Pedro Brey Guerra, unha vida fotografada
Carlos Asorey Brey*
Pedro Brey Guerra naceu o día 7 de setembro de 1889, ás 8 da noite, na súa casa familiar, situada no lugar de Rendo, parroquia de San Esteban de Oca, termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra.
Segundo consta no seu certificado de nacemento, é fillo lexítimo de Manuel Brey Barcala (1846-1923), natural de Oca, de 43 anos de idade, e de Juana Guerra Fernández, natural da parroquia La Real de Sar, da cidade de Santiago de Compostela, de 38 anos. Manuel Brey, mestre de escola, e acomodado propietario na parroquia de Oca, viviría toda a súa vida na casa matriz, herdanza de seus pais, Juan Brey Calveiro e María Barcala. No momento do nacemento de Pedro Brey seus catro avós xa faleceran e bautízano co nome do avó materno, Pedro Guerra Castro.
Pedro Brey foi o sexto fillo nunha familia de sete irmáns, cuxos pais preocupáronse de impartirlles unha esmerada educación, acorde á vocación de cada un. Críase, por tanto, nun ambiente propicio ao estudo e ao desenvolvemento das inquietudes humanísticas, científicas ou artísticas que mostran tamén seus irmáns, como se deduce das súas relevantes carreiras profesionais: Juan (8-6-1877), maxistrado do Tribunal Supremo1; César (10-7-1879), médico cirurxián, que falecería á temperá idade de 40 anos, director do Hospital General de Bilbao; Jesús (21-2-1881), farmacéutico; José (12-10-1882), cura párroco da igrexa de Santa María Salomé, de Santiago de Compostela, e Manuel (4-5-1884), médico2; María (24-2-1891), a pequena, seguindo o costume, sería a ama de chaves de seu irmán párroco.
Súa nai, Juana Guerra, faleceu o 27 de xaneiro de 1900 en Santiago de Compostela, sendo enterrada no cemiterio de Santo Domingo. Pedro Brey, que tiña daquela once anos, trasládase con seus irmáns a vivir a Noia, baixo a tutela de Genoveva Guerra, a irmán máis vella de súa nai, tamén profesora de instrución primaria. Axiña estraña a súa casa de Oca e regresa para vivir xunto a seu pai e seu tío José até que estes falecen en 1923 e 1926 respectivamente.
Outra persoa importante na súa infancia, polo afecto e os coidados que lie prodigou, foi Teresa Pedrouro, enfermeira, viúva de seu tío Ramón Brey, instalada en Balboa, xunto a Oca, con seus seis fillos cando o seu marido falece en León, onde exercía a medicina. Anos despois, súa filia María será amiga íntima da esposa de Pedro e asistiralle como comadroa no nacemento de seus fillos.
Ademais do apego ás terras do Ulla e á casa natal, Pedro Brey herda de seu pai unha inequívoca vocación polo ensino. Disposto a exercer de inmediato na súa propia comarca, noméano mestre interino da escola de San Xulián de Arnois, en virtude do nomeamento feito polo Rector da Universidade de Santiago en outubro de 1913, ocupando o posto de seu pai. A partir de xaneiro de 1916 noméano mestre en propiedade en virtude de oposición libre.
Ao ano seguinte, o 25 de xuño de 1917, casa con Purificación Alvarez Rico (Lugar de Casares, Loimil, Pontevedra, 1894), tamén mestra e filia de mestre, nese momento ensinante na escola da Mota, provincia de Pontevedra.
Como fotógrafo afeccionado, Pedro Brey documentou basicamente o seu contorno humano: toma de modelos os seus familiares, os seus amigos e os paisanos que acudían a pedirlle o favor de seren retratados. A súa traxectoria vital data o seu fondo fotográfico: desde a súa temperá xuventude até o nacemento de súa primeira neta, a mediados do século pasado; etapa onde posterga a súa afección, pecha o cuarto escuro e permuta a súa vella cámara de trípode por unha portátil de carrete de celuloide.
Non hai noticias da súa aprendizaxe da técnica fotográfica, aínda que é fácil supoñer que, á parte de posibles conversas con algún profesional afincado en Santiago, Pedro Brey foi autodidacta e, sendo un mozo culto, con evidentes inquietudes artísticas, coñeceu a técnica fotográfica na biblioteca familiar. Antes de 1907, por tanto cuns 17 anos de idade, escribiu uns apuntes onde resumía “o método para copiar a natureza e facer retratos cunha máquina en poucos minutos e con gran exactitude.”
