Olives
Clara Iglesias Cortizo
- OLIVES: trátase dun topónimo falsamente transparente, interpretado pola etimoloxía popular en relación coas olivas e as oliveiras. Desde o punto de vista da filoloxía, esta explicación non ten fundamento: en realidade o topónimo Olives provén do latín AURIFICES, que evolucionaría nun primeiro momento en *Ourives, despois en *Oulives, para rematar no Olives actual. O substantivo ourive existe no léxico común e conserva practicamente o mesmo significado que tiña en latín, “persoa que fabrica ou vende obxectos de ouro, prata ou metais preciosos”. O feito de a parroquia levar este nome debe indicar, con seguridade, que alí existiu nalgún tempo algún obradoiro de ourivería.
- O FIEITOSO: trátase dun fitónimo formado sobre o substantivo fieito + o sufixo abundancial –oso, é dicir, “lugar onde abundan os fieitos”. Esta palabra provén de FILICTUM, derivado tardío de FILIX, substantivo que en latín clásico designaba a planta “fento ou fieito”. FILICTUM inicialmente tiña significado abundancial, “lugar onde hai moitos fentos”. Este nome acaba por substituír, en latín vulgar, a FILIX e con tal significado chegou ás linguas romances. Do latín FILICTUM temos varios resultados posíbeis no galego actual, fento, felgo e mais fieito.Resulta salientábel, con respecto ao topónimo, que fieito non é a solución que se corresponde coa zona xeográfica, posto que na comarca da Estrada a denominación habitual é fento e, polo tanto, o esperábel sería *fentoso.
- FRAÍZ: trátase dun topónimo de posesor, procedente do antropónimo xermánico Froila.
- MOURELLE: tamén é un topónimo de posesor; deriva de VILLAM MAURELLI, xenitivo do antropónimo latino Maurelius.
- PAZOS: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- A SOMOZA: deriva do latín SUB MONTIA, é dicir, “debaixo dos montes”. Fai referencia á situación orográfica do lugar.
- A VILADAFONSO: trátase dun topónimo de posesor moderno; é dicir, creado xa en época galega, cos recursos propios da nosa lingua: artigo a + substantivo vila + preposición de + nome do dono da propiedade, Afonso. Esta mesma construción témola visto noutros moitos topónimos de posesor máis antigos, con morfosintaxe latina: substantivo vila (que na maior parte das ocasións se perde) + xenitivo do antropónimo. O nome propio Afonso é de orixe xermánica.
Olives (Santa Mariña)
Manuel Reimóndez Portela
Olives é coñecida polo mesmo nome desde tempos perdidos na antigüidade. Pertence á zona chamada de Pardemarín coas demais que a compoñen: Lamas, Rubín, Pardemarín e Curantes.
LINDES: polo norte ten a parroquia de Curantes, polo sur Pardemarín e Forcarei, polo leste Escuadro de Silleda e polo oeste Lamas.
Atendendo ao seu nome, por orde alfabética a parroquia ten o número 30.
En canto á súa superficie, con 690 hectáreas ocupa o número 11. Ten 297 habitantes de feito. Actualmente ten 212 habitantes.

COMUNICACIÓNS: Olives está entre Curantes, Lamas e Pardemarín, defendida polo oeste polos altos montes de cara á Lagoa Sacra e de Seone de Forcarei. Hoxe a parroquia atópase ben comunicada por pistas acadadas cando fixeron a concentración parcelaria. A Olives, chégase desde Curantes, ou desde Sequeiros, ou de Pardemarín, e sáese desde estas parroquias cara á nacional 640 en Rubín, na pena do Foxo ou cara á Estrada; e tamén desde Pardemarín a Vinseiro e Codeseda, da mesma forma que pode pasarse cara a Fieitoso e de alí a Silleda ou Forcarei.
Todos os lugares están comunicados por pistas, e os camiños achégannos aos montes e leiras.
Non tiñan na parroquia un chamado camiño real, aínda que si o atopaban alí ben preto de Sequeiros de Lamas, o chamado Camiño Real importante cara a Rubín e á barca de Sarandón.
