Arnois*
Clara Iglesias Cortizo
- ARNOIS: este topónimo, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego procede da raíz preindoeuropea arn-, “concavidade, valgada”, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión.
- OS BIEITES: trátase dun topónimo de designación familiar, é dicir, fai referencia a unha familia apelidada así. Do nome latino BENEDICTUM provén o antropónimo galego Bieito e, a partir del, fórmase o patronímico engadindo o sufixo –ez ou –es, dependendo da existencia ou non de seseo. Na estandarización da toponimia coidouse o mantemento dos resultados propios de cada zona dialectal. A parroquia estradense de Arnois pertence á zona de seseo. Quizais os falantes non teñan plena consciencia deste feito, posto que se trata do chamado seseo implosivo, é dicir, que afecta só á posición final de sílaba (des, lus, rapas…). Cómpre distinguilo do seseo explosivo ou total, normalmente máis doado de recoñecer; é aquel que aparece en calquera posición (sapato, cosiña…). Bieites correspóndese, polo tanto, coa pronuncia normal e esperábel nesta zona do fonema fricativo interdental en posición final de sílaba.
- O BRUÑIDO: é aférese (perda da vogal inicial) de abruñido. Deriva, polo tanto, do latín PRUNUM > abruño, “ameixa, froito do abruñeiro” ou tamén “árbore que dá este froito”. Engádese o sufixo locativo –ido, “lugar onde hai moitos abruños”.
- A CACHARELA: topónimo agrícola sinalizador de antigas roturacións consistentes en cachar (“preparar un terreo inculto para cultivalo”), é dicir, “cavar, romper, cortar e despois queimar unha superficie montesía para plantar nela”. É un nome equiparábel a Cacheiras, que non ten nada que ver, polo tanto, con “cabezas de porco”. Deriva do latín vulgar CAPPELARE.
- A CALZADA: do latín VIAM CALCEATAM, “camiño empedrado”.
- O CARBALLAL – A CARBALLEIRA: son dous nomes que presentan sufixos galegos de orixe latina –al e –eira, unidos a un lexema prerromano, incorporado moi cedo ao latín. Trátase da raíz prerromana karb-, “pedra”, que acabou por substituír a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos. Ambos os sufixos –al e –eira son locativos e abundanciais: o significado do topónimo é transparente “bosque poboado de carballos”.
- O CERCIDO: variante de Cercedo, derivado do latín QUERCUS; estariamos ante un abundancial en carballos cerquiños (Quercus pyrenaica, sinónimo de cerqueiro, carballo negro ou carballo mouro).
- A COSTA: do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente”.
- OS GOLMADOS: parece un nome derivado do antropónimo xermánico Golmarius.
- A GRANXA: derivado dunha suposta palabra do latín vulgar, *grania, procedente á súa vez de GRANUM, “gran”. Esta *grania designaría o conxunto do gran ou o lugar onde se garda. Este topónimo Granxa moitas veces refírese a certas institucións eclesiásticas de xerarquía inferior aos mosteiros, que servían como reservas de produtos agrarios para subministrar a estes.
- MOIMENTA: do latín vulgar MONIMENTAM, plural de MONIMENTUM, á súa vez do latín clásico MONUMENTUM “monumento”. Este topónimo fai sempre referencia á presenza de antigos monumentos sepulcrais, normalmente unha mámoa ou un dolmen.
- A QUENLLA: do latín CANICULAM, que á súa vez provén de CANALEM, “canal”. Normalmente o significado deste topónimo adoita estar relacionado con lugares polos que circula auga, seguramente muíños ou canles para o rego.
- O REGUEIRO: derivado de rego “suco natural por onde corre a auga”, co sufixo –eiro; regueiro: “curso de auga pouco abundante”. Rego é un vocábulo que pertence ao léxico común, “pequeno suco natural polo que corre a auga; escavación longa e pouco fonda nun terro para sementar ou distribuír a auga da rega”. En canto á etimoloxía da palabra, segundo Edelmiro Bascuas, é indubidábel a súa orixe prerromana, a partir da raíz ibero-vasca *recu, que quizais se mesturase co lexema céltico *rika, “suco” e que tamén puido acabar por confluír co latín vulgar RIGARE, “regar”.
- A REIGADA: posibelmente do latín RADICATAM, “liña profunda de unión entre as nádegas de certos animais” e derivado deste significado “depresión pequena no terreo”.
- RIAMONDE: de orixe xermánica VILLAM RENAMUNDI, do antropónimo Renamundus. Este elemento –mund, “protección” é xermánico. Hai dous resultados posíbeis na toponimia galega: -monde e –munde.
- RIBADULLA: trátase dun sintagma composto polo substantivo riba + preposición de + substantivo Ulla. Riba provén do latín RIPAM, “ribeira ou costa”. O significado do topónimo é evidente: “lugar situado á beira do río Ulla”. Sobre a etimoloxía deste hidrónimo téñense dado diferentes explicacións. Aínda que se falou dunha posíbel orixe latina, a partir do diminutivo OCULIOLUM, de OCULUM, que supostamente faría referencia ao ollo dunha fonte, non parece que poidamos acreditar nesta posibilidade. É máis probábel que derive do lexema indoeuropeo wel-, “facer xirar”, en referencia ao curso sinuoso do río.
- SAN XIAO: Haxiotopónimo, do latín SANCTUM IULIANUM. O resultado –ao como evolución da terminación latina –ANUM é o característico do galego falado no que Francisco Fernández Rei denomina bloque central e oriental. No bloque occidental o resultado habitual desta terminación é –án (Xián), solución escollida para a norma estándar. A Estrada , aínda que pertence ao bloque occidental, está situada en zona de transición, polo que o resultado da evolución de –ANUM é en -ao coma no bloque central. É moi grande a relación entre toponimia e dialectoloxía. Un dos criterios que se seguiu no proceso de estandarización da nosa toponimia foi o da fidelidade á fala viva, é dicir, o respecto polas variantes dialectais, aínda que isto entre en contradición coas normas ortográficas e morfolóxicas do galego común. Así, mentres que na norma estándar é preceptiva a forma masculina en –án para os derivados da terminación latina –ANUM, na toponimia acéptanse as variantes –án ou –ao, segundo a zona.
