Callobre*
Clara Iglesias Cortizo
- CALLOBRE: trátase dun topónimo formado por dous constituíntes de orixe prerromana. Brig, “altura fortificada, castro”, é o elemento máis frecuente na toponimia céltica do noso país; normalmente aparece, coma neste caso, na segunda parte de topónimos compostos rematados en -bre. A primeira parte do topónimo call-, segundo Cabeza Quiles, ten tamén orixe céltica, en concreto deriva do lexema calio, “pedra”. Polo tanto, o significado do topónimo vén sendo “altura rochosa sobre a que se constrúe un castro.”
- A ALDEA GRANDE: topónimo de significado transparente. A palabra aldea procede do árabe al daya, “a vila”. Pola súa parte, o adxectivo grande provén do latín (GRANDIS-GRANDE).
- CIMADEVILA: topónimo de significado transparente, formado por un sintagma constituído polo substantivo cima, do latín CIMAM, procedente á súa vez do grego, “parte máis alta dun lugar, cume” + preposición de + vila.
- FIGUEIRA: fitotopónimo, do latín FICARIAM.
- FRIAMONDE: topónimo de posesor, VILLAM FREDAMUNDI, do antropónimo xermánico Fredamundus.
- OS LOUREIROS: procede do latín vulgar LAURARIUM, e este do clásico LAURUM. Fitotopónimo moi abundante en todo o país. O loureiro forma parte da nosa vexetación espontánea e dáse moi ben, especialmente en lugares húmidos.
- NOGUEIRA: tamén se trata dun fitotopónimo, derivado do latín vulgar NUCARIA, “árbore que produce noces”; e este, do clásico NUX, “noz”.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- PONTELIÑARES: o lugar que designa o topónimo está situado na beira do río Liñares e crúzao a ponte sobre este río. O nome está formado pola unión dos substantivos ponte (do latín PONTEM) e liñares, derivado do latín LINUM, “liño” + o sufixo locativo –ar. O significado de liñares é “terreo sementado de liño, plantación de liño”. O liño foi tradicionalmente moi cultivado na Galiza e, polo tanto, aparecen con frecuencia referencias a el na toponimia.
- POUSADA: do latín PAUSATA, de PAUSARE, “parar, cesar, repousar”. Normalmente fai referencia a descansos orográficos, é dicir, a lugares chans ao final dunha costa, onde se pode facer un descanso.
- A RIBA: deriva do substantivo latino RIPAM, “ribeira, costa, ladeira”.
- VILAFRUXIL: trátase dun topónimo de posesor en que se conserva a primeira parte, vila. O antropónimo de que procede é xermánico, Frogildus, cuxo xenitivo sería Frogilli; así, de villa Frogilli derivaría Vilafruxil.
- O VILAR: é unha palabra do léxico común. Procede do latín vulgar VILLARE, “pequeno núcleo poboado”. Continúa a ser este o significado da palabra vilar na actualidade, por iso aparece moitas veces na toponimia.
Callobre (San Martiño)*
Manuel Reimóndez Portela
Por este nome coñécese a parroquia segundo recordo de cantos saben dela.
Pertence á chamada zona da Ulla Baixa con Arnois, Castro, Riobó, Oca, Moreira, Paradela, Barbude e Ribeira.
LINDES: Callobre ten por lindes polo norte Moreira e San Pedro de Ancorados, ao sur remata en punta entre as parroquias de Lagartóns e Cereixo, polo leste Rubín e Cereixo e polo oeste Moreira e Lagartóns.
Por razón alfabética do seu nome correspóndelle o número 12.
Polo que atinxe á súa extensión superficial ten Callobre o número 39 entre as demais parroquias do concello con 355 hectáreas.
Na actualidade os lugares que a compoñen son os seguintes: A Aldea Grande, Cimadevila, Figueira, Friamonde, Os Loureiros, Nogueira, O Outeiro, Ponte Liñares, Pousada, A Riba, Vilafruxil, O Vilar. Ten 609 veciños de feito. Na actualidade esta cifra é de 500 habitantes.
COMUNICACIÓNS: Callobre vive moi aberto á estrada nacional 640 (Chapa- Carril) que a cruza polo norte desde a Ponte Liñares ata o linde con Rubín. Outras vías ábrense espallándose pola parroquia, unindo cada un dos lugares entre si e saíndo a San Xurxo de Cereixo. Incluso se pode pasar a Lamas e Pardemarín, etc.. A concentración parcelaria achegou a rede que lle é propia.
A N-640 ten un novo trazado que deixou varios tramos de estrada antiga para servizo dos veciños.
Fixeron a concentración parcelaria do monte.
Camiño Real: o camiño real que cruzaba parte da parroquia polo oeste era o que dende A Estrada ía por Pía e Pica cara á Mota etc.... Outro chamado camiño vello recollía os viaxeiros da parroquia para ir por onde a igrexa ao Sol de Rubín.
HIDROGRAFÍA: o máis importante curso de augas é o río Liñares, que a separa de Lagartóns polo oeste, neste afluente do Ulla úneselle en Mollarabo o regueiro da Fervenza, que é o máis grande da parroquia; vén de terras de Curantes.
A dita fervenza atópase en terreo encaixonado, entre montes salta a auga para "ferver" alá abaixo.
Cóntanse unhas lendas que daremos a coñecer cando tratemos das da parroquia.
O regato de Friamonde é pequeno, nace en Mamuela e vai ao Liñares, onde desauga no Palluzo.
Moi importante é a presa de Valiñas que recolle a auga da Fervenza para regar moita extensión de terras que pertencen ou pertenceron á casa de Valiñas.
