Xornais da Estrada dos séculos XX e XXI
Luis Ferro/ Héctor Váquez
Acercamos os lectores esta cativa investigación sobre a publicación dos xornais na Estrada, que é unha mostra do esforzo dos editores que con escasos recursos e poucos medios, dedicábanse a proporcionar coñecementos aos veciños, inculcando a mellor formar de traballar o campo para obter una mellora das colleitas, creación de sociedades agrarias, información sobre a emigración e imprimindo unha opinión política de dereitas, republicana e galeguista,ademais de informar dos acontecementos, ecos de sociedade, festas e persoeiros relevantes. Moitos dos responsables destes xornais pagaron un alto prezo, sendo represaliados e mesmo asasinados a mediados do século pasado. No século XXI, sobre sociedades agrarias apenas se comenta, e si se fomentan artigos de índole política, de dereitas,esquerdas e nacionalista. Outros sobre temas históricos, natureza e entrevistas a persoeiros, e reenchíanse páxinas cun feixe de fotos de veciños en calquera celebración, o que fai poderosamente atractivo para o consumo ao verse reflectidos nas paxinas do xornal. Trátase pois de un resumo sobre os xornais que se publicaron no concello da Estrada,durante os séculos XX e XXI, as fontes da que mana a información esta recollida na Biblioteca Pública da Estrada, no Museo do Pobo Estradense, Manuel Reimóndez Portela, fondo Mario Blanco Fuentes,revista Miscelánea n° 18, artigo de Silvia Alende Castro e Lorena Penas Rey, titulado Estudo de José Docampo, correspondente honorífico de Faro de Vigo en A Estrada e, en menor medida, de internet.
- Voz del Pueblo defensor de los intereses de la comarca. Xornal, semanario editado en novembro do ano de 1906 e rematando no 1907.
- El Estradense, Periódico Semanal,na súa primeira etapa era dirixido por o procurador Benigno Pío Losada,publícase todos os sábados, dando comezo o 15 de decembro de 1906 ata o 9 de xaneiro de 1909. En 1908,subtitulase,5emanar/o Agrícola-Social, sendo o seu director xerente o ilustre Manuel García Barros. Dirección e administración na Plaza Principal 22, Na segunda etapa subtitulase periódico Agrario Regionalista de La Estrada, Publícase os días 7, 16 e 24 de cada mes, saíndo de novo o seu número 1 o 7 de xaneiro de 1918, e volta a reaparecer o día 24 de marzo de 1935, Edítase en castelán,
- Eco de La Estrada, Periódico de Interés General y de Información Agrícola.Este xornal estaba dirixido polo procurador Benigno Pío Losada, saíndo a rúa a seu primeiro exemplar en Estrada o 7 de abril de 1912, Foi relevado o director por Pedro Varela Castro, subtitulándose no ano 1918, Órgano de las Sociedades Agrícolas de este Distrito. Remata no ano de 1919,Tiña a redacción e administración na Plaza Principal 15, alto. Publícase en castelán.
- Eco Estradense Periódico Agrario Anticaciquil, o número 1 ponse a venta en A Estrada o 29 de outubro de 1913. Redacción na Praza Ramiro Ciorraga número 15,publicándose en castelán os mércores e sábados.
- El Emigrado Periódico Independiente,Órgano de las Sociedades de Emigrados y de Agricultores, nos anos trinta e hasta a súa desaparición subtitulase Propiedad de la Soc. “Hijos del A. de La Estrada” en Cuba.É o xornal mais lonxevo que se edita na Estrada, de carácter galeguista,defensor acérrimo do Estatuto,con tirada os días 7,16 y último de cada mes, veu a luz por primeira vez o 15 de setembro de 1920, tiña a súa redacción e administración na rúa Riestra número 18.Comezou vendéndose a 10 céntimos.A derradeira publicación data do 16 de decembro de 1940, atopándose moi lonxe da súa primeira orientación ideolóxica. Este xornal foi creado por a Sociedade de Fixos de A Estrada en Cuba.Foron os seus fundadores os irmáns Albino e Maximino Matalobos Loureiro, xunto co mestre José Otero Abelleira que era o seu director, sendo o xefe de redacción o noso inesquecible mestre Manuel García Barros (Ken Keirades). Edítase en castelán, salvo algúns artigos soltos.
- Estrada Republicana , xornal dirixido polo veciño de Cereixo e presidente da Federación Agraria da Estrada Manuel Brea Abades. De curta traxectoria, saíu a rúa a comezos do ano 1931 e deixa de publicarse en novembro do mesmo ano, ao finar o seu director o 8 de novembro de 1931 (morre de un disparo). Como o seu nome indica, e de orientación de esquerdas afín a república.
- La Vanguardia. Xornal de tendencia de esquerdas, afín o partido republicano radical socialista,que comeza a editarse o 24 de novembro de 1931, sae a rúa os días 7 e 24 de cada mes.Estaba dirixido por Rafael Verea e José Mana Sánchez Brea.No ano 1932 titulábase Órgano Defensor del Pueblo Honrado y Trabajador. Cesou a súa publicación no ano de 1933.
- La Estrada.Órgano Defensor de los Intereses de la Comarca. Así se titulaba,tiña sede na rúa Porto Verdura,a correspondencia no número 23 e a administración no número 26. Xa existía no 1932. De orientación galeguista, redáctase en galego.
