Rubín
Clara Iglesias Cortizo
- RUBÍN: trátase dun topónimo de posesor, derivado de VILLAM RUBINI, xenitivo de RUBINUS, antropónimo de orixe latina.
- AGRELO: é derivado do substantivo agro, ao que se engade o sufixo diminutivo –elo. O topónimo Agrela xa se tratou neste traballo; a oposición de xénero neste caso indica unha diferenza de tamaño, de forma que o feminino indica obxectos máis grandes que o masculino; así, agro é “agra pequena”.
- AMARELLE: topónimo de posesor, formado inicialmente pola palabra latina VILLAM + o nome do posesor en xenitivo; neste caso Amarelli, do nome xermánico Amarellus.
- OS BALSEIROS: parece derivado de Balsa, topónimo que aparece en máis de 100 casos no noso país; no entanto, o seu derivado Balseiros, presenta tan só seis ocorrencias; Balseiro, oito; e Balseira, tres. O sufixo –eiro neste caso debe ter valor locativo; o lexema balsa é de orixe prerromana, co significado de “pequena depresión no terreo que se encharca”
- O BARRO: o topónimo Barro non sempre significa o que parece a primeira vista, “mestura de terra e auga, lama”; senón que, en moitos casos, estaría relacionado cunha base indoeuropea, *bhars-, “altura, cume”, que acabou por dar vocábulos celtas co lexema –bar, como o irlandés barr ou o córnico bar, con este mesmo significado de “lugar alto”. No noso país o topónimo Barro (ou outras variantes como Bar, Bares, Barronca…) aparece moitas veces en lugares elevados. En todo caso, isto non quere dicir que Barro, cando non se refire a emprazamentos elevados, non poida dar nome tamén a sitios lamentos. De todos xeitos, o topónimo, sexa con un ou outro significado, é de orixe prerromana.
- O BEDE: trátase dun nome bastante escuro, de orixe prerromana, probabelmente derivado da palabra céltica *bedo, “arroio, canal con auga, foxo, superficie encharcada”. Este topónimo galego corresponderíase co galés bedd, o córnico bedh, o bretón béz e o galo bedo, todos con este mesmo significado de “foxo, canal” ou tamén, derivado destes, co de “sepulcro”.
- A BEMPOSTA: poderiamos considerar este topónimo como o que se ten chamado “nomes de aprecio”, pois serve para caracterizar o lugar como ben situado ou ben edificado. A orixe é latina: está formado polo adverbio ben (< BENE) + posta, derivado do latín POSITAM, participio perfecto pasivo do verbo PONO, “poñer, colocar, dispoñer”.
- BERBIGUEIRA: este nome aparece tan só en dous casos na toponimia do noso país; un deles é o que nos ocupa, na parroquia de Rubín; e o outro, coa variante Birbigueira, nomea unha aldea da parroquia de San Xoán do Campo, no concello de Lugo. O topónimo foi analizado en profundidade por Carlos Vázquez García na súa tese de doutoramento. Segundo este autor, Berbigueira tería a súa orixe no latín vulgar BERBICARIAM, derivado de BERBECES + o sufixo colectivo –aria; este substantivo BERBECES era a forma do latín vulgar que proviña do clásico VERVEX, “carneiro castrado”. Na súa orixe o topónimo designaría un lugar en que abundaba o gando ovino, ou no que había un curro para gardar ese tipo de animais.
- O FOXO: procede do latín FOVEAM e indica unha burata, un furado grande. Moitas veces os foxos eran trampas de responsabilidade comunal para capturar lobos.
- A IGREXA: procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia.
- PAZOS: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- A PENA (DE ABAIXO- DE ARRIBA): o máis probábel é que Pena proveña provén do latín PINNAM, “almea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. Hai autores que discuten esta etimoloxía e fan derivar o galego pena da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”.
- O SOL: case con total seguridade, a orixe deste nome é moi distinta ao que a primeira vista parece. O máis probábel é que se trate dun topónimo de posesor, a partir do sintagma VILLAM SAULI, en que se perde o primeiro elemento. Derivaría, entón, do antropónimo Saulo, nome hebreo de Paulo de Tarso, que se popularizou coa expansión do cristianismo. Os dous antropónimos, o latino PAULUS e o hebreo SAULUS deixaron pegada na toponimia galega; así, do xenitivo PAULI, temos o topónimo Pol, que pode aparecer illado ou en combinación con outro elemento, como nos casos de Vilapol ou Castropol; de SAULI, temos Sol, que tamén se presenta na forma Vilasol no concello de Pedrafita do Cebreiro. A interpretación popular do topónimo, que o pon en relación co substantivo común sol, “estrela próxima á Terra que nos dá luz e calor”, pode explicar a presenza do artigo, que en principio non sería esperábel nun topónimo de posesor.
- A VEIGA DA BRAÑA: trátase dun topónimo composto por dous elementos léxicos, ambos pertencentes ao vocabulario común. En canto a veiga, “terreo baixo, amplo e fértil, xeralmente ás beiras dun río; terra de labor”, xa se tratou noutro lugar deste traballo. O substantivo braña, cuxo significado é “prado ou campo con humidade constante”, xerou controversias en canto á súa orixe: a opinión máis estendida entre os lingüistas é que provén do latín vulgar VERANEAM, derivado á súa vez da forma VERANUM, vocábulo tamén do latín tardío que acabou por dar na nosa lingua a palabra verán, e que significaba ”tempo bo, primaveral”, procedente do latín clásico VER, “primavera”; esta evolución semántica xustifícase polo feito de as brañas produciren bos pastos durante o verán. Mais hai outra opinión sobre a etimoloxía da palabra braña, proposta por Elixio Rivas, que lle supón unha orixe céltica, emparentada coa raíz hidronímica bar, “auga”. En todo caso, A Veiga da Braña é un topónimo ben hidronímico, ben fitotoponímico, e non é fácil diferenciar esas dúas interpretacións.