PONTES: moi importante é a ponte Liñares, sobre do Liñares no linde de Callobre e Lagartóns, empezou a construírse no ano 1861,
probablemente con cartos achegados polos emigrados en Cuba, pois foron enviadas fotografías da súa construción, sendo ampliada hai 3 ou 4 anos.
A Ponte Vella, ou sexa a ponte románica, río abaixo dá á do Viso, unha das poucas que aínda poden ollarse na Estrada. Os restos doutra ponte románica vense máis río arriba fronte a Valiñas, "Ponte do Viso", que lle daba paso aos de Callobre para Lagartóns, saíndo ao camiño por onde a igrexa.
O pontillón de Friamonde. A ponte que une Liñares con Nogueira, a do Palluzo, Vilar con Liñares. O pontillón da presa de Valiñas.
E a ponte chamada de Cereixo, unindo Callobre-Cereixo preto desta igrexa, pasando por alí antes, o camiño vello, e mais a ponte de Callobre, abaixo do picho da Fervenza.
Fontes: preto da igrexa está a fonte de Santa Margarida onde os romeiros bebían para curar os males da gorxa: "Miña Santa Margarida, miña Margarida Santa a Auga da túa fonte, sanoume a miña garganta".
Outras son as de Nogueira, a de Figueira, e a de Friamonde, en moi bo estado.
OROGRAFÍA: Callobre é unha terra chá formando parte dun gran e moi aberto val, só pechado polo sur e polo norte con pouca altura.
CASTROS DA PARROQUIA: Callobre ten dous:
Castro de Friamonde, onda o lugar de Friamonde desta parroquia, preto das casas da aldea. Polo NO ten pouca altura e desde a cima míranse os terreos dos arredores; leiras traballadas e montes.
Ten moi pouca pendente dada a súa pouca altura, a maior é polo leste. Ten unha cima case redonda.
Polo oeste sobresaen a cada paso penedas de cantería e máis ou menos no centro do cume obsérvase unha escavación nunha peneda á que lle chaman "artesa dos mouros": trátase dun oco feito na cantería de 1 metro por 1.20 aproximadamente cunha profundidade duns 30 cm polo norte para ir descendendo cara ao sur, onde case non ten fondura. Segundo os veciños antes era máis fonda e vese que lle faltan anacos nas súas paredes. Na parte SO tiña un pequeno buraco. A parte oeste presenta unha parede duns
25 cms de ancho, xa que de novo a pedra foi escavada formando outro oco ou pía bastante máis pequena.
Esta artesa segundo a lenda usábana os mouros para amasar pan. No oco grande debullaban o millo pasando o grao á artesa pequena para moelo.
Castro da Aldea Grande: atópase por suposto onda este lugar da parroquia, polo leste e polo sur rodéao o regueiro de Fervenza, por onde o monte ten o seu maior desnivel cando polo leste segue co nome cara ás leiras.
As defensas están moi mal conservadas e non se atopa construción ningunha de pedra.
O cume representa ser redondo, circular ou chan.
Posibles achados destes castros están clasificados no traballo de J. Rey Castiñeira e M. Rodríguez Calviño "Novas imaxes da arqueoloxía castrexa estradense a través das coleccións Bouza Brey e Fraguas Fraguas do Museo do Pobo Galego" (Misc. hca. e cult. nº 4).
PAISAXE: a paisaxe tan fermosa destas terras engádese ás das veciñas parroquias, os prados, as leiras, as camposas, as ribeiras do Liñares, o picho da Fervenza paisaxe desde os castros lémbranse sempre.
PEDRAS: a peneda redonda, a pedra chamada "artesa dos mouros" no castro de Friamonde e por suposto os cruceiros, que son os seguintes:
1 Situación: parroquia de Callobre, adro da igrexa.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico, liso.
Columna: octogonal, comeza cadrada. Capitel: comeza redondo para rematar cuadrangular con volutas e catro querubíns. Cruz: latina, octogonal. Anverso: cáliz e hostia. Reverso: sen figuras. Altura: uns tres metros e medio.
Inscricións: non se aprecian
Conservación: boa
Tradición: un de tantos cruceiros propios dos adros das igrexas.
Propiedade: pública
2 Situación: parroquia de Callobre, lugar de Vilafuxil, a carón dunha pista.
Descrición: plataforma: Dous chanzos. Pedestal: Cuadrángular, con peto de ánimas. Columna: redonda, lisa. Capitel: cuadrangular, de cemento. Cruz: latina, lisa,sen figuras.
Inscricións: Non se observan
Tradicións: Cóidase que se ergueu para marcar desta parroquia coa veciña de Moreira.
Propiedade: pública.
O máis importante hórreo da parroquia é sen dúbida o da casa dos Cervela (Valiñas); trátase dun dos mellores exemplares do concello, todo feito de pedra.
LENDAS: no castro de Friamonde di algún veciño que a peneda que ten dúas pías xuntas, das que falamos cando nos referimos a el, era porque os mouros se encheran de auga para darlles de beber aos cabalos, e que tiñan o castro, rodeado dun muro de pedras.
Segundo outra versión nas pías ofrecíanse sacrificios para pregarlles aos deuses degolando carneiros ou años.
No castro da Aldea Grande, xa moi desfeito, din que non medran árbores por ter vivido alí os mouros.
No picho da fervenza temos o chamado "pozo dos mouros", alí onde cae a auga e o río ten moita fondura. Á dereita deste pozo, rematada a fervenza, hai unha peneda cun furado de algo máis de medio metro de diámetro no que segundo os veciños non ten fondo xa que alí botaron pedras e non dan chegado a el. Ademais botaron algunha pedra atada cunha corda e tampouco atoparon fondo.
Na ponte de Valiñas (ponte románica hoxe desfeita aínda que se ollan aínda restos de dous piares nas marxes do Liñares) hai unha mina de ouro e outra de alcatrán...se levantan a pedra da mina que ten alcatrán arden sete parroquias da redonda.
