Olimpio Arca Caldas: Educador e divulgador patrimonial
Carmela Sánchez Aríns
"O patrimonio cultural dun pobo comprende as obras dos seus artistas, arquitectos, músicos, escritores e sabios, así como as creacións anónimas, xurdidas da alma popular, e o conxunto de valores que dan sentido á vida, é dicir, as obras materiais e non materiais que expresan a creatividade dese pobo; a lingua, os ritos, as crenzas, os lugares e monumentos históricos, a literatura, as obras de arte e os arquivos e bibliotecas"
Este principio elaborado pola UNESCO na Conferencia Mundial sobre políticas culturais que se celebrou en México en 1982, aproxímase ao concepto de patrimonio tal e como o entendemos hoxe en día. Por iso, tres décadas despois desa declaración, os termos patrimonio cultural resúltannos habituais, pero non sempre sucedeu así. Nin se usaban as palabras xuntas, falando máis de patrimonio histórico, nin se entendía o patrimonio como o conxunto formado por bens materiais, inmateriais e naturais. Ademais, o feito de outorgarlle valor ás nosas riquezas e tradicións propias tivo un proceso de asimilación lento e gradual.
Por isto resulta eloxiable o labor realizado polo mestre e investigador Olimpio Arca Caldas. Nunha época marcada pola ditadura franquista, na que a protección do patrimonio era unha asignatura pendente, este insigne estradense comezou a poñer en valor o patrimonio da comarca. Xunto ás súas inquedanzas persoais, sobresaen as iniciativas levadas a cabo no ámbito escolar. Así, co seu alumnado de Couso fixo formidables recollidas de hórreos e cruceiros no Val de Vea que acadaron o recoñecemento do Museo de Pontevedra. Estudos que nos anos 70 supuxeron o inventariado do patrimonio etnográfico e a introdución dun novidoso modelo pedagóxico. As nenas e nenos acompañábano polas aldeas -incluso nas fins de semana- para rexistrar os bens patrimoniais, cubrindo fichas e facéndolle fotos, transmitíndolle de xeito implícito ás familias e á veciñanza o respecto polo noso.
Continuando no eido educativo, o patrimonio arqueolóxico foi outra das tipoloxías que abordou co seu alumnado. Neste caso, destacaría o traballo realizado a mediados dos anos 70 en Couso sobre os castros estradenses; e a obra Castros de A Estrada, feita en 1984 co 8º curso de EXB do colexio de Figueiroa. Unha recompilación premiada pola Xunta de Galicia na que se presentaban 28 fichas de xacementos de todo o concello con ilustracións dos sitios, das plantas e dos achados. Ademais, é de salientar a preocupación polo folclore relacionado cos bens arqueolóxicos a través da recollida de contos e lendas.
Nesta liña de recuperación do patrimonio inmaterial levada a cabo na publicación dos castros, outro dos grandes estudos de Olimpio foi o dedicado ao entroido na Ulla e aos xenerais estradenses. Unha obra que na actualidade segue a ser un referente único, non existindo aínda outra monografía completa do tema. Tradición oral e cultura material que recompilou en Canteiros de Cuntis ou n'O Carro do país. Sen esquecernos do patrimonio natural con Montes de A Estrada, premio García Alén en 1984.
Fora do ámbito escolar, gustaríame facer fincapé noutro dos obxectos de estudo de Olimpio Arca: a vila "airista". A través do Callejero Histórico de la Villa de A Estrada non só temos coñecemento sos diferentes nomes que tiveron as rúas, senón tamén da súa sociedade, arquitectura e urbanismo. Este interese pola historia local e as súas construcións está latente en artigos como o do Sanatorio "Nuestra Señora del Carmen". Un ben senlleiro situado nun paraxe envexable no centro do pobo que, lamentablemente, se perdeu pola especulación urbanística, debéndolle a el a recuperación da súa memoria.
En relación coa historia do concello e co urbanismo da vila cómpre lembrar a recompilación de fotografías antigas, Imaxes para a lembranza, da que foi coautor; ou a dirección do Museo do Pobo Estradense. Dous exemplos de posta en valor de materiais, imaxes históricas e colección de fondos museográficos, que deben estar ao servizo da sociedade.
Xunto con outros xéneros cultivados, o labor realizado por Olimpio Arca Caldas en prol do patrimonio cultural é digno de louvanza pola súa calidade e o seu carácter pioneiro, inculcándolle valores ao seu alumnado e á cidadanía. Para min foi un referente cando comecei a catalogar etnografía no Museo de Pontevedra e no meu traballo de doutoramento centrado na arquitectura e no urbanismo da Estrada.
Grazas por todo.
Carmela Sánchez Arines
DEA en Historia da Arte
A Estrada, 27 de novembro de 2015

