Naceu en Vilancosta-Berres (A Estrada) no ano 1825. Nace no seo dunha familia fidalga e posuidora dunha gran cultura. Porén estamos perante un ambiente totalmente propicio para a actividade artística. Por outra banda tamén estaba omnipresente un ambiente relixioso, algo que tamén marcará a súa poesía. Do 1859 ao 1865 desempeñará o cargo de Secretaria da Xunta Parroquial de Beneficiencia de Berres, e así no 1864 será recompensada coa “Cru/. de Beneficiencia de Segunda Clase” e un diploma acreditativo en recompensa dos seus humanitarios servizos. Con todo, soubo sobrepoñerse ao ambiente hostil que lle podía supor o ser muller e escritora na época e da súa pluma comezou a abrollar literatura. Finou no ano 1902, na casa de Vilancosta, onde pasara toda a súa vida, agás unha breve estadía, por mor do traballo de seu pai, en Zamora.
No ano 2000 o Exmo. Concello da Estrada adicou o ano á lembranza da súa memoria.
Os seus poemas en galego foron publicados por separado en diferentes medios da época e algún deles en varios; así temos que apareceron en: “Eco de Galicia” de Buenos Aires, “El Heraldo Gallego”, “Almanaque Gallego” de Buenos Aires, “El Emigrado”, “El Compostelano”, “La Gran Patria” de Santiago... Finalmente aparecerán todos recompilados na obra de Xosé Luna Sanmartín, OND'O SOL FACHEABA Ó AMAÑECER (Ed. Fouce, 2000).

Composicións musicais de Avelina ValladaresIsabel Rei Samartim Obra para guitarra composta pela intelectual, poeta e música galega Avelina Valladares (Vilancosta, 1825-1902), gravada o dia 8 de março de 2016 na Moninha (Ames) em honor às mulheres que trabalham e vivem sozinhas.
|
|