HISTORIA: segundo Jerónimo del Hoyo, no ano 1607:
"San Martín de Callobre: Hay en la parroquia de San Martín treinta feligreses. Los fructos se hacen dos partes, la una y un desmero y el lugar del iglesario lleva la cura y la otra es sin cura: todo de presentación de legos. Vale la parte de la cura treinta cargas de pan. La fábrica tiene de renta trece ferrados y medio de centeno y dos ferrados de mijo".
Catastro de Ensenada: os datos recollidos desde catastro do ano 1747-50 atópanse no capítulo dedicado a el mesmo na parte correspondente O Coto de Tabeirós coas súas parroquias.
Dinos Pascual Madoz no seu gran diccionario (1846-50) apunta:
"Callobre (San Martín). Feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.) diócesis de Santiago (4) partido judicial de Tabeirós (1/2) Ayuntamiento de Estrada (1/2) situada a la derecha del río Liñares en un llano dominado al E por una colina de poca altura, combátenla prin- cipalmente los aires del sur y S.O., el clima es templado y algo pro- penso a calenturas gástricas y pútricas, tiene 105 casas distribuídas en los lugares que la componen y son: Baliñas, Callobre, Cimadevila, Corujo, Espiño, Friamonde, Loureiro, Nogueira, Outeiro, Pousada, Vilar y Vilafragil. También hai una escuela de primeras letras a las que asisten 12 niños de ambos sexos que pagan a su maestro cierta cantidad men- sual. Una iglesia parroquial bajo la advocación de San Martín servida por un cura de provisión ordinaria, una ermita dedicada a San Benito en el lugar de Valiñas sobre una altura inmediata al camino que dirige al Fojo cuya ermita pertenece a la casa de Cervela y un paseo bastante ameno y poblado de árboles para recreo de los vecinos. Confina el tér- mino: N. feligresía de Ancorados y Moreira (1/2 leg.), E. otra vez Moreira (1/4), S. Lagartones (1/2) y O. las de Creijo y Vinseiro (1/4).
El terreno es arcilloso y de mediana calidad, báñanle el espresado río Liñares que corre por el SO. Y un riachuelo insignificante que desagua en el anterior. Los caminos conducen a la capital de provincia, a Lalín, Fojo, Bandeira, Tabeirós y feligresías inmediatas. El correo se recibe de Estrada por un peatón en días indeterminados. Produce trigo, centeno, maíz, lino, patatas, castañas, habichuelas y otros frutos se cría ganado vacuno mular, de cerda, lanar y cabrío. Hay caza de liebres, conejos y perdices y alguna pesca de truchas y anguilas. Industria y comercio: la agricultura, ganadería, molinos harineros, y telares de lienzos ordinarios, reduciéndose las transaciones comerciales a la estracción de trigo y maíz e importancia de vino y otros frutos necesarios. Población. 104 vecinos, 550 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago: "Callobre (San Martín). Abeiros-Pontevedra-Estrada-Personal D. Francisco Bermúdez, entrada. 227 vecinos y 637 almas- Estrada. Rilo D. Domingo Antonio Parr. 43 a. Teolog. 6 a. Pérez D. Luís Paulino Prbtro. 66 a. Carr. breve. Souto Carbón D. Andrés, Prbtr. 25 a. Teolog. 5 años."
No censo do ano 1924 tiña 767 habitantes.
Recollemos de Álvarez Limeses, ano 1936, "Geografía General del Reino de Galicia":
"Callobre (San Martín). Dista 45 Kilómetros de Pontevedra y 5 de La Estrada y limita al N. con Ancorados (San Pedro) y Moreira, al S. con Lagartones, al E. con Agar y Rubín, y al O. con Aguiones.
Entidades: Callobre con 160 habitantes, Cruja 37, Figueroa 52, Friamonde 97, Loureiro 29, Nogueira 122, Outeiro 43, Pousada 62, Riba 36, Valiñas 18, Vilar 59 y diseminados 52, que suman en total 767 habitantes que cuentan con dos escuelas unitarias para instalar las cuales han construído los vecinos un buen edificio que dá frente a la carretera de Chapa a Carril a la que tiene acceso por una rampa de 80 metros bordeada por plátanos.
Pasan por esta parroquia el Río Liñares y un riachuelo que en él desagua y que fertiliza muchos terrenos, suministran fuerza motriz para varios molinosy dos fábricas de aserrar maderas y de tejer, el primero forma un buen salto de agua en el sitio denominado fervenza que es también el título de una de aquellas dos fábricas. Son dignos de mención en esta parroquia un típico y hermoso castro, un enorme alcornoque que existe en la finca de Baliñas propiedad de los señores de Cervela cuya copa cubre una superficie de más de 500 metros cuadrados y un manantial de aguas sulfuroso termales en la margen izquierda del Liñares que se conoce desde muy antiguo con el nombre de aguas termais de El Viso y que nadie esplota hallándose en el mayor abandono.
La atraviesa la carretera de Chapa a Carril y arranca de aquí la que va a terminar a Puente Ledesma".
IGREXA: a igrexa, segundo Varela Castro, é de moderna construdón (mediados do pasado século) limpa e alegre situada nun sitio pintoresco e rematada por unha espadana de dúas campás... "El atrio es espacioso y en su recinto está el cementerio construído recientemente a expensas de los emigrantes callobreses de Cuba y la Argentina y de los vecinos de la parroquia; descuella allí el panteón, sino artístico, vistoso, propiedad de la heredera de D. Manuei Martínez. La cruz parroquial es de plata y oro, muy artística dominando en ella el estilo gótico, en el friso se lee "Esta cruz se hizo siendo rector de S. Mn. de Callobre D. Ignacio Manuel de Gayoso-1726". La casa rectoral es de construcción sólida y tiene espaciosos salones con ventanales desde los que se contempla un panorama espléndido formado por las riberas del Liñares y limitado en parte por el Arnado y los montes de Arca y Xesteiras".
