Antonio Fraguas na Estrada
Xoán Carlos Garrido Couceiro
A relación de Antonio Fraguas coa Estrada é circunstancial, mais será determinante na vida deste militante galeguista que chegará a unha realidade política local froito de décadas de loitas das que el non participou, e sufrirá as consecuencias dun conflito Estatal, o levantamento militar do 36, fronte aos que el tamén pouco podía facer por evitar ou enfrontar. Con todo, a política golpeouno e marcouno para sempre, sobre todo nestes escasos tres anos que estivo presente neste concello. Unha presencia que tivo, efectivamente, unha dimensión cultural importante, participando en conferencias nas parroquias ou dirixindo un grupo de teatro (“Sociedade Artística Estradense”), mais tamén pedagóxico, a través das súas saídas didácticas e o seu proxecto de Museo de Historia do Seminario de Estudos Galegos, etc. Mais mesmo estas últimas actividades profesionais non se poden subtraer do contexto político que as favoreceron e, finalmente, que as impediu co seu cese e separación da docencia. Un contexto local político que quixéramos nestes breves apuntamentos aclarar mellor para comprender o marco no que se inscribe a actuación e bota máis luz sobre algunhas das posicións do autor aquí estudado.
Un Instituto para A Estrada
Este concello rural viña mantendo no primeiro terzo do século XX unha constante batalla por un ensino universal que combinaba a reivindicación diante da administración coa súa substitución -cando esta non respondía satisfactoriamente- a través de iniciativas como foron as Sociedades de Instrución por medio das cales se estendeu polo rural unha rede de escolas que fixo posíbel a alfabetización e unha formación básica que tiña como fin -as veces explícito e outras inconfesábel- propiciar que as novas xeracións puidesen emigrar en condicións máis favorábeis que as que tiveron que sufrir quen achegaba fondos para financiar nas súas parroquias de orixe as devanditas escolas.
Agora ben, esta función subordinada ao papel do país como fábrica de emigrantes estaba a ser posta en cuestión, xa se viña debatendo na década dos 20 a urxencia de rebelarse contra ese destino e propoñíase a necesidade de estender a oportunidade de formarse e especializarse alén desas “catro regras” coas que se despachaba ao alumnado de primaria, co fin a fixar na Terra proxectos de futuro laboral viábeis e de calidade, ademais de elevar o nivel da cultura xeral da poboación. O ensino secundario debería pois deixar de ser un privilexio de clase e mesmo territorial (nas cidades) para achegarse á poboación rural e as camadas populares.
Por iso, cando chegou a República había unha sensibilidade nese sentido que se traduciu na demanda de Institutos de Segunda Ensinanza para as diferentes vilas do país. E A Estrada non quixo quedar atrás.
E así tivo lugar unha loita que tivo como protagonista a todo o pobo da Estrada, pero nomeadamente é xusto destacar as xestións levadas a cabo polos deputados de Acción Republicana (logo pasarían a Izquierda Republicana), Osorio Tafall e Poza Juncal, e dos socialistas Gómez Osorio, Botana y Arbones, que foron sensibles a esta demanda popular.
Cando o Ministro de Instrución Pública deixaba a este concello fóra da rede de Institutos, a pesares de ser informado favorablemente polos técnicos pola súa necesidade obxectiva, estes deputados enriba citados, dirixíronse en setembro do 33 ao Ministro Francisco Barnés Salinas para que rectificase o erro que -con obxectivo de non queimar as pontes- se atribuía sen dubida se debe ao esquecemento ministerial involuntario, lembrándolle as características do noso Concello: Dicíase que A Estrada é unha vila moderna, perfectamente urbanizada e hixienizada, que ten un Municipio, integrado por unhas 50 parroquias, e ten cerca de 30.000 habitantes; enclavada no centro dunha extensa e próspera comarca, cruzada por abundantes vías de comunicación. O seu censo escolar - polo que a segunda ensinanza se refire - é superior a un centenar. Este número acrecentarase en canto se facilite o acceso ao Instituto dos alumnos das especialidades primarias, que teñan unha posición económica insuficiente.