- La Palanca,xornal quincenal,de orientación católica de dereitas,sendo o seu director o avogado Javier Luces Gil. Tiña un prezo de 10 céntimos exemplar e a subscrición anual de 3 pesetas.A sede era no número 8 da calle Ulla.Veu a luz o día 16 de decembro de 1932, publicándose un total de 79 exemplares. O derradeiro publicouse o día 16 de marzo de 1936. Editábase en castelán.
- Contrarretranca, revista de información de A Estrada, de tendencia nacionalista, comeza a publicarse en febreiro do ano de 1990, nos case sete anos de publicación chégase a poñer en circulación 20 números, sendo o derradeiro en outono de 1996. Como non podía ser de outro xeito,publícase na lingua nai do noso país,que non e outra que o galego. Comeza sendo unha revista, con un custe de 40 pesos, e remata en xornal de tirada mensual con un prezo de 50 pesetas. Edita Asociación Xuvenil a Tranca.Dirección,Tereixa Constenla; xefes/as de sección, Dores Chedas (concello),Carlos Pereiras (urbán),Tereixa Constenla (rural), Ana Hervés (cultura),Félix Rubial (deportes), X.X. Hidalgo (opinión). Fotografía de Victoria Castelao, Tereixa Constenla Félix Rubial e Marcelo Vidal. Deseño, X.L. Andújar e Manuel Docampo. Composición e maquetación Contrarretranca. Administración Luísa Souto.
- Tabeirós Terra, xornal de orientación galeguista, que nado na primavera de 1997 e remata no inverno de 2003. Editado por a Fundación Cultural da Estrada, con sede na avenida Benito Vigo, 104.Nos primeiros números era o xerente Manuel Arca Castro,e o consello de redacción formaban Xosé Manuel Reboredo Baños, David Otero, Carlos Loureiro,Xoan Carlos Garrido,Olímpio Arca Caldas, Xosé Loureiro Lemos,Valentín García Gómez e Xosé Rodríguez.Fotografía de Marcos Míguez, Xosé E, Carbajal e imaxes de arquivo.En maio de 2000,co número IX,cambia a xerencia,pasando a cargo de Valentín García Gómez, sendo o seu último xerente e a cargo do consello de redacción atopábanse Xosé Manuel Reboredo Baños,David Otero,Daniel Fernández, Carlos Loureiro, Xosé Loureiro Lemos,Xosé Rodríguez,Xosé Luís Vilariño, Nicolau Alvarellos e Xosé Luna,correndo a fotografía a cargo de Bernabé S.L.,Marcos Míguez,Puri,e fotos de arquivo.
- Capicúa Comunicación S.L..comeza a súa andaina ó 9 de decembro de 2009,co número 0,e despois de un lustro,remata co número 119 o 16 de xullo de 2014.De tirada quincenal e orientación de esquerdas. Director Martín Parcero, con domicilio social na Praza da Igrexa número 7. Tiña un apartado de entrevista a unha persoa con certo interese social ou intelectual etc.Durante máis de dous anos publícanse artigos sobre as torres, pazos e casas señoriais da Estrada, e no momento da súa desaparición, viña publicando unha páxina sobre natureza. Amén de artigos de índole política, pero o que facía que este xornal tivese unha gran acollida dos veciños era unha sección de fotos, onde os cativos e maiores saían celebrando algún evento.Coma todos os demais foi unha gran perda a súa desaparición.
- O que hai, Gaceta mensual de A Estrada e Cuntis, Botou a andar en decembro de 2014, de tirada mensual. Con sede na avenida Fernando Conde número 35, de esta vila. Coordinadora Aitana Martino Brea. Redactores.Ofelia Lema,Aitana Martino, Xosé Martíns, Mar Blanco, Héitor Picallo e Ana Pérez. Veu a ocupar o espazo que deixou Capicúa, Tal como chegou,foise,saíndo o derradeiro exemplar co número 5 en maio de 2015,
- Faro de Vigo, Titúlase“Diario Decano da Prensa Nacional”. Mantiña un correspondente na Estrada. Desempeñou esta labor o cronista da vila don José Docampo que comeza en abril de 1914 e remata no ano 1969,sendo relevado por don Jesús Leis Camba,quen crea na Estrada a delegación de Faro de Vigo. A primeira edición Tabeiros-Montes,con delegación na Estrada,é con data 1 outubro de 1999.Na actualidade ten a dirección na Rúa Justo Martínez n° 12-1°B, con un nutrido grupo de excelentes xornalistas: Silvia Pampín, Ana Cela, Silvia Alende e o xornalista deportivo Lois Docampo. Xornal diario e de tirada nacional.
- La Voz de Galicia Xornal diario de tirada nacional.Mantén unha correspondencia dende o año 1989, sendo o seu correspondente Fernando Cordón. No ano 2012 deixa o cargo acolléndose a unha pre xubilación.No ano 2003 pasa a ter unha delegación na Estrada, colaborando na edición Deza-Tabeirós,na actualidade e responsable da mesma a xornalista Rocío García.Ten a sede na Rúa Irmáns Severino e Xosé Trigo, n° 2, oficina 4.
Your browser does not support viewing this document. Click here to download the document.