- OS TIGUILLOIS: o topónimo parece un plural secundario de Tiguilloi ou Teiguilloi, que sería o xenitivo dun nome persoal medieval de orixe xermánica *Teodi-vilione.
- VALBOA: do latín VALLEM BONAM, “val bo”. É interesante observar como a toponimia nos pode fornecer informacións moi relevantes sobre a historia da lingua, posto que, debido á grande fixación dos nomes de lugar no territorio, poden conservar solucións fonéticas ou morfolóxicas que xa se perderon ou se transformaron na lingua común. Así, neste caso, o substantivo val conserva o seu xénero etimolóxico, feminino, como era en latín. Evidentemente, a transformación do substantivo en masculino, foi unha innovación que se introduciu nun momento posterior á fixación do topónimo.
- A VEIGA: provén do lexema prerromano ibaika, “terreo fértil á beira dun río”. En eúscaro consérvase esta palabra co significado “río”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Arnois (San Xiao)*
Manuel Reimóndez Portela
Esta freguesía sempre foi coñecida polo mesmo nome de San Xiao de Arnois.
Esta parroquia atópase na chamada zona da Ulla Baixa coas demais parroquias que a compoñen, Castro, Riobó, Berres, Oca, Moreira, Paradela, Barbude e Ribeira.
LINDES: os lindes son os seguintes: polo norte ten a San Miguel de Castro que a limita tamén polo nordeste; polo sueste con Oca e polo Sur con Berres e algo de Riobó, polo oeste linda co río Ulla, que a separa do concello de Vedra (A Coruña) e as parroquias de Ponte Ulla e Santa Cruz de Ribadulla.
Tendo en conta a orde alfabética das parroquias da Estrada e Arnois correspóndelle o número 6.
Canto ao posto que ten por razón de superficie, entre as demais do concello correspóndelle o número 42 con 31 7,75 hectáreas.
Os lugares que a compoñen hoxe son os seguintes:

COMUNICACIÓNS: Arnois vese cruzada polo norte e o leste pola estrada nacional 525 Santiago-Ourense vía Madrid e
recentemente pola autoestrada AP-53 que entra polo lugar de Riamonde e pasa polos Golmados, Valboa para entrar a Oca, comunicación de luxo para esta parroquia, cunha entrada en San Mamede de Ribadulla a 8 quilómetros e en Cervaña a igual distancia. Outra estrada tamén importante percórrea polo oeste, é a PO-21 30 desde A Estrada a Ponte Ulla, preto tamén da Ponte de Sarandón.
Polo leste da parroquia recórrea tamén a de Callobre-Ponte Ledesma, da Deputación.
Estas tres estradas comunícanse polos lugares da parroquia, con saídas tamén á ponte de Riobó, por pistas que os unen.
Algúns camiños unen os poucos montes da parroquia.
Camiño real: este camiño viña desde A Estrada, como xa temos dito por Pía e Pica-Monte Molide, á Mota de Riobó, para pasar o río polo mesmo nome pola ponte de Donas e de alí aos Besteiros tamén de Roibó, introducíndose xa en Arnois por Ribadulla, baixando desde alí ao Bruñido, e seguindo pola banda de baixo da igrexa para chegar á Tenencia da Veiga, pasando por debaixo do arco desta casa e seguindo pola costa do Carneiro á ponte da Ulla xa alí moi preto. Atópase asfaltado no tramo da estrada provincial ata o Cercido.
HIDROGRAFÍA: o río Ulla "o río grande", faille de linde á parroquia polo oeste.
O río Bo, antes chamado río de Barreira, que empeza chamándose Riomao que os veciños rematan denominado do regueiro da Serra (atopábase na marxe dereita, preto xa do Ulla, onde hoxe está o muíño tamén chamado da serra (da familia Frei), actualmente restaurado. Este río é afluente do Ulla. O regueiro de Bertousos, tamén dito de Lagos, nace na Rega, parroquia de Castro, baixa pola Cova da mesma e por Lagos, do que toma nome, entra en Arnois xa preto do Ulla, onde desauga no lugar do Regueiro, cruza a estrada nacional 525, nos Bieitos pola ponte do Unxido, aportándose antes unha presa pola dereita que vai aos muíños de Calzada, e segue ao regueiro polo dito lugar do Regueiro pasando a estrada pola Tenencia de Veiga e desaugar no río grande, o Ulla (A Estrada para entrar en terreos de pendente).
O regato de Riamonde nace na fonte da Revolta en Moimenta, cruza a estrada nacional 525 pola ponte dos Golmados, segue polos hórreos para chegar ao lugar de Riamonde, que lle dá nome, e alí cruzar a estrada cara a Ponte Ulla e desaugar no mesmo río; foi desviado pola autoestrada AP-53 nos Hórreos modificando o leito ata Riamonde, onde reaparece o trazado orixinal.
Regato de Liñarlongo: nace nos campos da Cruz no lugar do Carballal, pasa por onda o pozo tamén chamado da Cruz e pola fonte Sagrada no lugar de Bruñido e desauga no río en Liñarlongo.
VISTA DE CASAS NOVAS
OROGRAFÍA: desde as ribeiras do Ulla o terreo da parroquia sobe decote para chegar a alturas duns 250 metros, cando o río nos lindes desta so ten uns 50 metros de altitude.
CASA DE MOIMENTA: atópase como di o nome no lugar de Moimenta desta parroquia, na súa parte norte a pouco máis de 100 metros da estrada Callobre-Ponte Ledesma máis ou menos fronte ao quilómetro 14, á man esquerda. Está moi preto das casas, os labradíos polo leste chegan mesmo a el, e en si é o monte alto propiedade dos veciños deste lugar.
