Ulla
Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, sendo o seu berce varios regatos que se localizan na parroquia de Olveda, no concello de Antas de Ulla. Este lugar está na comarca da Ulloa, á cal precisamente o río dálle nome. Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km. Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río