Por outra banda a Corporación Municipal tamén estivo á altura das circunstancias ofrecendo local, comprometéndose a facer as obras que fosen necesarias, fornecendo as achegas para a biblioteca e material, así como satisfacer a cantidade que fixa o Ministerio para o seu mantemento.
Finalmente Barnés atende ás peticións dos Deputados e acorda aprobar un Decreto no Consello de Ministros creando un Colexio Subvencionado de Segunda Ensinanza na Estrada.
O 18 de setembro os Deputados Poza Juncal e Tafall reuníanse na Estrada cos pais dos nenos para explicarlle o funcionamento e contido do Instituto, aproveitando para fixar un novo obxectivo: A Escola Elemental de Traballo.
E por fin o 1 de decembro de 1933 inaugurase oficialmente o Colexio Subvencionado coa apertura solemne do curso 33-34. A demora deste comezo de curso debeuse as obras de adaptación do edificio que aínda estaba sen rematar. As instalacións fixéronse a correr nunha antiga fábrica de móbeis. No curso 1934-35 pasaría a denominarse Instituto Elemental de Segunda Ensinanza, e finalmente no seguinte curso Instituto Nacional de Segunda Ensinanza (podendo así examinarse nel por libre calquera que non puidera asistir as aulas).
Alí estaban as forzas vivas da poboación, tiveran lugar as eleccións, e foran derrotadas as organizacións dos Deputados promotores, como é o caso de Osorio Tafall, que non en tanto tamén acudía para comprobar que o seu traballo parlamentar non fora en balde. O alcalde e Antonio Lino, o Director eloxiaron no salón de Plenos as xestións feitas polos representantes populares, e tamén polos pais, que contribuíron activamente a acelerar a posta en marcha do centro. Tafall falou do problema cultural español, e de canto fixo a república por solucionalo.
Todo o espectro ideolóxico da vila gabou as xestións de Osorio Tafall e Poza Juncal, os Deputados do partido Izquierda Republicana, que tiña na Estrada precisamente unha composición moi relacionada coa tradición de loita polo ensino vinculada as sociedades de emigrantes e de Instrución. Deste partido era o coñecido escritor local Manuel García Barros, mais tamén Otero Abelleira (director de “El Emigrado”), e estaba encabezado por José Fondevila e Perfecto Porto, ambos os dous relacionados co mundo da emigración e coa promoción de certames escolares e do acceso ao ensino. Izquierda Republicana tíñase atribuído o mérito e dalgún xeito agardaba recoller os seus réditos electorais.
Logo de aprobar o “Cursillo” para encargados de curso de Instituto (Gaceta 24/07/1933), Antonio Fraguas Fraguas é destinado en Outubro dese ano como profesor para o ensino da Xeografía e Historia no “Colexio Subvencionado – Estatal” da Estrada, sendo publicado o seu nomeamento como Secretario deste na Gazeta do 16 de marzo de 1934. E en nesa calidade recibiu e atendeu ao Ministro de Instrucción Pública, Filiberto Villalobos, na súa visita á Estrada e ao propio Instituto o día 9 de agosto.
Paralelamente á súa chegada á Estrada por razóns profesionais tamén se produce a súa integración no comité local do PG, asumindo as súa secretaría xeral, e xa que logo, na práctica a súa dirección política.
Pardo de Cela como metáfora da perda da soberanía
En novembro de 1933 trunfan as dereitas e suspéndese o proceso a prol do Estatuto. Fronte a isto óptase por outro tipo de estratexias para acumular forzas e crear conciencia nacional de cara a tempos mellores. O propio Kenkeirades recoñece isto nun artigo no xornal “Galicia” das sociedades galegas na emigración arxentina do 21 de xaneiro de 1934. Comenta que a idea xa se tomara en consideración dous anos antes, mais que se aparcou para dedicar os esforzos a campaña a prol do Estatuto, mais agora, que isto non se podía levar a cabo, volvía a retomarse o proxecto.
Efectivamente proposta lánzase no xornal “El Emigrado” en 1932 polo mestre da parroquia de Ribeira, o lalinense Manuel González Rodríguez, quen ao ano seguinte volverá sobre este asunto con motivo da conmemoración do 17 de decembro, para equiparar a traizón que levou á decapitación do Mariscal coa da frustración do Estatuto que tiña prevista aprobarse nese ano 1933. E insiste con outro artigo no mesmo xornal de “El Emigrado” nos anos seguintes por estas datas.