HIDROGRAFÍA: atópanse na parroquia só os seguintes regatos, o Riales, que nace no campo da Fonte e vai a Pazos e Viladefonso para unirse en Sequeiros (Lamas) ao de Rubín.
O regato de Fraíz nace en Fieitoso para pasar a Curantes e tamén ao mesmo de Rubín.
O chamado O Regato, que nace no Outeiro e vai ás Xacias e de alí aos Riales e ao de Rubín.
PONTES: ten a parroquia varias pontes ou pontellas: a ponte de Santa Lucía, no regato de Riales. Ponte do Linteiro sobre o dos Raíles. E a pontella da costa do río sobre o dos Riales tamén.
CRUCEIROS: situación: no adro da igrexa. Pedestal de 6 lados con base en peneda, lintel tallado e cruz con lados biselados.
FONTES: ten as fontes chamadas a de San Pedro preto da igrexa, en Pazos. A de Santa Lucía en medio de Penedas no Recosto. A fonte Xulián no fondo de Viladefonso. A fonte de Fraíz e a de Rozados na Somoza.
OROGRAFÍA: está defendida por altas montañas polo nacente e o medio día, destacándose o xa dito da Lagoa Sacra e o San Sebastián da Cabana, que aínda que non se achega a Pardemarín si o fai a Curantes, servíndolle tamén de defensa para os aires do norte a Olives.
CASTROS: castro de Viladafonso: atópase o castro desta parroquia preto da igrexa e nun monte que linda coa veciña parroquia de Pardemarín; está compartido con Pardemarín, lugar de Parada. Desde este castro a paisaxe é moi fermosa cara as terras da
Estrada, albiscándose moitas das parroquias do leste do Concello, ata a Vila e terras cara a Compostela. Sobre o castro publicaron B. Pereiras Magariños, X. L. Ladra Fernández e Nuria Calo Ramos "Estudo de materiais procedentes do Castro de Viladafonso" (Misc. hca. e cult. nQ3).
MÁMOAS: o topónimo A Mámoa e o campo de Mámoa, aínda que só se ven restos, é ben significativo neste senso, así como a Mámoa ao sur de Fraíz. Destaca tamén a Mámoa de Boi Morto, suponse que era onde soterraba os animais.
PEDRAS: temos aquí: As Penedas Santas, a poza Laxe, a pena Laxe, a pena Mazo, o Penedo preto de Viladafonso...
Outras pedras con historia e lenda son os cruceiros, que non se atopan hoxe na parroquia, aínda que si os houbo e senón remitímonos á importancia dos topónimos..., a cruz de dentro de fóra preto de Pazos, onde tivo que haber cruces e cruceiros.
LENDAS: teñen lembranza en Olives por suposto das lendas do Castro: alí viviron os mouros moitos anos e un cura da parroquia, hai moito tempo sabía das entradas das dúas minas, unha tiña ouro e outra alcatrán que non descubriron os veciños co medo de que cavasen na de alcatrán e morresen todos queimados.
En Viladafonso, na casa de Rita, unha vella atopou unha barrica chea de cinza, foilla espallar a un prado e este prado escintilaba moito de noite porque tiña po de ouro que viñera no castro de Olives.
Outros din que o que había era unha mina de ouro e outra de alcatrán que non buscaban por mor de enganarse e morrer queimados. É a mesma versión das minas, convertida en trabes, que é a máis corrente en todas as parroquias ou castros da Estrada e tamén en Galicia.
Outros din que nos arredores do castro aparecía á noitiña unha galiña con pitos de ouro. Unha misión dos anos 60 construíu na cima do Castro unha cruz de formigón que domina o val.
A Lagoa Sacra tamén ten a súa lenda: dise que alí houbo unha gran batalla contra os mouros, e como eran tantos os cadáveres botáronos á auga da lagoa, por iso alí non medran as árbores, só ten herba e unhas pedras rodeándoa. O certo é que hoxe en día polo verán sécase de todo. É coñecida como Lagoa Sacra de Olives aínda que se atopa en territorio de Forcarei.
