Homenaxe na Avenida de Buenos Aires de Pontevedra aos estradenses asasinados neste lugar
No quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires de Pontevedra no que foron asasinados moitos estradenses, o sábado 3 de xuño de 2006, Logo de visitar San Simón onde estiveron presos.
Neste acto recordaremos especialmente ao alcalde, Jesús Ignacio Puente Fontanes; ao 1º Tenente de Alcalde, Ramón Fernández Rico; e ao 5º Tenente de Alcalde, José Rodríguez Sangiao. E no seu nome a todos os estradenses que caeron vítimas da represión.
CARTA DE PURA FERNÁNDEZ, NETA DE RAMÓN FERNÁNDEZ
Me lleno de alegría y emoción el saber de esa ofrenda floral a los tres ediles de a estrada, que fueron los primeros en ser fusilados por el régimen franquista, entre ellos se encuentra mi abuelo Ramón Fernández Rico, a quien por ese motivo no llegue a conocer, pero sé todo lo que su familia sufrió y sufre aun ahora, viven 4 de sus hijos que aunque muy pequeños en ese tiempo no olvidan, no con rencor pero si con dolor por lo vivido de allí es mas, (incluida la perdida de su madre y 5 de sus hermanos,.quiero agradecer por este medio ya que no me es posible asistir como quisiera (con mi padre) a todos los que ahí están luchando por esclarecer la verdad y reivindicar a los que fueron muertos por sus ideas, aunque nunca levantaron un arma contra nadie, es mas mi abuelo fue a preguntar porque lo estaban buscando y ya quedo preso y no salio.
Solo hasta que estuvo muerto, he leído y releído una y otra vez las cartas que escribió a su esposa desde la isla de San Simón y su prisión en Pontevedra y ni el mismo sabe de que está acusado, porque de todo lo que lo acusan son mentiras, lo acusan de comunista y el siempre fue republicano, como el mismo dice en la carta documento que escribió para sus compañeros de lucha, el muere convencido que la republica va a ganar, porque fue electa por el pueblo, no impuesta por ellos, pero el poder del dinero, de el acomodo, del poder ,de la demagogia y los intereses creados pudo mas y gano, pero dejo detras de si una senda de muerte y hambre que por generaciones no será olvidada, se mataron entre
Hermanos, violaron la cosa mas sagrada que ello defendían “la honra”
La honestidad y el honor de defender el sagrado derecho de la libertad a la vida, la salud, el trabajo y todo lo mas sagrado que hay para un hombre al defender su familia y además a la familia grande de a estrada.
Yo en nombre de mi padre, de mi tía y tíos (espero que el que vive allí asista) les agradezco a todos los que estéis allí y que dediquéis una de esas flores de parte de los que estamos del otro lado del océano, lejos en el camino, pero cerca en el corazón, y como fueron sus ultimas palabras para todos: viva la republica (así lo hubiera dicho Ramon Fernandez Rico junto a Jesus y a Rodriguez) con todo el corazón gracias tu nieta
CARTA DE TERESA FERNÁNDEZ, NETA DE RAMÓN FERNÁNDEZ
Quiero expresar en esta carta todos los sentimientos desencontrados que afloran en este momento, muy lejos y muy cerca a la vez, para rendirle mi mas sentido homenaje a mi abuelo Ramón Fernández Rico.
Un hombre que junto a muchos otros, quisieron y entregaron sus vidas por una Galicia mucho mejor.
Acallaron sus voces, lo separaron de su familia, avasallaron todos sus derechos como seres humanos. Pero el olvido que nos hicieron creer, no es tal, pues mientras no se laudan esos hechos, ni la familia ni el pueblo pueden seguir adelante y mas tarde o mas temprano la verdad sale a la luz.
También quiero tener un recuerdo para la abuela Pura.
Gracias a todos los que están trajando por recurar su memoria
NOTA DA ALCALDÍA DA ESTRADA
Póñome en contacto con vostede, para manifestarlle o meu agradecemento por terme convidado aos actos que a súa asociación levará a cabo o vindeiro 3 de xuño na Illa de San Simón e Pontevedra.
Séndome imposible asistir, por compromisos adquiridos previamente, propios do meu cargo, compartimos o respecto e merecemento da ofrenda floral dos membros da Corporación Municipal da Estrada fusilados en 1936. Deste xeito, poñemos ao seu dispor un ramo de flores, para depositar no lugar da ofrenda no nome do Concello da Estrada e polo tanto de todos/as as estradenses.
