Agar*
Clara Iglesias Cortizo
- AGAR: é un topónimo de posesor. Deriva da construción VILLAM AGARII, xenitivo do antropónimo xermánico Agarius. O xenitivo latino equivalía á construción de + substantivo, é dicir, “vila de Agarius”. O significado do latín VILLA era “grande propiedade rural ou explotación agrícola”. Co tempo, a palabra vila desaparece e queda tan só o xenitivo Agarii, que se transforma no actual Agar.
- GONXAR: como no caso anterior, é topónimo de posesor. Deriva do antropónimo xermánico Gondiarius: VILLAM GONDIARII.
- GUEIFAS: posibelmente se trata dun topónimo derivado do nome persoal Uaiffa, xermánico; máis en concreto, suevo.
- A LAGOA: as lagoas da toponimia normalmente non se refiren ao que en xeral se entende como tal, senón a calquera pociña, por minúscula que sexa. Ou tamén poden aludir simplemente a terras húmidas, lameiros, gándaras ou brañas. Provén do latín LACUNAM, diminutivo de LACUM, “lago”.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- A PEDREIRA: do latín PETRAM, “pedra” + o sufixo abundancial –eira, é dicir, “lugar onde hai moita pedra”.
- PARAXÓ: trátase dun topónimo un tanto opaco. Quizais proveña do latín vulgar *petraria, derivado de PETRAM, “pedra” + o sufixo –ARIA, locativo ou abundancial, co significado de “lugar abundante en pedras”. Este *petraria puido facilmente transformarse en *petralia, por confusión entre as consoantes líquidas –r- e –l-. A partir de *petralia formaríase *peralia e de aquí *peraliola, co sufixo diminutivo latino –OLA. Este sufixo derivou en xeral na nosa lingua an –oa, con perda do –l- intervocálico (Paraxoa). Mais nalgunhas zonas, entre elas o occidente da provincia de Pontevedra, deuse a crase ou unión dese hiato oa na sílaba –ó. Así o podemos ver na lingua común en palabras da nosa área dialectal, tales como filló (>FOLIOLA) no canto de filloa, e mesmo en nomes con flexión de xénero, en que a diferenza entre masculino e feminino se marca coa vogal semiaberta no feminino (miña avó) e semipechada no masculino (meu avó). Este fenómeno podémolo observar na toponimia de todo o concello, como por exemplo en Figueiroa, (>FICARIOLA), que, aínda que aparece nomeada deste xeito no Noménclator oficial, é coñecida comunmente como Figueiró.
- A PENA DO FOXO: o máis probábel é que Pena proveña provén do latín PINNAM, “almea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. Hai autores que discuten esta etimoloxía e fan derivar o galego pena da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”. En canto ao apelativo Foxo, podemos asegurar que vén do latín FOVEAM e indica unha burata, un furado grande. Moitas veces os foxos eran trampas de responsabilidade comunal para capturar lobos.
- PENALOBEIRA: topónimo formado por dous lexemas; do primeiro deles, a palabra pena, xa comentamos a súa etimoloxía. No caso de lobeira, podemos supoñer que deriva do latín LUPUM, “lobo”, co sufixo locativo –eira, é dicir, “lugar onde abundan os lobos”. Hai moita toponimia no noso país con este mesmo lexema, cousa nada extraordinaria se temos en conta a importante presenza destes animais na nosa xeografía.
- PEPE: topónimo de posesor. Do antropónimo xermánico Pipp, formouse o composto VILLAM PIPPI.
- O RÍO: de significado transparente. Provén do latín RIVUM, “río pequeno, arroio”, que veu substituír tardiamente o clásico FLUMEN, lexema que só se conserva en cultismos.
- SORRIBAS: topónimo latino, formado pola preposición SUB , “debaixo de” + o substantivo RIPAM, “aba, ladeira”
- O SOUTO: do latín SALTUM, que significaba “salto, desfiladeiro, pasteiro con bosque” e posteriormente adquiriu o significado de “monte poboado de castiñeiros”.
- VALIÑAS: inicialmente a palabra val foi feminina, como o seu étimo latino, VALLEM. De aí o xénero do diminutivo, engadido en época romance (-iña é unha forma xa galega). Unha valiña é, polo tanto, un val pequeno, ás veces simplemente un lugar chan nun terreo en costa.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Agar (Santa Mariña)*
Manuel Reimóndez Portela
AGAR, Santa Mariña, que é a súa patroa.
Parroquia pertencente á zona da Ulla Alta, coas súas compañeiras Loimil, Orazo, Remesar e os dous Ancorados, situada ao sur desta zona coma quen di descansando na vertente norte do importante monte de San Sebastián da Cabana, desde onde baixa ata repousar en terreo chan camiño da Ulla Baixa, encaixado alí constitúe un verdadeiro miradoiro cara a toda a vertente esquerda do Ulla e máis a terra do Pico Sacro constituíndo unha fermosísima paisaxe desde o alto.
LINDES: linda esta parroquia polo norte coas de Remesar e Orazo, polo sur con Curantes e Rubín, polo leste ou nacente coa parroquia de Moalde do concello de Silleda e polo oeste coas parroquias de San Pedro e San Tomé de Ancorados.
A Agar correspóndelle o número un das parroquias da Estrada tendo en conta os nomes delas por orde alfabética.