Actualmente atópase en proceso de restauración por cambio de propietarios.
Ollase unha fermosa paisaxe desde el cara ao sur e oeste, para o leste apréciase parte da parroquia de San Miguel de Castro e os montes alí preto cara o Salgueiro en tenas de Loimil.
Trátase dun monte pouco alto polo sur e leste e polos outros aires tampouco ten moita pendente.
Mide algo máis de cen metros de norte a sur e de leste a oeste ten menos.
Segundo Pedro Varela "en término de la parroquia asienta el Coto dos Castros, fortaleza antigua donde houbo unha casa famosa conocida por Vila de Moimenta, José Couto Remesar hizo excavaciones en el Coto encontrando ollín, molinos de mano, cimentación de muros, cacerolas de cerámica antigua y unas pulseras de oro". Dise que tales pulseiras se atopan no Museo de Pontevedra.
PAISAXE: a paisaxe é moi fermosa, o val preto do Ulla, as camposas, os seus verdes infindos e canto se pode ollar desde o leste da parroquia con Santa Cruz de Ribadulla, o Pico Sacro, facho sinalando o camiño a Compostela, fan certo o nome que algún escritor galego sobranceiro lle deu a esta térra da Ulla... "O xardín de Compostela".
CRUCEIROS: aínda que houbo máis cruces e cruceiros na parroquia, hoxe so está en pé o cruceiro do lugar de Ribadulla, fronte á capela da Nosa Señora de Granada e a antiga casa señorial dos Silva.
PONTES: a máis importante é a ponte Ulla que comunica a provincia de Pontevedra coa da Coruña.
Desta ponte fálase tamén na parroquia de Castro.
A ponte de Xestoso sobre o río de Riobó no seu remate deslinda esta parroquia coa de Arnois, na estrada de Ponte Ulla á vila.
A ponte do Regueiro sobre do regueiro de Bertousos na nacional 525.
A ponte de Unxido sobre da mesma estrada.
E algunhas pontellas.
Tamén foi construído un gran viaduto para pasar a AP-S3 no trazado xa mencionado.
FONTES: a fonte de Santa Paderna ou Paterna no Bruñido, coa súa lenda. A fonte Sagrada (que nunca secou) no mesmo lugar. A fonte da Veiga, a dos Bieitos e a da Quenlla nestes lugares. A fonte de Filomena no Bruñido, a do Regó, a da Granxa e a de Moimenta tamén nestes lugares, a fonte Revolta no lugar da Quenlla.
Del son os seguintes datos:
Situación: parroquia de Arnois, lugar de Ribadulla, nun cruce de camiños fronte á capela da Nosa Señora de Granada.
Descrición: plataforma con tres chanzos. Pedestal: cúbico cunha serpe (pecado orixinal) que percorre o anverso e a cara esquerda.
Columna: comeza cadrada con símbolos da Paixón: anverso, tenaces e martelo; reverso, columna e galo; cara dereita, escada e lanza; cara esquerda, man e tralla. Segue redonda, espiñenta e remata cadrada. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida con catro querubíns e volutas. Cruz: latina con brazos redondos espiñentos. Anverso: Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita. Reverso: Inmaculada con querubín aos pés. Altura: uns catro metros.
Inscricións: no pedestal: "año 1805 deboción de María Silva lema. Capitán D. Ramón su hijo caminante recuerda a Ntro. Señor. Na parte anterior do chanzo superior de plataforma: acuérdate de la Santma".
Conservación: mala. Actualmente en bo estado.
Tradición: despréndese de inscricións do seu pedestal.
Propiedade: herdeiros da familia Losada- Silva.
HÓRREOS: os máis antigos son os da Casa da Silva en Ribadulla e o da casa dos hórreos en Ribadulla.
LENDAS: vén por tradición que na chamada fonte de Santa Paderna apareceu a santa, de ai o seu nome.
A Santa Compaña: no monte da Zanca entre o Bruñido e Riamonde por onde pasaba o camiño real cara á ponte da Ulla os veciños tiñan medo xa que sentían en ocasións soar de campaíñas que coidaban eran da Santa Compaña.
Tamén nese monte en ocasións sentían asubiar as serpes.
Nas corredoiras de cacharela a xente tiña medo a pasar de noite, xa que alí lle saían os ladróns.
Desta freguesía di Jerónimo del Hoyo en 1607.
"S: Giao a Julián de Arnois.
Tiene esta feligresía treinta feligreses. Los fructos se hacen cuatro partes, tres lleva el rector que valdrán veinticuatro (fol. 443 v.) cargas de pan y la otra de Cabildo de Santiago cuya es la presentación, la fábrica tiene renta tres reales de dinero y las limosnas que ofrecen a Santa Paderna.
Dicen fué esta iglesia monasterio de monjas y que una de ellas fue esta Santa Virgen Paderna, cuyo cuerpo estaba en un sepulcro de piedra arrimado a la dicha iglesia, por de fuera, al lado del evangelio y después por su devoción se vino a hacer en aquella parte."
Catastro de Ensenada:
Os tan importantes datos deste catastro poden verse no capítulo dedicado a el, onde fala do couto de la Vega que contén a esta parroquia e mais a parte da de San Miguel de Castro.