Para esta igrexa fixo o prateiro compostelan Enrique López en 1910 unha cruz de seis marcos e medio na que ademais das figuras de Cristo e a Nosa Señora poñía un San Martiño alto con 4 evanxelistas nas puntas e toda labrada "a la romana conforme a lo que agora se usa".
Tamén colocaron unha imaxe do Carme ilustrada con favores da raíña dos Anxos.
Houbo un mosteiro tamén en Callobre: "en la feligresía de San Martín de Callobre en La Estrada, Pontevedra. Acaso el 1092 el que se llama "sernus sernorum dei sentarius" dice fundarlo en el terreno dado también por el otorgante Romano Didaz"est. Autem ecclesia a me fundata in finibus marines Gallecie in territorio Brucius, sub episcopo dedis Apostolici lacobi et es determinata per suos terminos antiguos, id est..por terminus de Pousadoira et ítem per indirectum terminusde minudela...et ad sexos et ipra rugitoria de súper sea".
Linage Conde Antonio "Los orígenes del Monacato Benedictino en la Península Ibérica III" Monasticon Hispanum (398-1109), León 1973 p. 113-114.
Inscrición das campás:
Campá grande: IHS M. y JOSE AÑO DE 1874.
SANTA BÁRBARA ]UAN LISTE EN ORAZO.
Pequena: I.H.S.MARÍA Y JOSÉ AÑO DE 1894. Fundida por J. LISTE EN ORAZO.
Segundo Xosé Porto Matalobos ("Gran Enciclopedia Gallega" T,4, p. 174 a igrexa foi construída no século XVIII con pedras de outra máis antiga. A pía bautismal é do século XII e no seu arquivo consérvanse importantes libros do século XII en adiante.
O cemiterio foi ampliado no ano 1994 por ser esta parroquia de moitos veciños.
Outros Datos: esta igrexa ten unha planta de cruz latina e unha portada de arco alintelado recercado de molduras planas, pilastras que enmarcan a fachada e rematando en forma triangular e en espanada central de doble van.
Muros laterais lisos con ventás rectangulares recercadas de molduras planas. Sancristía pegada á cabeceira e tellado a dúas augas.
CASAS NOBRES
Casa reitoral de Callobre: é de planta rectangular con baixo piso, no baixo ventás troneiras con derrame exterior. No piso ventás rectangulares e arco rebaixado, toda ela con doselete. Tellado a catro augas. Ten un "pombal" cadrado unindo ao corpo da casa.
Atópase en estado ruinoso.
Casa de Baliñas: recolle Pedro Varela Castro: "Merece mención la Casa solar de los Cervelas llamado también de Baliñas, una de las más rico abolengo de la comarca; su origen se pierde en los tiempos de la reconquista en la que los primitivos fundadores se distinguieron luchando contra el poder mahometano que después del Guadalete había invadido la península Ibérica. Algunos historiadores aseguraban que la Casa de los Cervela es filiación de la grande antigua e ilustre casa de Cervela de Aragón y Cataluña... otros quieren derivarla de la Cervia una de las nueve primitivas nobles de escudo de armas en un campo de oro, un árbol verde y a su tronco una cierva dando de mamar a su cría y morrión o celada con plumas de perfil mirando a la derecha. Tal correspondió a D. Juan Cervela nacido en San Miguel de Albarellos -Pazos de Arenteiroa mediados del siglo XVI. Uno de los sucesores, José Vázquez Cervela paso a Madrid en 1876 entrando en la Casa Real para la furrelería y llegó a ocupar el cargo de Aposentador de S.M. Fernando VII que lo condecoró con las cruces de honor, de fidelidad y de Madrid y la distincción "Flor de lis de Francia" y título de Caballero Noble Hijo Dalgo, según resulta de la Ejecutoria de la real cancillería de Valladolid conseguida en juicio contradictorio con la justicia y Ayuntamiento de la Corte y fiscal Real en 27 de diciembre de 1826. Actualmente la Casa de Cervela está regida por la Sra. D-. Visitación Lira viuda del que fue notable avogado D. Julián Cervela... hay unido a la casa una capilla advocación de San Benito, hoy cerrada al culto.
Contiguo arranca un alcornoque corpulento y milenario que causa admiración. D. Ramón Cervela lo cantó en bellísimas estrofas el año 1851 con dedicatoria para la poetisa ullana Dona Avelina Valladares (irmán de Marcial Valladares, naturais de . Vilancosta en Berres). De la composición poética entresacamos:
Yo te envío mi saludo
arpa de las tempestades
que exhalas mis ansiedades
en tu ronco diapasón.
Gigante de los mil brazos
recuerdo de los titanes
que cantas los huracanes
con solemne entonación.
Salve, oh ¡árbol! que tus años
tal vez por tus hojas cuentas".
Por outra banda o padre Crespo ao falar dos Figueroa e Bermúdez dinos: "Eran presenteros de los beneficios de las mismas feligresías y poseían enterramientos en sus capillas mayores; y así en la iglesia de Callobre, dentro de la capilla mayor existían sepulturas con los escudos siguientes: tres lises (dice el expediente) por los Bermúdez emparentados con los Aldao a quienes realmente correspondían dichas flores heráldicas aunque brisadas; cinco hojas de higuera por Figueroa, un castillo con seis roeles y once escaques por Castro y otros linajes. Una inscrición rezaba de esta suerte:
ESTA SEPULTURA ES DE JUAN GONZÁLEZ DE FIGUEROA Y DE INÉS ÁLVAREZ BERMÚDEZ DE CASTRO SU MUJER, PATRONA DE ESTA IGLESIA
Evidentemente la Casa de Valiñas se trata de la antigua Casa de Lagartones". (?)