Un mestre
David Otero

Un mestre, si, esa é a definición precisa.E como cando o ensinante deixa tarefa na aula e sae de forma discreta, sen molestar, por algún motivo, así o fixo o noso mestre Don Olimpio. Así delicadamente, sen molestar, a irse de marabilla que nunca provoca olvido. Nese orgullo da humildade propio dunha persoa de ben, Don Olimpio, nesta madrugada saíu a pola vida que é memoria collido da man da súa exemplariedade, da súa obra. Obra que estará presente, viva e vivida,activa e activada, nos que de certo lle daremos recordo, presenza, nas nosas propostas e faceres de cada día para aportar no común do sentir quen somos.
Don Olimpio educador, orientador, teimoso da ensinanza e da educación, mestre en tantos lugares, pero en especial direi, e que se me permita, de Tui, Couso de Vea e Figueiroa, constitúe un referente necesario no definir o ensino público, galego e de calidade. El foi no seu tempo , e así o teremos en conta, un mestre anovador, obreiro do ensino, apañador e conservador de tanto, mediador de moito e divulgador animoso para sentir a construcción do saber e do coñecemento comprensivo a través da historia, dos costumes e das tradicións, da nosa lingua e da nosa cultura, da nosa identidade. Sabía ben da esencia da nosa creación comunal como substancia definitoria que nos nomea e determina. Dicir que os tempos nos que desenvolveu o seu facer non foron os máis motivadores.A cousa era de todo menos bonita.Pero el avanzou a ritmo de posibilidades e de pasos de concreción . Foi por diante.
Dado por feito en demasía o seu traballo na aula, Don Olimpio foi un escritor divulgador da nosa historia estradense, un mediador de recolla de lendas, ditos, costumes, festas, tradicións.Un creador literario tanto en narrativa, como en poesía. Un xornalista atento e atinado.Pero de maneira moi en especial ( e logo ou cando M.Varela Buxán) Don Olimpio foi un precursor do Teatro Galego Escolar. Dou fe, porque o vivín nunha pequena parte, do ir co seu grupo de Couso e logo co de Figueiroa, aldea por aldea, teleclube por teleclube, vila por vila e teatros de cidades representando obras e facendo teatro. O seu labor como autor deste xénero para mozas e mozos foi importantísimo porque daquela moito había que facer e todo era pouco. Tamén nas Semanas Culturais das nosas parroquias alí el estaba para colaborar e estimular a termos unha maior conciencia de sermos e estarmos. Nos medios destes aspectos de Galicia e falo do Facho, ICE, Nova Escola Galega, Ollo de Sapo, Edicións Fervenza, A.C. Vagalumes, e tantas outras máis,Don Olimpio contituiu un referente cualitativo e así nelas sempre tiña nome de por el.
Neste momento de emocións e de afectos, de veciñanza e acariño , non veñen ao caso reproches, pero si son necesarias as reflexións.Unha pois deste que escribe é que un Fillo Predilecto do Concello de A Estrada, Don Olimpio Arca Caldas, de tantos títulos e honras, de sobrados mereceres, traballador en tantas iniciativas e colectivos, con rúa neste pobo e no seu natal do Baño de Cuntis, a súa figura tan salientable… ¿ non debese darnos pé a buscar solucións institucionais de cómo tomar decisións e acordos, actuar a protocolo especial, a tratamento de egrexio, para así nestes momentos recoñecer de xeito singular, sensible e acorde ao que merecen os nosos homes e mulleres coma el ?.
Recordo pois e afecto noso, estradense, ao mestre guía.Un bo home e unha boa persoa. Cualidades estas a acadar con traballo, autenticidade e responsabilidade. Don Olimpio tenas e así foi ( e é) o seu andar.A súa tarefa humanista.El quixo e puido.Foi un creador de ilusións. De ilusións que construían e nos poñían nos desexos das intuicións de concretar mellores capacidades e marabillosos logros. Esa felicidade.
Don Olimpio seguirá en nós. En todas e todos as/os que o respectamos. En todas e todos as/os que na súa voz nos recoñecimos.El entre nós seguirá sendo Don Olimpio. A luz non se apagou.Como dixo o poeta: “ … nunca haberá desterro que o saque deste chan noso. Vostede está na casa ”.Pode crelo Don Olimpio.

Olimpio Arca Caldas
Xosé Luna Sanmartin

Na súa infancia, na súa vida, na súa obra, abrollou como paisaxe de fondo a inconmesurable aldea de Porto de Gómez da vila do Baño. Da súa nai, Carmen, e do seu avó, Ramón, herdou os maiores Tesouros do Mundo: a humildade, o sacrificio, o traballo, a bonhomía.
Tivo moitos –moitos e bos Mestres– pero tivo un que foi o primeiro, o definitivo, don Aurelio Rey. Un bo día tivo que escoller un medio de transporte e non o dubidou nin un intre. Colleu a Ana da man, apretouna ben forte, e un 21 de xullo de 1955, tendo como testigo o Ceo Azul da vila da Estrada, rubiu nun Tren cheíño de amor e ilusións. Desde aquela, sempre xuntos, percorreron de vagariño as estradas da Vida.
Gastou (de sempre) ollar de neno pequeno. Gustou de ler. Da numismática. Da tertulia. De pasear baixo o Sol da Vida e de Escribir. Escribiu de todo (e sobre todo). Narrativa, ensaio, arte, poesía e teatro. Teatro! Todos os anos polo Nadal levávalle os Reis ao Panchiño. Polas Letras Galegas conversaba coa Nobre Dama. E mesmo no ano 1974, na vizosa parroquia de Couso tivo que solucionar un conflito insólito, unha Pelexa no Souto entre un castiñeiro e un eucalipto.
Seica de estudante en Compostela coñeceu a Antonio Machín. Que sorte tivo o Machín poder cruzarse no camiño da súa vida co noso sobranceiro amigo. E é que don Olimpio pertenceu a unha desas especies, rara avis, en vías de extinción, a dos bos e xenerosos.
A súa obra, o seu legado, a súa exemplariedade, a súa semente (tamén) cae sobre Nós engordiña, como o orballo da media noite// como vai caendo// lento// sen sentilo// como o vestixio platónico das horas// como o tempo…
Hoxe, entrementres as raiolas do Sol do outono saen por entre as nubes do ceo e a campá da igrexa de San Paio racha o infindo silencio será soterrado. E todos, familiares, veciños e aqueles que tivemos a honra de tratalo (como mestre, escritor e amigo), ficaremos alí, de pé, para rendirlle a nosa derradeira agarimosa homenaxe e relembrar os versos do poeta, “Xa ves/ non teño verbas/ pero teño un salouco que me enche todo o peito”.
* Noticieiro galego.