A Estrada viste a camisa azul para salvar a vida e perde todo o arco da vella de cores que reflectía a república
XOÁN CARLOS GARRIDO
O que chama a atención da Estrada é a cantidade de partidos, sindicatos, asociacións, etc. que existen previamente ao 18 de xullo. Hai unha constante preocupación por meter baza de todos os colectivos na “cousa pública”. Había multitude de xornais: “El Estradense” (agrario), “Vanguardia” (Socialista), “A Estrada” (Galeguista), La Palanca (dereitista) e sobre todo “El Emigrado” que chegou a durar 20 anos ininterrompidamente, de filiación republicana e galeguista.
O 19 de marzo do 36 celébrase na Estrada unha multitudinaria manifestación de obreiros e labregos pedindo “limpeza” no Concello. Nesta manifestación falou José María Pena, presidente do Comité Electoral, Germán Adrio, do PSOE, Victor Casas, do Partido Galeguista, logo da manifestación irían entregar as reivindicacións ao alcalde, Jesús Puente. Todos eles serán executados logo do golpe militar. Isto dá unha idea do cambio drástico que supuxo a instauración do réxime ditatorial neste concello e en toda.
Hai que pensar que a actuación represiva non era “incontrolada” senón que era planificada ou consentida polo aparello policial e xudicial do Estado. Os temidos cuartelillos (A Consolación e Rúa Peregrina) non estaban fóra da supervisión da Garda Civil, é mais, o cuartel de Falanxe da Estrada estaba xusto enfronte do cuartel da Garda Civil, e como vimos, nas “visitas a domicilio” ían os cívicos de falanxe acompañados por Garda Civís. Así pois, a maiores de eliminar as cabezas visíbeis da rica expresión de pluralidade ideolóxica que había nestes momentos, a tortura, a humillación, a incautación de bens, e outras formas de represión, provocou que moitos se apuntaran ao exército e mesmo á falanxe, para salvar a vida. O aceite de rícino, as exhibicións dos detidos atados ao rabo do cabalo polo centro da vila ou o rapado de pelo nas mulleres (o caso estradense de máis sona será o de Sarita Caramés) buscaban unicamente o maltrato moral para facer claudicar a vontade dun pobo moi dinámico e activo antes do alzamento.
A maioría optou polo retraemento, mais outros víronse na obriga de participar nas diferentes manifestacións de apoio ao réxime das cales a máis relevante era á do 13 de xullo, día do asasinato de Calvo Sotelo, a quen lle rendían tributo na vila como xustificación da guerra e dos crimes, aínda que é evidente que o golpe de Estado estaba preparado previamente ao día 13 e que os máis prexudicados polo seu asasinato foron os republicanos. Mais facíase pechar todos os comercios e impúñase a colocación de mostras visíbeis de simboloxía fascistas nos balcóns. Aínda que o fundamental eran as “doazóns” que era un imposto revolucionario do que ninguén podía escapar. Mesmo, indicábanse nos chamados do comité estradense de homenaxe a Calvo Sotelo que “incluso los niños, habrán de expresar con su óbolo, aún el más modesto de diez céntimos, el profundo dolor que su muerte produjo [de Calvo Sotelo] a sus sentimientos patrioticos y humanitarios y su admiración vehemente por las excelsas virtudes que adornaban al gran comprovinciano, perdido para la Patria, que adoraba, en plena madurez de su talento”
Calquera se negaba! Era un xesto suicida negarse a realizar o saúdo fascista ou cantar o “Cara al Sol”. Así semella que de súpeto A Estrada cambiara de cor, mais a manifestación pública deste cambio só era aparencia e conveniencia. Porque como dicía Vicente Risco – ex-galeguista que agora vestía de camisa Azul – cando se lle preguntaba por ese cambio: “é que as camisas desa cor abrigan moito”. A Estrada auténtica e maioritaria, a que logrou sobrevivir, estaba pechada na casa – catro anos – ou no monte.