DISCURSO DA PORTAVOZ DO BNG, RAQUEL LÓPEZ DOCE
No mes de agosto de 1936, ao fronte do Concello da Estrada estaba Ramón Fernández Rico, 1º Tenente de Alcalde, xa que Jesús Puente Fontanes, o Alcalde ía a entregar o Estatuto en Madrid, polo que exercía de alcalde mentres non chegou Puente de Madrid. O Gobernador Civil déralle a Ramón a responsabilidade de dirixir a defensa da legalidade na zona norte da provincia. E José Rodríguez Sangiao, 5º Tenente de Alcalde foi quen tivo a encomenda de negociar cos militares alzados unha saída pacífica ao conflito. Os tres tiñan como obxectivos desde as distintas opcións ideolóxicas, defender o réxime democrático e, sobre todo, a paz e un xeito dialogado de resolver as diferenzas. Por iso evitaron o confronto e preferiron buscar un acordo que impedira o derramamento de sangue, agardaron a que a outra parte cumprira a súa palabra.
Non pensaron que ningún ser humano puidera chegar a tal grao de depravación moral como a que alcanzaron os militares alzados. Por iso Puente e Ramón estaban a comer tranquilamente diante do Cuartel da Garda Civil o día 21 de xullo, e cando lles din que se lles busca, pasan logo ao rematar de xantar polo posto deste corpo a preguntar qué querían deles, coa conciencia tranquila por nada ter feito. E tamén por iso José Rodríguez Sangiao acorda co Alférez colaborar para recoller todas as armas e evitar o enfrontamento, pensando que así quedarían satisfeitos os militares e con isto conseguirían que o noso Concello librara de crimes irreversibles e inútiles. Coa última entrega, José Rodríguez queda xa preso e nunca máis volverá a ver a liberdade.
Os tres xestionaron a situación o mellor que puideron para conseguir que os seus veciños mantiveran un réxime no que o poder lexítimo só podería descansar na vontade dos electores, e – sobre todo – unha convivencia pacífica, onde ninguén ía ser asasinado polas súas ideas.
Senón o conseguiron foi porque enfronte atopábase a irracionalidade e a forza bruta, unha maquinaria criminal que non ía descansar até exterminar aos que tiveran un pensamento propio e diferente.
Unha estrutura corrupta na que os señoritos que nunca traballaran atoparían a súa oportunidade para medrar e colocarse en postos públicos que por propios méritos nunca alcanzarían, ou a requisar propiedades – isto é a roubar – a aqueles que tanto esforzo lle custara conseguilas, a aqueles que todo o que tiñan era produto do seu traballo, e grazas a iso lograran desenvolver a economía local creando emprego e riqueza na Estrada.
En definitiva, Xesús, Ramón e Xosé, por como eran e como actuaron son un exemplo a seguir; e precisamente por iso, e non por outro delito, é polo que foron executados aquí un 5 de xuño de 1937. Isto é, precisamente para que ninguén seguira o seu exemplo, ou sexa, para que ninguén pensara no benestar e no desenvolvemento colectivo da Estrada, senón só no propio beneficio particular; para que ninguén soñara que se podía gobernar un Concello ao servizo dos veciños e non utilizar aos veciños e veciñas ao servizo propio. Por iso hoxe estamos aquí, para lembrar que outro mundo mellor foi posíbel, se lle deixasen; e para empezar a facer xustiza a quen condenaron a morte física pero tamén á morte social, isto é, ao silenciamento e ao esquecemento. A outra condena non a puidemos evitar, e as súas vidas non as imos poder recuperar. Mais si que podemos, con esta acción e outras que agardamos lle sigan, conmutar a outra pena de morte ao seu nome e ao se recordo.
O único que se preguntarían cando estaban aquí enfronte, dirixindo a súa mirada a ringleira de fusís que os apuntaban, co fondo fermoso da xunqueira do río Lérez, era se a súa morte sería inútil. Se ninguén se acordaría deles. Por iso Ramón escrebe nunha carta dirixida a nós, aos membros das seguintes corporacións, pedindo unha única cousa, a de ser lembrados. Aínda que a súa vontade non foi cumprida ata o de agora, hoxe podemos contestarlle que a súa morte non foi inútil e que a condena ao esquecemento xa rematou. Como tampouco esqueceremos máis xa aos estradenses asasinados, a maioría en Pontevedra como Candido Tafalla Froiz, José María Pena López, Manuel Vázquez Cruz, José Gómez Rivas, José Gabriel Cespón, José Cortes Fernández, José Vidal Puga, José Graciano García, Manuel Nogueira González, José Rico Gaiteiro, Manuel Puente Porto, mais tamén outras vítimas que non pasaron pola farsa das Causas Militares, senón que foron paseados como é o caso de Ramiro da Forxa, Higinio Carracedo, os 5 membros da familia Ventín de Codeseda, Clementino Louzao, Bernardo Mato Castro e José Figueiras.
