Codeseda*
Clara Iglesias Cortizo
- ABRAGÁN: trátase dun topónimo de posesor, VILLAM AFRICANII, xenitivo de AFRICANUS, antropónimo latino que aparece en varias ocasións na documentación galega medieval, unhas veces como Africanus, outras como Abrecanus ou Abrecano.
- A AGRELA: é diminutivo de agra, formado co sufixo –ela. Na parella agro/agra o significado da variación de xénero indica diferenza de tamaño: máis grande (feminino) / máis pequeno (masculino). Polo tanto, o significado de agra é “grande extensión de terreo agrícola”. Agrela, sería “agra pequena”. A palabra deriva do latín AGRUM, “campo, terra”. Este topónimo, a pesar de estar correctamente fixado no Nomenclátor Oficial de Galiza, ten aparecido e segue a aparecer moitas veces como A Grela, pola errónea interpretación de que o a inicial é o artigo. Así o podemos ver na actualidade nun sinal indicador da estrada. É célebre o caso da Agrela próxima á Coruña, lugar moi coñecido polo importante polígono industrial alí instalado, onde a aférese do a acabou por conducir á horrenda deturpación *La Grela.
- O ARNADO: seguramente provén do lexema prerromano, *arn- ou *arna, “concavidade, leito dun río”. Coincide perfectamente coa orografía do lugar, pois O Arnado está situado nunha depresión por onde corre o río Umia.
- BARRO: o topónimo Barro non sempre significa o que parece a primeira vista, “mestura de terra e auga, lama”; senón que, en moitos casos, estaría relacionado cunha base indoeuropea, *bhars-, “altura, cume”, que acabou por dar vocábulos celtas co lexema –bar, como o irlandés barr ou o córnico bar, con este mesmo significado de “lugar alto”. O topónimo Barro (ou outras variantes como Bar, Bares, Barronca…) aparece moitas veces en lugares elevados. En todo caso, isto non quere dicir que Barro, cando non se refire a emprazamentos elevados, non poida dar nome tamén a sitios lamentos. De todos xeitos, o topónimo, sexa con un ou outro significado, é de orixe prerromana.
- AS BOUZAS: a palabra bouza existe no léxico común e o seu significado é “terreo que está a monte, cheo de toxos e xestas”. A orixe é prerromana, probabelmente céltica: derivaría da voz *balcea ou *balsa.
- BUGALLEIRA: trátase do substantivo bugallo + o sufixo locativo –eira, “lugar onde hai moitos bugallos”. En canto á palabra bugallo, “excrecencia arredondada que se forma en certas árbores, como o carballo, debido á infestación de insectos parasitos”, a orixe é incerta, de forma que non hai acordo entre os etimólogos: Menéndez Pidal pensa que o termo deriva do latín, dun cruzamento entre BULLA(M), “burbulla” e *GALLA, “galada”; Corominas e Pascual apuntan ao celta *bullaca, “bocha”. En calquera dos casos, é difícil explicar a evolución até a forma actual no que respecta ao fonema palatal lateral, grafado ll.
- CAMPOS: o substantivo galego campo provén do latín CAMPUM.
- O CODESAL: deriva do latín vulgar *CUTISSU, “codeso” (formado a partir do clásico CYTISSUM), co engadido do sufixo locativo e abundancial –al, é dicir, “lugar onde abundan os codesos”.
- CODESEDA: partindo, como no caso anterior, do étimo *CUTISSU fórmase este topónimo, engadindo nesta ocasión o sufixo locativo e abundancial –eda, que deriva do sufixo latino –ETAM. O significado vén sendo o mesmo que o da palabra anterior.
- O COTO: procede dunha base prerromana *cott, “altura rochosa”.
- OS CURRELOS: é diminutivo de curro, formado co sufixo –elo. A orixe da palabra curro non está moi clara: é posíbel que derive do latín vulgar CURRALEM, “lugar pechado para gardar o carro”; tamén pode provir do lexema prerromano *kor, “rocha, monte”; e aínda podería ser que estivese relacionada co verbo latino CURRERE, “correr”. É posíbel que o lexema prerromano acabase confluíndo co latín, de forma que sexan certas todas as hipóteses. O que si está claro é o seu significado na lingua común: “lugar descuberto e cercado onde se encerran as bestas bravas traídas do monte; recinto cerrado e cercado ao carón da casa labrega que serve para recoller o gando e outros animais domésticos; en xeral, espazo circular”. Segundo Cabeza Quiles, este topónimo pode tamén facer referencia a anacos de monte cercados ou valados para a produción de toxo.
- A DEVESA: a orixe deste topónimo está no verbo latino DEFENDERE, “defender, preservar, protexer”. Formouse así, en época tardía, o sintagma TERRA DEFENSA, é dicir, “terra que hai que protexer > terra coutada ou cercada”. Así chegouse ao actual substantivo común devesa, “terreo valado ou cercado, normalmente extenso, poboado de árbores non moi mestas”.
- FILGUEIRAS: do latín vulgar FILICARIAS, derivado do tamén tardío FILICTU, “fento”. O sufixo latino –ARIA tiña un sentido abundancial, polo tanto, o significado do topónimo é “terreo abundante en fentos (ou fieitos)”.
- FONTENLO: deriva do latín FONTEM, a través do seu derivado FONTANUM, por medio de construcións do tipo FONTANA (AQUA) e mais o sufixo diminutivo latino –ELLUM, “fonte pequena”. Este étimo foi orixe de moitos topónimos en Galiza, uns coa consoante nasal /n/, como é o noso caso de Fontenlo; e outros sen ela: Fontelo ou Fontela, segundo distribución dialectal. Efectivamente, no lugar de Fontenlo hai unha fonte; aínda que, segundo nos di Reimóndez Portela, en case a totalidade dos vinte e un lugares da parroquia de Codeseda existe unha fonte veciñal.
- FRAGOSO: é un adxectivo que existe na lingua común e serve para designar un “terreo abondoso en penedos, crebas e desniveis pronunciados”. Deriva do adxectivo latino FRAGOSUM, que tiña este mesmo significado, “rochoso, escarpado, abrupto”. Esta palabra latina procedería, á súa vez, do verbo FRANGERE, “romper” e de aí lle viría ese sentido de “terreo roto, fracturado”. Fragoso, no galego dalgunhas zonas, serve para designar un terreo ocupado por fragas, é dicir, unha zona de “bosque grande con moita vexetación”. No entanto, na metade sur da Galiza adoita ter o sentido que comentamos anteriormente, relativo a terreo accidentado. En todo caso, no que se refire a este lugar da parroquia de Codeseda, acáelle ben o significado que dicimos, posto que hai grandes rochas e penedos, entre os cales están situadas as casas.
- INSUELA: diminutivo de insua, do latín INSULAM, “illa”. Normalmente chámanse insuas as pequenas illas no medio dun río. No caso deste lugar, por onde non discorre un río que poida formar verdadeiras insuas, quizais se refira a un pequeno territorio rodeado pola curva dun regato ou de dous. Ademais, segundo o dicionario Xerais a palabra pode ter outras acepcións, que se cadra resultarían máis acaídas como motivación do topónimo: “terreo pantanoso, terreo de cultivo de regadío”.
- MARCENLOS: posibelmente se trate dunha forma en diminutivo procedente dun nome de posesor. Proviría do antropónimo latino MARCIUS + o sufixo diminutivo –ELLUM. O estraño neste caso é que non proceda da forma en xenitivo, polo tanto, acabado en –e, como é normal nos topónimos de posesor (así temos, co mesmo antropónimo, o caso de Marcelle). En canto á consoante nasal do sufixo –enlo, tería a mesma explicación que no caso de Fontenlo.
- MONTEAGUDO: deriva do latín MONTEM ACUTUM. Este aldea recibe o seu nome dun monte de altitude considerábel (661 m.) que ten ao seu carón.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- A PORTELA: provén do latín PORTELLAM, derivado de PORTAM + o sufixo diminutivo –ELLAM. O substantivo portela existe no léxico común e pode ter varios significados: “pequena abertura que se fai nun valado ou parede para que poida pasar o gando, o carro, a maquinaria ou as persoas; porta rústica, parecida á cancela, que ás veces cerra esa abertura; paso estreito entre montañas”. O máis habitual, cando aparece na toponimia é que se refira a esta última acepción. Neste caso, a orografía da parroquia confirma a teoría: preto do lugar da Portela érguese o monte Bo, con 621 metros de altitude.
- AS QUINTAS: procede do latín QUINTANAM, derivado á súa vez do numeral QUINTUS –A –UM. O seu significado orixinalmente tiña que ver coa quinta parte das colleitas que se pagaban aos señores ou mosteiros e, a partir disto, derivou no sentido actual: “propiedade rústica con casa e terreos de cultivo”.
- A SAGRADA: deriva do adxectivo latino SACRATAM, que en tempos debeu de acompañar un substantivo hoxe desaparecido. Segundo Cabeza Quiles podemos supoñer que inicialmente sería A Fonte Sagrada, aludindo á fonte que efectivamente existe nese lugar. Trataríase, segundo este autor, dun antigo emprazamento de culto ás augas, logo cristianizado e sacralizado polo cristianismo, que se estableceu neste lugar sagrado para os pagáns e fundou alí un mosteiro.