En abril de 1934 constitúese o Comité Central pro Monumento a Pardo de Cela na Estrada. O presidente honorario sería Fermín Bouza Brey e o secretario Antonio Fraguas. O obxectivo é que este monumento sexa erguido no verán de 1935, máis o certo é que en pleno bienio negro o relevante é a inmensa campaña que vai ter lugar con este fin de axitación na Galiza, e tamén na emigración para que así se poida discutir indirectamente dos dereitos do país que se pretendía recuperar.
En Xuño do 34 aparece xa Antonio Fraguas como Vice-presidente do devandito Comité, quedando Rafael Pazo como secretario. Compre lembrar que nesa responsabilidade, por ausencia de Fermín Bouza Brei, exerceu el a presidencia das xuntanzas do devandito Comité. Como é o caso da sesión do 24 de abril de 1934.
Durante os anos seguintes haberá unha campaña recadadora que o grupo galeguista da Estrada logrou facer extensíbel e transversal a outras organizacións políticas con membros dela con sensibilidade galeguista como é o caso de Sánchez Brea, e sobre todo do activo tesoureiro do comité pro-monumento Otero Abelleira, membro de Izquierda Republicana.
O PG da Estrada vai confluír e xunguir a súa sorte coa organización local de IR. Unha IR que é produto da evolución do republicanismo estradense desde o seu nacemento na loita contra a ditadura e a monarquía centralista a finais da década dos 20.
A república na Estrada
O núcleo do republicanismo estradense correspóndese en grande parte cos decepcionados da ditadura que nun primeiro momento mesmo prestaron o seu apoio a esta como un xeito de derrubar o corrompido réxime da restauración. Mesmo algúns como Torres Agrelo ou o propio Otero Abelleira aceptaron inicialmente cargos institucionais na Estrada ou na Deputación, mais pronto comprobaron que as promesas de rexeneración, autonomía, limpeza e, sobre todo, democratización eran incumpridas unha tras outra até dexenerar nunha Ditadura máis odiosa que a dos partidos turnantes contra os que batallaran durante décadas.
O 8 de marzo de 1930 asinábase a primeira acta do libro do Centro Republicano Estradense que tiña como fin agrupar nesta plataforma a todos os que, mesmo desde diferentes perspectivas, confluíran en rexeitar a monarquía borbónica e a ditadura que este amparaba, mais tamén loitar por outra serie de reivindicacións que ían definir ideoloxicamente o grupo (ensino, autonomía de Galiza, xustiza social, etc...). Perfecto Porto Fraiz é quen asina como secretario. José Fondevila asinará como Presidente e será un dos seus persoeiros máis destacados xunto con Otero Abelleira, como temos indicado.
Agora ben, a altura de 1936, logo da tortuosa travesía destes intensos anos, o republicanismo estradense está en crise interna e a outrora poderoso Centro Republicano Estradense que aglutinaba a todos os sectores que pasaran pola Federación Republicana Galega, Partido Republicano Galego, Acción Republicana... e finalmente desembocarán na triunfante IR de Azaña nas eleccións de febreiro do 36, pronto comezan a fragmentar froito das tensións derivadas da toma de poder, esfarelándose en diferentes alternativas emerxentes, acubillándose agora as distintas faccións locais á sobra de diferentes líderes estatais, fronte a situación inicial de adhesión unánime ao seu primeiro presidente de honra Santiago Casares Quiroga.
Nestas circunstancias prodúcese a fractura debido a que o comité electoral do Frente Popular de Esquerdas que fora nomeado para facerlle fronte as eleccións de febreiro agora seguía a funcionar como organismo de dirección do republicanismo estradense con vista a facerse cargo da asunción do poder local a través dunha xestora. Na xuntanza do 1 de marzo de 1936 tenta solucionarse isto reconvertendo o Comité Electoral nun Comité de Enlace dos partidos de esquerda da Estrada e, así, nomear representantes neste organismo. Ao propoñerse para estes cargos a persoeiros da vella garda como José Fondevila en substitución dos que estiveran ostentando a representación de Izquierda Republicana no Comité Electoral dáse o caso de que estes últimos danse de baixa da asemblea local de IR, mais non así do partido. De feito piden a súa alta en Pontevedra. Sendo o caso de Manuel Durán Durán, Ignacio Puente Fontanes e Albino Chao Coto. A pesares dos intentos de reconciliación, coa oferta de retirar os seus cargos algúns dos electos (Otero Abelleira) para integrar aos descontentos, a situación non se logra reconducir.
