Actos de eliminación da simboloxía franquista na Estrada
Aínda que había máis dunha década que se tiña aprobado en pleno a retirada do nome de Capitán Bernal, que se tiñan presentado escritos e mocións ao respecto da execución deste acordo plenario unánime, o certo é que se conservaba o rótulo eliminado e se mantiña o mesmo nome como referencia desta rúa a todos os efectos.
Por outra banda, a Asociación Cultural "Vagalumes" ten reiterado desde hai anos a necesidade de cumprir a derradeira vontade dos representantes democráticos do noso pobo, que foron fusilados o 5 de xuño de 1937, no sentido de que se lle dedicara unha rúa co nome "Mártires da Estrada". Petición que é de xustiza tendo en conta o sacrificio que eles sofreron polo ben do noso Concello. Mais os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixeron honra do cargo que ostentaban ao desoír a un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado.
Por iso, este 5 de xuño de 2016, como vimos facendo todos os anos, conmemoramos o día dos mártires da Estrada na honra destes veciños nosos asasinados. E coincidindo con esta data acordamos exercer as funcións que lle corresponde a institución municipal e das cales se inhibe, e rectificar o nome desta rúa. Asi mesmo optamos por colocar no seu lugar o rótulo de "Rúa Mártires da Estrada", dando así cumprimento ao desexo daqueles que deron a súa vida polo ben da súa veciñanza.. Para máis información:

Comisión para a revisión do rueiro
O 4 de xullo de 2002 nomeouse unha Comisión de expertos en cultura, historia e toponimia local, presidida por Olimpio Arca Caldas, que levou a cabo un traballo de recollida da microtoponímia local e de investigación histórica por encargo da comisión conxunta de Cultura e Urbanismo, por acordo de todos os grupos políticos. Dito traballo foi entregado o 11 de marzo de 2003, mais quedou na gabeta do entón concelleiro de urbanismo e cultura, daquela do PP, e alí durmiu durante anos. A cuestión é que esta listaxe é froito do consenso e do acordo no que todos cederon para conformar uns puntos mínimos de encontro xa que había grandes reticencias a respecto de facer xustiza coas vítimas da represión. Mais grazas a esas concesións finalmente se aproba o ditame. Con todo os gobernos municipais, tanto do PP como do PSOE usaron deste ditame para recoller só algunhas denominacións, deixando ao marxe aquelas que máis lle desgustaban. Fundamentalmente a rúa que demandaron os estradenses fusialdos: "Mártires da Estrada".
Mais finalmente aprobouse unha lei da memoria que sinalaba o seguinte "As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura" (Lei 52/2007). Xa que logo os membros da comisión abaixo asinantes fixeron pública unha denuncia da apoloxía do franquismo no rueiro estradense.
|
Denuncia da apoloxía do franquismo no rureiro estradense
Os abaixo asinantes, membros da Comisión de expertos en cultura, historia e toponimia local, nomeados pola Comisión Mixta de Urbanismo e Cultura o 1 de xullo do 2002, diante do resultado final do proceso de normalización da nomenclatura dos bens e rúas municipais, queremos deixar claro os seguintes puntos:
1º Non era pretensión nin cometido da Comisión impoñer ao pleno unha proposta pechada e inamovíbel, senón facer recomendacións dentro duns criterios que atendan á necesidade de actualización (rúas sen nome ou con números) e coherencia (adecualas aos fins honoríficos e exemplificantes que teñen) seguindo unhas pautas establecidas a tal efecto como son primar por esta orde o respecto á toponimia e a lembranza de persoeiros, referencias e valores da cultura local, galega e universal.
2º A selección arbitraria ou ideolóxica que o Concelleiro de Cultura fixo das denominacións propostas pola Comisión non é tanto unha desautorización desta ou outra proposta concreta – o cal pode ser pertinente – senón que atenta coa necesidade de seguir uns criterios de harmonización racionais, escapando do capricho partidista que levou a que as últimas distincións se cinguiran a determinadas adscricións á forza no poder, o cal – de seguir con esta pauta - levaría á Estrada a unha situación de continxencia simbólica ao quedar o criterio en función da cor do grupo que ostente á alcaldía. Cremos que hai valores compartidos do conxunto das forzas políticas democráticas e sobre os que non tería que haber disensión e a eles nos remitimos.