Pascual Madoz: nos anos 1846-50 dinos no seu gran dicionario:
"Arnois (S. Julián de), felgresía en la provincia de Pontevedra (siete leguas) diócesis de Santiago (3) partido judiccial de Tabeirós (2) y Ayuntamiento de La Estrada (2), situada parte en llano y parte en una ladera a la izquierda del río Ulla, su clima templado y sano, 116 casas de mala construcción y pocas comodidades, forman esta feligresía con los lugares de Balboa, Bruñido, Carballeira, Golmados, Granja, Moimenta, Ribadulla, San Giao, Tiguillois y Veiga, hay una escuela indotada a la cual concurren 14 niños. La iglesia parroquial (San Julián) está servida por un cura de presentación ordinaria, previo concurso; unida una capilla con la advocación de Santa Paderna natural de la feligresía y cuyas cenizas se custodian en un arca de cantería. El término confina por N.E. con San Miguel de Castro por S.E con San Esteban de Oca, por S. con San Martín de Riobó y San Vicente de Berres y por O con el río Ulla que nace en la Ulloa, partido de Taboada en la provincia de Lugo, corre de Norte a Sur- Oeste pasa por Padrón y lleva sus aguas al océano. Le cruzan cuatro fuentes que son San Justo, Ledesma, Ulloa y Bea, el de Ulla concluido en 1835 es de Sillería y perfectamente construido además de las muchas fuentes que hay de buen agua le baña el riachuelo de la Barreira que procede de La Rocha y desagua en el río Ulla junto al puente de este nombre y donde hay un paseo con arbolado. El terreno es escabroso y su cabida ascenderá a 1.240 fanegas de tierra de las que se cultivan 860 resultados de primera calidad 200 de segunda 400 y de tercera 260 fanegas en el inculto se encuentran buenos pastos y árboles que sirven para combustibles. Caminos:
el principal es el de puente Ulla y los demás son transversales y malos. El correo se recibe por Santiago los Domingos, Martes y viernes. Producción: vino, trigo, centeno,maiz, habas, nabos, patatas, castañas, verduras, hortalizas, lino de primera calidad y frutas, cría ganado vacuno y de cerda, se cazan conejos y perdices y pescan truchas, anguilas y peces. Industria de agrícola, varios molinos harieneros, dos sierras de agua para madera y la fabricación del lino en las respectivas casas de los cosecheros que lo venden en telas.
Población 116 vecinos, 500 almas."
Nomenclátor Arz, de Santiago (1883)
"Arnois (San Julián). Rivadulla- Pontevedra- Estrada- Estrada- ECCO. RL y del Cabildo- Entrada, 120 vecinos, 600 almas- Ulla.
Personal: Méndez Osorio D. Andrés, párroco, Dr. Teología 43 años.
Fernández Caldelas D. José Presb. Cap. 66 a, Moral.
No censo do ano 1924 tiña 699 habitantes."
Álvarez Limeses (Gerardo) recolle no ano 1936 o seguinte:
"Arnois (San Julián). Dista 58 kilómetros de Pontevedra y 18 de La Estrada y limita al N. con castro, al S. con Berres, al E. con Oca y al O con el río Ulla.
Entidades: Balboa con 64 habitantes, Bruñido 61, Cacharela 14, Carballeira 64, Costa 23, Golmados 49, Granja 14, Moimenta 78, Regueiro 5, Riamonde 45, Rivadulla 73, Sanjiao 26, Tiguillois 71, Veiga 72 y diseminados 40 que hacen un total de 690 habitantes para los que hay dos escuelas unitarias.
Esta parroquia está situada a la izquierda del Ulla en el fondo del valle de este río y la baña también el llamado de la Barreira.
El 31 de Marzo de 1214 el arzobispo de Santiago D. Pedro Muñiz donó a la mes a capitular la mitad de los bienes de la iglesia de San Julián de Arnois.
La cruzan las carreteras de Orense a Santiago y Lalín a Pontevedra y la de nueva construcción de La Estrada a Puente Ulla portas, frutas y vino.
La iglesia es del s. XV y existen además las capillas de las Nieves y Santa Paderna cuyas fiestas se celebran respectivamente el 5 de agosto y el domingo siguiente al 24 de octubre."
IGREXA PARROQUIAL: parece que a construíron no sáculo XII a xulgar por datos do arquivo da parroquia; é unha fermosa igrexa ben arranxada por dentro con dúas capelas aos lados, unha délas pertence a Santa Paderna, santa que foi unha muller moi principal, natural de Arnois onde tiña térras e repousa aquí nun sartego ou arca de cantería dentro da igrexa, cóidase que o cadaleito é do sáculo IX ou X. Aínda hoxe lle chaman a fonte de Santa Paderna, fronte á Chacharela, xunto á estrada a Ponte Ulla, porque seica que se apareceu alí.
Esta igrexa está situada nun verdadeiro mirador do Ulla, alí aos seus pés.
Algúns din que foi feita no ano 1214, Álvarez de Limeses di que é do século XV.
Polos anos 1598 a 1654 Sebastián Felipe segundo prateiro compostelán en cruces procesionais, traballou nunha cruz para a igrexa de S. Xiao de Arnois.
Outros datos da mesma igrexa dinos que ten unha portada con arco de medio punto e sobre déla un olio de bo¡ e espadaña central de dobre van no remate. Muros laterais lisos. No interior planta de cruz latina. Capela e nave nun único tramo. Dúas capelas laterais, unha a cada lado da ábsida con arcos de impronta de medio punto sobre pilastras cubertas de madeira. Pilastras cuberías de madeira. A sancristía atópase acamada á cabeceira. Foi restaurada en 1996 e pintáronse o retablo e as paredes.
Capela das Neves, no lugar dos hórreos; ten planta rectangular. Portada alintelada recercada de moldura plana., con olio de boi e espadaña central de dobre van. Muros laterais con ventá rectangular.
Foi restaurada recentemente. En bo estado de conservación, propiedade da casa dos "Hórreos".
Santa Paderna
Por tradición dise que Santa Paderna ou Santa Paterna como se lle chamou, aínda hai quen lio chama, foi unha señora moi rica que seica naceu en Arnois, tiña plantados moitos bacelos e recollía moito viño, que viña moi a miúdo pola aldea e por suposto que foi santa. Dise tamén que morreu na fonte que leva o seu nome, a fonte de Santa Paderna, que linda coa estrada que vai á Ulla a uns douscentos metros da igrexa.
