XOÁN CARLOS GARRIDO
Os dirixentes do movemento obreiro estradense que non sucumbiron nos primeiros días e tiveron a precaución de acocharse no monte, estiveron durante catro anos xogándose a vida baixo o punto de mira dunhas partidas falanxistas que mesmo logo de rematada a guerra seguían a actuar coa mesma brutalidade que nos primeiros momentos, senón véxase o caso de Higinio Carracedo Ruzo da Somoza, o policía municipal que organizou no monte a residencia e a resistencia dos dirixentes fuxidos, até que el mesmo rematou caendo nun cerco, sendo asasinado a finais do 38.
Higinio merece un traballo específico, máis ven a conto nesta análise do descabezamento do obreirismo, porque cando foi eliminado, na súa casa capturaron a un dos líderes republicanos máis buscados, Manuel Coto Chan, quen fora presidente do Partido Republicano Radical Socialista da Estrada.
Pouco antes, en abril do 39, coincidindo co remate da guerra, aparecía tamén a seguinte noticia no xornal: “Huídos que se presentan.- Días pasados se presentó a las autoridades el vecino de este pueblo Manuel Campos Vázquez (a) ‘Casagrande’, que había desaparecido en los primeros días del Glorioso Movimiento Nacional y que se hallaba reclamado por los juzgados militares como supuesto sedicioso” Manuel Campos Vázquez era o presidente da Casa do Pobo, e grazas a intercesión dun irmán falanxista puido salvar a vida, se ben tivo que ingresar en prisión durante 18 meses. Logo sería detido máis veces durante o franquismo polas súas conviccións democráticas.
Manuel Coto Chan e Manuel Campos Vázquez, eran membros da Xestora Municipal en calidade de 2º e 4º tenentes de alcalde. E ocupaban un lugar destacado na lista negra que manexaban os falanxistas estradenses. Mais non era casual esta teima. A Casa do Pobo será unha das institucións máis dinámicas e socialmente relevante do período republicano, e o Partido Republicano Radical-Socialista e logo as diferentes polas nas que se bifurcarían os seus militantes escindidos, Unión Republicana uns, e outros, como o caso de Coto, o PSOE, serán organizacións políticas moi activas.
O socialismo, organizado de xeito diverso a través de sindicatos, organizacións xuvenís, agrupacións, Casa do Pobo, e partidos políticos, debería ser rastrexado na súa orixe na estrada no contacto que moitos emigrados deste concello tiveron co partido socialista arxentino e as loitas que nese país se deron a prol dunha serie de conquistas sociais (escola pública gratuíta, sanidade, paro obreiro, pensións, salario mínimo, xornada de 40 horas...). Non é raro que tanto Manuel Campos como Manuel Coto se forxaran ideoloxicamente na Arxentina, posiblemente a carón da Unión Estradense e da Federación de Sociedades Galegas. En cambio o republicanismo laico e federalista, sobre todo o que desembocará en Izquierda Republicana, provén case na súa maior parte de antigos residentes en Cuba. Ideas importadas que terán que adaptarse paseniñamente á realidade do país. Así é que nas primeiras eleccións a Casa do Pobo só sacará un concelleiro.
Manuel Campos e Coto Chan
Manuel Campos Vázquez, nace no 1893, emigra a Arxentina – provinte tamén de Guimarei como moitos outros líderes republicano – e regresa e casa en 1927 na Estrada con Carmen Ramos Terzado, pronto despuntará no seo dun centro obreiro construído en 1929, e núcleo do que irradiarán diversas campañas en prol dos intereses de clase, aínda que tamén en prol dos intereses do país que pronto se decatarían que ían unidos.
Así unha das primeiras campañas que terán que realizar será precisamente contra a decisión dun ministro do PSOE, Indalecio Prieto, de parar as obras de Zamora-Ourense, secundando aos deputados galeguistas que protestaran por esta decisión que levaba ao paro a moitos obreiros do país - é certo - mais tamén que deixaba a toda Galiza sen esta infraestrutura.
Quizais feitos como estes inclinaran a esta institución a apoiar a campaña a prol dun Estatuto para Galiza e pasaran a integrarse no Comité pro-Estatuto da Estrada, fronte a un PSOE inicialmente contrario (asemblea de Monforte de 1931). A campaña polo Estatuto servirá para facer abrollar algúns oradores que chamaran a atención do propio García Barros, como é o caso de Manuel Coto Chan, do que afirma o escritor de Berres: “de verba fácile e sonora, que sabe ir o fondo das cousas sin arrodeos nin retoricismos escusados”.
Outra das peculiaridades do socialismo estradense – por chamarlle dalgunha maneira – é que precisan conciliar o obreirismo co feito de que os traballadores da estrada na súa inmensa maioría son labregos, por iso no 1º de maio teñen coidado en destacar a integración dos sindicatos agrarios e obreiros ao mesmo nivel.