HISTORIA: xa no ano 1607 recolle Jerónimo del Hoyo o seguinte:
"Santa María de Olives (cabeza)
Tiene esta feligresía de Santa María veinticuatro feligreses. Los fructos todos al rétor que valdrán con el anexo treinta y cinco cargas de todo pan. Preentación de legos. La fábrica tiene de renta nueve ferrados de pan. Vive el rétor en una buena casa del iglesario (fol.452v.)"
Catastro de Ensenada: xa que esta parroquia lle correspondía ao Coto de Tabirós, no capítulo dedicado aparecen os datos de Olives onde se fala de tal coto.
Nomenclátor Arz. de Santíago: "Olives (Santa María y Santa Eulalia de Pardemarín. Tabeiros-Pontevedra-Estrada-Estrada-D. Manuel Gómez-Entrada. 167 vecinos, 835 almas entre las dos Estrada.
Personal: Villar Ulloa D. Casimiro parr. 47 años, carr.lat. Castro Veloso D. Benito Presbítero Capell.49 años carr. breve."
Dinos Madoz no seu gran diccionario: (1946-50)
"Olibes (así con B) (Santa María): feligresía de la provincia de Pontevedra (leg.) partido judicial de Tabeiros, diócesis de Santiago
(4) ayuntamiento de La Estrada (1). Situada en una cañada al O. del monte de San Sebastián que es ramificación del Arnao.
El clima es algo frío, los vientos más frecuentes son del N. y O. y las enfermedades más comunes, fiebres, pulmonías y catarros. Tiene 70 casas distribuídas en los lugares de Feitoso, Fraiz, Pazos, Somoza y Valadafonso. Hay escuelas de primeras letras frecuentadas por 24 niños de ambos sexos cuyos padres dan al maestro las cantidades convenidas. La Iglesia parroquial (Santa María) de la que es aneja la de Santa Eulalia de Pardemarín está servida por un cura de segundo ascenso y patronato laical.
Confina el termino: N. Curantes, E. Escuadro, S. Rubín y Pardemarín y O. Lamas y Rubín. El terreno se compone de greda y arcilla y de mediana calidad, brotan en varios sitios fuentes de buenas aguas que aprovechan para consumo del vecindario y para riego de algunos trozos de terrenos. Los caminos son transversales y en mal estado. El correo se recibe indistintamente de Chapa y de La Estrada por peatón. Produce maíz, centeno, trigo, habas, patatas, mijo y nabos, se cría ganado vacuno, de cerda, mular, lanar y cabrío y caza de liebres, conejos y perdices.lndustria: la agrícola, un molino harinero que solo muele en invierno, y algunos vecinos se dedican a la arriería para estraer vino del Ribero, consistiendo el comercio en la exportación de frutos sobrantes e introducción de lienzos y vino. Población 70 vecinos,330 almas."
No censo do ano 1924 tiña 270 almas.
Referíndose a esta parroquia dinos Álvarez Limeses no ano 1936:
"Olives (Santa María). Dista 50 kilómetros de Pontevedra y 10 de La Estrada y limita al N. con Curantes. Al S. con Pardemarín, al E. con Escuadro en Silleda y el O. con Rubín y Lamas.
Entidades: Fieitoso con 20 habitantes, Fraiz 124, Pazos 43, Somoza 56 y Vila de Alfonso 127 que anulan un total de 370 habitantes para los que hay una escuela mixta servida por maestra, con edificio construído por la parroquia.
Está situada en la falda de poniente del monte de la Rocha y existe en ella un castro muy bien conservado. El terreno es de regular calidad caracterizándose por la gran abundancia de prados y robledales que posee."
IGREXA: a igrexa de Olives foi reconstruída en 1829-1830, ten unha torre belida e cóntase que a primitiva igrexa estaba no castro, os datos primeiros son só de 1696. Adquiriuse unha imaxe da Virxe do Carme por devoción do abade Juan Antonio Gómez e mais dos seus fregueses. E fixo no ano 1593 o prateiro compostelán Francisco Pardiñas unha cruz procesional coas figuras de San Roque e dos Evanxelistas.