- VILABOA: topónimo “propagandístico” de significado transparente. Provén do latín VILAM BONAM.
- XUBREI: trátase dun topónimo de posesor, a partir de VILLAM IUVEREDI, xenitivo do antropónimo xermánico Iuveredus.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Codeseda (San Xurxo)*
Manuel Reimóndez Portela
Trátase dunha parroquia do concello moi antiga e sempre coñecida polo mesmo nome.
Pertence á zona chamada da Montaña formada, ademais coas parroquias de Liripio, Ribela, Arca, Souto e Sabucedo.
LINDES: polo norte linda coa súa veciña de Ribela aínda que no ángulo noroeste se xunta ás de Parada, Nigoi e Arca; polo sur con Sabucedo e Quireza, polo leste con Liripio e polo oeste con Souto.
Por razón alfabética do seu nome correspóndelle o número 15.
Polo que atinxe á súa superficie con 2.190 hectáreas é a número un da Estrada e, polo tanto, a de maior superficie.
POBOACIÓN: a súa poboación é de 483 habitantes. Codeseda ten na actualidade os seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: a estrada PO-841 de Vilapouca a Ponte Vea pasando pola Estrada atravesa a parroquia na dirección norte-sur. Alí, en Sagrada empeza outra estrada a Campo Lameiro e Pontevedra.
Outras pistas van aos lugares da parroquia, en especial a que arranca en Codeseda a Trabadela, Xitón e Ribela, desta mesma parte despois dos Currelos, despois do Outeiro, outra que vai á Agrela e dende alí revira a Liripio ou segue para unirse á de Vilapouca, preto de Portela.
Desde A Sagrada arranca tamén outra pista a Arca. Está ben comunicada en xeral aínda que lle faltan outros vieiros que só poderán obter se fan a concentración parcelaria; aínda que non está feita esta concentración parcelaria está en proceso.
Antigos camiños de carro unen os lugares con leiras e montes nunha parroquia moi grande; é a parroquia con máis núcleos de poboación do concello (21).
Camiño real: este camiño viña de Terra de Montes, percorría a parroquia e pasaba pola ponte da Pedra, seguindo polo Arnado cara a Tabeirós e A Estrada.
Este era o camiño que utilizaban os arrieiros, que viñan de terras do Ribeiro ata Compostela.
HIDROGRAFÍA: o río Umia percorre o norte da parroquia en dirección oeste por terras de Arca e Souto.
Ten ademais os seguintes regueiros:
O das Quintas, que nace en Foxo Vello para pasar entre os lugares de Quintas e Barro e vai ao Umia na Zapateira; este regueiro recibe dous regatos, o que vén de Barro e o dos Fornos, que nace en Calvelo. O Soutiño nace en Pena Cebral, vai aos Portos, a Canavas, ao monte Ladróns, á ponte de Soutiño e Fragoso, para desaugar no das Quintas moi preto do Umia (nas Zapateiras) onde chaman Portoiomó.
O regato da Grela nace en Uceiras, pasa entre Trabela e Xitón e vai ao Umia.
O regato de Barro nace en monte Bo e vai ao das Quintas.
PONTES: no río Umia teñen a ponte da Pedra, a ponte Nova ou a ponte da Revolta e a ponte de Abragán.
No regueiro das Forcadas están a de Codeseda; e a de Barro no regato de Barro na estrada a Forcarei.
No regato das Quintas, a ponte Vella (románica), a das Quintas ou de Portuide, a ponte de Campos e a de Fragoso.
No regato dos Fornos, a ponte do Casal e a pontella de Cambada. O novo trazado da PO-841 fixo un viaduto en Barro.
Existen máis pontes na parroquia, pero todas elas de menor entidade.
FONTES: ten esta parroquia como principais fontes a de San Xurxo en Codeseda, cerca da igrexa. A Sagrada, a das Hortas, camiño da Sagrada a Fontenlo. A de Fontenlo, a da Devesa, a do Outeiro, a fonte de Currelos, a de Barro, a das Quintas, a de Fragoso, a de Monteagudo, a de Xubrei, a da Portela, a da Grela, a de Vilaboa e a fonte das Meigas, da que ten falado Cabada Vázquez. Sobresae a das Quintas, chamada "A Dichosa".
OROGRAFÍA: esta parroquia atópase cercada de altas montañas polo sur, onde chega ao monte de Monteagudo con 661 metros de altura, e polo leste cara ao monte Bo con 621 metros, preto da Portela.
AUGAS MINEIRO-MEDICINAIS: no lugar de Barro teñen augas sulfurosas frías, coidamos que antigamente foron importantes aínda que hoxe se atopan esquecidas e tapadas polo terreo.
CASTROS
Castro de Quintas: atópase no lugar do Castro desta parroquia. É un monte pouco alto ao que se chega a pé polas leiras, polo sur do castro o regato das Quintas e ten por alí menos altura sendo case que o seu nivel co do terreo que o rodea, a maior altura tena polo leste. É lixeiramente ovalado. Atópase deformado e incluso foi traballado noutros tempos.
Castro de Marcenlos: atópase polo leste do lugar de Marcenlos desta parroquia.
Trátase dun monte bastante alto e lanzal sendo por iso as pendentes moi fortes.
O cume é máis ou menos redondo e atópanse nel unhas pedras sen importancia; coma outros castros está cheo de matogueira.
PAISAXES: é un fermoso val o de Codeseda, que se prolonga polas parroquias de Arca e Souto, ou sexa cara ao leste; este val pode verse dende a estrada a Sabucedo no alto dos montes e tamén dende os de Monteagudo, e no alto do Outeiro, pola estrada da Grela.
Dende o outeiro de Iglesias (Os Currelos) vese o mar nun día claro, polo que é este un fermoso miradoiro.
Dende o outeiro de Codeseda vese unha noite clara o faro da Lanzada segundo nos di Alfonso Fernández desta parroquia, que lle dedicou uns versos co título "Churruscadas do monte de Outeiro ao Faro da Lanzada".
"¡A¡! Montiño do Outeiro
que do teu alto se ve brilar
o fariño da Lanzada
dándolle bicos ao mar...
Cando a noite este escura
e hai moito nubarrón
non te podo ver nen nada
co Cábado de Montillón..."
O río Umia tamén se atopa presente, formando un val menor.
MÁMOAS: unha mámoa importante atópase no monte chamado a Carballeira do Rei, xustamente onde a estrada a Sabucedo arranca da de Codeseda a Vilapouca, alí mesmo nesa carballeira á man dereita, onde a mesma estrada e mais un camiño de carro que vai para o monte cara ao S.O., vese esta mámoa, por suposto xa profanada.
Tamén atopamos outra mámoa no lugar de Amado.
PEDRAS: son moitas as pedras que poden atoparse na parroquia: unhas laxes, no rego da Laxe, laxes no monte do Outeiro (con pozas), a pena da Grela, a pena Cabrón, e outras, e por suposto os cruceiros que aínda quedan de pé na parroquia, que son:
1 Situación: no adro da igrexa de Codeseda.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cuadrangular con "gorxa". Columna: octogonal, remata redonda; no anverso, unha imaxe con cáliz nas mans. Capitel: cuadrangular en dous planos. Cruz: latina, lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros e medio.
Inscrición: na cara anterior do pedestal, as iniciais D.F.O.
Conservación: boa.
Tradición: un de tantos cruceiros nos adros das igrexas.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de Codeseda, a carón da estrada, na carballeira preto da igrexa desta parroquia.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cuadrangular con "gorxa". Columna: octogonal, comeza e remata cadrada; no seu anverso, dúas imaxes de mártires (palmas do martirio na man dereita). Capitel: cuadrangular con volutas. Cruz: latina, redonda, lixeiramente espiñenta. Anverso: Cristo crucificado. Reverso: Nosa Señora das Angustias. Altura: uns catro metros e medio.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: lémbrano de sempre no mesmo lugar, preto do camiño da igrexa, moi próxima.
Propiedade: pública.
3 Situación: parroquia de Codeseda (Sagrada), entrando nela a carón da estrada que leva alí dende A Estrada.
Descrición: plataforma: catro chanzos. Pedestal: cuadrangular rematando máis estreito. Columna: octogonal, comeza e remata cuadrangular. Capitel: pirámide cuadrangular investida en varios planos. Cruz: latina, brazo horizontal espiñento. Anverso: Cristo crucificado coa testa inclinada á dereita. Reverso: Virxe das Angustias cun querubín aos pés. Altura: uns catro metros.
Inscricións: non se aprecian.
Conservación: regular.
Tradición: sendo propiedade particular dos donos do terreo onde se atopa situado, pretenderon mercalo non hai moitos anos, opoñéndose os veciños da parroquia por consideraren, dado o paso do tempo, que é propiedade pública.
Propiedade: discutible.
4 Situación: parroquia de Codeseda, lugar de Monteagudo, fronte á entrada dunha antiga capela.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cuadrangular. Columna redonda, comeza cuadrangular cunha imaxe de Santo Antón no anverso. Capitel: cuadrangular con volutas. Cruz: latina, cuadrangular, sen cantos. Anverso: Cristo crucificado, cabeza dereita. Reverso: Virxe das Angustias. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non se aprecian.