Inicialmente o partido hexemónico no socialismo estradense era o Partido Republicano Radical Socialista, que era unha excisión do Partido Radical de Lerroux e que contaba como principais líderes a Marcelino Domingo, Álvaro de Albornoz e Felix Gordón de Ordáx. Tivo moito éxito nas eleccións do 31 alcanzando 54 escanos, máis no 33 obterá só 5. Na Estrada era o partido máis relevante, só na parroquia de Guimarei tiña 46 afiliados. Mais as continuas escisións deste partido levarían a estes a filas doutros partidos como o PSOE o PCE ou manteríanse fieis aos seus líderes, e irán con Marcelino Domingo cara Izquierda Republicana, ou con Félix Gordón de Ordax, de cara a Unión Republicana.
Neste contexto unha organización como a Casa do Pobo aglutina en base a un programa reivindicativo todo este barullo de siglas. A táboa de peticións que fan a altura do ano 34 son do seguinte tipo: Creación da Escola Elemental de Traballo na Estrada, intensificación de obras municipais para atenuar o paro, achega dunha porcentaxe por parte do Concello para os camiños veciñais, doazón de solares para facer casas baratas en réxime de cooperativa, as pensións para os labregos, etc... Para conseguir estas reivindicacións non se lle coñece outras accións que manifestacións e recollida de sinaturas. Cando no 34 visitou a Estrada o Ministro de Instrución Pública, fixeron rachar o protocolo – grazas a axuda do xuíz Fermín Bouza Brey – para facerse oír por este mandatario, pero como reflicte a prensa, do xeito máis “caballeroso”.
Desde outubro do 34 até marzo do 35, nos peores tempos do bienio negro, a Casa do Pobo estivo suspendida. Mais en canto restableceu a súa actividade, abriuse a todas as “forzas vivas” da Estrada para lograr o obxectivo da Escola de Traballo, e non tivo inconveniente en promover unha comisión na que figuraban destacados dereitistas locais para facerse valer diante do goberno da CEDA para conseguir isto. Acudiron á chamada da Casa do Pobo desde a Patronal e o Centro Católico Feminino e Masculino até a Dereita Feminina, Acción Popular e o Partido Agrario Español, do cal logo se nutrirán as filas dos escuadróns falanxistas.
Na corporación saída da xestora municipal do 5 de maio do 36, Manuel Campos e Coto tiñan unha curiosa concellaría: “contra o paro obreiro”, e na tumultuosa sesión do 24 de xuño, tiveron tamén un papel relevante na discusión que levaría a renuncia dos representantes do Partido Galeguista e de Izquierda Republicana. O motivo é intranscendente á luz dos acontecementos posteriores e dá conta da pluralidade do republicanismo aínda que logo todos serán metido no mesmo saco, acuñándolle calificativos como “marxistas” que á maior parte da poboación que non leu a este filósofo alemán seguramente lle quedaba claro que non podía ser cousa boa, sen saber a que se referían.
Así comezou a persecución, e ambos os dous foron avisados con tempo suficiente para poñerse a salvo. Manuel Campos ademais de prisión, logo de entregarse, por diferentes detencións posteriores, chegará a estar desterrado en Pamplona. O periplo de Manuel Coto Chan será mais duro e rematará por extinguir a súa saúde polas condicións do cativerio, por non dicir de escravitude na que tiñan que traballar para os novos amos. Manuel Coto, quen nacera no 1898 na Pena, en Couselo (Cuntis) e rexentara diversos negocios na Arxentina, casa con Ramona Abal de Barrantes
e ven residir á florecente vila da Estrada onde abre unha carnicería na Praza de Abastos. Isto ocorre no 1926, cando volven de Arxentina xunto co seu fillo Gerardo. No 28 terán unha filla. Quedará viúvo no 32. E no 34, por mor da revolta de Asturias é detido e acusado de cortar a liña de telégrafo, ingresando en prisión. No 36 é indultado con motivo do trunfo do Fronte Popular, mais, en xullo, outra volta a represión, esta vez máis cruel, é avisado de que figura na lista dos falanxistas e escapa polo monte de Ferreiros cara Couselo onde estaba a súa casa materna. A súa filla, Lolita, con 9 anos, é interrogada e acosada por falanxistas e mesmo mulleres de Garda Civís, co fin de que confese onde se acochaba o seu pai. Ela sempre afirmaba o mesmo: marchou para Arxentina. O seu fillo, con 17 anos, ingresa no exército para tentar salvar ao seu pai, é a remates da guerra, e ao fin prenden a Coto na casa de Carracedo da Somoza. Estivo preso na Estrada onde entrou atado ao rabo do cabalo do Garda Civil, e logo na Parda en Pontevedra, El Dueso, en Cantabria, e finalmente no Campo de Concentración de Brunete en Madrid, sometido a traballos forzados. Finalmente é indultado en outubro do 45, mais o seu estado de saúde está tan precario que cando chega libre á Estrada, logo de case 10 anos en condicións infrahumanas, falece con 47 anos de idade.