- OS VILAS: en canto á etimoloxía da palabra vila, xa se falou en varios lugares deste traballo. Tendo en conta o seu significado como entidade de poboación ou como propiedade rural, é lóxico que sexa un nome moi frecuente na toponimia; mais neste caso, o artigo masculino plural que acompaña o substantivo demóstranos que se trata dun topónimo familiar, pois designaría unha familia apelidada Vila que existiu antigamente nese lugar. Calquera nome ou apelido pode adoptar unha forma de plural para indicarnos a descendencia dun determinado individuo.
Rubín (Santa María)
Manuel Reimóndez Portela
A parroquia está situada no val chamado de Pardemarín que ten ademais estas outras: Lamas, Pardemarín, Olives, e Curantes.
LINDES: linda polo norte con San Pedro de Ancorados e Agar, polo sur Lamas, polo leste con Curantes e polo oeste con Cereixo e Callobre.
Por razón do seu nome, na orde alfabética, correspóndelle o número 40. En canto á superficie ten o número 19 con 510 ha.
Os lugares que compoñen hoxe a parroquia de Rubín son:

COMUNICACIÓNS: Rubín é unha parroquia moi ben comunicada xa que a percorre polo norte a estrada N-640 Chapa-Carril, dela parten pistas transversais que unen todos e cada un dos seus lugares e ademais danlle saída cara ás parroquias veciñas, Curantes, Olives, Lamas, Pardemarín, ou Callobre, Vinseiro, Cereixo, etc. Así tamén como polo norte aos Ancorados ou Agar. Pola dita N640 vaise polo leste cara ás terras de Trasdeza e os camiños achégannos aos montes ou leiras.
Camiño Real: o camiño real viña de terras de Tabeirós ou Pardemarín, entraba na parroquia pola Ponte Nova, entre Bemposta e Berbigueira ata a feira do Foxo en O Foxo-Corvelle.
HIDROGRAFÍA: o regato de Rubín vén de Lamas e Curantes uníndose no Lugar da Lgrexa e de alíá Pena de Arriba, ao que vai por Veiga da Braña, Bemposta e Berbigueira ao camiño de Callobre e Cereixo buscando o Liñares.
O regueiro da Pena que nace na cerrada do Pinal entre os Vilas e A Bemposta camiño de Callobre. O regato do Bede pasa por este lugar. Neste regato hai actualmente unha depuradora, para servizo da rede de sumidoiros dos lugares do Foxo, A Pena de Arriba e
O Bede.
PONTES: ten a ponte de Rubín (estrada do Sol a Pardemarín) no lugar da Insua da Fraga entre A Bemposta e o lugar da Igrexa. A Ponte Nova, entre Callobre e Rubín sobre do río desta parroquia (de estilo románico, con 2 arcos) ...e un pontillón entre Balseiro e o mesmo lugar da Igrexa. A ponte do Bede no lugar do mesmo nome. A ponte Berbigueira, entre o lugar da Lgrexa e de Veiga da Braña.
FONTES: a fonte Merlín abaixo da igrexa onde se di que apareceu a Virxe María; de augas que bebían para non coller enfermidades, con lenda.
A fonte do Cura, onda a mesma igrexa. A fonte de Rodríguez en Pena de Baixo. A de Agrelo no lugar do mesmo nome. A de Cardías nos Vilas. A do Barro no mesmo lugar con lavadoiro. A do Bede e a de Santo Antón a carón da capela no Foxo (coidamos que o que aquí se chama de Malrín debe tratarse de Merlín). A da Berbigueira, no mesmo lugar con lavadoiro.
OROGRAFÍA: é dun terreo chan inclinado ao sur, con poucos montes polo norte.
PAISAXE: é fermosa a paisaxe dende calquera lugar pola súa visibilidade coas terras do sur. Destaca o cauce do río Curantes polo fondo da parroquia.
PEDRAS: onde se chama "O Montiño" onda Bemposta atópase aínda unha importante pedra que foi un marco de lindeiro de Foros e mide 120 cm de alto, a 60 por 35 nas outras medidas. Xa non está, foi substituída por outra.
Pedras cheas de arte, traballadas polos nosos canteiros, moitas veces anónimas son os cruceiros de Rubín... dirémolo máis adiante. Na carballeira de Guimaráns, lugar de Balseiro existía unha pedra ou marco con R. de forma rectangular que tiña gravado un R... algún veciño coida que alí lle chamaban carballeira do Rei.
Os cruceiros: son os seguintes:
1 situación: parroquia de Rubín, nunha praciña moi próxima á igrexa e á pista (antes camiño) que leva a ela. Hoxe no medio do campo da festa.
Columna: octogonal, comeza cadrada con sinxelos debuxos e remata igual. Capitel: cadrado con volutas. Cruz: latina, cadrada con bordos biselados. Anverso, Cristo crucificado coa cabeza ergueita; reverso, Inmaculada orante. Altura: uns tres metros.
Inscricións: no pedestal, cara esquerda: HIZOSE SIENDO RETOR D-RANCO GARCIA CANDA.
Conservación: boa.
Tradición: Lémbrase de sempre no mesmo sitio, nun antigo cruce de camiños e arboreda.
Propiedade: pública (parroquial)
2 sstuación: parroquia de Rubín, fronte á entrada ao adro da igrexa.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico coas arestas superiores biseladas. Columna: octogonal, comeza cadrada cunha imaxe coa palma do martirio na man dereita. Capitel: redondo, rodeado dunha argola metálica para a súa mellor conservación, rematando con volutas e catro anxos. Cruz: latina, cadrada con bordes biselados. Anverso, Cristo crucificado, cabeza inclinada cara adiante, con bigoge; reverso, a Ascensión da Virxe aos ceos, palma na man dereita, dous querubíns aos pés, un anxo a cada banda axudándoa no brazo horizontal. Altura: uns tres metros.
