“Nacín na Parroquia de Olives(A Estrada) no ano 1962. Neto de estraperlistas vidos a menos, e fillo de obreiro e agricultores, tiven por primeiro mestre a D. Manuel Constenla, mestre da escola de Lamas, entre os anos 1966 e 1973. Emigrei coa miña familia para Francia, voltando para instalarnos definitivamente na Galiza.
Tras o paso polo Seminario Franciscano de Herbóm, iniciei os meus estudos de Bacharelato no Instituto da Estrada entre os anos 1978 e 1982. Foi neste Centro onde espertou a miña conciencia nacionalista, sen dúbida polo maxisterio do catedrático de Lengua Francisco Rodríguez Sánchez.. Por primeira vez participei na escenificación de obras de teatro de autores galegos e mesmo asistín ás representacións que tiñan lugar en Santiago, marcándome a experiencia de Woyzeck e Dorotea Bárcena. Asistimos ás primeiras charlas sobre a cultura e a literatura galegas da man de autores, hoxe clásicos, coma Manuel María, Lois Diéguez...
Definitivamente foi a miña chegada á Universidade de Santiago de Compostela o que supuxo a determinación do que ía ser clave no meu pensamento: o nacionalismo.
Cursei estudos de Xeografía e Historia entre os anos 1982 e 1987, especializándome como xeógrafo. Alí puiden asistir a conferencias de clásicos literatos e historiadores galegos. Os propios contados académicos obrigábannos a ter unha formación multidisciplinar. Isto fixo que coñecese as opinións de primeira man de persoeims importantes nos derradeiros 25 anos do século XX: Aranguren, Saraiva de Catvalho, UuisUach, Ramón Tamames...
Unha vez rematada a miña formación académica traballei como asesor en temas históricos e xeográficos á daquela pioneira experiencia do Turismo Rural no Concello da Estrada; posteriormente desempeñei as mesmas tarefas no Concello da Veiga.
A principios dos noventa participei como poñente no Congreso sobre García Barros, analisando os compoñentes innovadores do punto de vista pedagóxico na obra do autor de Callobre. Coincidindo con esta etapa dirixín o xornal “Contrarretranca ” durante dous anos, sendo un referente xa na historia das publicacións periódicas no Concello da Estrada.
Na actualidade son propietario dun pequeno negocio relacionado coas artes gráficas. E un modesto revolucionario”.
É autor da extensa unidade titulada “Silencio interior” inserida na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA
(ASPG-A Nosa Terra, 1996) en col do período da nosa historia literaria que abrangue dende 1940 a 1950, e centrando o traballo sobre a eminente figura de D. Ricardo Carvalho Calero.