Conservación: regular.
Tradición: cruceiro ergueito á entrada da capela das Angustias.
Propiedade: patrimonio dunha orde relixiosa.
5 Situación: parroquia de Codeseda, lugar de Barro, a carón da estrada, pegado a un balo.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: unha pedra cuadrangular. Columna: octogonal. Capitel: pirámide cuadrangular invertida, lisa. Cruz: grega, de brazos iguais, lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros e medio.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala.
Tradición: non se coñece.
Propiedade: pública.
6 Situación: vella estrada de Codeseda, fronte a Vilapouca. Despois de pasar a ponte da Pedra, xusto fronte do cruce que colle para Marcenlos.
Descrición: capitel e cruz novos, do ano 1995. Doazón dunha veciña.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Propiedade: pública.
HÓRREOS: o máis importante é o da antiga casa señorial de Monteagudo.
Na parroquia tamén hai casas con dous hórreos.
O máis destacado é unha HÓRREA no lugar de Quintas, na casa de Lois. Data do século XIX (1899) epodémola considerar como unha xoia da nosa arquitectura popular.
LENDAS: polo que atinxe ao castro de Quintas din os veciños que ao curuto lle chamaban a "Eira dos Mouros" porque viviron alí moito tempo.
Tamén nos contou un veciño da Sagrada que había unhas pedras con marcas que non sabían qué eran aínda que algúns dicían que representaban serpes. E que no castro había un tesouro que o rescataron seguindo as indicacións dun libro que non sabe cómo lle chaman (¿O Ciprianillo?).
CURIOSIDADES: esta parroquia foi pioneira en dispoñer de luz eléctrica, telefonía, coches de liña, etc.
HISTORIA
Jerónimo del Hoyo no ano 1607 recolle:
"San George de Codeseda.
Esta iglesia de San George es anexa al cabildo de Santiago y fue monasterio de monjas según la fama de llamarse monasterio.
Tiene ochenta feligreses. Los fructos andan arrendados en seiscientos y veinte ducados y el tenenciero tiene la jurisdición temporal desta feligresía y de la de San Lorengo de Sabucedo y San Juan de Liripio, que aunque es del dicho Cabildo de Santiago, anda con esta tenencia. Sirve en esta iglesia un capellán con cincuenta ducados (fol. 458 v.) de salario que le dá por congrua el dicho Cabildo. La fábrica tiene de renta dies y siete ferrados de pan. Hay en esta iglesia una dotación de una misa cada sábado. Está hipotecado a esta obra pía el lugar de Felgueiras; consta además de lo de arriba dicho, haber sido esta iglesia monasterio de monjas por unas letras que están escritas en dos piedras, junto a la puerta colateral de la Epístola, que dicen así:
ABBADESA MA RIANA FER: NOTA, BOCABAR. MUNIO.
EST, QUE, LAPIS, ISTE, MICHI, inREQUIE. DEUM. COLIE DAT
FERNAM. ERA M. CCII. ZQD: VII: kls: IVNH:
(fol. 459 r.) Otra piedra está sobre la puerta de la iglesia con la data desta aunque no en todo".
No ano 1987 o couto de Codeseda tiña 200 veciños. Lucas Labrada, "Descrc. Econom. del Reino de Galicia."
Catastro de Ensenada: os moi importantes datos recollidos do Catastro do Marqués de la Ensenada (1747-50) poden lerse no capítulo dedicado a este Catastro, onde se refire o chamado de Codeseda, con esta parroquia e mais as de Liripio e Sabucedo.
Segundo Pascual Madoz nos anos 1846-50 no seu gran Diccionario:
"Condesa (San jorge de) feligresía de la provincia de Pontevedra (5 leg.), partido judicial de Tabeirós (1/2), diócesis de Santiago (6), Ayuntamiento de Estrada (1/2). Situación en un pequeño valle circundado por los montes de Arnado al N., Zoo al E. y Quintas al S. combátenla principalmente los aires del SE y O., el clima es frío y la enfermedades más frecuentes fiebres de varias clases. Comprende además del lugar de su nombre los de Abragán, Barro, Bullagueira, Campos, Coto, Currelos, Devesa, Figueiras, Fontelo, Fornos, Fragoso, Grela, Jubrey, Marcelos, Monteagudo, Outeiro, Portela, Quintas, Vilaboa e Insuela, que reúne 173 casas entre las cuales se hallan la llamada de la Tenencia de fabricación muy antigua y que sirvió de convento de monjas Benedictinas hasta principios de siglo XVII. También hay escuela de primeras letras frecuentada por mas de 30 niños de ambos sexos que pagan al maestro cierta retribución convencional. La iglesia parroquial dedicada a San Jorge es buena fábrica y está servida por un cura de provisión ordinaria en concurso. Tiene tres ermitas una de ellas bajo la advocación de San Blas en el lugar de Monteagudo otra titulada de San Roque en el de Quintas y la otra con el nombre de Nuestra Señora de Guadalupe en el lugar de La Grela en una altura del monte Arnado desde el cual se divisa la ría de Arosa, el edificio es muy bueno y a la imagen que en el se venera profesan gran devoción los habitantes de la comarca y los marineros. Confina el término al N. Parada, E. Liripio, S. Quireza y O Souto, le cruza por el lado noreste el río Umia que naciendo en la fuente del mismo nombre junto a Acibeiro y Pereiras baña a derecha e izquierda varias feligresías sigue por Caldas de Reyes y desagua en la ría de Arosa no lejos de Cambados, durante su tránsito por este término recibe varios afluentes y tiene un puente entre el lugar de Quintas y el sitio de Fuentes Fría, el terreno es de mediana calidad, gredoso en el valle y arcilloso en la parte montañosa. Además de los caminos locales existe uno que dirige a Carballino y Ribero en buen estado hasta el puente de La Piedra. El correo se recibe de La Estrada tres veces a la semana por balijero. Produce maíz, centeno menudo, algún trigo, mijo y patatas y otras legumbres, mantiene ganado vacuno, mular, de cerda, lanar y cabrío. Hay caza de liebres, perdices y conejos, animales dañinos y pesca de truchas. Industria, ademas de la agrícola se cuentan cinco molinos harineros y los vecinos se dedican a la cantería en varios puntos de Galicia. Población:357 vecinos, 2,068 almas. " Esta parroquia constituía porsi soa xurisdición ou coto do mesmo nome e pertencía ao Cabido de Santiago."
Nomenclátor Arz. de Santíago: "Codeseda (San Jorge): Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Estrada-Cabildo de SantiagoEntrada265 vecinos 1315 almas. Estrada. Personal: Salgado Bouzas D. Agustión Parr. 47 años teol. 6 años. Castro Balleteros D. Manuel Coadj. 24 a Teol. 6 años. García Bahamonde D.José Prbtro. Br. teolg. 39 a. Vilas Fragos D. José Pbtr. 43 a Teol. 4 años. Hermida García D. Manuel, Prbt. 31 a. carr. breve."
No curso do ano 1924 tiña 1605 habitantes.
Dinos Álvarez Limeses no ano 1936 en "Geografía General del Reino de Galicia":
"Codeseda (San Jorge). Dista 50 kilómetros de Pontevedra y 10 de La Estrada y limita al N. con las parroquias de Rivela, Nigoy y Parada, al S. con Sabucedo, al E. con Liripio y al O. con Souto.
Entidades: Bugalleira con 33 habitantes, Campos 125, Currelos 79, Devesa 40, Filgueira 21, Fontenlo 87, Fragoso 51, Grela 178, Insuela 81, Jubrey 146, Marcenlos 132, Monteagudo 43, Outeiro 59, Portela 61, Quintas 225, Sagrada 115 y diseminados 129 que hacen un total de 1.605 habitantes para los que hay dos escuelas unitarias situadas en Codeseda y una mixta servida por maestra en Portela en un edificio recientemente construído por los vecinos.
Esta parroquia constituía por si sóla antiguamente jurisdición a coto perteneciente al señorío del Cabildo de Santiago.
Sus montes principales son los de Espiñeira por el S., Cabanelas por el E. y Cabado por el O. La baña el Umia por el Norte.
La atraviesan las carreteras de Codeseda a Pontevedra y la de Vilapouca a La Estrada que cruza en este punto con servicio diario de automóviles, existiendo también algunos de turismo. Tiene Codeseda dos fondas, dos cafés y varias tabernas y cuenta con una fábrica de electricidad, otra de aserrar maderas y algunos talleres de carpintería.
Hasta el siglo XVII existió en esta parroquia un convento de monjas benedictinas del cual solo se conservan restos. La iglesia fue reconstruída en el año 1880 conservando un ábside románico. Existe además en el lugar de la Grela en una altura del monte Arnau, una ermita dedicada a Nuestra Señora de Guadalupe desde la cual se divisa la ría de Arosa. Hay también aquí un pequeño castro y Murguía en el tomo I de la Historia de Galicia, pag. 51 dice que deshaciéndose una mámoa en el monte Arnau se hallaron dos piedras de once cuartas de largo clavadas y unidas por su vértice constituyendo un túmulo.