Inscricións: no pedestal: ADEBOTO/ VANREIEIIA AISUM4-ER/ MAI-ADEBAS-AÑO 1 740. (Transcribiuno Pedro Varela como: (Año 1740 Juan Pereiras su mujer María de Bascuas Devoto").
Conservación: regular
Tradición: a de outros moitos cruceiros erguidos fronte á entrada das igrexas.
Propiedade: pública.
3 Situación: parroquia de Rubín, lugar do Foxo, fronte á capela do mesmo lugar.
Inscrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico cos arestas biseladas. Columna: octogonal, comeza e remata cadrado; conservan restos que indican que tivo unha imaxe.Capitel: cadrado con anxos e volutas. Cruz: non a ten; no seu canto soamente unha imaxe da Dolorosa coa espada cravada no peito. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non existe.
Conservación: boa.
Tradición: ignórase
Propiedade: publica.
Atopámonos cun cruceiro situado nunha praza na Pena de Arriba, (detrás das instalacións de Transportes y Maquinaria), se cadra situado no Camiño Real e restos doutro no medio do monte do Crego, no lugar da Bemposta-Vede, queda ao pé e un anaco da columna.
Pombal: ten un fermoso a casa reitoral, en mal estado.
Hórreos: son vellos os hórreos da casa reitoral e o da Casa de Pichel na Bemposa.
LENDAS: hai un amplo coñecido por Merlín, onde unha fonte chamada "fonte da Santa" ou fonte de Merlín, vén por tradición que alí apareceu a Virxe María.
Na mesma paraxe da fonte da Santa, conta a lenda que polas noites aparecía unha galiña con pitos de ouro.
Di Bouza Brei: "A este propósito era curioso saber que en una ocasión había llegado a Villagarcía de Arosa un individuo de fuera preguntando por por el sitio conocido por Foxo-Corvelle, y un arriero que estaba presente a la pregunta le oyó que una figura de San Antonio (en la fuente) tenía oro dentro, por lo que corrió el arriero y adelantándose al forastero y se apoderó de la imagen y huyó con ella a caballo".
Outro veciño, dono dun predio chamado a Moroza, din que aparecen nela grandes tixolos e que segundo a xente alí estivo a capela dos mouros.
HISTORIA: polo que respecta á parroquia dinos Jerónimo del Hoyo en 1607: "Santa María de Rubín (cabeza). En esta felegresía de Santa María hay treinta feligreses. Los fructos son de rector; todos valdrán sin el anexo treinta y cuatro cargas de todo pan. Presentación la mitad del monasterio de Nuestra Señora de Conxo y la otra de la misma Iglesia y de su mayordomo en su nombre. La fábrica tiene de renta veinte ferrados de centeno y de mijo y veinte y seis cabe^as de bacas. El iglesario tiene una buena casa en la que vive el rector, con su parra, todo junto a la iglesia".
Catastro de Ensenada: a parroquia pertencía ao couto de Tabeirós e nel atópanse os importantes datos dedicados á freguesía, onde se trata o capítulo do "Catastro del Marqués de la Ensenada".
Escribe no seu gran diccionario Pascual Madoz en ano 1846-50:
"Rubín (Santa María) fregresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de la Estrada (1) diócesis de Santiago (4). Situada en una ladera del monte que sirve de meseta al denominado de la Rocha, los aires más frecuentes son del NE y SE, clima templado y sano. Tiene 128 casas en las Aldeas de Agrelo, Amarelle, Balseiros, Baloira, Barro, Berbigueira, Benposta, Figueira, Fojo, Pena de Abajo, Pazos, Rubín, Vede, Veigas de Graña y Vilas. Hay escuelas de primeras letras frecuentadas de la que es aneja San Verísimo de Lamas, está servida por un cura de término y patronato lego, hay también una ermita dedicada a San Antonio en el lugar del Fojo. Confina: N. Ancorados, E. Olives y Curantes, S. Vinseiro y O. Callobre. El terreno participa de las tres cualidades, sus montes producen tojo, hay robledales, sotos de castaños y una dehesa de pastos.
Le baña el río Fervenza que es uno de los que componen el Liñares, tiene un puente de piedra de un solo arco en el camino de Orense a Santiago y dos pontones para facilitar la comunicación entre las aldeas, además del indicado camino hay otro que conduce desde Pontevedra a Lalín, caza de perdices, codornices, liebres y conejos y alguna pesca de truchas... Industria la agrícola,
11 molineros harineros y 3 batanes. Se celebra el primero de cada mes una feria que es la mejor del partido, cuyas especulaciones consisten en ropas, quincalla, utensilios de labranza, ganados y frutos del país.
Población: 28 vecinos, 512 almas".
Nomenclátor Arz. de Santiago: "Rubín (Santa María) y San Verísimo de Lamas: TabeirósPontevedraEstradaEstrada Doña Antonia Mariño. Entrada. 211 vecinos 1050 almas entre las dos. Estrada. Personal: Vázquez Rodríguez D. Antonio prr.51 a. Carr. latt. Porto Porto d. Juan Antoni. Pbro. 31 a. Teol. 6 años. Suárez Recarei D. Juan Pbro. 41 años carr. breve. Álvarez D. Francisco pbro. Lorenzo. Sergio.pbro,32 años carr. breve".
No censo do ano 1924 tiña 735 habitantes.
Tamén di Álvarez Limeses (1936): "Rubín (Santa María) Dista 48 kilómetros de Pontevedra y 8 de la Estrada y limita: N. con Ancorados (san Pedro), S. con Lamas, al E. con Curantes y Olives y al O. con Callobre y Lagartones.
