O pobo da Estrada responde á chamada da República e vai a Pontevedra a defendela
Xoán Carlos Garrido
Cando era evidente a existencia dunha conspiración fascista que pretendía tomar o poder a través dun golpe de Estado, na Estrada, como no resto dos concellos de Galiza, puxéronse en contacto co Gobernador Civil para coñecer cales ían ser as medidas a tomar para abordar este asalto ás institucións lexítimas. Temos a testemuña de Manuel Coto Chan, concelleiro da Estrada e deputado provincial que o día 13 chamou a Gonzalo Acosta Pan, Gobernador Civil de Pontevedra, para coñecer a súa opinión sobre o inminente ataque dos “militares descontentos”. E este contéstalle que nada pasaría, que o Goberno da República tiña todas as medidas tomadas para facer fronte a calquera continxencia por grande que fora, e que estivesen tranquilos nos pobos que non pasaría nada. Ese mesmo día chega a noticia do asasinato de Calvo Sotelo, e da utilización que se estaba a facer del para xustificar a acción armada.
O 18 de xullo coñécese a nova do levantamento das forzas de África, e na Estrada os simpatizantes do Fronte Popular achéganse en masa até o concello. Ás 8 da noite do día 19 cóntanse cuns mil homes armados de escopetas e pistolas para defender o concello que está en sesión permanente.
Consúltase a Pontevedra e o gobernador contesta que simplemente se manteña a orde e que se deteña a todos os elementos sospeitosos de estar implicados na trama golpista. É nomeado Coto Chan Delegado de Orde Pública, cargo que ostenta até o día 22 que acordan disolverse de xeito pacífico e volver para as súas casas.
Coto Chan insiste nas súas memorias en que “durante eses cuatro días no se ha molestado a ningún vecino de La Estrada, reinó el orden más absoluto y el mayor repeto para todos los ciudadanos sin distinción de matices políticos. Cosa que los fascista no han hecho con nosotros”.
A actuación dos Gobernadores Civís, deixou en evidencia que non tiñan previsto un plan axeitado para facer fronte a unha conspiración desta envergadura. A pesares de todo a acusación que se lle fará a Gonzalo Acosta será a de traición.
Acosta Pan o 18 de xullo foise para Tui, a organizar a defensa da fronteira diante do que consideraba por onde ía ser a entrada dos xenerais Sanjurjo e Cavalcanti. Pronto se decata de que o inimigo non vai vir de fóra e regresa a Pontevedra e ordena vixiar os cuarteis de San Fernando e Campolongo, e o 19 tendo en conta o alcance da conspiración e cominado pola chamada do subsecretario de Gobernación, Osorio y Tafall – que era de Pontevedra e sabía de que ralea eran os militares locais - ordena armar á xente baixo a supervisión dos cargos municipais e policiais leais, como son algúns mandos do que o máis sinalado será o Capitán Juan Rico, que mandaba a 31ª Compañía de Pontevedra.
Máis ás 7´30 da tarde do día 20 saían as tropas dos Cuarteis para proclamar o Estado de Guerra, e conseguintemente unirse ao levantamento golpista. Os Gardas de Asalto mais os civís armados estaban no Goberno Civil dispostos a súa defensa mais Gonzalo Acosta, en conversa telefónica co Xeneral Comandante Militar da praza decide renderse. Entón os dirixentes republicanos chámanlle traidor e esíxenlle que resista, mais el encérrase na súa habitación. Na defensa alega que el actuou até ese momento coaccionado e quen realmente mandaba era un Comité do Frente Popular, presidido por Alexandre Bóveda. O defensor de Actosta Pan chega a afirmar: “el que en el Gobierno Civil disponía la resistencia armada así como la marcha sobre la Capital con gentes armadas, fué aquel desgraciado que se llamó Alejandro Bóveda, y no el que en aquellos momentos era gobernador tan solo de nombre”
Mais de nada lle serviu ao Gobernador eximirse de toda responsabilidade, o día 12 de setembro ás 6 da mañá era fusilado no quilómetro 1 da estrada de Campañó. Mais si que empeorou a situación dos que atenderon a chamada do Goberno Civil para acudir a defender a república, pois dificilmente podía alegar a “obediencia debida” tan do gusto dos militares para escusar a culpabilidade. E aínda que os xuízos non eran unha máis que unha farsa para dar lexitimidade ao xenocidio, o certo é que para gardar as aparencias algunha vez tiñan que fallar condenas máis leves que a recorrente pena capital.
Cándido Tafalla, un exemplo da reacción cívica contra o golpe militar
Un dos moitos estradenses que acudiu a chamada dun Gobernador Civil que se entregaba sen dar batalla, deixándoos a expensas da arbitrariedade militar, foi o concelleiro Cándido Tafalla Froiz, administrador do Hotel Estrella no céntrico edificio que hoxe ocupa o Café “A Farola”. O día 20 de xullo desprazouse a Pontevedra xunto co Tenente de Alcalde, Fernández Rico, do seu mesmo partido, Unión Republicana, quen recibe do Gobernador unha acreditación como Xefe da defensa da zona norte de Pontevedra. Alí o Capitán Juán Rico lle entrega unha arma e lle ordena patrullar pola rúa de Marín. A pesares da rendición do gobernador no mesmo momento que se declarou o Estado de Guerra, e que os feitos son anteriores pois a dita declaración, é por tanto de xurisdición civil, Candido Tafalla, de 38 anos de idade, coñecido xogador de Fútbol e persoa moi activa na vida social e cultural local, xunto con outros 5 estradenses, será executado na fatídica data do 5 de xuño de 1937, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.