Outros Datos: ten planta de cruz latina, portada alintelada recercada de molduras sobre dela, arco alintelado, ollo de boi ovalado remarcado de molduras. Dúas pilastras na fachada, que remata en campanario central de dous corpos. Dúas capelas laterais, unha a cada lado da nave enmarcadas por pilastras. Sancristía na cabeceira, tellada a unha e dúas augas.
Casa reitoral de Olives: ten unha portada rectangular con baixo e piso, este con ventás rectangulares con doselete no baixo e preto da cornixa unhas pequenas ventás tamén rectangulares.
Chama a atención o portalón da entrada con dous arcos de medio punto paralelos que sosteñen entre eles unha hórrea.
A casa leva na fachada unha espadana, con campá dun só van. Tellada ás catro augas.
O hórreo era moi importante anque aínda que lle puxeron paredes de tixolo reducindo a súa capacidade en 1/3.
Destaca pola súa beleza e magnitude no lugar de Pazos; atópase en mal estado de conservación.
Inscricións das campás: campá grande: MARIA Y JOSÉ AÑO 1903, FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO (Diámetro 1 '07 m).
Pequena: Sta María de Olives, SIENDO CURA DON MANUEL GOMEZ, AÑO 1821, ME HIZO (diámetro 0'90m).
FESTAS: as máis importantes son a da patroa, a Santa María, o día 15 de agosto.
A do Santo Anxo da Garda o primeiro domingo de setembro.
A Santa Lucía o 13 de decembro.
A da virxe do Carme o día 16 de agosto.
INDUSTRIAS: non ten industrias importantes...ademais dunha fábrica de bloques de cemento... ten os seguintes muíños, algúns arruinados: o do regueiro, o de Couceiro e Fidalgo, o da Somoza (na Somoza hai dous, un na cima e outro no fondo do lugar), o do cura no Recosto (Pazos) e despois deste o de Torís e o muíño de Cabalar en Viladafonso... todos no regueiro dos Riales. Actualmente tamén ten actividade un recolledor de leite.
Economicamente viven os veciños da agricultura e gandería principalmente, con servizos nas casas ademais da enerxía eléctrica así como iluminación pública.
COMERCIO: ten algunhas tabernas.
CENTROS CULTURAIS: casa da Escola de Olives, feita polos emigrantes en 1929 é unha das 5 escolas unitarias.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "O Castro" de Olives, na que organizan cursos que impulsaron o festival dos Pereiriños, traballos e xogos cos rapaces e os maiores. tamén funciona a Asociación "O Ánxel" e ade Veciños de Fraíz.
EDUCACIÓN: os nenos asisten ao CEIP do Foxo. Hai outra escola en Fraíz.
DEPORTE: teñen caza menor, coello e perdiz, nos montes que a rodean a parroquia polo nacente.
SANIDADE: teñen un médico alí preto no Foxo (Rubín), xa sen funcionamento, ademais dos servizos do centro de saúde da Estrada
PERSOAS SOBRANCEIRAS: María Luísa Pazos Pazos,
profesora de Historia de América na U.S.C. e investigadora, membro da coñecida familia Pazos, empresarios procedentes da emigración mexicana.
José e Francisco Pazos Pazos, emigrantes prósperos en México, promotores da máis prestixiosa revista galega da diáspora "Vieiros" (Sindo Villamayor, Contrarretranca nº 10).
Silvia Rey Pereiras, filla de pais desta parroquia nada en Venezuela, foi presidenta do Centro Galego de Maracaibo, única muller no seu o momento presidenta dun centro galego en Latinoamérica.
Manuel Caramés: empresario notable en Maracaibo, foi fundador do Centro Galego desa importante cidade de Venezuela en 1962 e presidente en repetidas ocasións.
Blanca Caramés: filla do anterior, é a súa sucesora á fronte das empresas familiares. E ademais presidenta do Centro Galego de Maracaibo e do sector da madeira da Cámara de Comercio de toda a rexión do Zulia.
María Xosé García Hermida: responsable na Estrada de Asaja, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares”, coordinadora de asociacións de Mulleres Rurais e gran dinamizadora do noso medio rural.