Entidades: Balseiros con 70 habitantes, Barro 29, Bede 127, Bemposta 119, Birbigueira 84, Fojo-Corvelle 73, Pazo 23, Pena de Arriba 57, Veiga de Braña, 30 Vilas, 74 diseminados 49 que hacen un total de 735 habitantes para los que cuenta con dos escuelas unitarias.
Esta parroquia está situada en el Valle de Tabeirós y la cruza el río Rubín o Fervenza. Pasa por ella la carretera de Chapa a Carril. Hay varios molinos harineros, dos fábricas de aserrar y varios comercios en el lugar de Fojo-Corvelle en el que se celebra una fiesta muy concurrida los días primer y 15 de cada mes. El campo de la feria se extiende entre las parroquias de Rubín y Ancorados y en uno de sus extremos está la ermita de San Antonio. La iglesia fue construida en el siglo XVIII y además de la capilla ya citada existe la de Riamonde de construcción anterior. Su principal fiesta es la de San Campio. El terreno es de muy variadas condiciones".
IGREXA PARROQUIAL DE RUBÍN: ten a portada de arco alintelado recercado de molduras acodadas extendidas, sobre delas ventás con derrame exterior remata con pináculos aos lados e espadana central de dobre van. Dúas capelas, unha a cada lado da nave. Porta no lateral norte alintelada con molduras acodadas. Sancristía ao lado norte, na cabeceira año con cruz patada... Baixo o aleiro catro canzorros figurados e rosetas. Foi restaurada no ano 2001.
Segundo Pedro Varela que o curato foi de presentación de Vicente Valderrama e que antes desta igrexa houbo unha capela fundada polo mesmo Sr. Valderrama. Que o Arquivo Parroquial vén do ano 1648 en que era Rubín anexo de Lamas e o lugar de Berbigueira pertencía á "fábrica".
Cemiterio: construíron un novo cemiterio, froito do laico existente con anterioridade.
CASAS NOBRES: aínda se ven hoxe os restos da chamada casa do Cantón á mesma beira que pasa polo Foxo e neste mesmo lugar, ourela dereita indo cara á Estrada moi preto do cruzamento dos Ancorados. Parece que polo seu lado tiña unha torre forte, que aínda existía cando a guerra carlista... dinos Varela "y conserva unhas aspírellas (a casa) con rejas de hierro próximas a la tierra; es propiedad de Francisco Villar y Juana Blanco de Ancorados. Para esa misma casa antes de Rosendo Cid traslado el ayuntamiento las oficinas municipales en virtud de acuerdo fecha 19 de noviembre de 1939".
FESTAS: teñen a da patroa Santa María o día 15 de agosto e ao dfa seguinte (16), que son unhas grandes e sonadas festas, San Roque.
Ao domingo seguinte A Virxe da Concepción (xa desapareceu). Celébrase San Xosé o sábado de Pentecostés e o domingo seguinte a do San Campio, ademais de festas ao Santísimo Sacramento, ao Carme á Santa Lucía... Na capela do Foxo ten lugar a festa á Nosa Señora da Regra (segundo domingo de maio). Sto. Antón, 13 de xuño, e os Remedios o primeiro domingo de agosto, actualmente o sábado anterior á Regra.
Campo da festa: ten un importante campo da festa asfaltado no lugar da Igrexa.
FEIRAS: o día 22 de setembro de 1855 autorizou o Concello fundar unha feira no Foxo os días 13 de cada mes, que se celebraba na "Dehesa Nacional". O 14 de xullo de 1884 o Concello opúxose á venda de "Dehesa Nacional" ou campo da feira e despois o 19 de novembro de 1898 acórdase de novo autorizar unha feira no Foxo para os días primeiro e 15 de cada mes.
Da feira do Foxo sinalou dito Alfredo Vicenti: "No hay en tres leguas a la redonda feria mensual que puede competir con la feria del Fojo. A través de sus robledas y castañares se sube hasta la espaciosa meseta situada en uno de los puntos culminantes de La Ulla y Bestia de añosos pero apulentos árboles. Limitado este campo que es un cuadrilongo semirregular, se extienden por la izquierda tres líneas paralelas de cobertizos atravesados en perpendicular por otros más cortos. Cada cobertizo está dividido en celdas ocupadas los días 1 mediante una pequeña retribución por los mercaderos de las cercanías...AI frente se levata una ermita, cinco a seis casas bastante espaciosas... Entre tanto por las puertas de las cinco tabernas entraba y salía una impaciente muchedumbre..." Alfredo Vicenti en 1875. "A orillas del Ulla". Clásicos Agrarios de )osé Antonio Durán. P. 8 e seguintes).
INDUSTRIAS: unha importante empresa de construción con máis de 50 obreiros "Jesús Castro Puente" é moi coñecida. Algúns muíños son: da Pena de Abaixo no regato da Pena, o do Guicho de Nogueira, entre Balseiros e o lugar da Igrexa, que está restaurado; o do Bede...o do Pose no lugar da Igrexa; o de Neira entre Bemposta e Berbigueira; o de Brei de braña e Bemposta; o de Porto Domínguez no regueiro de Rubín e o de Balseiros.
Hoxe en Rubín non hai feira pero si conta ademais da normal actividade agraria e gandeira (con máis de 45 cabezas de gando), cunha pouco habitual ACTIVIDADE ECONÓMICA nas nosas parroquias en distintos sectores, o que non deixa de lles chamar a atención a propios e alleos, por saírse totalmente do común e para tal ver ímolos relacionar a continuación:
Centro de Educación Infantil e Primaria
Farmacia
Supermercado
Carnicería
Dúas panaderías
Empresa de importación e venda de gasóleos (segunda en facturación en todo o concello)
Empresa de escavacións, construión de estradas e transportes
Empresa constructora
Empresa dedicada ao xeso
Ferreiro de zafra
Fontanería
Taller de carpintería metálica Taller de vernizados e lacados Taller mecánico
CAPELA DE SANTO ANTÓN OU DA REGRA NO FOXO: é de planta rectangular con ábsida máis alta; portada de arco alintelado recargado de molduras, refundidas sobre dela ventá rectangular con derrame exterior. Remate en espadana central de dobre van. Cornixa moldurada ao redor do muro. Tellados cubertos a dúas e a catro augas.
