Os Gaiteiros de Soutelo
O iniciador desta saga dos Cachafeiro de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo inusualmente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.