Las fiestas principales son las de Nuestra Señora de Guadalupe que se celebran los días 7 y 8 de septiembre y la de San Mauro el 15 de enero para organizar las cuales existe una comisión que se renueva anualmente. El segundo y cuarto domingo de cada mes se celebran en esta parroquia ferias muy concurridas en un amplio campo inmediato a la carretera de Codeseda a Pontevedra. Hay una fábrica de aserrar maderas, alumbrado eléctrico en varios lugares que produce una fábrica que aprovecha un salto de agua en el río Umia."
IGREXA PARROQUIAL: xa nos dicía o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas "Memorias del Arzobispado de Santiago" -ano 1607"se dice que la iglesia de Condeseda, perteneció a una comunidad de monjas", falamos da inscrición que citamos e mais da abadesa Mariana na era M.CC.II., que corresponde ao ano 1164... pois Hipólito de Sá Bravo dinos que a data é anterior. "En Mayo del año 1124 se lo donó el joven rey Alfonso VII a Munio Pérez Tacón cuando ambos fueron armados caballeros en la Catedral de Santiago. En la donación se menciona el Monasterío de San Jorge de Aguas Santas o Codeseda según referencia de López Ferreiro el tomo IV de su Historia de la Iglesia de Santiago"... "En la Bula del Papa Anastasio IV, 8 de Abril de 1154 en los que confirma los privilegios y posesiones de la iglesia Compostelana... menciona además el de Codeseda-coteseta-etc... por tanto la fundación del Monasterio es anterior al año 1164 que figura en las inscriciones... en Abril de 1410 el Cabildo compostelano en vista de la precaria situación del Monasterio en el que tan sólo residía la Abadesa Teresa Arias y la monja Inés Rodríguez acordó anexionar a la Mesa Capitular los bienes y rentas del Monasterio... reservando la parte correspondiente para que las monjas que quedaban pudiesen seguir viviendo en el Monasterio... con esto el señorío que tenía el monasterio en Codeseda y en las parroquias de Liripio y Sabucedo pasó con todos sus vienes y al Cabildo de Santiago que estableció en Codeseda una tenencia que comprendía las parroquias de Codeseda, Liripio y Sabucedo".
"...La maravillosa iglesia románica, reedificada en su nave pero completa en la cabecera donde destaca un hermoso ábside pentagonal unido a la nave mediante un cuerpo rectangular limitado por el arco triunfal y otro arco paralelo que marca el arranque de la porción semicircular. La directriz de los arcos es semicircular peraltada, pero algo deprimidos en el centro... Se apoyan sobre columnas adosadas con capiteles bellamente ornamentados... Bóveda de medio cañón en el tramo recto de la capilla mayory de sección poligonal en la cabecera del ábside sobre nervios apoyados en columnas acodilladas en los ángulos...con similitudes con el ábside de Acibeiro comarca limítrofe y reflejos del románico compostelano...arcos y rosetas y cruces y círculos con entrelazos... Exteriormente el ábside está dividido en cinco tramos por semicolumnas adosadas a los vértices de los ángulos unidos a una porción recta unida por contrafuertes. En los extremos cinco ventanas con archivoltas semicirculares tóricas y de fino ajedrezado... destacando los motivos ornamentales que hay en los tímpanos... cruces, rosetas y círculos de entrelazos frecuentes en la simbología ornamental románica.
Nada sabemos de como sería la fachada y demás elementos románicos de la nave debido a las modificaciones... Pero como eco lejano de la fundación monacal muy antigua quedan el ábside tenido como uno de los más hermosos y completos dentro de su característica estructura." Sá Bravo, Hipólito "Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra 1978" p. 497-501.
Pedro Varela, pax. 155: "La feligresía es de las más antiguas de la comarca. Ya antes de fundarse el Obispado de Santiago (más tarde Arzobispado), en el siglo IX o a principios del X, Sisnando, Obispo de Iria menciona en una escritura a Codesión (Codeseda)
como tributaria para el Monasterio de San Sebastián del Pico Sacro; y al armarse caballero en Compostela el Rey D. Alfonso VII en el siglo XII donó a su leal partidario Munio Pérez Tacón, el Monasterio e iglesia de San jorge de Aguas Santas o Codeseda en Tabeirolos (Tabeirós)." Así resulta de un tumbo rotulado: "Posesiones y anexiones", folio 109: Tenencia de Codeseda Archivo de la Catedrai Compostelana.
En bulas del Papa Anastasio IV y de Alejandro III fechas 8 de Abril de 1154 y 20 de Marzo de 1178, se confirman los privilegios y posesiones de la Iglesia de Santiago, entre las cuales estaban la Iglesia y Monasterio de Codeseda. En el testamento de Doña Urraca Fernández, hija del conde D. Fernando Pérez de Traba, era 1237, se menciona Codeseda."
Tamén López Ferreiro na "Historia de la Santa M. Iglesia Catedral de Santiago", recolle que o 23 de abril de 1410 celebrase Cabido presidido polo arcebispo D. Lope, recoñeceuse a pobreza en que vivían no convento de Codeseda a súa abadesa dona Teresa Arias e a monxa Inés Rodríguez, discutindo moito o tema acordan unir o convento á Mitra Compostelá para que as rendas se repartisen entre os que asistisen aos primeiros rezos da mañá (Maitines), coa obriga de deixarlles ás monxas rendas para viviren nese mosteiro.
O mosteiro atopábase no que hoxe é a Sagrada (de aí este topónimo) na chamada Casa da Tenencia.
Luis Gil, mestre de obras do que se coñece a obra de reparos e arranxos no faiado e tellado e rosetón da igrexa de Codeseda no ano 1744. Acordárase en dúas visitas e o vicario de Codeseda Domingo Bautista Bernárdez esixiulle o seu cumprimento ao Cabido de Santiago. Este mandoulle ao arquitecto da catedral Fernando de Casas Novoa a recoñecela e en conformidade co proposto, juan Bernabé Cornejo deulle a obra a Gil en 2.200 reais como mellor postor.
O mestre Gregorio Matalobos, en 1619, fixo obras para arranxar a igrexa de Codeseda.
En 1695 fixo para esta igrexa un copón o prateiro santiagués juan Pose; os dous valeron 420 reais e 22 maravedís.
Tamén esta igrexa foi recoñecida por designación do Cabido polo mestre Francisco González Araújo no ano 1619... segundo Bonet Correa, Antonio "La Arquitectura en Galicia en el siglo XVII". Madrid. 1966 p. 142.
Inscrición das campás da igrexa: campá grande: MELCHOR OCAMPO ME HIZO EN ARCOS DE LA CONDESA AÑO 1911.
Pequena (1 *): PALACIO Y LISTE EN ORAZO AÑO 1864. Pequena (2.-): MARIA Y JOSE ESTAS SE HICIERON SIENDO CURA PARROCO D. AGUSTIN SALGADO BOUZAS. MELCHOR OCAMPO ME HIZO EN ARCOS DE LA CONDESA, AÑO 1902.
Outros datos: /ylglesia románica contigua a un convento de monjas, consta que estaba en malas condiciones en 1820, pues entonces al visitarla el Arzobispo de Santiago recomendó se restaurase.
Por el contrario se procedió a su derribo por 1851 conservándose solamente el ábside. El tímpano y otros elementos de la portada pudieron salvarse de la destrucción". Escrito por Gaya Nuño, J. Antonio "La arquitectura española en sus monumentos desaparecidos". Madrid 1961 p. 137.
Cóntanos Pérez Constanti... "El Maestro Cantero Gregorio Matalobos corrió en 1619 con las obras de reparación y consolidación de la iglesia de Codeseda, contratada en 700 reales y con arreglo a condiciones formuladas por Francisco González de Araújo en las cuales se hace expresión de que el cuerpo de dicha iglesia tenía de ancho 27 pies, de largo 54 y de alto 45, que dos de los tres arcos en que cargaba el techo cayeron y quedó el tercero que está para se caer que esta ruina vino de ser las paredes tan altas y delgadas y el hueco de los arcos grande por lo cual fue causa que la pared de la parte del vendaval desde la mitad arriba se desplomase. Teniendo que bajar la mitad del espejo que está sobre la puerta de la iglesia que hará una bufarra de dos pies de ancho y cuatro de alto bien rasgada por la parte de dentro y con este remedio se evitarán de hacer los estribos que son de mucho más coste... por cuanto por tanto por la parte de dentro se han de bajar los pilares, se volverán a poner los mismos capiteles para que de esa manera hagan fenecimiento de obra sobre los cuales han de cargar las vigas...
El coro (capilla mayor) tiene 27 pies de largo y dicecinueve de ancho. El techo es de bóveda de pedra de grano muy bien acabado el cual tiene dos arcos que han hecho sentimiento hacia la parte del vendaval para remediar lo cual conviene que se haga un paredón de pilar a pilar que tiene dentro de sí los dos pilares". "Diccionario de artistas" p. 375.