Pazo de Cervela-Valiñas (outros datos): ten unha planta en L formada por baixo e sobrado, a baixa leva troneiras e o piso ventás rectangulares, algunhas con doselete. Tellado de dúas e catro augas.
Ten un portalón con cornixa moldurada con gola. Entre as dependencias ten hórreo e capela.
Capela: é de planta rectangular con porta alintelada. Tellada, cuberta a dúas augas.
Casa Concello e Cárcere de Callobre: atópase á beira dereita dunha pista seguindo cara ao castro de Friamonde. Ten uns 15 metros por 8, tellada a dúas augas desiguais, a do sur bastante máis estreita; de planta baixa e alta. No baixo, cara ao norte, un portalón grande e unha porta normal. No piso ten unha solaina como cunhas dúas terceiras partes da fachada, con través á vista, de madeira.
Pola fronte sur acaroáronlle outra vivenda de parecidas dimensións.
Testeiro: no oeste con terreo en plano máis alto polo que só se olla a parte correspondente á planta alta, unha porta á esquerda con madeira moi vella, de dúas follas, a da dereita moito máis vella. Ao lado dereito unha ventá e encima un fachinelo.
Testeiro do leste: cun estreito "tragaluz" preto do chan e dúas pequenas e estreitas ventás na planta alta, a da dereita en plano máis abaixo.
A conservación é moi mala aínda que a estrutura orixinal se recoñece perfectamente. A fachada sur primitiva tiña as trazas da do norte aínda que se prolongaba máis o tellado no seu descenso rematando unha solaina, por iso era un tellado máis longo có do norte, ao revés de cómo está hoxe xa que foi comprado un anaco da casa que agora está construída e dedicada a palleira lincrustada nesta parte.
Di Varela "El Ayuntamiento de La Estrada en sesión 6-2-1840, acordó por falta de local en la Villa, utilizar la Casa Cárcel que tenía en Callobre la antigua Jurisdicción de Tabeirós."
Casa torre: situada no lugar de Pousada á que chaman de alcume a Casa do "mariñao", porque veu das Mariñas.
Casa no centro do lugar que no lintel de pedra do portalón que dá fronte a unha pista ten gravada unha cruz cunha inscrición que pon:
JOSÉ TORRES 1839... ¿Juana vea?
A cruz atópase nunha esquina da casa sobre un pequeno pedestal
Dise por tradición que se tratou dunha casa moi rica e o dono prestaba diñeiro en moitas ocasións e curiosamente non contaba as moedas, medíaas nunha pequena medida de madeira que chamaban ferradiño, diminutivo do ferrado.
Hai unha casa de turismo rural no lugar do Vilar, O Caserío de Torres.
OUTROS DATOS: segundo Pedro Varela: "La Antigüedad de la feligresía no podemos determinarla pues los datos del archivo parroquial, principal fuente de que disponemos sólo se retraen al año 1686, "Libro de bautizados, casados y difuntos", abierto por el párroco D. Antonio Blanco Portomarín, con la partida de bautismo de un hijo de domingo de Couto y Elena Montoiro. Otro dato nos dice que esta parroquia ya existía en 1679, fecha en que es escribano Núñez Monteagudo en el lugar de la Puente Santa Marina de Ribeira, dio fe de una escritura por medio de la cual Aselmo de Hermida y Alberta Amiga, su mujer, de San Miguel de Moreira, venden la heredad do Nadal, "extramuros del lugar de Pousada, feligresía de San Martín de Callobre" a Gregorio Touriño de la misma feligresfa. Con otros documentos del año últimamente apuntando, se demuestra, no solo la existencia de Callobre con anterioridad a la fecha del libro parroquial más antiguo, sino que se llama como hoy se llaman algunos lugares de aquella localidad; que había entonces Escribano allí y se pagaban foros".
Tamén di: "Las hordas napoleónicas invadieron Callobre... observando el vecino Francisco Diéguez que robaban cuando podían, metió en un saco el dinero que tenía y otros efectos y salió corriendo hacia La Rocha... con los franceses detrás.
"XENTE DE CALLOBRE NIN RICA NIN POBRE", este é o antigo dito, sinal dunha economía mellor distribuída.
Notas do Entroido do ano 1911:
"Lindas Callobresas-las de labios rojos.
las de ojos negros llenos de pasión
calmad nuestro anhelo-con vuestra sonrisa
caiga dulce brisa-sobre el corazón."
Aquí no lugar de Pousada morreu Manuel García Barros "Ken Keirades" o día 11 de abril de 1972, que naceu en Berres do que alí temos falado, Dixo:
"Miña Margarita Santa-miña Santa Margarita
Miña Santa Milagreira - Virxe mártir de Antioquía
Que de fai xa longos anosviñeches para nosa dita
A facerte callobresa- niste verxel de Galicia"
Quen tamén lle escribiu aos seus gaiteiros:
"Ós gaiteiros de Callobre:
Cantemos á terra-con fe con amor
Coas nosas gaitiñas-con bombo e tambor
Triar de paxaros-do vento do fungar
Ruxir de rigueiros-que corren o mar.
Beilade mociños-todos a beilar
Que n'hai com'a gaita-pra xente aledar."
AUGAS MINEIRO-MEDICINAIS: onda a ponte de Valiñas na beira dereita do Liñares hai un manancial de augas minerais, hoxe non se ven cando o río leva moita auga, só polo verán poden ollarse con dificultade. O Concello, con data 5 de setembro 1841, declarou que sobre o río Viso en Callobre había unha fonte ou burga e mandou facer unha "arqueta". 05 veciños ían buscar alía augapara os nenos. Están difíciles de localizar.