Recolle Pedro Varela que no lugar do Foxo hai unha capela de bastante amplitude e sólida construción onde se venera a nosa Señora da Regra e Santo Antón.
Segundo Álvarez Limeses a igrexa foi construída no século XVIII "y además de la capilla de San Antonio existe la ermita de Riamonde de construcción anterior."
Na igrexa colocouse unha imaxe do Carme nos anos 1744-1753 (Colmenero... El Carmelo...).
Juan Rodríguez, frade prateiro compostelán, recibiu o 31-51553 o encargo dunha cruz de peso de tres marcos e medio para esta parroquia por cuxa feitura lle pagarían 5 ducados de ouro. Pérez de Constanti Diccionario de Ate-p 473. A cruz foi restaurada hai 20 anos.
Campá grande: "LA PEÑA DE GALLEGOS Y SIMPATIZANTES DE CÁDIZ, DEL ANTEOJO, OFRENDAN ESTA CAMPANA A SAN CAMPIO PATRON DE SANTA MARIA DE RUBIN DE GALICIA EL 6 DE JUNIO DE 1960.
Pequena... Y JOSÉ AÑO 1857.
Taller de chapa e pintura Fábrica de leña Funeraria
Invemadoiro de flores Cebadeiro de becerros (800 cabezas)
Criadeiro de porcos Criadeiro de polos Criadeiro de avestruces Un restaurante Mesón Dous bares
Todo isto danos a idea do que é hoxe Rubín; en realidade unha ampla zona xeográfica que aglutina unha poboación e cun alto nivel de vida e servizos, zona fértil en agro e gando e numerosas empresas xeradoras de emprego, situada moi preto da vila e cunhas condicións de rede viaria e comunicación que permiten un desprazamento rápido e fluído cos importantes núcleos de Santiago e de Pontevedra, o que e leva ao mesmo tempo as posibilidades de comercio, traballo, estudo e relación social.
No eido SOCIO-CULTURAL reflíctese, como pasa habitualmente, a situación antes transcrita; coa asociación de veciños S. Campio de Rubín como guieiro de todas as accións nos últimos anos leváronse a cabo logros moi importantes para vertebración da parroquia: Concentración parcelaria de montes Arranxo da estrada provincial Construción da rede de sumidoiros do Foxo Construción da depuradora do Bede
Arranxo e ampliación do cemiterio (un dos poucos de carácter civil do Concello)
Restauración do retablo e paredes da igrexa do século XVIII Asfaltado do campo da festa, etc....
Todo isto acompañado dun importante labor de dinamización cultural, que se desenvolve na recentemente restaurada Escola de Emigrantes, promovida alá polo 1906 por veciños en Cuba como Francisco Paz Andión, Xosé Rodríguez, Pedro Sagasta e outros.
Polo que vemos Rubín soubo sempre ser terra de mulleres e homes xenerosos para a súa terra, o que implica sempre unha prosperidade que a bo seguro se vai notando. Hoxe son coñecidos de Galicia enteira os nomes de Carlos Mella e Pepe Carballude pero nesta parroquia abonda a ilusión e crenza dun futuro próspero na terra, boa mostra diso dánnolo o gran número de casas de pedra que locen as súas recentes restauracións, as novas construcións tanto para uso residencial coma industrial ou comercial e, cómo non, as festas de
Rubín, desas grandes festas que celebra do San Campio, San Xosé o sábado e domingo de Pentecostés, ou as de Santa María e San Roque sempre referencia aos difíciles días para facer festa que para calquera comisión son o 15 e 16 de agosto.
O FUTURO, A ILUSIÓN COLECTIVA
Esa ilusión colectiva coma a pedra, vémola nos veciños dende Penalba e Pena Coba, dende a Cerrada dos Penedos ata a Pena de Abaixo pasando por lugares con tanta maxia e lenda como son Merlín de arriba, Merlín de Abaixo, a Fonte de Merlín, a Pena ou o Gurrucho; dun lugar a outro, dunha casa a outra, Rubín transmite sempre a sensación de estar onde se debe, unha rápida observación deixa ver que é bo lugar para asentaren empresas de grandes dimensións, sobre todo buscando o corrector da N-640, acompañado da puxanza de grandes explotacións gandeiras, unha boa dotación hostaleira, así como as novas iniciativas de xente nova en sectores de poboación novidosos, como son a floricultura ou o criadeiro de avestruces.
Accións tan importantes como a posta en marcha do novo centro de saúde do Foxo cun investimento do Sergas de máis de 300.000 euros, que dará unha cobertura sanitaria primaria nas mellores condicións que posúe o noso sistema sanitario, ao tempo que ocasionará o aumento de servizos e funcións; e por outro lado o acceso xa referido á autoestrada AP-53, que poñerá a parroquia a 10 minutos da gran canle de comunicación que vai unir a capital de Galicia coa Meseta, van abrir un poderoso abano de posibilidades para este enclave estratexicamente situado.
Penso que, sobre todo, os dous feitos, xunto co seu gran potencial poboacional, vai ser o que de forma transcendental cambie e aumente nun prazo de tempo curto as posibilidades dunha parroquia cun potencial elevadísimo que, de ser traballando unida, se conforma como un motor de progreso e un dos grandes valores de futuro exemplares do noso amplo municipio e mesmo de toda a comarca de TabeirósTerra de Montes.
