A Cova do Pico EN EL INTERIOR DE LA COMPOSTELANA MONTAÑA DE CUARZO | |
File Size: | 4922 kb |
File Type: |
O Pico Sacro
Pedro Varela
O Pico Sacro, de importancia indiscutíbel na historia rexional, representa para os estradenses, aínda que se levanta en terras de Vedra, algo propio. Cando regresamos de Silleda, de Forcarei ou de Cuntis, ao remontar as estribacións do monte de San Sebastián, alcanzar os límites de Codeseda ou ascender ao Castro Loureiro, xorde á nosa vista a maxestuosa atalaia natural, producíndonos unha impresión de alegría porque nos anuncia que estamos a entrar na bisbarra querida dos nosos lares; e parece que nos anima, nos defende e nos guía.
Divísase tamén dende Santiago o elevado Pico, Monte Ilicino ou das aciñeiras, onde en épocas remotas tiña asento un dos centros máis considerábeis da superstición druídica. O Pico Sacro é un dos lugares máis estreitamente unidos á translación do cadáver do patrón das Españas que, entrando dende o mar pola boca do Ulla, foi conducido por Atanasio e Teodoro, discípulos do Apóstolo, ata os dominios da rica e poderosa raíña Lupa, quen, en principio, temerosa de caer en desgraza con Filotro, legado do emperador romano, non quería consentir o enterramento nas súas posesións, que se estendían a un e outro lado do Sar; máis tarde, observando que os touros, a pesar da súa bravura, se deixaban xunguir tranquilamente para conducir en carro a arca pétrea na que os restos do Santo estaban depositados, deu o consentemento e converteuse ao cristianismo. Os nosos paisanos conservan o dito de: "boi bravo, vente ao carro, que o manda o Apóstolo Santiago".
Aínda hoxe conta o vulgo que nas entrañas do Monte Sacro, que os suevos prohibiron ferir co arado por estar consagrado aos seus deuses, está o palacio da raíña Lupa.
Cóntase tamén, e escribiuse, que os discípulos de Santiago derrubaron o ídolo adicado á serpe que había no Monte Ilicino (tradición compostelá do século IX de que se fai cargo a epístola de San León).
O Pico foi habitado, segundo algúns historiadores, polos suevos, os romanos e os árabes e alí prestaban xuramento aos seus reis.
O bispo de Iria, Sisnando I, fundou o 1 de setembro do 904 o mosteiro de San Sebastián do Pico Sacro (López Ferreiro, Historia de la Iglesia Compostelana, Apéndice XXVI).
O mesmo bispo, por escritura de 914, fixo abondosa doazón a ese mosteiro, figurando nela Lamis (Lamas) e Codesión (Codeseda). O propio mosteiro obtivo en 1090 un privilexio especial do rei Afonso VI, co gallo das queixas que lle presentara o Padre Velasco contra varios señores feudais que non deixaban en paz aos monxes.
Por orde do célebre arcebispo D. Diego Xelmírez, foi edificado un castelo nas cristas do Pico Sacro, para asediar coas súas tropas ás da raíña D.a Urraca, establecidas en Santiago e en Cira. Houbo por fin un arranxo e quedou a raíña posuídora definitiva desta última fortaleza, que pertencera durante algún tempo ao prelado.
Desaparecido o primitivo castelo do Pico, edificou outro en 1473 Juan Rodríguez del Campo, de acordo co arcebispo Don Alonso III, para manter en continua alarma os da fortaleza de Cira, que ocupaba o Conde de Altamira. Para realizar esta segunda obra derrubouse unha capela dedicada a Santiago e mais o mosteiro de San Sebastián, de fins do século IX, que estaba no cumio. O novo castelo debeu tomalo o de Altamira, como se deduce de que o 19 de xuño de 1478 lle fose notificado que debía devolvelo ao arcebispo.
Constituída en Santiago o ano 1418 a formidábel liga das Irmandades ou Xermanía Galega, co Mariscal Pedro Pardo de Cela1 á fronte, lanzaron o berro de “Deus fratesque Gallaecia!”, “abaixo as fortalezas!”; e caeron moitas, entre elas a do Pico Sacro, pero debeu ser restaurada máis tarde, por canto nunha lista das do Arcebispado feita o ano 1626, figura o devandito castelo do Pico, “feito de pedra moi ben labrada e a porta a unha pica de altura, polo que non se pode entrar nela sen escaleira”.
La Fuente, na súa Historia general de España, indica o seguinte: “Dise que era frecuente en Galiza, ao labrar a terra, que se enredase o arado en grosos anacos de ouro e que había nas súas fronteiras un bosque sagrado ao cal era prohibido aplicar o ferro”. E todo fai pensar que o bosque sagrado é o monte Ilicino, monte do Pico Sacro, poboado de aciñeiras en pretéritas idades. Justino fala tamén do monte Pico Sacro, dicindo que prohibiran ferilo co arado por estar consagrado aos deuses.
En canto ao terreo, dinos o Sr. Murguía: “unha das rochas máis dignas de estudo pola extensión e forma que presenta é a que constitúe o Pico Sacro, consistindo nun fermoso cuarzo completamente branco e medio cristalizado, que arranca dende a base, para dilatarse máis alá do Ulla en dilatado cristón”. Segundo outros historiadores, o terreo é volcánico e non falta quen supoña que en épocas prehistóricas houbo un volcán no Pico, atribuíndo a iso as grotescas galerías e pozos que houbo no monte; outros din que se trata dunhas minas abertas para a explotación de metais e até corre a versión de que as explotaban os frades de San Xoán da Cova. Por último, pensouse que aquelas cavernas ben puidesen ser do home primitivo ou troglodita; pero hoxe, á vista do observador, só aparece unha bóveda e as paredes zumegando auga; ao fondo, unha irregular abertura e, axiña, o burato, que non se sabe cando remata, pois, botando por alí pedras, óese como van tocando os lados, pero non acadan o final. O vulgo pensa que chega subterraneamente a San Xoán da Cova
Cara ao ano 1680, fundou D. Pedro Valdés unha capela e unha pequena hospedaxe na aba do Pico, no lugar de Folladáns, parroquia de Vilanova.
Entre os montes sagrados doutros tempos, un dos que máis fama conserva é o Pico Sacro: aínda agora algúns devotos, o día da festa de San Sebastián, axeonllados no cumio, pronuncian en alta voz estas tradicionais palabras: «Pico Sagro, Pico Sagro, líbrame do mal que traio».
Os do Ulla teñen o grande barómetro no Pico, pois cando se cobre de brétema é sinal de chuvia próxima: «cando o Pico cobre o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo».
Sorprendente e fermoso en extremo é o panorama que en moitas leguas á redonda se admira dende aquelas alturas.
* Pedro Varela. "A Estrada". 1923