O Castelo de Cira
Pedro Varela
Este castelo aínda está en pé e dista pouco, augas arriba, do estreito de San Xoán da Cova. Levántase na parroquia de Cira e era unha estratéxica fortaleza para a seguridade das terras de Santiago, como fera e vixiante atalaia sobre un empinado camiño na marxe esquerda do Ulla, no punto en que a este ofrece o tributo das súas augas o río Deza. Foi edificado en tempos do arcebispo Xelmírez por D. Bermudo Suárez e alí estivo despois o mesmo Xelmírez prisioneiro da raíña D.a Urraca. Esta, máis tarde, habitou o castelo, de onde saíu cun exército por terras de Tabeirós, aínda que máis tarde se dirixiu nun cambio rápido de rumbo, ao Pico Sacro para atacar as forzas do prelado, pero non se efectuou a batalla porque dunhas conferencias previas xurdiu a paz.
Preso D. Bermudo, cedeu o castelo á raíña para liberarse da prisión. Ela vendeuno despois a Xelmírez en 150 marcos de prata, ou sexa, 1200 onzas tamén de prata. Quedou así a fortaleza en poder daquela como empréstito, mentres o adquirente ou o seu sucesor na Sé non a pedisen. E no testamento da mencionada raíña ordenábase que se restituíse á Igrexa de Santiago porque ela tiña en feudo o devandito castelo. O seu descendente D. Alfonso VII obrigou a cumprir esa cláusula ao cabaleiro Juan Díaz, quen o entregou a Xelmírez.
Nunha bula do Papa Anastasio IV, datada o 8 de abril de 1154, confírmanse as posesións da Igrexa compostelá e, entre elas, o castrum de Ciria (Ciria). Chegou o célebre castelo a poder de Lope Sánchez, Vasco de Caldas e García Muñíz e o 17de xuño de 1457, Lope Pérez fixo ao arcebispo “preito homenaxe” no mesmo castelo.
Despois o prelado Fonseca ofreceu a López de Moscoso a man da súa irmá D.a Aldonza e en arras, a pertiguería maior e o feudo do castelo de Cira. Máis tarde estivo en poder dos condes de Altamira e hoxe pertence á familia dos duques de Sesa.
Que é agora o Castelo de Cira? Unha obra morta, inútil, de estorbo; cuarteada, desmantelada. Ao pé dos seus rexos muros, por dentro e por fóra, aniñan as animalias; arriba os mouchos, as curuxas e outras aves rapaces e de mal agoiro, que cos seus berros estridentes e lúgubres parecen expiar culpas horrendas dos lobos feudais que posuíron a fortaleza.
* Pedro Varela. A Estrada. 1923