Por último, remato dicindo que Rubín é un sitio fácil de describir porque aquí as cousas van por bo camiño, porque aquí é fácil atopar todo canto calquera persoa de ben poida necesitar; clima cálido, bos camiños, terra vizosa, xente nobre e traballadora e amigos leais nos que confiar a vida enteira. A todos os veciños e naturais desa terra dócil e fermosa coma a xesta, ao tempo que forte e robusta coma o carballo van dedicadas estas miñas impresións en homenaxe a todo canto ao cabo dos anos levades facendo pola terra que abriga e alimento, polas familias que construídes dende o conxunto dos vosos xenerosos lares, un gran lugar fermoso que dende hai moitísimos anos ten a honra de chamarse RUBÍN, porque honra merece.
O ENSINO: recíbeno do Colexio de CEI situado na mesma parroquia, lugar do Foxo.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: non hai, hai unha vital e dinámica asociación de veciños San Campio de Rubín, que organiza obras na parroquia e actos culturais, e teñen unha antiga e importante casa que foi escola onde se xuntan os veciños para arranxar ás súas cousas. Esta casa está en Bemposta e foi feita para escola no ano 1923, o que nos narra o Emigrado de 24.06.1923, construírona veciños emigrados en Cuba, Francisco Paz Andión, Xosé Rodríguez, Pedro Sagasta e outros... Restaurada no ano 1998.
A historia desta escola ten orixe na preocupación dos emigrados en instruír á xuventude dunha Galicia atrasada e esquecida.
Para este fin, organizados os emigrantes de Cuba en 1906, presididos por Francisco Paz, incluíron a creaáón das delegacións de Cádiz (presidida por Manuel Balseiros), a de Bos Aires (presidida por Marcelino Canabal) e a de México (presidida por Manuel Agrelo).
Estas iniciativas de principio do S. XX tiveron un gran apoio e seguimento nos movementos progresistas do momento, tal e como podemos seguir pola prensa da época. “El Emigrado” do 07-05-1922 danos a listaxe detallada de todos aqueles que achegaron madeira para amoblar a escola; o de data 16-03-1926 déixanos constancia do agradecemento dos alumnos e o seu mestre García Barros perante o pasamento de Felisa Pena Recarei, muller do deputado provincial e concelleiro M. Torres Agrelo, aos que lles doaran o terreopara a escola.
Importante foi cando Fernando VII estableceu os primeiros concellos constitucionais (en virtude dun decreto do 7 de marzo de 1820) "Partido de Bemposta", que en 1882 coa incorporaáón do de Vea, abarcaba os concellos de Bemposta, Parada, Figueroa, A Millarada, Quintillán, Oca, A Estrada e Vea, e que tiña 31.328 almas segundo o "Repartimiento hecho por la Diputación de la provincia de Vigo"
DEPORTES: hai un polideportivo, 2 campos de futbol, 1 no Foxo e outro en Rubín (Igrexa). A caza pode practicarse nalgún monte da parroquia e mais aínda nos da veciña Agar.
SANIDADE: teñen un médico de asistencia pública do seguro de enfermidade na mesma parroquia (Foxo). Vaise construír un centro médico moderno no lugar do Foxo, a carón do colexio.
ECONOMICAMENTE a parroquia vive ben da agricultura e a gandería, melloraron moito as vivendas con servizos de auga e luz eléctrica, que tamén teñen nos camiños e pistas.
OUTROS DATOS: unha muller do Bede cóntanos que cando nena a levaron dar os tumbos para curar o asombramento. Súa nai levouna a unha curandeira vella que lle dixo: "procura unha sotana vella do cura, sen que el se decate para levala ao cemiterio e enriba dunha sepultura esténdela e dáslle uns tombos á nena..." así o fixo e sandou axiña.
No Monte de sobre Rubín ou de Bede onde lle chaman O Cruceiro aínda hoxe se atopa o pedestal e un pedaciño da columna (desfixoo un veciño cando a guerra civil de 1936), estaba no camiño de Bede a Igrexa, por certo camiño malísimo, sobre todo cando chovía.
Antigamente no Bede casaban entre si mozos e mozas, así se atopaban leiras "fraccionadas" ...ás mozas chamábanlle "as turcas"; os mozos do lugar non deixaban que viñesen mocear os de fóra, incluso os apedraban.
Dedicoulle un fermoso artigo ao Foxo Fausto Galdo "Lembranzas do Foxo" (Tab. Terra nº V).
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Carballude Blanco, Xosé (Rubín, A Estrada 1956)
Catedrático de Latín dun instituto Carballés en Oleiros, compaxina o exercicio de investigación e tradución no seu eido na creación no campo da literatura infantil e xuvenil. Aos máis novos van dirixidos "O xílgaro pintor" (1987), un relato ecoloxista sobre as relacións dun neno e o seu paxaro, e os "Enredos da Olalla" (1990), que formula de forma amena o problema da inapetencia infantil. Doutra banda están as narracións concibidas para espertar a curiosidade dos lectores pola tradición galega. "Os gazafellos" (1987), Premio Barco de Vapor, sobre a indagación da entidade de tan misteriosos animais que só se desvela no acróstico final. O enxalzamento do poder da fantasía e da imaxinación en obras que mestura o noso folclore coa tradición lendaria e literaria continua en "Andainas de Pedro Chosco" (1989), a xuvenil "O Talismán dos druídas" (1989), e "A Fraga Misteriosa" (1992). Todas elas son obras iniciáticas de protagonista xuvenil que, tras un comezo realista, acaban campando en reinos fantásticos, paralelos, poboados por personaxes da materia de Bretaña, mouros e dragóns. Unha terceira liña, probablemente a máis lograda e orixinal, é sátira social e ironización lúdica sobre comportamentos e actitudes da comunidade. Dela forman parte "O Deus Desaparecido", en colaboración con Andrés García Vilariño, Premio Barco de Vapor e máis "A historia do home-can" (1993) que presenta os esforzos de Faustino para recuperar a súa figura humana, perdida por mor dunha beberaxe para voltar á mocidade. O último grupo, o de meirande éxito, está conformado por obras de misterio centradas na actualidade. A medio camiño entre a crónica de xornal e a novela de policías, das que emprega materiais, e que resultan de amena e interesante lectura: "Investigación 091"
(1989), xa na cuarta edición, reflicte sen demagoxia e con ampla documentación o ambiente dunha vila galega dividida entre o rexeitamento e a aceptación de contrabando. Cando a máis recente creación, "A parábola S.O.S" (1994), está baseada no afundimento real nas nosas costas do buque Casón e o subseguinte desastre ecolóxico.
