Estradenses no maquis francés
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Profundando nas relacións entre emigración e exilio podemos falar de moitos estradenses en traballos temporeiros pola península adiante e que se incorporaron desa maneira ás filas republicanas ou aqueles que as engrosaron saltando desde o outro bando. Este último caso é menos doado e común porque supoñía poñer en perigo á familia que quedaba aquí; un exemplo disto encárnao José Mosquera Obel, que se incorporou na súa quinta no exército fascista, Batallón “Flandes” nº 5 que actuaba na fronte de Álava. Alí enganou o capitán e puido pasar ao exército republicano. Logo da contenda, foi condeado a morte en agosto do ano 1939; a súa pena seríalle conmutada por reclusión perpetua..
Tendo en conta que un dos destinos máis importantes da emigración estradense no Estado era Cádiz, cando esta provincia cae, xa desde o principio, en mans facciosas a masa estradense emigrada non ten moita ocasión de se alistar nas filas leais. Déronse tamén casos como o de José Mª Baliño Sánchez, de Cereixo, que tamén pasara pola emigración gaditana, pero que na altura do estalido militar e por mor do seu oficio, practicante, e da súa condición laboral, embarcado, se encontraba no porto de Barcelona; o día 15 de setembro do 36 sae para a fronte de Tardienta (Huesca) e, segundo rexistra nun caderno a xeito de memorias que el redactara nunha das súas estadías na sombra carceraria, faino “porque amaba a república e porque quixo cumprir como cidadán republicano”. Participa en varios combates mais pola súa condición de sanitario as súas armas “serán a xiringa e o algodón”.
Nada sabe sobre a súa familia nin da situación da súa muller que estaba a piques de ter a súa segunda filla cando marchou; grazas a amigos na Arxentina logra comunicarse con eles e saberse pai por segunda vez.
Fai a guerra en distintas agrupacións hospitalarias até que o 7 de febreiro do 1939 pasa, como un vencido máis, a fronteira francesa. Comeza unha nova etapa: a do exilio e o inferno dos campos de refuxiados franceses. Primeiro en Argelés Sur Mer, unha praia de 40 quilómetros no que se amoreaban cen mil persoas á intempérie; un panorama desolador que ofrece imaxes horrendas como a de utilizar como alimento os propios cabalos que se utilizaban para o carrexo; nalgúns casos, mesmo antes de caeren mortos as propias masas se lanzaban sobre os animais para cortar bistés en vivo, que algúns comían crús por non ter con que cociñalos.
Logo iría ao campo de Barcarés no que melloraría a súa situación e chegaría a traballar de practicante, mais ao declararse a 2ª Guerra Mundial comeza encherse o campo con refuxiados poloneses e checoeslovacos, un novo continxente de refuxiados que acabaría por desprazalos. Serían trasladados a Saint Cipryen e máis tarde, novamente, a Argelés Sur Mer.
No nadal do 1939 sae cunha compañía de traballadores cara Normandía, disposto a traballar na construción dunha vía de ferrocarril para dar servizo a unha fábrica de avións de inminente levantamento. Alí enferma, de úlcera; unha doenza que condicionaría a súa vida posterior. Mais até que se asinou o armisticio participou nunha retirada de 12 días de máis de 600 quilómetros nos que é testemuña dos efectos dos bombardeos sobre a poboación civil (algo que xa ensaiaran os alemáns en Guernica, cando a guerra do 36) e ten que botar mans de distintos traballos: barbeiro, facendo zapatos, agricultor e así durante un tempo até que en agosto de 1944 se incorpora á resistencia (Forces Françaises de l'Intérieur [FFI]) participando na Brigada C. Mentres non se crea en Toulousse a Agrupación de Guerrilleros Españoles, que aínda que operaban como tropas francesas con todos os dereitos e deberes, era claro que non limitarían a súa loita contra o fascismo ao país galo.
Nun contexto onde o nazismo e os seus aliados eran derrotados en todos os países de Europa polas tropas aliadas, estes guerrilleiros, tendo en conta que o Estado Español estaba sometido a unha tiranía implantada por Hitler e Mussolini como as dos outros Estados que estaban a ser derrocadas, deciden estender a loita de liberación ao territorio franquista e o 19 de outubro de 1944 máis de 3.000 homes, entre eles José María, cruzan a fronteira e chegan até o Val de Arán co obxectivo de estabelecer unha base operativa que, axudada polas duras condicións do inverno aranés, durase o tempo suficiente como para implicar as grandes potencias no seu favor. A chamada operación “Reconquista” estaba máis baseada no idealismo que en condicións obxectivas e reais. Finalmente o día 27 dese mesmo mes acordan retirarse; polo camiño quedan 129 guerrilleiros mortos, 214 feridos e 218 prisioneiros aos cales, na súa maior parte, se lles aplica a pena de morte.
José Mª, pola súa úlcera cae enfermo e decide entregarse á Garda Civil no posto de Castejón de Valdejasa (Zaragoza); os axentes ameázano de forma tallante, se ocorrese algo polos arredores antes de 24 horas, sería fusilado; afortunadamente non ocorre nada. O 13 de novembro do 44 ingresa na prisión provincial de Zaragoza e tralo Consello de Guerra celebrado o19 de maio é condeado a 12 anos de prisión. Percorrería diversos penais (Zaragoza, San Miguel de los Reyes, Modelo, Cáceres, Yeserías, Talavera...) até que no 1949 sae do cárcere e a súa viaxe fai final en terras estradenses, chega a Cereixo, vestido cun mono azul, a súa roupa na cadea, e unha pequena maleta de madeira, vestimenta e equipaxes mínimas pero que resultan ser gran riqueza para quen perdeu unha guerra mais non a propia vida.
As súas fillas apenas o coñecen, a menor naceu no 36 e ten agora 13 anos. Ese é un prezo moi alto por defender a democracia, a mesma democracia que se resiste, aínda hoxe, a saldar débedas, a falar de xustiza.