E tamén que foi soterrada onde levantaron a igrexa e ficou alí nun cadaleito de pedra na capela da Paderna dentro da igrexa.
A terra de Santa Paderna: aínda hoxe (e moito máis en tempos pasados) a xente da comarca e a de lonxe ía buscar térra da Santa Paderna, que recollían á beira do seu cadaleito, para levarlla e poñerlla no leito a aquela persoa que padecía unha enfermidade que non morría nin sanaba... entón ao poñerlle a térra da santa ou morría (se era de morrer) ou quedaba sa.
Santa Paderna foi nai do bispo Iriense Sisnando e muller do conde Hermenegildo que fundaron (952) o mosteiro de Santa María de Sobrado.
Inscricións das campás:
Igrexa: campá grande: JHS LAUDETUR. DOMINUS 1807.
Campá pequena: MARÍA Y JOSE AÑO DE 1875 j.H.S USTE ME HIZO EN ORAZO.
Campás da capela de Ribadulla. (nosa Sra. de Granada)
Campá grande: DOMINUS E...N... D... HTUR. AÑO 1800 (Foi reparada con soldaduras que borraron en parte a inscrición).
Pequena: M... José, años 1872 J.L en Orazo.
Capelas das Neves: son iguais de tamaño. Unha, J.H.S María y José, año de 1954, fabricada por O Campo en Arcos de la Condesa. Outra (D. Ramón Tato Collazo) JHS María y José, año 1956, fabricada por Ocampo en Arcos de la Condesa.
CASAS NOBRES na parroquia:
Tenencia da Veiga: (No lugar da Veiga)
A Tenencia da Veiga: segundo Pedro Varela que... "data de muy antigo, puesto que ya en 1546 la habitaba, representando al Cabildo, el canónigo D. Gerónimo de Córdoba, quien con la misma representación y en el mismo año, dio en foro el lugar de Bruñido. Después la Tenencia referida fue vendida por el Estado en virtud de las leyes desamortizadoras, adquiriéndola D. Francisco Javier Barros, de Estrada y actualmente pertence a D. José Colmeiro".. Hoxe é propiedade de Manuel Souto.
Segue dicindo... "dábase el nombre de Tenencias a ciertas porciones de tierra y lugares que se sacaban a subasta entre los canónigos y beneficiados de la iglesia y se adjudicaban al mejor postor con ciertos derechos y atribuciones en lo eclesiásticos y civil, pudiendo los tenenciarios presentar curas para las parroquias, poner jueces y escribanos y cobrar ciertos tributos y servicios".
Ten unha planta irregular con baixo e piso con algúns anexos. Ventás rectangulares con trevetel a catro augas.
Nunha das ás do edificio pasa sobre dun camiño formando dous arcos lixeiramente apuntados. A planta baixa ten ventás troneiras, pombal e hórreo.
A fachada posterior ten un corredor de madeira arruinado, apeado sobre piares. Portalón de entrada con porta alintelada.
O 4 de xaneiro do ano 1806 aparece nun documento: "provincia de Santiago. Recibí de los vecinos del Coto de la Bega setecientos treinta y tres reales y 10 m. vellón, por los valores de la expresada renta... Depositario para Santiago y su provincia... D. Plácido Fernández de Pradilla..."
Hoxe está totalmente restaurada segundo o proxecto do prestixioso arquitecto Pedro de Llano, igual có pazo da Nugalla en Curantesagrazas á familia de Carlos Fernández e Xosefa Amigo Souto. Dedicada a turismo rural a súa parte posterior, con 6 habitacións, chama a atención pola súa beleza e o lugar de privilexio que ocupa. Ao seu carón, dous múiños en liña (un deles totalmente restaurado) completan un fermoso conxunto.
Casa da Silva: (no lugar de Ribadulla)
Casa de planta irregular con baixo e piso. Portalón de entrada ao patio onde se atopa unha pequeña escaleira de subida ao piso con patín.
Tellada a catro augas. Porta alintelada con mochetas e capela de planta rectangular, portada alintelada e sobre déla un escudo e espadaña central cun van con debuxo de placas.
Interior cuberto de madeira e tellado a dúas augas. Restaurouna a familia de Ignacio Diéguez.
A Casa da Silva ou "Casa e Torre de Ribadulla"
No lugar do Bruñido, foi construída no século XVI, segundo certos escritos. Ten unha capela unida ao norte da casa... Nosa Señora de Granada.
Tiña unha torre e unha importante pesqueira no río Ulla.
Persoeiro sobranceiro foi o capitán Ramón Silva (de granadeiros) que sostivo algúns preitos, entre eles un coa súa propia nai, María da Silva, aínda que os máis soados foron para acadar o título de "Fidalgo". Foron os donos desta casa os que construíron a fábrica de papel no río Bo, ou da Barreira, precisamente a fábrica chamábase "Real Fábrica de la Barreira".
Tiña esta familia moitas posesións, entre outras en Vigo e Santiago, e coñécese a tradición que di que eran tantas as posesións de térras que saían da súa casa en Ribadulla para oír misa na igrexa parroquial; sempre polas súas posesións, percorrendo máis de dous quilómetros.
Dinos Pedro Varela que na súa casa en Ribadulla tiñan (Eliseo da Silva) dúas camas que datan do século XVII, un oratorio portátil do ano 1600, un relicario de prata de 1 700...
Aínda hoxe se atopa ben conservada a Fábrica de Papel, da que falamos na parroquia de Riobó. E tamén se ven restos dos muíños e unha importante pesqueira no río Ulla, fronte a Ribadulla: son moi soados os Muíños de Mario Silva ou muíño da Máquina.
Tiñan dúas pedras e non se sabe porque lle chamaban da máquina, alí ían moer todos os veciños de Arnois e arredores chegando a el por un carreiro que existía á beira do río. Algúns outros seguían ata o chamado muíño da Serra (hoxe propiedade de Adolfo Frei) que estaban no río Bo e chamábanlle así xa que tivera un serradoiro de madeira... o muíño de D. Mario deixou moer polo primeiro terzo deste século cando Lourido, o muiñeiro que levaba alí moitos anos, morreu afogado no río diante do mesmo muíño, cando ía nunha barca que tiña alí para pasar xente á outra órela sen ter que dar a volta polas pontes da Ulla.