En toda a produción o vocabulario e as institucións actuais empregadas, xunto á peripecia para iniciar as obras, motivan o interese do lector e a súa identificación coa historia aínda que os extensos diálogos rompan por veces o ritmo narrativo. A eficaz combinación de fantasía e realidade das obras infantís contrasta co realismo daquelas concibidas por un público novo, nas que cómpre destacar a coidadosa introdución de recursos como a polifonía, a anacronía ou o simultaneísmo ata o de agora practicamente exclusivos, no noso panorama, da literatura para adultos, facilitando así a inclusión de accións secundarias habitualmente amorosas, que diversifican o texto e contribúen a interesar ós lectores.
Ensaísta, novelista e colaborador asiduo na prensa escrita, deuse a coñecer serodiamente como home de letras, tras dedicarse a diferentes actividades políticas e económicas. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Económicas, é especialista en temas financeiros pola Universidade de Harvard; ademais exerceu o profesorado de Economía Política na Universidade Complutense de Madrid. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia e do Parlamento en dúas lexislaturas. No eido do ensaio publicou "Non somos inocentes"
(1990), "A Galicia Posible" (1992) e a "Falacia de Economicismo" (1994), que fan do seu autor un dos máis prolíferos analistas da nosa realidade social e política. A súa primeira incursión como narrador ofreceuna "O Protocolo Xaponés" (El Correo Gallego, Biblioteca 114. nº 96 1992), colectánea heteroxénea de relatos cursos que nalgunha medida pre-anunciaban a temática da súa primeira novela "Bieito, Bieito" (1993), rememoración vertixinosa que un personaxe realiza de todo o seu pasado no intre xusto e dramático da súa morte, amosando un hábil manexo das estruturas narrativas. En 1994 publicou "Coa Palleta Distraída", ampla selección das súas colaboracións diarias en "El Correo Gallego".
Jesús Barros López: nacido na Habana, de pai de Rubín, foi condiscípulo de Fidel Castro, avogado e funcionario do Ministerio de Traballo. Presidente da Federación de Sociedades Españolas, foi tamén durante 50 años tesoureiro e logo presidente de "Hijos del partido de A Estrada".
Home de gran sabedoría e conversador, foi gardián e custodio das "Sociedades Españolas en Cuba" durante anos non fáciles, e un grande amante da cultura galega e estradense, a onde acudía sempre que podía. Residiu nesta parroquia, na casa dos seus curmáns Francisco Martínez e Alicia Barros. Morreu en 2002, deixando de presidente ao Sr. Villanueva Seres e ao seu sobriño Manuel Barros del Valle como secretario da sociedade de Fillos da Estrada (Bibliografía de Referencia Tab. Terrapáx. nº III. 4).
OUTROS DATOS: o domingo de Pentecostés era costume que se sacasen os santos en Procesión dende a capela do Foxo e outra desde a igrexa de Rubín... e atopábanse na paraxe de Bemposta chamado "O Montiño" fronte a onde está o colexio do Foxo.
O FOXO: decreto dado (entre outros por Diego Gelmírez en 1116). "Todos los sábados a excepción dos de Pascua y Pentecostés los Presbíteros, Caballeros y campesinos que no estén legítimamente ocupados se reunirán para perseguir a los lobos y prepararle las trampas que vulgarmente se llaman "fogios" (foxos de Fossos). Cada iglesia (parroquia) presentará siete cañas o chuzos de hierro.
El que se retratase en acudir a la montería, si es sacerdote (a no ser que estuviese ocupado visitando enfermos), o caballero, pagará cinco dueldos y si es campesino una oveja o un sueldo". (Fueros Municipais de Santiago y de su tierra. A López Ferreiro p. 160). Así coidaban Os Foxos os fosos de caza.
"Por previlegio de D. Ramón y de Doña Urraca consigue el abad Alfonso para su Monasterio de Carboeiro los lugares de Rubinos (rubín) y Sabuce". J. Sanmartín Sobrino "Un país llamado La Estrada" p. 145.
TOPONIMIA MENOR: Merlín de Riba, de Baixo, e a Fonte de Merlín son paraxes e topónimos importantes. O Penedo, Rúa, por suposto Foxo, a Pena, Espiño, o Gurruncho, Corra etc.. tamén o son.
PLANTÍOS REAIS: "Dehesa Real" que se encuentra en el Monte de Fontenla. Cabida 41 ferrados siendo de primera calidad. Limita:L. Camino Real P. Y N. río que va a Puente Amarelle y por el S. Veiga de Constenla."
Viveiro: "Situado en el Monte Rial, cabida, tres ferrados de primera calidad, cerrada sobre si". Na carballeira de Guimaráns atópase un marco con R.
RURALCENTRO: o Proxecto "aestradadixital" dotou o centro veciñal da Bemposta dun centro de acceso público e gratuíto a Internet.

- "A vida diaria dos romanos"
- "Andrea quere ser maior"
- "Catro contos para unha data"
- "¡Maldito D.N.L.!"