"Francisco González Araújo, maestro de obras, vecino de Santiago por designación del Cabildo Compostelano reconoció en 1619 la iglesia parroquial de San Jorge de Codeseda por hallarse ruinosa en gran parte y dictó las condiciones para las necesarias obras de consolidación que se encomendaron al maestro cantero Gregorio de Matalobos." De Pérez Constanti "Diccionario de artistas" p. 253.
Capela de Nosa Señora de Guadalupe-A Grela: ten planta latina, portada alintelada recercada de molduras adinteladas; sobre dela fornacina de arco semicircular con volutas aos lados. Ventá recercada de moldura plana. Estrenos da fachada encapitelados con debuxos planos e pináculos no centro.
Campanario de dous corpos. Muros laterais lisos con engadidos a cada lado da cabeceira. Tellado a dúas e tres augas.
Esta está no cumio do monte, na esquina dun muro. A súa base é a rocha natural.
Mirando cara ao lugar de Grela existe unha pequena explanada, onde se facía a "venia" (xa comentada no libro).
Nesta capela venérase a Virxe de Guadalupe.
Hai unha importantísima veneración os días 7 e 8 de setembro. Antes viñan os mariñeiros de Bueu, Noia e Barbanza a veneraren a Virxe. Facían cos remos un pasadizo en forma de uve, por onde pasaba a procesión. Este mesmo día a Virxe saía en procesión ata o alto do monte, onde se ía atopar na cruz da Grela (cruceiro) co San Xurxo, que viña en procesión dende Codeseda, polo camiño do monte. San Xurxo e a súa comitiva facíamlle a reverencia á Virxe.
Dito cruceiro, que está asentado nunha rocha natural, está ben conservado.
Capela en Monteagudo: neste lugar fronte á casa deste nome atópase a capela de San Brais.
Capela de San Brais: situada nun outeiro, no lugar de Monteagudo.
A parte dianteira da capela pertence á que existía no lugar das Quintas, dedicada a San Roque.
Na actualidade celébrase neste lugar a festa de San Brais o dous de febreiro.
É unha capela de propiedade veciñal.
Capela de San Roque: situada no lugar de Quintas. Na actualidade só quedan os restos dos muros, aínda que sepode apreciar onde estaba a pía bautismal.
CASAS NOBRES
Casa de Monteagudo: portalón con arco de medio punto, sobre del cornixas con ameas e cruz. Toda a casa está rodeada de muro de cantería, nunha das súas esquinas ten un miradoiro semicircular ao que se sobe por unhas escaleiriñas. Casa de planta rectangular. Unha das súas entradas leva porta de entrada con arco rebaixado, recercado de moldura plana; a un lado unha troneira e o frixo e mais un gran escudo.
No resto consérvanse algunhas troneiras e ventás con trebetel.
Porta alintelada na contrafachada recercada de moldura acodada. Entre as dependencias hai unha capela, dous hórreos e unha palleira.
Atópase situada en Monteagudo. O escudo con iniciais de f.B. (José Ballesteros). Actualmente, despois de pasar por varios propietarios, é patrimonio da familia Blanco.
Capela: é de planta rectangular con porta alintelada baixo arco de medio punto tapiado sobre xambas encapiteladas, remata con espadana central dun van.
Na actualidade o estado desta antiga casa señorial é só regular, mercárona novos propietarios.
Está a pequena capela fronte á entrada, camiño por medio, ao norte da casa.
Aínda así hai que dicir que a capela non é da casa grande, senón que pertence á propiedade da parroquia.
Na parroquia tamén existen outras casas, pero de menor importancia, quepoden ser denominadas como "casas grandes", pola importancia da súa arquitectura e pola semblanza que achegan, máis por ser relevante a súa servidume.
FESTAS: a do padroeiro, San Xurxo, non se celebra na actualidade a festividade profana só a relixiosa.
Celebran como festa importante a de San Mauro, avogoso da reuma: é moi coñecido o dito: "O que do reuma sanar quixera, veña a San Mauro de Codeseda".
Ofrecíanlle figuras de cera, pés ou pernas, mans e brazos, cabezas... e os domingos á saída da misa había poxas de polos, unllas de porco, cacheiras. Tamén se poxaban as festas a quen dese máis cera.
FEIRAS: hoxe non ten feira Codeseda, aínda que a tivo, e moi importante. O 12 de outono do ano 1860, dinos Pedro Varela. "... a instancia de D. Juan García el ensanche de la feria a expensas de la finca Trigueira. En 14 de octubre de 1864 el arriendo de los estiércoles de la aludida feria, conmisionado para llevarlos a efecto al D. Juan García y otros. En sesión de dicha Corporación, fecha 17 de marzo de 1885 se habla del ensanche considerable dado al campo de la feria; se aclara que venían celebrándose ferias los segundos domingos de cada mes, y se acuerda la creación de otra para celebrarla los cuartos domingos de cada mes. Estas ferias aún existen y son de bastante concurrencia e importancia; constituyen una fuente de riqueza para la localidad y debido a ellas, principalmente el lugar de Sagrada, donde se realizan va adquiriendo aspecto de Villa".
Actualmente a Asociación Loureiro Verde traballa para recuperar a denominada "Feira dos cans", da que xa celebraron dúas edicións.
INDUSTRIA: ten a parroquia un taller de carpintería, un taller mecánico, un aserradeiro de madeira e varias casas de turismo rural.
Existen varios mutños:
No río Umia os dous de Marcenlos, o de Caldeirón, outros dos na Ponte da Pedra, o de Buela, o de Fereiro, o muíño novo e o de Abragán.
O regueiro de Quintas: ten o de Lois, o das Quintas na fervenza (unha fervenza entre o monte da Lomba e o de Barro), o de Campos, o de Penide, o das Lousas, o de Baixo e tres en Fragoso.
No regato de Barro o de Barro ou da Ponte e os dous de Baixo.
Hai outros varios muíños nos distintos regatos dos lugares.
COMERCIO: ten a parroquia unha sucursal da Caixa de Aforros, 2 comercios mixtos ou ferreterías, 2 cafés (outro café no lugar de Xubrei), unha carnicería, unha farmacia e un panadeiro.
A "FÁBRICA" DA LUZ: tiveron en Codeseda unha fábrica de luz, que aínda hoxe produce enerxía eléctrica aínda que só para a casa do seu dono.
Atópase na marxe dereita do Umia pouco arriba da ponte da Pedra, onde lle chaman Caldeirón, sendo coñecida por este mesmo nome.
Juan Vilas Filloy, un emigrante en Cuba, regresou á súa Codeseda e puxo en marcha esta fábrica, recollendo a auga de moi preto á ponte ou acueduto da presa de Leira e dáballes enerxía aos veciños de Marcenlos, Fontenlo, a Feira ou Sagrada, Barros e Quintas.
A familia Vilas era unha das sobranceiras da comarca como o son aínda os seus descendentes. Foi inaugurada polo ano 1923.
Máis tarde vendeunlla a Benjamín Valladares, familia moi coñecida nesta e na Estrada, quen pasados os anos a vendeu tamén a quen a posúe hoxe, Miguel Sieiro, home namorado aínda dela, que nola amosou en perfecto funcionamento, coa súa turbina, alternador e demais aparellos aproveitando para movelos a forza da auga do dito Umia, onde se lembra que se facían redadas de miles de troitas por aqueles anos e hoxe apenas se atopan. Dálle anerxía para a súa casa e máis para un muíño. Preto dalí ten unha fábrica de aserrar madeira, no monte do Arnado.
Esta parroquia foi pioneira en dispoñer de luz eléctrica, pois A Sagrada tívoa en 1928 o primeiro núcleo de poboación rural da Estrada en ter luz eléctrica, tal e como relata M. X. Fernández Bácuas en "Unha aproximación ó estudio da chegada e desenvolvemento do alumado pública eléctrico na Estrada (1900-1950" (Misc. hca. e cult. nº 1). Tamén foi a primeira en gozar dos beneficios da telefonía, coches de liña sobre o quepublicou Luis Porto "As cousas... as nosas'' (Tib. Terra XILL), etc.
ENSINO: un Colexio de Ensino Xeral Básico no lugar de Fontenlo onde reciben ensino todos os alumnos da parroquia.
Actualmente o colexio leva o nome do escritor Cábada Vázquez. Nomeado así en 2001 o Concello da Estrada dedicoulle o ano cultural ao ilustre escritor.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: tiveron estas xentes unha sociedade agraria e un sindicato importantes.
Na actualidade existen varias sociedades culturais: Sociedade de Caza e Pesca, Asociación de Mulleres Rurais e Asociación Xuvenil "Loureiro Verde".
DEPORTES: teñen campo de fútbol e practícanse os deportes da caza nos moitos montes da parroquia e a pesca, abondosa no río Umia e regueiros que desaugan nel.
Tamén dispoñen dun pavillón polideportivo cuberto anexo ao colexio.
SANIDADE: os veciños de Codeseda teñen o seu médico de asistencia pública domiciliaria, tamén chamado médico municipal como en cada unha das parroquias do Concello, que ademais ten a praza da Seguridade Social; anos atras o médico residía na parroquia, hoxe vive na vila estradense, aínda que algúns días pola semana pasa consulta. Teñen os mesmos servizos sanitarios das outras parroquias en canto atinxe a especialidades e médico de garda no ambulatorio da Seguridade Social.