TOPONIMIA MENOR: é unha parroquia rica en topónimos importantes, citaremos: Cu de Caldeiro, Outeiro Grande, Outeiro de Lobo, Lama de Outeiro, a Mámoa, preto de Maiz, a Mámoa e campo da Mámoa no monte preto de Fonte Fría, Seixos Blancos, O Penedo, Penedas Santas, Poza Laxe, Pena Mazo, O Outeiro de Fraíz, O Castro, O Castro de Fietioso, Meigas de Riba, Peneda Grande do Rei a lagoa Sacra e a Mámoa do Boi Morto.
PLANTÍOS REAIS: "La dehesa se halla sita en dicho monte del Outeiro, cavida doce ferrados y cinco quartillos. Monte dehesa de primeira calidad.
El vivero se halla inmediato a dicha dehesa, cavida un ferrado y diez y seis quartillos. Primera calidad, cerrada sobre si"
TELEFONÍA: por cable.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Olives*
Pedro Varela
Parroquia de 71 cabezas de familia e 340 habitantes, situada na vertente occidental do monte de San Sebastián, e distante da Estrada uns dez quilómetros.
Olives vén de oliva, oliveira. Por alí tivo que abundar esa clase de árbores; aínda se ven varias na actualidade.
Lugares: A Viladafonso, Pazos, A Somoza, Fraiz, Fieitoso, e unha casa nova na Caniza.
Viladafonso ou Vila de Afonso, do fundador ou primitivo aforante do lugar, que levaba ese nome. Sobre A Somoza véxase o que en canto ao significado desa palabra sinalamos ao describir a parroquia do mesmo nome. Fieitoso, terreo de moitos fieitos ou fentos.
Vías de comunicación: camiños antigos e malos e as pontiñas de Santa Lucía entre Pazos e a Igrexa, outro en Pazos para se comunicar con Parada de Pardemarín, e o de Laxes entre Viladafonso e Pardemarín. A Olives irá un camiño veciñal cuxo proxecto foi aprobado polo Estado.
Lindeiros: norte, Curantes; sur, Pardemarín; leste, montes de Seoane e Escuadro; oeste, Lamas.
Bañan a parroquia que nos ocupa dous regatos: un que nace no monte de Pazos e desauga en Lamas e outro que ten orixe en Fraíz e pasa a Curantes, no punto de Ponte Retorta, e despois a Pousada; con ambos réganse varios terreos.
En 1856 era mestre de Olives, D. Vicente Prieto, natural de Agar; en 1858 xa o era D. Manuel Barcala. Hoxe teñen aqueles pais de familia para instruír os seus fillos unha Escola Nacional servida por unha mestra, que funciona en Pousada.
No eclesiástico: Olives ten por filial Pardemarín e por patroa, Santa María; o curato é de entrada, presentación de varios leigos; antes presentaba Gómez de Xerliz, sucedendo ao padroado do dono do Casar de Pazos. A igrexa é regular; foi reedificada en 1829 e 1830; ten unha boa torre composta de dous corpos. Dise que a igrexa primitiva estaba no Castro. Os datos más antigos do arquivo parroquial chegan ao ano 1696.
Festas anuais: a patroa, o 15 de agosto; o Anxo, o primeiro domingo de setembro; Santa Lucía, o 13 de decembro; San Antonio, o 17 de xaneiro.
Outras particularidades: en Olives, no lugar da Viladafonso hai un castro sen ningunha particularidade especial. Olives e Curantes teñen unha meritoria sociedade pro-instrución, fundada polos fillos desas parroquias residentes en Cuba; reuniron algúns fondos e proxectan a construción dun local para o ensino.
Entre Olives e Seoane de Forcarei, alá na altura do monte está a Lagoa Sacra. Trátase dunha lagoa moi notábel, duns vinte ferrados de extensión, que presenta en todo o seu perímetro vestixios de murallas. Cóntase que se librou nas inmediacións unha grande batalla e que os cadáveres foron lanzados ao lago; por iso o amurallaron despois para evitar profanacións e denominárono «Lagoa Sacra». No inverno hai alí moitos parrulos.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923; ed. Deputación de Pontevedra 2017.