- "Mimos e máis mimos"
- "O Deus desaparecido"
- "Paisaxe con fondo gris"
- "Romaxe de desventuras"
- "Todo ten o seu valor"
- "De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino" (2002).

Rubín*
Pedro Varela
Parroquia de 162 cabezas de familia e 713 habitantes, que dista da Estrada nove quilómetros aproximadamente.
A principios do século XII, Dª Maior, esposa do cabaleiro Luzo Arias, doou á Igrexa de Santiago a metade dunha granxa preto de Ponte Ulla e mais a aldea de Ruvinum (Rubín), e o seu esposo ratificou estas declaracións (López Ferreiro, Historia de la Iglesia Compostelana, tomo III).
Disto sacamos dúas consecuencias: en primeiro lugar, que Rubín xa existía a principios do século XII; e, en segundo lugar, que o nome procede do latín e significa “viño vermello, viño tinto, terra que produce ese viño”.
Lugares: O Bede, A Pena de Arriba, O Foxo, Agrelo, Os Vilas, Amarelle, A Bemposta, A Pena de Abaixo, Berbigueira, A Braña, O Barro, Pazos e Os Balseiros.
Bede, pola súa raíz vasca, significa, segundo algunhas opinións, “baixo”, “depresión do terreo”; e, efectivamente, non ocupa este lugar unha situación de altura con relación aos demais da parroquia; pero, con todo, vese ben desde distintos sitios, e escribíndoo con v, como fan moitos, pode significar o mesmo que viso. Foxo ten relación con lume, punto onde se acendían fogueiras convocando a reunións, xeralmente con fins guerreiros. Agrelo é diminutivo de agro. Bemposta, ben posta, “aldea ben situada”. Balseiros deriva de balsas, “presas para a auga”.
Lindeiros: norte, San Pedro de Ancorados; sur, Lamas e Vinseiro; leste, Curantes e Olives e oeste, Callobre.
Vías de comunicación: o vial da Estrada a Silleda pasando polo Foxo; camiños veciñais antigos; a Ponte Nova que comunica con Vinseiro; o pontillón de Veiga da Braña, entre Rubín e Berbigueira; outros dous no regato de Curantes.
Bañan esta parroquia os regatos de San Breixo e Curantes, que se reúnen en termos de Rubín.
O 18 de xaneiro de 1856, era mestre do Foxo D. Bonifacio Paseiro, veciño de Callobre; e de Rubín, en 1869, D. Maximino Paseiro Vidal. Actualmente non hai alí escola pública de ensino primario, aínda que foi aprobado polo Ministerio o expediente para a creación dunha de nenos. Está comprendida esta parroquia no importante Sindicato Agrícola de Pardemarín, que ten local propio en Sequeiros. Tamén os de Rubín teñen un bo edificio na Bemposta, destinado para escola e construído a expensas dunha benemérita entidade pro-instrución creada na Habana o 2 de decembro de 1906.
No eclesiástico: Rubín ten por filial Lamas e por patroa Santa María. O curato é de entrada, presentación de D. Vicente Valderrama. Hai un cura e un coadxutor. Antes da igrexa houbo unha capela fundada polo Sr. Valderrama; o templo actual é de regular aspecto, pero no interior bastante deteriorado. En fronte do adro existe un cruceiro con esta inscrición: «Año 1740—Juan Pereiras y su mujer María de Bascuas—Devoto». Dise que este cruceiro estivo no lugar dos Balseiros. O arquivo parroquial só alcanza a 1648, en que era Rubín anexo de Lamas. Nesa data o lugar de Berbigueira pertenecía á fábrica. No Foxo existe unha capela de bastante amplitude e de sólida construción, na que se venera a Nosa Señora da Regra e a San Antonio.
Festas anuais: Santa María, o 15 de Agosto; San Roque, o día seguinte; a Concepción, o domingo seguinte; o Carme, o 24 de xuño; San Campio, o día seguinte da Ascensión; San Antonio, no Foxo, o 13 de xuño.
Outras particularidades: No Foxo, que foi un punto estratéxico, había un forte cando foi o derradeiro intento dos carlistas; aínda na actualidade a casa á que estaba encostado, leva o nome de Casa do Cantón, e conserva unhas seteiras con reixas de ferro próximas á terra. É propiedade de Francisco Villar e Juana Blanco de Ancorados. Para esa mesma casa, antes de Rosendo Cid, trasladou o Concello as oficinas municipais, en virtude de acordo de data 19 de novembro de 1839. O 22 de setembro de 1855 tamén autorizou a corporación o crear unha feira no Foxo os días 13 de cada mes. En sesión de 15 de febreiro de 1861 decidiuse a construción da ponte de Barro. O 10 de marzo de 1865 determinouse solicitar ao goberno que eximise da venda a “Dehesa Nacional” en que se celebraba a feira.O 8 de novembro de 1866, acordouse que nesta feira se puidese realizar a venda de toda clase de gandos. O 26 de maio de 1871 comezaron novas xestións municipais para evitar que o campo da feira, “Dehesa Nacional”, pasase a propiedade particular. A mesma Corporación municipal, o 20 de novembro de 1872 acorda a creación da cartería do Foxo. Era mestre alí en 1874 D. Juan Romero e notario en 1880, D. Manuel Seane del Río. De novo, o 14 de xullo de 1884, o Concello ocúpase da “Dehesa Nacional” ou campo da feira, opoñéndose á súa venda. O 19 de novembro de 1898 acórdase crear unha feira para o Foxo, que se celebraría os días 15 de cada mes.
Hoxe realízanse no Foxo as feiras do 1.° e 15 de cada mes, a primeira, bastante importante e a última, menos concorrida.
No Foxo hai bos establecementos comerciais, sobresaíndo os de D. Manuel Villar e o do seu pai D. Juan Antonio. Tamén hai cartería.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017