Chorovía na moucarría
CHOROVIA NA MOUCARÍA compoñémolo un grupo de afeccionados á música de distintas xeracións. Máis de medio século separa o membro máis veterano do máis novo, algo que tamén axuda a arrequentar a variedade de rexistros e de persoais e orixinais visións da música. O noso nome provén directamente do chamado VERBO DOS ARGHINAS ou LATIN DOS CANTEIROS, e significa literalmente MUSICA NA MONTAÑA.