O día 5 constitúese a Xestora Municipal na que aparece Antonio Fraguas en representación do Partido Galeguista, quedando sen nomear os dous cargos que lle corresponderían a IR ao renunciar os que estaban nomeados.
O día 6 convócase xuntanza extraordinaria da asemblea de IR e dáse conta de que na constitución do Comité de Enlace apareceron novos partidos que non estaban integrados no anterior comité electoral, e na súa representación precisamente algúns dos que viñan de darse de baixa da agrupación local de IR como é o caso de Jesús Ignacio Puente Fontanes, en representación dos agrarios, ou José Bernárdez Fernández, en representación do Partido Comunista. Diante disto IR interpretou que era unha manobra para restarlle representatividade na Xestora Municipal. Por isto acorda non recoñecer a representatividade dos devanditos partidos, negándose a participar na xestora como iso non se corrixa. Nesta xuntanza tamén se comenta a campaña de “difamación” contra o líder de IR estradense José Fondevila, que esta non só provén das dereitas senón mesmo de xente da propia organización. Isto leva a que se acorde referendar o apoio a este e a esixir aos propios que ventilen as súas diverxencias no seo das xuntanzas e non na rúa dando argumentos ao inimigo.
A crise acentúase e o que puidera parecer unha solución de compromiso auspiciada pola dirección provincial de IR, coa dimisión en pleno da Xunta Directiva e a elección dunha representación integradora dos diferentes sectores para a Xestora Municipal. Esta dimisión prodúcese o día 12 e dáse conta que os representantes provinciais efectivamente rexeitaron as altas daquelas persoas dadas de baixa na localidade (Manuel Durán Durán, Jesús Puente Fontanes, Albino Chao Coto, etc.) pero diante das queixas formais de Albino Chao ao procedemento irregular da convocatoria da xuntanza do 1 de marzo, os membro do comité provincial tamén recollen esta denuncia, polo que finalmente optan por propoñer que sexan elixidos outros representantes na Xestora e que non figure ningún dos nomeados ou excluídos con anterioridade. Esta solución é aceptada pola agrupación local pero engádese outro requisito: que non poida ser alcalde nin Puente Fontanes, nin Fondevila, nin Rodríguez Seijo (anterior alcalde da Estrada na primeira lexislatura republicana).
Esta última esixencia non foi aceptada por Puente Fontanes que enviou a súa baixa definitiva de IR ao día seguinte.
Da dimisión da directiva, que tiña como obxectivo nomear outra nova máis integradora e superadora do conflito, sae unha comisión comporta por Mario Blanco Torres (Irmá de Roberto Blanco Torres), Senén Goldar Rodríguez e Manuel Durán Durán, para tratar cos demais partidos do Fronte Popular a composición da corporación. E é aquí onde consta en acta o seguinte texto aprobado na asemblea dese día 12: “Siendo condición expresa a que la Gestora ha de constituírse a base de los Concejales de elección Popular, completando el resto con los de nombramiento Gubernativo, acordándose votar para la alcaldía al Galleguista D. Antonio Fraguas, y de no aceptar este a uno de nuestro partido”.
Finalmente non prosperou esta iniciativa de consenso senón que quedou de alcalde precisamente Puente Fontanes. Algo que non fixo máis que empeorar as relacións entre o grupo de Fondevila, quen estaba disposto a facer as renuncias que fixeran falla para reconducir a situación, e os antigos militantes de IR, agora na órbita dos Radical Socialistas, o PC e o PSOE.
O goberno civil remata ao fin constituíndo a corporación coa proposta de integración con 6 membros de IR, se ben, Manuel Durán Durán rexeita tomar posesión por consideralo incompatíbel coa dirección do xornal “El Emigrado”. En representación do PG aparece nomeado Antonio Fraguas.
