veciño de Lamas José Requeijo.
No lugar de Sobrado está a casa señorial dos Andújar.
En Sequeiros hai dous establecementos comerciais e está situado o local do Sindicato Agrícola de Pardemarín.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923