3º O feito de facer unha elección parcial sen prazos nin procedementos claros, excluíndo expresamente aquelas denominacións incompatibles co resto do rueiro, ou mesmo ofensivas - por canto pon ao mesmo nivel simboloxía dun réxime fascista con demócratas que sufriron a persecución dese réxime - choca con calquera criterio de coherencia e harmonización, e mesmo contra calquera valor común das forzas políticas democráticas. Deixa á Estrada illada, neste ano da memoria no que todos os concellos do contorno acordar2on erradicar do rueiro estes vestixios dun réxime tiránico e duns valores incongruentes co actual sistema democrático. Polo que pregaríamos que se rematara dunha vez coa limpeza, xa comezada hai anos, dos residuos destes emblemas da intolerancia.
4º Na nómina de feitos históricos e de persoeiros cos que a Estrada está en débeda, encabeza sobranceiramente este listado aqueles que deron a súa vida por representar a vontade popular dos seus veciños. Por isto, desde a Comisión non queremos ser cómplices dun sangrante esquecemento e dunha ignominiosa deixadez. Ninguén dou máis, ninguén merece menos. Cumpramos a súa derradeira vontade escrita nas vésperas de ser executados, e denominemos unha rúa segundo o desexo daqueles que lexitimamente tiñan a autoridade para decidilo. Xa que logo restauremos honra e dignidades e nesa responsabilidade ( máis aló dos compromisos) construamos democracia na xustiza e coa memoria colectiva activada. Pois van alá 70 anos e logo cantos máis teremos que agardar?
A Estrada, 25 de maio de 2006
Olimpio Arca Caldas
David Otero Fernández
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Xosé Luna Sanmartín

É a rúa Calvo Sotelo para exaltar ao franquismo?: Eis as probas
D. José Calvo Sotelo
Hizo un año en la madrugada del día 13, que fué arrancado de su domicilio en forma cínica y descarada, para ser después vilmente asesinado, el distinguido hombre público D. José Calvo Sotelo, diputado, a la sazón, de Renovación Española, y ex ministro de Hacienda de la Dictadura de D. Miguel Primo de Rivera.
Fué este un crimen oficial, dispuesto por el señor Casares Quiroga, para sacarse de encima una figura de prestigio como era el Sr. Calvo Sotelo, en torno de la cual se iban agrupando valiosos elementos de las derechas españolas que le erigían como ídolo, constituyendo un obstáculo serio para el Gobierno del Frente Popular. Con sólo pensar que semejante crimen fuese obia de un Gobierno, es lo suficiente para que a cualquiera se le pongan los pelos de punta y para excitar los ánimos del más morigerado, dada la enorme monstruosidad que ello supone.
Hacemos preces por el eterno descanso del alma del ilustre y llorado desaparecido y las hacemos también para que en la España de nuestros amores no se repitan estos criminales y vandálicos hechos, y se restablezca cuanto antes con el triunfo del Glorioso Movimiento Nacional, la paz y la tranquilidad de que tanto necesita nuestra querida Patria.
Loor y gloria al distinguido muerto, y ¡Viva España!
El Emigrado, A Estrada 16 de xullo de 1937
En honor de Calvo Sotelo
Cúmplese hoy 13 el 2.° aniversario del fallecimiento del insigne estadista, el nunca bien llorado Calvo Sotelo. La Junta Local Pro Homenaje a Calvo Sotelo, de La Estrada, dedica con tal motivo un fervoroso recuerdo a la memoria de esta figura cumbre, arrancada, en las sombras de la noche, del regazo de su hogar feliz, para ser vilmente asesinado por los infames mandatarios de un Poder público, encarnado en seres monstruosos que repugna catalogar como humanos, por el hecho de sentirse hijo digno de su Patria y entregarle cada día los frutos de su cerebro privilegiado y de sus desvelos más caros, señalándole la ruta inconfundible de su salvación.