Creouse un centro médico no lugar de Gande, onde se consulta diariamente a moita da poboación da zona.
ECONOMÍA: vivenda, luz... viven os veciños moito mellor que nos de atrás con servizos de augas e iluminación, particular e pública, melloroulles por iso a forma de vida, aínda que lles faltan as melloras que leva consigo a concentración parcelaria.
PERSOEIRO EGREXIO
Cabada Vázquez, Xosé Manuel. Ten Codeseda no seu fillo Cabada Vázquez un poeta cheo de humanística que demostrou a través dos seus versos e chegaría a ser un dos homes máis sobranceiros nas letras se non o pillase a morte en plena xuventude e dedicación, aos 35 anos xa que naceu en Codeseda o día 6 de decembro de 1901 para morrer o cinco de abril de 1936 en Linares (Jaén), onde exercía como catedrático de Latín e director do instituto de ensino secundario. No ano 1962 foron trasladados os seus restos a Codeseda, en virtude do traballo realizado por unha comisión destinada a este fin e que conseguiu ademais a realización de actos de homenaxe a este poeta, nos que tomaron parte escritores e persoeiros da cultura galega de renome no momento, do que dan conta Mario Blanco Fuentes e X. Andrés Fernánez Castro en "A traslatio dos restos do poeta X. M. Cabada Vázquez ó cemiterio de Coedeseda" (Misc. hca. e cult. nº 4).
Fixo estudos eclesiásticos en Santiago onde concluíu Teoloxía e Dereito Canónigo, estudou tamén maxisterio e despois Filosofía e Letras na mesma Universidade Compostelá. Opositou á Cátedra de Latín sendo nomeado para o Instituto de Medina de Rioseco (Valladolid) no ano 1933; en 1935 pasou o de Linares (Jaén), onde morreu o día 5 de abril de 1936. O día 14 de outubro de 1962 trouxéronse os seus restos para lles dar sepultura no cemiterio de Codeseda onde repousan. Escribiu en Vida Gallega, El emigrado, Céltiga, Nós, etc. e sobre todo coñécese pola súa obra "Vagalumes", que se editou en xaneiro de 1931, con ilustracións de Castelao. Foi reeditado en edición facsimilar pola Asociación de Fillos e Amigos da Estrada.
Vexamos uns retrincos de fermosos versos que escribiu na revista Nós.
¡MONTAÑESA!
Pra ir morrer na tua veira
Amarridas de saudade
ceibo eu as coitas miñas
irtas arelas, o aire
ten de elas dor, montañesa
a das olladas soaves
Hei de mandarche senlleiro
irmán na dor e nos males
nun alongado sospiro
o meu corazón sangrante
xa coidarás, montañesa
amor e agarimo darlle.
Le lías da miña terra
ó teu ouvido soaves
ledos che han levar nas azas,
mainos, mainiño-los aires;
e a dona has ser do poeta,
do seu curazón a amante,
O agarimos dos teus fillos
¡a santa Paz de un fogare!
CIUMES E NAMOROUZOS
Meu corazón namorouse
dedun rosal a frolecer
quer voar e non ten azas
quer ir e non ten lecer
No rosal medra unha rosa
loira e fermosa de ver
da súa corola albariña
namorouse un caravel
i-o meu curazón ferido
a treizón por non sei quen.
O caravel namorao
ciumes de min seica ten
a rosa rise burleira
sin darlle creto a ninguén
Unha mañán outoniza
quedei extranado ó ver
a roseira desfollada
resequido o caravel
No día de Galicia do ano 1931 escribiu unhas afervoadas estrofas... Escollemos:
gardadora das cinzas de Santiago
e verdadeiro altar da nosa patria,
Cabaleiros de Cristo e de Galicia
defensores das libertades sagras
da terra e da fé ardente
que eiquí o Santo Apostol predicara...
Galicia!... Nai Galicia!... Terra a Nosa!...
Caiamos por Galicia na batalla!
"San Francisco pregando ós paxariños", etc.
A GALICIA
Tanto che quero Galicia
Tanto cariño eu che teño
Que morro sé questou lonxe
Do teu colo feiticeiro
Fora de tí terra amada
Vivir non podo galego
Como non pode vivir
Sen agarimo o neno.
Ti atrás ó teu regazo
D'amor e tenruras cheo
A todo-los que mamaron
o leitiño dos teus peitos
os que ti acobexache
no teu colo de pequenos
y aqueles que ecalentache
co alentiño dos teus beizos
por ti de lonxanas terras
sospiran meu chan galego
aqueles que te deixaron
por mor de buscar sustento.
Os que a tí cando rapaces
a xogar adeprendemos
e viron en ti do sol
os resprandores primeiros
os amantes dos teus campos
de lonxanía cubertos
das outras cumes dos montes
pol´as chorimas marelos
D'amenida dos teus vales
D'a maxesta dos teus tempros
ond´as nais van a rezar
polos fillos que perderon
Dó murmorar das fontanas
D´o encanto dos teus regueiros
que por montes e campios
escorregan cantareiros
Das tuas fermosas praias
nas que batischa o oceno.
E di o cantar dos teus bardos
e poetas qu'os seus versos
escriben no teu falar
tan meloso, tenro e meigo.
¡Galicia nai cariñenta non sei que ten o teu seo!
pois é imposibre que poida
lonxe de ti o galego
vivir sin que a nosta xia
Da morriña...no seu peito
non sint'a enfermedad
¡que o leva a coba mesmo!
Tanto che quero Galicia tanto cariño eu che teño
que morro sé que estou lonxe do teu colo feiticeiro.
(El emigrado 7-1-1924)
O ESPELLO
(Remorsos dun vello)
Tempos aqueles que xa fuxiron
que xa se foron pra non volver
xa cantas veces ¡ai! me feriron
as consecuencias daquel pracer.
Agora é tarde, vou indo vello
Eme imposible xa atrás tornar
mociños novos, sonvos o espello
No que debedes ben vos mirar
Eu fixen moitas cando era mozo
Fun cal son moitos... un toleirón
Hoxe me pesa pois xa conozo
Os feitos deso qu'amargos son.
Nas loitas era sempre primeiro
As millores mozas tiñas tamen
Mais ora son xa un vellouqueiro
Ou millor dito ¡non son ninguen!
Praceres, gustos... ¡cantos eu quixen!
Préste meu corpo nada faltou
Pro verde agora que dó que fixen
Os resultados pagand'estou
Gocei de mozo, sufro de vello
Os amargores daquel gozar...
Hozoa dagora veleiqui o espello
Pr"a todas houras n'el vos mirar.
(El Emigrado 31-1-1924)
LONXE DELA
Cando en ti penso meniña
E me lembro d'aques días
De ventura
Eu qu'os dous xunt'a fontiña
As tuas coitas me decias
Con dolzura
Parezme ainda estarte vendo
I entonces anqueu comprendo
Qu'e ilusión Sinto un amor doce e santo
Tan só por ti ¡meu encanto!
Arder o meu corazon...
Entroques ¡ai! cando penso
Qun ha correr
Dias, semanas e meses
Sin t'eu ver
Sinto un delor tan intenso ¡So souperes!
Que me fai desfallecer...
(El Emigrado 16-7-1924)
INOCENCIA
Nanai Rosa e meniño inda dorme
Pois quediños, deixagos dormir
E acochamolo por mor del frio
Acochadeo e fuxide d'ali
Porque choras nanai ¿quen tiveches?
Vos matastero neno, bribons
Non viades qu'así afogaba?
Nanai Rosa ¿e seía o cocon?
Rapaciño ¿onde vai o meniño?
Morreo onte e no ceo está
¿Afogastelo vos ó cochalo?
Non nos fomos ¡que o diga nanai!
(El Emigrado 31-X-1924)
NA FALA GALEGA
Se ques que che conte hestorias de bruxas
Cousiñas chistosas e contos sin fel
Hei de falarche cal falan as musas
Na fala galega galega mais doce que o mel
Q"o idioma galego e moito mais doce
E moito mais tenro que todos os mais
E cousa ben crara ¡calqueres o conoce!
Por eso o falaron de cote meus pais
Eu tamen quixera se ti no recusas
Dende oxe falarche tamen sempre nél
Se ques che conte hestorias de bruxas
Cousiñas chistosas e contos sin fel.
Galegos falaron os donos da reina
Rosalía, Curros, Añon e Pondal
E así do Parnaso chegaron á cima
E así conqueriron renome inmortal
E porque da terra galega non fuxas
Sen verlle ós seus contos todiño o aquel
Hei de falarche cal falan as musas
Na fala galega, máis doce que o mel.
(El Emigrado 7-11-1924)
SOSPIROS DE EMIGRADO
Galicia
berce dos meus amores
xardin de frores patrio fogar
Nas aras
Do altar do meu peito
latexa a eito
o afan datí voar
Nai santa
que no teo doce colo
me deche arrolo vida e calor
A tí
teu fillo d'esta banda
oxe che manda
santos beixos d'amor.
