O ferreiro foi o encargado de negociar a entrega de armas a cambio dunha palabra que os golpistas incumpriron
XOÁN CARLOS GARRIDO
Tiña entón 38 anos de idade, casado con Carmen Vila Barros, con 5
fillos, e de profesión chapista, traballara en A Coruña, Ferrol,
Betanzos e finalmente, o 1 de abril de 1929, abre no lugar da Costa (na
saída da Estrada cara Cereixo) xunto co seu socio, José Campañó, un
taller de “carrocerías para automóviles, pintura al Duco, soldadura
autógena y cerrajería artística en general”. Dicíase daquela que esta
industria conta con ferros e pinturas para atender toda clase de
demandas que se lles fagan e a máis moderna maquinaria importada
directamente de Alemaña, polo cal se garante a calidade a bo prezo. E
poñía o xornal que a mellor garantía da calidade do servizo era a
presenza de Rodríguez Sangiao, quen demostrara a súa capacidade de bo
ferreiro cunha “verdadera obra de arte” como era o escudo da Estrada por
el realizado. Escudo, por certo, que hoxe se atopa nas dependencias do
Museo “Reimóndez Portela”. Indicaba tamén o xornal: “Los naturales del
país somos los mas obligados y los mas interesados en prestar nuestro
apoyo a la nueva industria, por ser ésta tambien motivo para que en ella
se ganen el pan unos cuantos padres de familia que se evitan asi el
dolor de tener que ser emigrantes”. O seu legado será recollido por un
fillo, Ignacio, que levaría a cabo o maior proxecto empresarial
estradense, IGROVI, con máis de 500 traballadores.
Como directivo da Sociedade Agrícola de Guimarei, foi procesado e sobresaída a súa causa en 1932, polo conflito que se vivía na parroquia entre o Sindicato e o Mestre e que chegou a súa máxima intensidade co incendio dun galiñeiro o 25 de xaneiro dese ano. Presidiu ese mesmo ano a Festa Escolar de Guimarei, en calidade tamén de Presidente do Comité Executivo da Federación de Labradores.
O 18 de abril do 33, morre o seu irmá Manuel, militante do PSOE. A pesares de ser sobriños de crego, e por tanto, con controversia na propia familia, acordase realizar un “sin ritos ni representaciones religiosas” atendendo aos “anhelos del finado”, acoden ao acto fúnebre 750 persoas – “de ambos sexos” – contando con representación de diversos partidos republicanos, a Casa do Pobo, e a Federación Agraria. Este feito dá conta das conviccións de Manuel pero tamén de José, e tamén ten que ver co confronto que arrastra a parroquia co crego e co mestre a respecto do estado laico que se viña de implantar coa República. Erundino Bergueiro exaltaba o feito de que Manuel non abdicara na súa morte e que finalmente se puidera facer o enterro como el quería servindo de símbolo fronte ao fanatismo relixioso.
José Rodríguez Sangiao, xunto con outros veciños de Guimarei rematarán aliñándose cada vez máis co PCE, quizais como consecuencia da situación de tensión que se vive na parroquia. O 5 de maio de 1936, logo do trunfo do Fronte Popular, restitúense as corporacións elixidas democraticamente máis na Estrada, logo de 5 anos sen eleccións e con diversas renuncias, a corporación xa non tiña quórum e era preciso nomear por orde gobernativa unha comisión xestora. Non en tanto, respectouse aos cargos electos e mesmo volveu a escollerse ao alcalde que existía en 1934, Jesús Puente Fontanes. É entón cando entra como 5º tenente de alcalde José Rodríguez Sangiao, xa coa adscrición comunista – único que a tería aínda que logo lla imputarían a case todos – e que ocuparía a Concellería de Instrución Pública.
É evidente a actuación de José Rodríguez na defensa da legalidade vixente durante os días previos á Declaración do Estado de Guerra. O que non está claro é a xestión coa Garda Civil para evitar o enfrontamento. O primeiro alcalde franquista, Pedro Gil Crespo, testemuñará que José o día 21 de xullo se presentou no Cuartel para falar co Alférez Xefe, quen finalmente lle encargan a Gil que o acompañe para recoller armas e dinamita, cousa que fixo, quedando citado para o día seguinte ás 5 da tarde para entregar máis, logo, ás 8 rematou a recollida entregando estas directamente no Cuartel. Esta acción, recoñecida polos propios alzados, non serviu para demostrar a vontade dos concelleiros de evitar unha confrontación armada. Pola contra, logo dela, coa última entrega, José Rodríguez Sangiao, queda xa detido, quedando preso até que é fusilado. Se temos en conta a declaración do crego de Guimarei en favor de José Rodríguez Sangiao, afirmando que era partidario de evitar toda violencia e chegar a un acordo coa Garda Civil, pode que confiara inxenuamente na palabra dos golpistas, o cal lle custaría finalmente a vida.