Moi importantes eran as pesqueiras que tiña diante do muíño, das que hoxe se ve a estrutura de pedra moi rexa, entraba a auga do río dirixida por unha presa de pedra... de súpeto a presa facíase máis ancha e tiña unha grande de madeira por onde os peixes caían a un oco máis fondo non podendo seguir por ter un sirgo que so deixaba pasar a auga; en ocasións recollíanse cestas cheas de peixe. Nas fortes enchenzas do río a auga asulagaba todo o muíño coas pesqueiras.
Casa da Vila dos Hórreos: outra casa nobre foi a chamada "Casa da Vila dos Horros" que foi traspasada o 16 de abril de 1450 ao Cabildo de Santiago por Xan Alonso de Moimenta "con todas sus herededes, cotos, leiras, viñas, casas, prados, devesas, labradíos y montesías"(Pedro Varela).
Tamén alí hai unha sobreira que ten moitísimos anos e os días de festa unha rosquillera metíase nun oco que ten o toro para vender rosquillas. Alí houbo un enxameo de nésperas e os veciños puxéronlle lume co que sufriu a sobreira, aínda que non secou. É a sobreira máis importante do concello despois da de Valiñas en Callobre.
A GUERRA DA INDEPENDENCIA: o cura de Arnois Francisco Piñeiro e Manuel Budiño ofrecéronlle ao gobernador de Santiago
5.000 homes "amestrados" e cornados de Loureiros na guerra contra Napoleón cando invadiu España e en menos de catro días tiñan xuntados uns 3000; iso nos di J.R. Barreiro Fernández en "El Carlismo Gallego", aínda que lle parece que non puido ser posible que xuntasen tantos homes en tan pouco tempo, p. 34.
Segundo outra versión: "Durante la guerra de la independencia, el cura de Arnois al mando de numerosos paisanos tomó parte en ia reconquista de Vigo y Compostela y en la batalla de Puente Sampayo y ya expulsados los franceses de Galicia continuo reclutando gente hasta poder entregar a Morillo, en Ciudad Rodrigo, más de 800 hombres perfectamente equipados".
FESTAS: a do patrón de San Xiao celébrase o día 7 de xaneiro e do Carme ao día seguinte.
A Santa Paderna o domingo seguinte ao 19 de outubro e a da Nosa Sra. das Neves o día 5 de agosto.
INDUSTRIA: ten a parroquia unha industria de serradoiro e pulido de mármore e outra de facer area moendo pedra, ás dúas na marxe dereita do Riobó, preto do seu desaugue no Ulla.
En canto aos muíños, hoxe aínda ten o muíño da Serra no Riobó (ou de Frei) en perfecto estado, restaurado por Ramiro Frei, onde vive actualmente coa súa familia. Restos dos muíños de D. Mario xa mencionado, o de Abelleiros nos Vieitos (nos Bertousos). O da Calzada nunha presa que vén do mesmo regato dito, e o do camanceiro, na Veiga, tamén no regato dos Bertousos. Tivo unha importante fábrica de serrar madeira en Balboa, hoxe pechada.
Actualmente existen catro talleres mecánicos, nos Golmados e en Balboa.
Unha industria de lavado e engraxe en Balboa, unha empresa de sondaxes no Carballal, unha ferretería que ademais distribúe material de construción, unha empresa de albanelería, unha carpintería, outra empresa de transportes, dous serradoiros de pedra, unha transformadora de áridos, outros dous talleres mecánicos e unha fábrica de mobles.
COMERCIO: a parroquia conta con dous establecementos de venda de manturios para o gando, dúas panaderías, unha polbería, dous restaurantes, tres bares- cafeterías, dous supermercados e unha casa de turismo rural.
CENTROS CULTURAIS: casa da escola no lugar do Carballal, onde desenvolve as súas actividades a Asociación de Amas de Casa de Arnois, impartindo cursos coma: bolillos, ximnasia, manualidades, etc. Hai tamén un grupo de gaitas e baile "Axóuxeres", de gran difusión na zona.
ENSINO: houbo sempre bos mestres nesta parroquia, na escola do Carballal. Hoxe so ten unha escola onda ás Neves para Preescolar e os demais alumnos van ao colexio de Oca.
Distínguese tamén a parroquia por ter celebrado moi importantes máscaras polo Entroido.
DEPORTES: son os da caza menor e o da pesca no río Ulla ou no Riobó.
En canto á SANIDADE van ao médico do seguro de enfermidade, hoxe situado no centro de saúde de Oca, ademais dos servizos do ambulatorio da Estrada.
Os veciños viven ECONOMICAMENTE bastante ben da agricultura e gandería así como dos porrais vendendo a produción en ocasións en Santiago, A Estrada ou a Bandeira.
Teñen bo servizo HIXIÉNICO-SANITARIO ñas vivendas así como luz, que tamén aluminaa as pistas dos lugares.
PERXOEIRO SOBRANCEIRO: Ofelia Rey Castelao. Natural desta parroquia, lugar de Balboa, licenciada en Xeografía e Historia e profesora desta materia na Facultade de Santiago; entre as súas publicacións atópase un documentado traballo publicado no libro "La Universidad de Santiago" con título "La Universidad en las épocas clásica e barroca" 1980. É un libro fundamental para o coñecemento desta térra da Ulla, titulada "Aproximación a la Historia Rural de la comarca de La Ulla (siglos XVII-XVIII)", Universidade de Santiago de Compostela 1981. Do seu labor no ensino e no traballo da investigación temos postas moitas esperanzas os estradenses.
Tamén recoñecidos como tales fose Manuel Maceira, avogado, e Ramiro Frei, empresario e fundador da Asociación de veciños de Amois.