Longa vida á memoria.
DISCURSO DO ALCALDE DE PONTEVEDRA, MIGUEL FERNÁNDEZ LORES
Grazas ante todo por achegarvos aquí nesta soleada tarde de xuño para rendir homenaxe de lembranza ao alcalde republicano, Jesús Puente Fontares e dous concelleiros da Estrada, fusilados despois de pasar unha tempada no penal de San Simón, donde esta mañá tivo lugar un emotivo percorrido tamén co gallo deste necesario e xusto Ano da Memoria.
Con esta homenaxe, amigas e amigos, estamos lembrando non só os compañeiros estradenses vilmente asasinados aquí, á beira do Lérez, senón unha manchea de persoas honestas, célebres e anónimas, profesionais e traballadores, representantes dos cidadáns ou militantes organizados en partidos e sindicatos, que diron as súas vidas en defensa da Libertade.
Foi unha vergoñenta etapa na que nos gobernaban as máis baixas condicións humanas como a vinganza, a sinrazón e unha paranoica visión da realidade á que chamamos fascismo porque tiveron como base a violencia, a represión, o autoritarismo e o medo imposto polas armas.
Levantados contra o goberno legal, impuxeron unha bárbara guerra contra as institucións e arrasaron con todo o que puidera ulir á libertade, o progreso e á esencia nacional de Galiza.
O noso país, as súas familias, os seus pobos e cidades, quedaron mutilados para sempre, perderon a mellor parte dunha xeneración xusto nunha época na que comezaban a agromar as arelas de rexeneración e conciencia nacidas un século antes, cando o Rexurdimento cultural espertaba a este país de longos anos de dominación.
O alcalde da Estrada, como moitos outros alcaldes fusilados, como moitos outros homes asasinados ou encadeados, son para nós o símbolo, a lembranza dunha época próxima, de onte mesmo, como quen dí, na que os abutres venceron aos xílgaros.
No día de hoxe queremos tamén lembrar as víctimas de outras guerras nas que tamén están en xogo palabras grandes e fermosas como a libertade dos pobos, a mantenza das persoas, ou a esperanza dos humildes.
No 36 dixéronnos que facían unha guerra contra o comunismo, os mesmos que hoxe nos falan de liberar destinos exóticos coma Irak, Afganisthan ou Irán, a donde envían os exércitos para impoñer un clima favorábel ás empresas gasísticas e petroleiras que trafican cos seus recursos naturais.
Pero en todos os casos son guerras de dominación, de anulación do ser humano, contra a autodeterminación dos pobos, contra a súa libertade, contra o seu benestar.

Xestora Municipal Estradense
5 de Maio de 1936
Presidente: Jesús Puente Fontanes (Agrario) [FUSILADO O 5 DE XUÑO de 1937]
1º Tenente Alcalde: Ramón Fernández Rico (Unión Republicana) [FUSILADO O 5 DE XUÑO DE 1937]
2º Manuel Coto Chan (PSOE) [FUXIDO NO MONTE, capturado o 28 de novembro de 1938 e en prisión en condicións infrahumanas até outubro de 1945]
3º Eusebio López Vilán (Presidente da Sociedade Agrícola de Barbude. Partido R. Radical Agrario)
4º Manuel Campos Vázquez (Casa do Pobo) [FUXIDO NO MONTE até o 30 de marzo de 1939]
5º José Rodríguez Sangiao (Comunista) [FUSILADO O 5 DE XUÑO DE 1937]
6º Francisco Rivas Besteiro (Agrario) [DEPURADO DO MAXISTERIO, SUSPENDIDO DE EMPREGO E SOLDO]
Síndicos:
Camilo Pereira Rial (Galeguista)
Manuel Nogueira Pereira (Agrario)
Concelleiros
José Fondevila Torres (Izquierda Republicana)
David Maceira (Agrario)
Francisco Villar Torres (Agrario)
José Gómez Rivas (Agrario) [FUSILADO O 15 DE OUTUBRO DE 1936]