Constitúese a Xestora o 5 de maio quedando como presidente Jesús Puente Fontanes. Mais como representante galeguista queda finalmente Camilo Pereira Rial n calidade de sindico. e non Antonio Fraguas
O 24 de maio celébrase a sesión plenaria e alí desátase o enfrontamento entre ambos os dous bandos do republicanismo a raíz dunha serie de contratacións e indemnizacións a represaliados políticos que durante o bienio negro foron presos ou despedidos. A argumentación de Camilo Pereira e Fondevila ían no sentido de non recargar aos contribuíntes cunha serie de contratacións que remataría nun intercambio de acusacións que desde as bancadas socialistas e da casa do pobo se lanzaban contra os “republicanos” de que só se interesan polos ricos, e a súa vez desde o PG e IR retrucaban aos da casa do pobo de que hai obreiros que teñen máis renda que algún dos contribuíntes.
Ese mesmo día convócase unha xuntanza extraordinaria de IR e aprobase en asemblea dirixirse ao Goberno Civil para denunciar a actuación do alcalde. Na do 7 de xuño nomean unha comisión para ir directamente ao Goberno Civil e ao Frente Popular para “explicar las anomalias en el funcionamiento del Frente Popular de la Estrada y de la Gestora actualmente nombrada”.
Finalmente, o 30 de maio asina a súa renuncia o representante do PG na xestora en substitución de Antonio Fraguas e publica unha carta no xornal “El Emigrado” amosando os seus motivos:
“As razóns nas que fundamenta a citada renuncia son as seguintes:
Oposición por parte dos representantes de determinados partidos o cumprimento do programa do Frente Popular.
A aceptación por parte dos elementos anteriormente citados, de cargos retribuídos sin ter en conta a manifesta incompatibilidade que eixiste entre os ditos cargos e de xestores o cal supón inmoralidade co a que os galeguistas no non poden estar conformes.
Aparte das razóns espostas, que xa de seu serían bastantes a facernos adoitar esta aititude, eixisten moitas outras que non é preciso facer constar eiquí, pero en que en momento oportuno, daremos a conocer a opinión pública”.
Nestes momentos a prioridade é a campaña do Estatuto, nela emprégase activamente Antonio Fraguas. Non implica a súa substitución unha retirada da actividade política senón que é froito do conflito que se viña mantendo dentro do fronte popular e que tiña as súas orixes no seo de IR tal como se relatou. Mais Antonio Fraguas é anunciado para un mitin galeguista o 11 de xuño na parroquia de Callobre xunto con Alexandre Bóveda. Este que viña ser un mitin partidista acabou reconverténdose nun conxunto con outras forzas dentro da campaña pro Estatuto. Indicábase o seguinte no xornal “El Emigrado” (16-6-1936):
“O mitin galeguista anunciado pr´o 11 en Callobre transformouse, pol-as circunstancias en mitin pol-a autonomía, o primeiro, d´ista volta, que se celebra no noso distrito.
As catro chegou unha camioneta co Comité e os propagandistas. Tres fermosas señoritas portaban a bandeira galega. Subidos ó palco executou a música o Himno galego que a concurrencia escoitou en pé e descuberta. Fraguas presenta os oradores e abre os discursos con verbas vibrantes e sentidas ateigadas de patriotismo auténtico”.
Mais neste mitin interveñen tamén Martín March por IR, Adrio por Unión Republicana e Garrote polos Comunistas, e Victor Casas polo PG. Nesta crónica asinada por Manuel García Barros tamén se dá conta da celebración doutros mitins noutras parroquias estradenses (Oca, Tabeirós e Codeseda) nos que intervirá Antonio Fraguas. Así mesmo el será o primeiro en intervir no grande acto central da campaña pro-estuto na vila o 27 de xuño, recollido así polo xornal “El Emigrado” do día 30: “El primero en hacer uso de la palabra fué el entusiasta galleguista D. Antonio Fraguas, Secretario del Instituto de ·Segunda Enseñanza, quien con su verbo cálido inició el acto, ·presentando también a los demás oradores”. Aquí participan Alonso Ríos (Agrario), Romero Cachinero (Comunista) e Castelao (PG) que pecharía o acto, sendo este o último seu na Galiza. Tamén hai constancia da participación de Antonio Fraguas o 24 de xuño nun mitin na parroquia da Somoza (El Emigrado, 7-7-1936).