PERSONAXE FOLCLÓRICO: Nebra, veciño do Carballal foi un home cheo sempre de anécdotas no seu vivir cotián.
Era xastre e aínda se contan as súas ocorrencias:
Cando lle levaban unha peza, ou un corte de pana para facer un traxe dicíalle:
- Por alí dás... por alí temas... e do medio saco un pucho.
Aínda que a de máis sona é a seguinte:
Unha tarde do Entroido chegoulle á porta un mozo da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla (río por medio) e díxolle.
-Vostede non sei se me coñece... sonlle fillo de X de Santa Cruz e mándame meu pai para pedirlle da súa parte que me preste o cabalo para levar mañá á máscara.
- Si... xa sei, coñezo a teu pai, ¿ e para quen é o cabalo?
- Élle para el, que lle vai de correo.
Nebra botou contas e respondeulle:
- Eu prestábacho se non fose que a min me gusta que o meu cabalo chame a atención e quen o monte o leve ben ergueito, que lle dea "espola", e que lle faga botar escuma pola boca...
- ¡Hai oh!... se é por ¡so non teña dúbida, meu pai sábelle espetar "espola" ata que sangue...
- Será certo, non che digo que non...entón dille que pode ir dacabalo de túa nai.
Na actualidade considérase como personaxe folclórico o Cristovo, fundador do grupo de gaitas "Os Cristovos", de grande sona na comarca.
Tamén goza de popularidade mediática a actriz Susana Iglesias, nacida no lugar da Veiga.
TOPONIMIA MENOR: nomes a subliñar son os da Tenencia de Veiga, a Cruz, a Fonte Sagrada, Fontoine, Costa do Carneiro, Cruz do Carballiño, Os Hórreos, As Neves, Unxido e outros.
PLANTÍOS REAIS: non aparecen datos de plantacións reais no Catastro de Ensenada referidos a Arnois.
Puidese ser porque Arnois con algúns lugares de Castro formaban o "COTO DE LA VEGA" que figura no Catastro así:
"COTO DE LA VEGA": lugar de Castro (en San Miguel, Cercido alias Nogueiriñas, Seixo (de S. Miguel de Castro). Lugar de Arnois alias Bruñide. Golmados. Balboa L. Vega (viña de Vacariza). Burata (hoxe de Castro tamén), Riamonde".
TELEFONÍA: por cable.
RURALCENTRO: situado no local social de Balboa, dá acceso libre e gratuíto a Internet, grazas ao proxecto “aestradadixital".
TURISMO RURAL: "Tenencia da Veiga". A Veiga, 2. Arnois. Teléfono/Fax: 986 688 130. Ten seis habitacións, dobres e individuais.
* A Estrada Rural. 1990. Ed. 2007

Pedro Varela
Alá no confín da nosa zona da Ulla está a parroquia de Arnois, que consta de 155 cabezas de familia e 682 habitantes. Dista da capital do distrito uns 13 quilómetros por termo medio.
Afirman algúns historiadores que a palabra Arnois, como Arnoia e outras semellantes, proceden do celta, e que significan “viño”; e iso ten, no caso que nos ocupa, todas as probabilidades, pois sabido é que a parroquia de Arnois está situada no corazón da Ulla, terra de moita vide. Murguía di que provén do sánscrito arna (“río”); Santiago Gómez búscalle orixe no vasco ardo ou ardao (“viño”) e di que tamén en antigo galego chamaban ao viño arnois ou arnoia.
Da antigüidade desta freguesía pode xulgarse polos seguintes datos: o arcebispo D. Pedro IV no seu testamento de marzo de 1214 fai doazón ao Cabido de Santiago de metade da freguesía de San Xiao de Arnois. A outra metade doouna D.Pedro Muñiz Tacón, e esta doazón foi confirmada máis tarde polo Papa Honorio III. En 1230, na data de 25 de xaneiro declárase que son do cabido as viñas que fixo a raíña Dona Teresa en Arnois e «as que se plantaron cos marabedís do rei de Portugal». .
Lugares: O Cercido, Veiga, Os Bieites, O Regueiro, A Costa, A Granxa, Igrexario, Cacharela, San Xiao, A Carballeira,Calvario, A Raigada, O Bruñido, Silva, Riamonde, Ribadulla, Valboa, Horros, Golmas, Moimenta e Os Tiguillois.
O lugar do Cercido, que pertencía a San Miguel de Castro, foi agregado a Arnois o 8 de maio de 1876. Cacharela quere dicir “lugar situado nun terreo de pouco fondo, que presenta capas de pedra de escasa consistencia, ou pedrolo”. Calvario,de raíz grega: “estreiteza”: A Raigada: “arraigada, firme, con raíces”. O Bruñido: pode significar esta palabra “lustroso, puído, claro”, e non deixa de axeitarse a iso o lugar de que falamos; pero tamén pode vir a denominación de “abruños”, ameixas silvestres que abundan por alí. Riamonde adquiriu o nome dun regato que pasa por aqueles termos: “río do mundo”, traducen algúns e quizais non lles falte razón. Ribadulla: “sobre ou enriba do Ulla”. Horros: “hórreos”.
Lindeiros: norte, regato do Unxido, separando a parroquia de Castro; sur, o río Bo, separando de Riobó e Berres, e unha presa que tamén separa do lugar de Basteiros en Riobó. Leste, regato da Grela, que deslinda Arnois de Oca; oeste, o río Ulla.
Vías de comunicación: pasan por Arnois a estrada estatal de Santiago a Ourense e a provincial de Callobre a Ponte Ledesma; as demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes do Ulla e Unxido. A vía da Estrada á Ponte Ulla por Paradela e Ribeira está bastante adiantada. Da Ponte Ulla propiamente dita, a metade corresponde á parroquia que describimos e a outra metade a Santa María Madanela, distrito de Vedra, partido de Santiago, que na antigüidade tivo concello, o cal usaba un curioso selo en que se lía: «María Magdalena llipontis Ulla infili grasia Sea.»(23)
Ademais do río devandito, bañan esta parroquia os regatos do Unxido, que nace en Castro, no punto coñecido como Pena da Miralda; o do Calvario, que nace en termos da Cruz do lugar do seu nome; o de Barreira, que nace na Rocha.