Pra tí
cobizandocobizando sostento
te abandonei
Destonces
Sentindo xa a morriña de dor naiciña bagoas que eu chorei Non vexo
aqui aquelas veigas fertis e meigas quen n'esa hai Nin teño
a que contar meus dores e desabores nin consolos de nai
Anduriña
cando ¡ai! na primaveira
chegues voando lixeira
a aquel xardin
Non te esquenzas
de ir a miña casiña
e a coitada naiciña
¡bicar d'amor por min!
(El Emigrado 24-12-1924)
MARUXA
Pra todas e cada unha das nenas da Estrada coa fonda admiración que lle ten o autor.
Xa ti rias-xa ti chores
xa te poñas-a cantar
en ti sempre-os rei señores
ten dabondo-que envexar
Maruxiña xintil e garbosa
xeitosa rapaza
Ti elo orgullo da terriña nosa
ti, a orgulleza da raza.
Dos teus labres bermellos e roxos
a sangue garexa
Nos teus ollos sen chan todo antoxo
Galiza refleza
D'agarimos amor e dozura
e feita a tua fala
Quen das falas irmans e a mais pura
a tona e a gala.
O teu corpo cal xunco brandea
a gaita en tocando
Nas cidades, nas vilas e aldeas
todos te ademirando
De ti os mozos a treu se namora
que é moita muller
ti beixas para cantos te adoran
decote has de ter.
Meiga Maruxiña
garrida rapaza
a ialma da raza
en ti se encarnou
Ti es toda morriña
ti, toda ledicia ti,
a mesma Galicia
que en ti se trocou.
(El Emigrado 31 -XII-1924)
O Ano Cultural 2001 foi dedicado a este persoeiro na Estrada, onde ten unha rúa, púxoselle o seu nome ao CEIP de Codeseda, unha escultura na rúa da Cultura e estableceuse unha relación fluída co Concello de Linares (Jaen) onde nunha visita institucional encabezada polo alcalde da Estrada Ramón Campos se colocou unha placa conmemorativa e se celebraron diversos actos como charlas no que fora o seu instituto, visita á súa prometida dona María Luisa, etc.
A raíz disto, a Fundación Cultural da Estrada publicou a súa obra completa e unha biografía de Edicións do Castro, as dúas preparadas polo sobriño do poeta Manuel Cabada Castro. Lmportante tamén é "Fondos bibliográficos da biblioteca do poeta X. M. Cabada Vázquez (1901-1936)" do mesmo autor (Misc. hca. e cultural nº 3). Ademais de diversos artigos noutros números, dedicóuselle o Tab. Terra nXI, no que aparecen varias achegas interesantes sobre a súa figura e obra.
Outros persoeiros da parroquia foron segundo Pedro Varela: "D. Juan García y D. Cayetano Taboada personas distinguidas y pudientes; sucedió al primero su hija única, doña Anuncia García, esposa del abogado y diputado provincial D. Benjamín Lois este debeu ser un home importante xa que aínda hoxe cftanse propiedades do tal Lois). El inspector Provincial de Higiene Pecuaria D. José García Buela, también procede de Codeseda. De allí era médico en 1890 D. Manuel Moreiras Balado; despues en 1893 lo fué D. José Valentín Cobian; y lo es actualmente, D. Manuel Leyes Pose."
José Ramos Garrído naceu no lugar de Barro en 1887 e foi coñecido como "o fotógrafo de Codeseda". Home de habilidades innatas, deixou moita impronta na zona e retratos de gran valía; a súa vida está relatada en achegas feitas polo seu fillo, o mestre Javier Ramos en Tabeirós Terra nº III, IV, V e VI.
Segundo Ventín Cerviño, mestre e poeta nacido nesta parroquia e afincado no Concello de Barro, publicou "Instantes de sentimiento" (1993) e "Notas do Premio de Poesía Avelina Valladares" (Tab. Terra nº II).
OUTROS DATOS MÁIS: recollemos de Pedro Varela (p. 158) que unha peste asolou varias comarcas polo outono de 1567, invadindo tamén Codeseda, onde causou moitos danos.
Ordenouse de Santiago: "Que se clave en cada una de las puertas un memorial de los lugares en que reina la pestilencia para que no entre ninguna persona que proceda de ellos. Son estos: cotos de Codeseda, y Montes, San Juan de Coba, tierras de Altamira y Tabeirós en Galicia".
Os carlistas fixeron toda clase de estragos e salvaxadas por onde pasaban, sempre sementando o medo, roubaban gando, diñeiro, queimaban casas e palleiros e incluso obrigaban a algún a facer unha escritura deixándoos por herdeiros e deseguida matábanos.
En setembro de 1839 apareceu morto, mallado un paisano en Codeseda tamén acusado polos carlistas de espía... J. R. Barreiro Fernández "El Carlismo Gallego" p. 1 32.
Na acta da sesión do Concello de data 12 de decembro de 1839 consignou que 30 carlistas ao mando do seu xefe, Villanueva, invadiron a parroquia cometendo falcatruadas e golpeando a un veciño inocente.
Na sesión do 22 de xullo de 1847 refírense os danos que os animais salvaxes causaban, nos montes desta parroquia.
O 27 de xullo de 1860 acordou compoñer a ponte de Abragán.
A mediados de 1600 atopándose na parroquia o arcebispo San Clemente nomeou o bispo de Osiry (fuxido de Irlanda), Arcediano da raíña na igrexa Compostelá.
Entre os concelleiros elixidos pola primeira corporación do constituído Concello da Estrada en 1840, por Codeseda figurou Jacobo García.
TOPONIMIA MENOR: son moitos os importantes chamadoiros: Castro, Sucastro, os Castros, Eira dos Mouros, Pedra Sobrado, Pena Cabrón, Pena de Gralla, Fonte das Meigas, Carballeira do Rei, Monte da Feira, As Forcadas, Outeiro da Rodilla, Outeiro da Andrela, Outeiro do Mozo, Outeiro Grande, Laxes, Cotelo da Raia, a Fervenza, Pena do Cuco, Rego de Laxe, Pedras Labradas, Regueiro das Meigas, Paiotes e tantos outros coma o Outeiro Mexón así chamado este outeiro cun gran penedo con sobrado onde se recollen os que andan por alí para resgardarse da chuvia e o penedo gotea auga sen que se poida ver por onde sae polo cal lle puxeron o nome de Outeiro Mexón.
PLANTÍOS REAIS: son datos que se refiren ao couto de Codeseda (Catastro de Ensenada) e refírense á parroquia de Codeseda e ás de Liripio e Sabucedo.
"Jurisdicdón de Codeseda, certifico y doy fe..."
"Consta haber elegido para dehesa real de dicho coto el sitio llamado Cova da Muller, reja de ferrón y Carballo Baqueiro y que habiéndose medido tuvo de largo desde la tomada de Joseph de Castro siguiendo las encañadas arriba ochocientas y diez varas castellanas y de ancho tambien en por arriba por punto del camino que va a Pontevedra comprendiendo las citadas encañadas quinientos noventa y quatro y por abajo siguiendo dicha encañana ciento treinta y cinco.
Y que el vivero se eligió en el sitio que llaman Reja del Outeiro baliño y que medido en cuadro tiene noventa varas castellanas uno y otro de la feligresía de San Jorge de Codeseda y que también se eligió para Dehesa Real de las feligresías de San Lorenzo de Sabucedo y San Juan de Liripio juntas el sitio y se nombra Vega estimada de Alexandra y medida tuvo de largo quinientas y cuatro varas castellanas y de ancho trescientas seis y el Vivero en el sitio
mismo que en cuadro tiene cuarenta y cinco varas castellanas según se halla demarcado dicho sitio en la feligresía de San Lorenzo de Sabucedo", da fe o notario Juan Antonio García."
Vese que as plantacións de S.M. de Sabucedo e Liripio é a mesma compartida polas dúas parroquias.
TURISMO RURAL:
"Casa Avelina Garrido": ten cinco habitacións dohres con dereito a cociña. Teléfs.: 986 584 208 986 755 046. Fax: 986 584 208 "Casa O Garaxe": ten catro habitacións con baño. Opción de aluguer de casa completa. Teléfs.: 988 370 405 986 573 200 908 985 464
"Casa de Preto": Marcenlos. Teléf.: 986 584 095 "Casa do Avó": teléf: 986 584 121 "O Palomar": teléf: 986 584 265
RURALCENTRO: na Sagrada, no Centro Social, situouse un ruralcentro en 2005, que dá acceso libre e gratuíto a todos/as. Supuxo un grande adianto no marco de actuación do proxecto "aestradadixital".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Á caída do monte Arnado está a parroquia de Codeseda, de indiscutíbel importancia; como que é un dos coutos resumidos no actual Concello da Estrada; dista desta vila uns dez quilómetros e conta coa respectábel poboación de 267 cabezas de familia e 1504 habitantes.
O significado do nome que leva é «codeseira» (lugar abundante en codesos, cítisos, plantas de raíz vivaz, moi coñecidas no país).