Asimilados os coñecementos prácticos elementais, entregouse a unha ilusionada práctica ao aire libre, montando enseguida un cuarto escuro nun apartado do faiado da súa casa. Minúsculo habitáculo con escasa ventilación e teito baixo, que aínda se conserva, onde a luz natural entraba a través dun pequeno vidro vermello escuro. Pedro Brey compaxinou con total dedicación, durante anos, a súa actividade como fotógrafo afeccionado, mestre da escola local, agricultor responsable de varias fincas a labradio, herbal e viñedos e, ao tempo, pai de dez fillos.
Son aqueles anos duros, de escaseza para toda España e non menos para Galicia. As circunstancias en que un mestre rural debe afrontar o reto profesional non só do ensino, senón da educación dunha ampla e dispersa poboación con escasos medios de subsistencia, fálanos do empeño persoal para afrontar o seu labor con garantía e dignidade.
Os boletíns de inspección da época dan información precisa das condicións de traballo de Pedro Brey. Así, nunha visita ordinaria efectuada en 1921, cando levaba cinco anos exercendo na escola de Arnois, o inspector anota:
O ensino encontrase en estado satisfactorio, aínda que dificulte moito o labor do mestre o excesivo número de alumnos e as pésimas condicións do local... Inservible para o obxecto, mal iluminado e con mala ventilación, sen patios de recreo, nin lavabos, nin retretes, cunha soa dependencia de 8,5 por 3,5 por 2,15 metros. Cun presuposto total de 2.750 pesetas ao ano, incluído o soldo do mestre. Cun número total de 130 alumnos matriculados, sistema mixto, de idades entre 8 a 12 anos; que teñen que percorrer camiñando, desde a súa casa á. escola, até 4 km de distancia, e que asisten irregularmente a clase porque axudan nos labores do campo. E 28 alumnos de entre 14 e 31 anos, labradores de profesión predominante. Escola situada nun val, na estrada de Ourense a Santiago. Zona de industria e comercio moi escaso, e bastante emigración.
O 31 de marzo de 1930, cesou Pedro Brey na escola de Arnois para tomar posesión ao día seguinte da de Oca. A súa esposa, Purificación Álvarez, xa era responsable da formación das rapazas nesa mesma escola desde outubro de 1927.
Pedro Brey mantivo unha excelente relación cos seus veciños de Oca; e a esa escola asistiron, xunto cos fillos dos seus veciños, seus propios fillos, até que tiñan idade de marchar a Santiago a completar os seus estudos.
Permanecería na escola de Oca até a súa xubilación. Mestre de varias xeracións, en moitos casos dentro dunha mesma familia; noutros, todos os estudos realizados por unha persoa do lugar, ao longo da súa vida, foron Unicamente impartidos por el.
Home de profundas conviccións cristiás, integridade e sentido da xustiza, é, aínda hoxe, recordado con cariño e gratitude. Engadido a iso, grazas á súa eficacia práctica, os veciños acudían a el en casos de litixios entre eles ou demandas fronte á administración. Sirva como exemplo o seu papel encabezando, en 1948, unha comisión para xestionar e levar a efecto a instalación eléctrica das parroquias de Oca, Loimil e Arnois, en representación de 94 veciños que doaron as cento trinta mil pesetas e as xeiras necesarias do custo do subministro para a iluminación das súas casas. Pedro Brey custodiou o diñeiro na súa casa e responsabilizouse con éxito das xestións necesarias.
Por outro lado, os seus méritos pedagóxicos alcanzaron un notorio recoñecemento público ao ingresar, en 1958, na Orde de Alfonso X o Sabio, nun acto celebrado en Pontevedra, como premio ao seu destacado labor no campo do ensino ao longo de toda unha vida.
O 29 de maio de 1967 morre Pedro Brey Guerra no lugar de Rendo, Oca, onde nacera setenta e oito anos antes.
O recente descubrimento e saída á luz do seu arquivo fotográfico, absolutamente inédito até hoxe, resulta fundamental para reconstruír a memoria histórica da parroquia de Oca e os seus arredores. Aínda que viaxou fóra de Galicia en diferentes ocasións, todas as fotografías amosan o seu contorno máis próximo: o val do Ulla, Oca, Loimil, Arnois, A Estrada... e restrinxidas ao ámbito rural. Achegouse á realidade tal e como a vía, retratou con naturalidade a sociedade da que formaba parte e as persoas integrantes da súa comunidade.
* Este texto procede do libro "Pedro Brey, a parroquia retratada". Editado polo CGAI.
1 Pai de María Brey Mariño, despois secretaria de Manuel Azaña, Presidente da República Española, recoñecida bibliófila, casada co académico da lingua Antonio Rodríguez Moñino; e que, tras o seu falecemento en 1995, doaría á Real Academia Española de la Lengua o importantísimo legado artístico-bibliográfico Rodríguez Moñino-María Brey.
2 Avó do político do Partido Popular Mariano Rajoy Brey.
Fotos recollidas de Retallaria