FESTAS: a do patrón San Martiño día 11 de novembro. A Santa Margarida o día 20 de xullo. Fan un festival folk o venres anterior. E a Virxe do Carme o día 21 do mesmo mes.
INDUSTRIAS: houbo unha fábrica de serrar madeira onda a Ponte Liñares e teñen outra de mobles na fervenza, que era especializada en facer cadeiras, hoxe dedicada a fábrica de mobles de cociña.
Contamos cos seguintes muíños de regueiro: o de Pontillón, o de Ferreira e o de Xestoso no regueiro de Friamonde. O de Callobre no regueiro de Rubín ou da Fervenza.
O de Maceira e o de Cervela da casa de Valiñas, en Vilar e no Liñares.
Liñares: foi un importante núcleo de desenvolvemento económico; 40 anos atrás había un ferreiro con 2 operarios, un xastre,
2 zapateiros e 1 barbería onde chegaron a traballar 3 barbeiros na casa de Pazo, lugar de reparto de viño en pelexos.
A familia de María Martínez Otero, do lugar de Pousada.
Actualmente atopamos 1 panadería, 6 fábricas de mobles,l taller de carpintería, 1 empresa de traballos forestais, 2 empresas de construcións, 1 empresa de transportes,l explotación porcina, 1 explotación grande de coellos, 1 explotación grande de polos.
COMERCIO: 1 mesón, 1 restaurante.
CENTROS CULTURAIS: ten grande actividade o Teleclub, de boa edificación, restaurado e onde ensaia un grupo de pandereiteiras e outro de gaitas "Os que hai".
ENSINO: ten a parroquia un antigo Teleclub, agora chamado Asociación Cultural que leva os nomes de "Isaac Ken Keirades". Médico o primeiro e escritor de moita fama o segundo. Ten unhas actividades periódicas importantes.
DEPORTES: a caza pode practicarse nos montes veciños e a pesca no río da Fervenza e no Liñares.
Destacan as Escolas Deportivas do Callobre C.F, club que ten máis de 50 anos de traxectoria, cos seus comezos alápolo ano 1941, onde o fútbol era, máis ca un deporte, unha maneira de dar renda solta ás angurias dun pobo recén rematada a Guerra Civil. Taménpuidese ser que isto permitise que as xentes se xuntasen sen que iso supuxese un "delicto" e que se interpretase simplemente como unha actividade deportiva.
O 20 de xullo, o día da festa grande de Callobre, a Santa Margarita, no recén acondicionado campo de Antallo de Callobre enfróntanse os dous clubs veciños do Foxo e o de Callobre (daquela chamado Airiños de Callobre) e ambos saltan ao campo no medio e a incertidume dun público expectante. De pouco importou o resultado (O Foxo venceu por 2 a 1), a base do futuro Callobre C.F. quedaba asentada, o que hoxe adoitan chamar "a primeira pedra" hai que situala naquel día: o 20 de xullo do 1941.
Actualmente ten unha escola de 11 equipos que aglutinan uns 200 rapaces practicando fútbol base. Recibiron o premio de Fillos e amigos da Estrada e o S. Martiño.
Isto refliteo Carlos Loureiro "Dos Alicerces a 2003" (Ed. Fervenza), ou en "Callobre CF a canteira dá resultados" e "Ascenso histórico do Callobre CF" (Tab. Terra II e XII).
Outra boa mostra do potencial turístico-deportivo desta parroquia é a coñecida como praia fluvial de Liñares, pertencente á Asociación Río Ulla. Esta asociación, a máis grande da Estrada no que abrangue á súa masa social, constitúese como un gran grupo de defensa da natureza, pois ocúpase de cuestións relativas á caza, pesca e recreo na Praia, onde ten a súa sede. As súas múltiples actividades fan desta sociedade un motor de dinamización social e de posbilidade de alternativas para xentes da Estrada e de fóra dela.
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Ramón Isaac López: nacido na década dos 30 en Santiago, este médico moi apreciado na parroquia, que veraneaba en Riobó coñeceu a dona MElvira Álvarez Porto, casou en Liñares e ao rematar a carreira puxo consulta na primeira planta da carnicería de Coto para poñer casa máis arriba. Exerceu a medicina na parroquia durante case 20 anos; tamén tiña consulta tres tardes á semana no lugar de Sequeros, na panadería de Alfredo.
Carlos Loureiro Rodríguez: é mestre de varias xeracións de estradenses no I.E.S. "Manuel García Barros" da Estrada na especialidade de Lingua e Literatura galegas dende 1983. No ano 1990 foi encargado (xunto co profesor Xesús Outeiro Pensado) da edición da obra de García Barros "Aventuras deAlberte Quiñoi" (Edit. Vía Láctea); en 1999 foi o responsable da primeira edición das obras ata ese momento inéditas de García Barros:"Enredos"(2000) e "Dos meus recordos" (2001) pola editorial Galaxia. A fins do ano 2002 encargouse da edición da obra de teatro de García Barros "Carta da Habana". Autor de "Callobre C.F dos alicerces" 2002 e do "Diccionario dos autores estradenses".
Ademais, foi secretario do Callobre C.F. na súa fundación e en etapas alternas durante 17 tempadas.
Na SANIDADE dependen dos médicos da Estrada e do seu ambulatorio da Seguridade Social.
Trátase dunha parroquia dun nivel de vida importante que ademais teñen servizos domésticos, auga, luz, etc... así como iluminación pública.
PERSOEIROS ILUSTRES: sobre todos eles está Manuel García Barros, naceu en Berres e morreu nesta parroquia, no lugar de Pousada, como xa se dixo.