A freguesía é das más antigas da comarca. Xa antes de fundarse o Bispado de Santiago (más tarde Arzebispado), no século IX ou principios do X, Sisnando, bispo de Iria, menciona nunha escritura “Codesión” (Codeseda), como tributaria para o mosteiro de San Sebastián de Pico Sacro; e, ao armarse cabaleiro en Compostela o rei D. Afonso VII, no século XII, doou ao seu leal partidario, Munio Pérez Tacón, o mosteiro e igrexa de San Xurxo de Augas Santas ou Codeseda, en Tabeirolos (Tabeirós). Así resulta dun tombo rotulado: «Posesiones y anexiones, folio 109; tenencia de Codeseda» (arquivo da catedral compostelá).
En bulas do Papa Anastasio IV e de Alexandre III, datadas o 8 de abril de 1154 e o 20 de marzo de 1178, confírmanse os privilexios e posesións da Igrexa de Santiago, entre os cales estaban a igrexa e mosteiro de Codeseda. No testamento de Dona Urraca Fernández, filla do conde Don Fernando Pérez de Traba, en 1237, menciónase Codeseda. O Sr. López Ferreiro, na súa famosa obra Historia de la Iglesia Compostelana, consigna: «o 23 de abril de 1410, celebrando cabido no Tesouro da Igrexa de Santiago, baixo a presidencia do Arcebispo D. Lope, vista a pobreza do convento de monxas beneditinas de San Xurxo de Codeseda, onde naquel momento só moraban a abadesa Dona Teresa Arias e a monxa Inés Rodríguez, despois de prudente e razoada deliberación, uniu o devandito convento, cuxa provisión pertencía á Mitra, á Mesa Compostelá, para que as rendas que del procedesen, se distribuísen entre os beneficiados que asistisen a matíns, aínda que coa obriga de deixar as dúas monxas congrua suficiente para vivir no mosteiro».
O convento estaba instalado nun edificio que aínda existe e que se denomina «Casa da Tenza». Subsistiu o mosteiro até principios da décima sétima centuria.
Lugares de Codeseda: Abragán, Fragoso, Os Currelos, Xubrei, Monteagudo, Insuela, Fornos, As Quintas, Barro, Devesiña, A Sagrada, A Devesa, Fontenlo, O Codesal, Filgueiras, Marcenlos, O Outeiro, A Agrela, Bugalleira, As Bouzas, O Coto, A Portela, Vilaboa e Campos.
A título de curiosidade imos dedicar unhas liñas ao significado ou etimoloxía dos nomes dalgúns deses casaríos, sen esquecer que moitas veces débenos a casos estraños e fortuítos. Por exemplo, Abragán, que parece que equivale a “grande abertura entre montañas”, ben pode ter por orixe da súa denominación outras causas. En canto a Fragoso, xa pode dicirse, con algo máis de seguridade, que se chama así por estar situado en terreo desigual, cheo de malezas e matogueiras. Respecto dos Currelos, pódese supoñer, debido á súa raíz vasca e a xulgar por varias opinións, que significa “ouro” ou “terreo produtor de ouro”; pero parécenos más atinado pensar que o nome é derivado de “curro”, superficie non cultivada, pechada sobre si mesma, en círculo. Xubrei, “enxurrada, arroiada, auga barrenta ou suxa, xurro, zurro”. Insuela, “ínsua pequena, illa”. Fornos, cun significado evidente. Quintas, punto onde se facía o alistamento antigamente ou quinta parte dos produtos, que correspondía ao señor; xa en tempos de Xelmírez pagáronlle a quinta parte da presa collida coas galeras construídas ás súas expensas, en Iria (Padrón). Barro, en terreo barrento. Devesiña, diminutivo de devesa. O lugar da Sagrada debe o seu nome ás beneditinas que pertenceron ao mosteiro.
Fontenlo, denominación alusiva a fonte pequena. O Codesal, “codeseira, terreo onde abunda o codeso”; o nome desta aldea reforza o significado que aplicamos a Codeseda. Filgueira, “lugar ou sitio abundante en fentos ou fieitos”. De Marcenlos nada podemos dicir con seguridade: virá de Marco Marcelo, grande capitán romano que por aquí andou?; así o di Frei Felipe da Gándara, da orde de Santo Agostiño, no seu nobiliario «Armas y triunfos de Galicia», nunha escritura do ano 1587 outorgada perante o escribán Xoán de Morgade. Chámaselle “Marcelos” e o mesmo noutra de 29 de xuño de 1637 ante Agustín de Castro. O Outeiro, situado nunha altura. A Grela, sería Grelo nalgún tempo?; neste caso significaría “gromo do nabo". Bugalleira, “terra de bugalla”, herba do pobre que florece en maio. As Bouzas, “terreo de moita maleza ou matogueira”. A Portela, de porta, “pasadizo dunha a outra parroquia, xurisdición ou concello”. Con Vilaboa e Campos non cansaremos a atención dos lectores.
Lindeiros: norte, Ribela e Parada; sur, Quireza e Sabucedo; leste, Ribela e Quintillán; e oeste, Arca e Souto.
Vías de comunicación: as estradas de Vilapouca a Ponte Vea, pasando pola Estrada; e a de Codeseda ao Campo; as pontes: da Pedra, a de Barro e os pontillóns da Devesiña, do Codesal e Regueiriño, Abragán, Fragoso, Campos e As Quintas. Hai ademais os indispensábeis camiños rurais.
Bañan esta parroquia o río Umia e o regato de Campos, que nace nas Quintas e en Insuela.
O ensino consiste nunha escola nacional de nenos e outra de nenas. Xa en 1856 había escola en Codeseda, a cargo de D. José Castro Cortés.
Os labradores da localidade teñen unha Sociedade e un Sindicato agrarios.
No eclesiástico: Codeseda ten por patrón a San Xurxo; o curato é de entrada, presentación do Cabido; está servido por un cura e un coadxutor. A igrexa é boa, con dúas torres moi elegantes. Na Agrela existe unha capela, advocación a Nosa Señora de Guadalupe; hai en Monteagudo outra Capela a San Brais e en Quintas a de San Roque.
O cóengo Sr. Del Hoyo, Visitador da Arquidiócese polo arcebispo D. Maximiliano de Austria, nas súas «Memorias del Arzobispado de Santiago», manuscrito do Arquivo da Mitra Compostelá, no folio 458, fixo a copia dunha interesante inscrición relativa á fundación da Igrexa de Codeseda «cuxas letras están escritas en dúas pedras xunto á porta colateral da Epístola». A devandita igrexa é románica e ten unha magnífica ábsida, do mellor de Galiza no seu estilo, segundo opinan os intelixentes.
Festas anuais: San Xurxo, o 23 de abril; o Carme, o 24 do mesmo mes; ao día seguinte, San Xosé; Corpus, no seu día propio; San Antonio, o 13 de xuño; San Roque, o 16 de agosto; o primeiro domingo de outubro, o Rosario; Nosa Señora de Guadalupe, o 8 de setembro; Santa Lucía, o 13 de decembro; os Reis, o 6 de xaneiro; San Mauro, o 15 do mesmo mes; e San Brais, o 3 de febreiro.
Outras particularidades: unha peste que asolou varias comarcas no mes de outubro de 1567 invadiu tamén Codeseda, causando enormes danos.
A mediados de 1600, estando nesta parroquia o arcebispo Sr. San Clemente, nomeou ao bispo de Osiry, fuxido de Irlanda, Arcediago da Raíña na Igrexa Compostelá.
En acta da sesión do Concello, con data 12 de decembro de 1839, consignouse que os carlistas, en número de trinta, ao mando do líder Villanueva, invadiron a parroquia, cometendo varios excesos, entre eles o de mallar sen compaixón nun veciño inocente.
O mesmo Concello, levantando acta da sesión de 22 de xullo de 1847, alude aos males que os animais salvaxes causan nos montes de Codeseda. A propia Corporación, o 27 de xullo de 1860, acordou a reparación da ponte de Abragán, sobre o Umia. O 12 de outubro seguinte, a instancia de D. Juan García, o ensanche da feira a expensas da leira Trigueira. O 14 de outubro de 1864, o arrendo dos estercos da aludida feira, comisionando para levalo a efecto a D. Juan García e outro. En sesión de dita Corporación, en data de 17 de marzo de 1885, fálase do ensanche considerábel dado ao campo da feira; aclárase que viñan celebrándose feiras os segundos domingos de cada mes e acórdase a creación doutra para celebrala os cuartos domingos. Esas feiras aínda existen e son de bastante afluencia e importancia; constitúen unha fonte de riqueza para a localidade e debido a elas, principalmente o lugar da Sagrada, onde se realizan, vai adquirindo aspecto de vila.
De Codeseda foron D. Juan García e D. Cayetano Taboada, persoas distinguidas e podentes; sucedeu ao primeiro a súa filla única, D.ªAnuncia García, esposa do avogado e deputado provincial D. Benjamín Lois. O Inspector Provincial de Hixiene Pecuaria, D. José García Buela, también procede de Codeseda. De alí era médico, en 1890, D. Manuel Moreiras Balado; despois, en 1893, foi D. José Valentín Cobián; e é actualmente, D. Manuel Leyes Posse.
Hai nesta parroquia varios establecementos comerciais e cartería.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923