Desde as páxinas deste xornal “El Emigrado” non deixaba de dispararse contra o alcalde e os grupos que o apoian (socialistas, comunistas e agrarios) acusándolle de enchufar aos seus e de non decatarse do que estes facían de costas ao propio alcalde. Mesmo Manuel García Barros se animou a compoñerlle un poema que pode ilustrar o ambiente que se vive neste momento:
¡Avemaría!
N'unha valla d'unha rua
un 'papel pegado había;
según a letra rezaba
éra un bando da Alcaldía.
O Alcalde, que o miraba
con gran atención o lía
cal se bebera cos ollos
aquilo que alí decía,
que solpresa lle causaba,
poi-os xestos que facía.
Pensativo se quedara
e suas cousas botaría.
Quizais lle achacase aquilo
a cousas de meiguería,
Pois anque a firma era sua
do conto nada sabía.
!Avemaría!
KEN KEIRADES (“El Emigrado” 24-5-1936)
Neste xornal de inspiración galeguista e no entorno de IR criticábase a Puente Fontanes de xeito furibundo. Desde o volume dos pregoeiros e as horas intempestivas a que difundían os bandos locais até as taxas postas polo concello. Con todo hai unha colaboración en torno a campaña do Estatuto que ten como resultado que o referendo na Estrada obteña un 90 % de votantes favorábeis e o compromiso do alcalde que se despraza a Madrid ao acto de entrega do texto para que obteña estado parlamentar para proceder a súa tramitación nas Cortes.
“De boa me librei”
Durante esta estancia de Puente Fontanes en Madrid prodúcese o golpe de Estado fascista e este desprázase para tomar as rendas do Concello, mais cando chega xa a sorte está botada a prol dos alzados. Con todo, isto non vai evitar que sexa detido, enviado a colonia penitenciaria de San Simón e finalmente sometido a un consello de Guerra e condenado a morte, é executado o 5 de xuño de 1937. Simplemente polo “crime” de ostentar a alcaldía.
Antonio Fraguas non gostaba de lembrar aqueles tempos. Tratou de salvar a vida, recuperar a súa praza de docente, etc... e nestas vicisitudes tentou ampararse no seu “apoliticismo”, culturalismo e mesmo sentimentos relixiosos para defenderse. Tamén fixo unha lectura daqueles feitos poñendo o acento como mérito ao “veto” comunista á súa persoa para a alcaldía, e a súa tentación a prol de fuxir do que lle vía enriba por medio da súa adhesión á dereita galeguista, na que tiña moitos amigos.
Como se encargaban de recordar os seus inimigos, a Fraguas non lle colaba a súa folla de servizos anticomunista. Ademais da súa sensibilidade social reflectida na súa obra e pensamento, o feito é que compartiu estrado e campaña con dirixentes socialistas e comunistas na loita polo Estatuto. Por outra banda, Fraguas non era un individualista, a súa actuación política compre inscribila na acción colectiva dos grupos nos que el interviu e, nese sentido, a súa continuidade no PG e a aceptación da súa disciplina así o testemuñan. A súa énfase nas súas diferenzas coa liña seguida polo partido eran usadas para librarse das consecuencias do seu compromiso militante. Quizais é certo que moitas das súas actuacións sexan produto da ascendencia sobre el dun líder, desde Antón Losada até Castelao, de quen a pesares das súas discrepancias, non dubidou en obedecer. Agora ben, esa admiración non é fascinación cega senón que vai ao cerne do que eles representan e co que se identifica, polo que o cumprimento dos seus consellos contrarios ao que nun momento puntual desexaría, hai que relativizalo en canto ao que el valoraba como estrutural e o que considerou secundario.
O caso é que a súa traxectoria política pública non foi alén da súa proposta como alcalde. Afortunadamente para el isto frustraríase. Non polo seu apoliticismo senón polas circunstancias locais nas que se dou esta oportunidade, algo que el nunca lamentou: “de boa me librei”.

php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|