A la par, esta Junta, invita a todos los estradenses a inscribirse en las listas de donantes pro-homenaje referido, segura de que la totalidad de los habitantes de este partido, incluso los niños, habrán de expresar con su óbolo, aún el más modesto de diez céntimos, el profundo dolor que su muerte produjo a sus sentimientos patrióticos y humanitarios y su admiración vehemente por las excelsas virtudes que adornaban al gran comprovinciano, perdido para la Patria, que adoraba, en plena madurez de su talento.
Que así como él ofreció su vida por la salvación de España, despreciando repetidas amenazas de muerte que le lanzaban los enemigos de ella, cumplamos nosotros para con él, con su memoria, el modesto deber de perpetuar el recuerdo de esta gran figura nacional, ejemplo digno de amor, lealtad y sacrificio por la España una, grande y libre, que tanto anheló.
La Estrada 13 de Julio de 1938.—II Año Triunfal.
La Junta Local Pro-Homenaje a Calvo Sotelo.
En la iglesia parroquial de esta villa celebráronse el día 13 a las once y media de la mañana funerales por el eterno descanso del alma del distinguido y llorado político, a cuyo acto asistieron formadas las Milicias y Flechas de la F. E. T., el clero de estos alrededores y el público de la villa casi en masa, cerrándose las puertas del comercio en señal de duelo, y luciendo los balcones, durante todo el día y parte del siguiente, colgaduras con los colores nacionales y crespones de luto.
El Emigrado, A Estrada 16 de xullo de 1938
Cuarto aniversario de la muerte de
Don José Calvo Sotelo
Mártir de la Patria
El sábado, día 13 del corriente, se celebraron en toda España solemnes honras fúnebres en memoria del pro-tomártir D. José Calvo Sotelo, asesinado en Madrid hace cuatro años en la forma más vil, alevosa y cobarde. Fueron organizados dichos funerales por el Gobierno del Caudillo y las autoridades, siendo las Jerarquías del Movimiento las encargadas de las invitaciones para tales actos.
En La Estrada se conmemoró también la luctuosa fecha con un solemne funeral que, por el eterno descanso del alma de tan llorado estadista, se llevó a cabo en la parroquial de esta villana las once de la mañana del expresado día.
A este acto asistieron todas las autoridades locales, Organizaciones de Falange y pueblo en general.
Mientras se celebró el mismo cerró el comercio sus puertas, y los vecinos colocaron en sus balcones colgaduras con crespones negros en señal de duelo.
El Emigrado, A Estrada a 16 de xullo de 1940

Asociación Cultural "Vagalumes" solicita que se cumpra a lei e se elimine a simboloxía franquista (14-4-2011)
A Asociación Cultural "Vagalumes" vén de presentar hoxe, 14 de abril de 2011, aniversario da II República, unha solicitude no rexistro na que se recolle o seguinte:
"Que observamos que, cando está a piques de rematar esta lexislatura, se mantén aínda no rueiro simboloxía de exaltación da ditadura franquista que ademais de ser ilegal (artigo 15, da Lei 52/2007) supón un desleixo e unha ofensa para as vítimas deste réxime.
POR ISO SOLICITAMOS:
Que se execute o devandito artigo 15 que establece a obrigatoriedade de retirar este tipo de iconas ofensivas.
Substituíndo os rótulos daquelas rúas que teñen aprobada a súa modificación (Capitán Bernal, Martínez Anido) e xa posúen outro nome.
Mudando aquelas dedicadas a símbolos do réxime (Calvo Sotelo e IRYDA)
Cumprindo a vontade da última corporación republicana que unha das rúas máis céntricas da Estrada leve o rótulo “Mártires da Estrada”
Para a devandita labor é de proveito o traballo feito pola chamada “Comisión do Rueiro”
Agardamos que o Concello da Estrada cumpra a lexislación e sobre todo os compromisos adquiridos por quen ostenta a responsabilidade de levar a cabo esta urxente e por máis tempo inaprazable acto de xustiza e dignidade".
Se non obtemos resposta positiva, desde a Asociación Cultural "Vagalumes" temos previsto realizar unha campaña de sensibilización para que as organizacións que se presentan a estas eleccións asuman no seu programa o cumprimento da lexislación nesta materia da cal o noso Concello é un escandaloso mal exemplo.