O 14 de xuño de 1856, en sesión da Corporación municipal, apróbase a creación da escola de primeiro ensino de Arnois. E teñen aqueles veciños unha escola nacional servida por un mestre. Tamén funciona alí unha sociedade de agricultores con seguro de gando.
A expensas da parroquia estase a construír un edificio para o ensino.
No eclesiástico: o curato é de entrada, ten un párroco; a presentación pertence ao Cabido. O Patrón é San Xiao. A igrexa é boa e, a xulgar polos seus caracteres e polo que resulta do arquivo, parece que foi construída no século XIII; hai dentro do templo dúas fermosas capelas, con altares tamén fermosos nos que predominan as ordes oxival e bizantina. Unha das capelas está dedicada a Santa Paderna, nobre dama natural desta freguesía, cuxas cinzas se conservan nunha arca ou sepulcro de cantaría, do século IX ou X. Esta capela foi restaurada en 1885.
Festas anuais: a do Patrón, San Xiao, o 7 de xaneiro; a Concepción, en maio; o Santísimo, en xuño; Santa Paderna, o domingo seguinte ao 19 de outubro; as Neves, o domingo seguinte ao 5 de agosto.
Nos Horros está a capela das Neves, sinxela e reducida, sen que ofreza especialidade ningunha. D. Eliseo de Silva, en Ribadulla, nun terreo seu unido á casa, ten outra capela, dedicada á Virxe de Granada. Na tenza da Veiga hai outra capela en ruínas que foi advocación de Santiago.
Outras particularidades: a tenza da Veiga data de moi antigo, posto que a habitaba, xa en 1546, representando ao Cabido, o cóengo D. Gerónimo de Córdoba. Este, coa mesma representación e no devandito ano, deu en foro o lugar do Bruñido. Despois, esta tenza foi vendida polo Estado en virtude das leis desamortizadoras e adquiriuna D. Francisco Javier Barros, da Estrada; actualmente pertence a D. José Colmeiro.
Dábase o nome de tenzas a certas porcións de terra e lugares que se sacaban a poxa entre os cóengos e beneficiados da Igrexa e adxudicábanse ao mellor ofertante con certos dereitos e atribucións no eclesiástico e civil, podendo os tenceirospresentar curas para as parroquias, poñer xuíces e escribáns e cobrar certos tributos e servizos.
O casal da Vila dos Horros foi traspasado o 16 de abril de 1450 ao Cabido de Santiago por Juan Alonso de Moimenta, «con todos as súas herdades, coutos, leiras, viñas, casas, prados, devesas, labradíos e montesíos.»
Antes da data citada xa existía o lugar de Moimenta, posto que unha herdade situada neste lugar foi doada o 8 de maio de 1187 por Pedro Muñiz Tacón e a súa esposa María Peláez á Igrexa de Santiago.
No lugar da Carballeira existe o «monte do Calvario», cuxa denominación data do ano 1760, en que se celebrou alí unha misión dirixida polo Padre Frai Francisco Antonio Colmeiro, quen deixou como recordo catorce cruces de madeira duns tres metros de alto cada unha, colocadas polo monte a conveniente distancia unhas de outras, de tal xeito que eran utilizadas para o Viacrucis que practicaron os fieis ata o ano 1830, en que as cruces comezaron a desaparecer debido aos temporais.
Na casa de D. Eliseo de Silva hai dúas camas que datan do século XVII; e un oratorio portátil do ano 1600 que, pola súa notabilidade, figurou na exposición de Santiago. Tamén posúe o devandito señor un magnifico relicario de prata do ano 1700 e ornamentos sacerdotais aínda en bo uso de finais do século XVII; do mesmo século ten un reloxo moi curioso e ben conservado.
No terreo dos Horros arraiga unha sobreira secular, tan corpulenta que nunha abertura que ten no tronco debida á vellez, métese unha rosquillera os días de festa para vender dende o interior as súas rosquillas. Esa árbore foi incluída na relación enviada ao goberno para o cumprimento do Real Decreto sobre Parques Nacionais.
Na parroquia que estamos tratando ten o seu asento o Couto dos Castros, fortaleza antiga onde houbo unha casa famosa coñecida por Vila de Moimenta. José Couto Remesar fixo escavacións no Couto e atopou feluxe, muíños de man, cimentación de muros, cazolas de cerámica antiga e unhas pulseiras de ouro. Frai Juan R. Legísima na súa notábel obra, «Héroes y mártires gallegos», na páxina 47, cita o cura de Arnois defendendo valentemente, á fronte dos seus fregueses, a independencia nacional ameazada por Napoleón. Este mesmo sacerdote asistiu á gloriosa acción de Ponte San Paio, á reconquista de Vigo e á de Compostela, cunha partida que levaba o nome de «Cruzada».
En Balboa, nas inmediacións do cruzamento das estradas de Santiago a Ourense e de Callobre a Ponte Ledesma, existe unha fábrica de serrar madeira, propiedade de Eugenio Brey; e moi preto hai un establecemento comercial e cartería.
Santa Paderna de Arnois foi nai de don Sisnando, bispo de Iria, e co seu esposo, o conde D. Hermenegildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Santa María de Sobrado.
A este respecto di o Sr. López Ferreiro na súa Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago: «É posible que dona Paterna se retirase, para mellor recollemento, a algunha das solitarias igrexas ou conventos que posuía nas súas terras, por exemplo na Ulla, e non é de todo inverosímil que sexa a Santa Paterna de Arnois».
*Pedro Varela, A Estrada, 1923