TOPONIMIA MENOR: por suposto son importantes o castro de Friamonde e o da Aldea Grande, a Fervenza e o picho da Fervenza, o Outeiro, a Coruxa, a casa de Valiñas, o Moucho, a Cerrada da Cruz, Morangueiro, a peneda Redonda e outras...
PLANTÍOS REAIS: a parroquia de Callobre tiña plantación real segundo o Catastro del Marqués de la Ensenada; "Dehesa de Vivero real se halla en el monte Viso, cavida 60 ferrados, segunda y tercera calidad por mitad. Levante camino que sale de dicho lugar al de la Cruxa.
El bibero (con B) Real se halla en la vega de Friamonde, cavida 2 ferrados y 5 cuartillos, primera calidad, cerrada sobre sí".
TELEFONÍA: por cable.
RURALCENTRO: situado no antigo teleclub, hoxe local social, no lugar de Riba, este centro, de acceso gratuíto a Intemet de banda ancha, foi instalado por "aestradadixital".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Á dereita do río Liñares, nunha bonita paraxe, está a parroquia de Callobre, que consta de 135 cabezas de familia e 615 habitantes. Dista da Estrada uns seis quilómetros.
A antigüidade da freguesía non podemos determinala, pois os datos do arquivo parroquial, principal fonte de que dispoñemos, só se retrotraen ao ano 1686, É o chamado «Libro de bautizados, casados e defuntos», aberto polo párroco D. Antonio Blanco Portomarín coa partida de bautismo dun fillo de Domingo do Couto e Elena Montoiro. Outro dato dinos que esta parroquia xa existía en 1679, ano en que o escribán Núñez Monteagudo no lugar da Ponte de Santa Mariña de Ribeira, deu fe dunha escritura por medio da cal Anselmo da Hermida e Alberta Amiga, a súa muller, de San Miguel de Moreira, venden a herdade do Nabal, extramuros do lugar de Pousada, freguesía de San Martiño de Callobre, a Gregorio Touriño, da mesma freguesía. Con outros documentos deste último ano citado, demóstrase non só a existencia de Callobre con anterioridade á data do libro parroquial máis antigo, senón tamén que xa se chamaban como hoxe se chaman algúns lugares daquela localidade; que había entón escribán alí e se pagaban foros.
Consta a parroquia que nos ocupa dos lugares de: Os Loureiros, Figueira, Pousada, Friamonde, Coruxa, Nogueira, O Vilar, Casiña, A Aldea Grande, O Outeiro, A Riba, Cimadevila e Vilafruxil.
A orixe, significado ou etimoloxía da palabra Callobre, segundo opinións autorizadas é «vila». O Sr. Murguía dinos que «a terminación -obre é do celta e consérvase pura en bastantes nomes de Galiza, como Callobre». Non falta quen sostén que Callobre significa “rúa”, e pode suceder que sexa así.
A denominación dos lugares de Nogueira, Figueira e Loureiros ten orixe arbórea; os do Vilar, Cimadevila e Vilafruxil poden chamarse, con algo de liberdade, “viláns” e ademais, en canto ao último, cabe supoñer que nalgún tempo se tería chamadoVilafrugal, de vila e froita. O da Riba debe o seu nome a estar en situación alta; o da Aldea Grande á súa magnitude; o de Coruxa, á ave deste nome; o de Pousada, a que alí adoitaban parar os camiñantes antes de existir a estrada; Friamonde significa “punto frío”, ou talvez “frío do mundo"; Outeiro, altura.
Lindeiros: norte, Ancorados San Pedro; sur, Cereixo e Rubín; leste, Rubín; oeste, Lagartóns e Moreira. Hai en partes río interposto.
Cruza esta parroquia a estrada do Estado de Chapa a Carril, dándolle a importancia que é de supoñer; as demais comunicacións consisten en camiños ordinarios do país, con algunhas pontes e pontóns, como son os de Liñares e Viso, entre Lagartóns e Callobre; e o de Friamonde. A ponte do Viso comezou a construirse en 1861.
O río Liñares separa esta parroquia, en parte, das de Lagartóns e Cereixo; deste río derívase a importante presa de Valiñas, cuxas augas fertilizan moitos terreos. Tamén se deriva a auga que serve de forza motora á fábrica de serrar e cepillar madeiras que, inmediata á ponte Liñares, ten D. José Porto Louzao. Polo territorio de Callobre corre o regato da Fervenza, do que D. Manuel Torres Agrelo aproveita un salto para a súa fábrica de serrar e tornear. Este regato ten a súa orixe na parroquia de Curantes e desemboca no río Liñares por termos do Mollarrabo. Nun punto inmediato ao castro de Callobre hai un salto natural ou fervenza moi curiosa formada polo mesmo regato.
Non está descoidada a parroquia que describimos en canto a instrución primaria, pois hai escolas nacionais de nenos e nenas. Tamén cartería, estanco de tabacos e algúns establecementos comerciais.
En termos de Callobre, nas inmediacións da ponte do Viso, encóntrase o nacemento das augas medicinais de que se trata noutro lugar desta obra.
Edificios importantes e casas señoriais: a igrexa, de moderna construción, (mediados do pasado século), limpa e alegre, situada en punto pintoresco e terminada por unha espadana con dúas campás. O adro é espazoso e no seu recinto está o cemiterio construído recentemente a expensas dos emigrados callobreses de Cuba e Arxentina e dos veciños da parroquia; destaca alí o panteón (que, aínda que non é artístico, si é vistoso), propiedade da herdeira de D. Manuel Martínez. A cruz parroquial é de prata e ouro, moi artística, dominando nela o estilo gótico. Na faixa do friso lese: «Esta cruz se hizo siendo Rector de S. Mn. de Callobre D. Ignacio Manuel de Gayoso -1726». A casa reitoral é de construción sólida e ten amplos salóns con fiestras desde as que se contempla un panorama espléndido formado polas ribeiras do Liñares e limitado en parte polo Arnado e os montes de Arca e Xesteiras.
