PEREIRA: a orixe deste topónimo non é clara, pois pode ter dúas interpretacións ben diferentes:
a) de PIRUM, “pera” + sufixo –eira, que serve para formar o nome da árbore froiteira a partir do da froita. Trataríase, entón, dun fitotóponimo, é dicir, dun nome de lugar que fai referencia a plantas ou árbores.
b) de PETRAM, “pedra” + o sufixo locativo e abundancial –eira, é dicir, “lugar onde hai moitas pedras, terreo pedregoso”. Trataríase, entón, dun orotopónimo, é dicir, un nome de lugar que fai referencia ao relevo.
Segundo din os expertos en toponimia, é máis frecuente esta segunda posibilidade . De feito, no caso desta parroquia de Forcarei, o significado de “lugar elevado localizado nunha zona pedregosa” cúmprese perfectamente.