Fotorapa: Un proxecto que xuntou arte e tradición, natureza e cultura, a través da imaxe
Coa creación do premio FOTO RAPA dirixido a profesionais da fotografía, perséguese a consecución de tres obxectivos: difundir internacionalmente a Rapa das Bestas de Sabucedo, congregar na Rapa a profesionais da fotografía de prestixio internacional –tanto no Xurado coma nos profesionais que poidan participar no certame- e acadar uns fondos fotográficos que, ano a ano, vaian retendo instantes desta centenaria tradición e que poidan amosarse nun futuro Centro de Interpretación da Rapa ou en Exposicións itinerantes para dala a coñecer no Estado e en Europa.
Para acadar estes obxectivos propuxémonos crear un único premio cunha dotación de 6.000 €, acorde á magnitude que lle queremos imprimir, a un conxunto de 6 fotografías obtidas durante o sábado e domingo da Rapa, das que alo menos catro serán tomadas desde que veciños e visitantes saen ao monte na mañanciña do sábado a xuntar ás bestas, ata que as mesmas saen do curro coas crinas cortadas, sendo da elección dos participantes que as seis fotos sexan do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas. Os e as participantes deberán inscribirse con carácter previo no prazo que se estableza e os traballos serán entregados nos 45 días posteriores ao remate da Rapa.
O Xurado, integrado por tres membros, terá unha composición integramente profesional, dous dos membros ao menos, serán fotógrafos de recoñecido prestixio no ámbito internacional e o terceiro poderá, no seu caso, ser editor ou galerista tamén de recoñecido prestixio no ámbito da fotografía.
O Xurado 2008 Oscar Molina- www.oscarmolina.com , Tino Martinez e Tono Arias www.tonoarias.com
O Xurado 2009 Vari Caramés- www.varicarames.com , Xulio Correa www.xuliocorrea.com e Anxo Cabada

Presentación no Museo do Pobo Galego da exposición fotorapa ´09
Inauguración da exposición FOTORAPA 09 no Museo do Pobo Galego [28/05/2010]
Os cavalos do vento. Gañador Fotorapa 2008
Marcos Míguez
A lenda do tempo. Gañador fotorapa 2009
Alfonso Durán Castillo
Fotorapa 2010. Declarado deserto o primeiro premio. Catálogo colectivo
Forzas mixtas. Gañador Fotorapa 2011
Nacho del Río
Catálogo FOTORAPA 2008
|
|
|
Catálogo FOTORAPA 2009
Your browser does not support viewing this document. Click here to download the document.
Catálogo FOTORAPA 2010