Fronte á estrada e preto da igrexa está instalada a casa escola, edificio feito hai poucos anos con fondos do vecindario mediante a iniciativa e dirección da Sociedade de agricultores que alí funciona e ten establecido o seguro «de gando».
Merece mención a casa dos Cervelas, chamada también de Baliñas, unha das de más antigo avoengo da comarca: a súa orixe pérdese nos tempos da Reconquista, pois os seus primitivos fundadores distinguíronse loitando contra o poder mahometano que despois do Guadalete invadira a Península Ibérica. Algúns historiadores aseguran que a Casa de Cervela é filiación da grande, antiga e ilustre Casa de Cervera, que en Aragón e Cataluña foi sempre condecorada cos cargos e dignidades principais daqueles reinos; outros queren derivala da de Cervia, unha das nove primitivas nobres de Cataluña; outros, da de Cervadelos, en Portugal. Sexa como for, hai que convir en que a Casa de Cervela é das más antigas e ilustres de por aquí, a pesar do tempo e do desleixo dos seus posesores, que ocultaron a súa orixe e méritos. O brasón desta casa consiste nun escudo de armas en campo de ouro; unha árbore verde e, ao pé do seu tronco, unha cerva dando de mamar á cría; morrión ou celada con plumas, de perfil, mirando á dereita. Correspondeu a D. Juan Cervela, nado na freguesía de San Miguel de Albarellos, en Pazos de Arenteiro, a mediados do século XVI. Un dos seus sucesores, D. José Vázquez Cervela, foise para Madrid en 1786, entrou na Casa Real para a furrilería e chegou a desempeñar o cargo de Aposentador Maior da S. M. Fernando VII, quen o condecorou coas cruces de “Honor y Fidelidad” e a de Madrid. Obtivo tamén a distinción «Flor de Lis de Francia» e o título de “Caballero Noble Hijo Dalgo”, segundo resulta da executoria da Real Cancillería de Valladolid, conseguida en xuízo contraditorio coa Xustiza, Concello da Corte e Fiscal Real, o 27 de decembro de 1826. Actualmente a casa de Cervela está representada pola Sra. D.ª Visitación Lira, viúva do que foi notábel avogado, D. Julián Cervela. O edificio, de pouca aparencia polo exterior, está situado nun lugar delicioso, en termos de Vilar, nas inmediacións do río Liñares, xunto á ponte que comunica esta parroquia coa de Lagartóns. Hai, unida á Casa, unha capela advocación de San Bieito, hoxe pechada ao culto. Ao carón, loce unha sobreira corpulenta e milenaria, que causa admiración. D. Ramón Cervela cantouna en fermosísimas estrofas no ano 1851, con dedicatoria para a poetisa ullá D.ª Avelina Valladares.
Da composición poética entresacamos:
“Yo te envío mi saludo
arpa de las tempestades
que exhalas mis ansiedades
en tu ronco diapasón.
Gigante de los mil brazos
recuerdo de los titanes
que cantas los huracanes
con solemne entonación.
Salve, ¡oh, árbol!, que tus años
tal vez por tus hojas cuentas
[…]”
Dise que o delincuente que se acollía á casa señorial de Valiñas quedaba exento de pena.
No eclesiástico: Callobre ten por patrón a San Martiño; o curato é de entrada, presentación de D. Melchor de Sangro, e foi mixto do extinguido mosteiro cirterciense de Monfero e do Condado de Alminia. O persoal consiste nun párroco. Celébranse anualmente estas festas: a de San Martiño, o 11 de novembro; a de Santa Margarida, o 20 de xullo; e algunha outra menos importante.
Outras particularidades: o Concello da Estrada, en sesión de 6 de febreiro de 1840, acordou, por falta de local apropiado na vila, utilizar a casa do cárcere que tiña en Callobre a antiga xurisdición de Tabeirós.
Á beira da Aldea Grande érguese un castro antigo cunha planicie na parte superior. Outro castro algo menor existe en Friamonde.
Desta parroquia procedía a familia dos Paseiro, que ocuparon os cargos públicos do distrito na primeira metade do pasado século; un dos seus descendentes, D. Domingo Paseiro, aínda existe; outro, chamado D. Julián, foi médico notábel e director do lazareto de San Simón.
As hordas napoleónicas invadiron a parroquia de Callobre e, como o veciño Francisco Diéguez observou que roubaban canto podían, meteu nun saco o diñeiro e mais outros efectos que tiña, cargou con el ao lombo, colleu un pau na man e fixo correr os franceses ata a Rocha…, aínda que eles ían detrás!
O dito corrente de que: «xente de Callobre nin rica nin pobre», dá idea do estado económico do vecindario desta parroquia en relación co das do resto do Concello.
NOTA: con gusto facemos constar que nos auxiliou eficazmente na reunión dos datos anteriores D. Manuel García Barros, distinguido mestre de Instrución primaria. Súa é también esta:
OUTRA NOTA: nunha ocasión traballaba un home a xornal con outros varios e, á hora da comida, ao darlle o caldo, dixéronlle: “pan telo” (que xa tiña pan). E desde aquel momento ao aludido chamóuselle Pantelo; a este vocábulo o uso engadiu un n, transformándoo en Pantenlo; e absorbeu de tal xeito o apelido que hoxe ninguén coñece a familia nas súas varias ramificacións máis que por ese nome, que consideran xa como propio.
Hai na localidade establecementos comerciais e unha cartería a cargo de D. Salvador Souto.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923