Por razón de superficie entre as parroquias da Estrada, a Agar correspóndelle o número 40 con trescentas corenta hectáreas.
Na actualidade ten os seguintes lugares segundo a normativización da lingua e o Nomenclátor do 1981. Cunha poboación total actual de 181 habitantes.

COMUNICACIÓNS: a máis importante vía de comunicación desta parroquia é a estrada Chapa-Carril (Nº 640) que a cruza polo sur e dela arrancan pistas asfaltadas, unha provincial desde pouco arriba de Pena de Arriba, que vai directamente ata a igrexa parroquial para seguir unindo a todos e cada un dos lugares, outra sae de Pena Lobeira cara ao San Lois de Orazo e outra desde Gueifas que se une á anterior, para volveren cara aos lugares da parroquia ou seguir cara a Orazo como levamos dito; así, comunícase, ademais con Loimil, Remesar, Oca e os Ancorados, que ao mesmo tempo nos leva ás demais saídas parroquiais e rexionais.
Todas estas vías de comunicación asfaltadas débense aos beneficios da concentración parcelaria, quedando ademais outros camiños en terra para uso de leiras ou montes. En resumo Agar está moi ben comunicada.
Moi importante é a entrada á autoestrada AP-53, que enlaza coa N-640, no lugar de Penalobeira.
Fíxose a concentración parcelaria do monte no ano 2002 e abríronse varias pistas sen asfaltar. A que máis destaca é a que vai por debaixo do campo da festa de San Lois e do muíño do Crego.
HIDROGRAFÍA: falando de correntes de auga esta parroquia non ten ríos, só algunhas presas e un regueiro (o máis importante) chamado Regueiro da Serra; nace na fonte Cenil, preto do Penedo Vello, vai dar ao Regueiro da parroquia de Remesar para con el verter as súas augas no río Bo en Barcia, da parroquia tamén chamada de Riobó.
PONTES: non ten pontes importantes, aínda que si pontellas nos pasos de pistas e camiños.
Non ten castros nin mámoas.
FONTES: as principais son As Fontes, Fonte de Pepe, neste lugar, Fonte de Barreiriños, A Fonte do Prado do Cura. Outras están no regueiro da Serra e por orde son: a de Riba, a dos Vicentes, a Nova, a de Valiñas, a de Fuentes e a de Vilanova.
OROGRAFÍA: desde o punto de vista orográfico ten polo sur, como xa dixemos, o monte de San Sebastián, de 748 metros de altitude, vixía importantísimo da zona cunha vista paisaxística verdadeiramente fermosa e moi ampla, desde alí poden verse as terras de Trasdeza e Deza, as de Forcarei e cara á ría de Arousa e Santiago de Compostela, atopándose nesta liña o Pico Sacro, compañeiro inseparable e perenne que se saúdan cada amencer por riba das terras da Ulla, mantendo así unha comunicación polo aire diariamente, sendo moi curioso contemplar como algunhas mañanciñas, con moita brétema sobre a zona da Ulla, se pode ver desde este monte só este cume e o do Pico coma dous marcos espetados alí contándose as súas lerias por riba da bisbarra toda da Ulla, que non poden ollarse asolagada pola néboa.
Hai un miradoiro na Rocha a carón da N-640 construído coa reforma deste vial desde o cal se divisa perfectamente o val.
PEDRAS: entre as pedras atopadas é de subliñar a chamada Penedo do Mosqueiro, en realidade é un conxunto de pedras no monte de Outeiro polo lado de arriba da estrada Chapa-Carril cara ao cume do monte San Sebastián; alí na faldra deste monte, xa preto do linde coa parroquia de Curantes. Trátase dunhas penedas formando o conxunto en que a pena máis grande está dirixida en dirección nor- deste con respecto ás outras e en sentido horizontal e outra en plano inclinado de arriba a abaixo e de dereita a esquerda formando debaixo un gran sobrado; é un fermoso conxunto e no oco así formado acubíllanse cazadores e pastores onde fan lume para quentarse.
Un pouco máis arriba están as chamadas penedas; son moitas e teñen todas elas fochancas ou aras.
Entre as pedras importantes tamén están a do Mosqueiro (da que falaremos nas lendas), a pena Espiñeira, a Laxe Longa e dous nomes importantes, o Cruceiro e A Cruz, os dous preto do lugar de Valiñas, que claro que tiveron cruz e cruceiro, mais xa desapareceron. Tamén A Pena Lobeira e por suposto os marcos con R na carballeira do Rei preto da Pena Espiñeira.
Entre as pedras con historia e lenda, cheas de arte de homes canteiros do noso pobo, están os cruceiros que aínda se ven erguidos nesta parroquia e son os seguintes:
1 Situación: parroquia de Agar, en pleno adro e cemiterio fronte á mesma entrada da igrexa.
Tamén (coma noutras parroquias) neste penedo pola noitiña do día de San Xoán aparecía unha galiña con pitos de ouro, que ninguén os deu collido xa que se agochaban; ademais, a galiña era grandísima e moi fera e tíñanlle medo.
É tamén tradición popular que na curva da estrada Chapa- Carril, chamada A Cruz do Raposo, tiña moi mala fama xa que alí os ladróns roubaban a xente que viña da feira da Estrada, sobre todo pola "cuadrilla" do "chavellas" e mais estrada adiante en Pena Lobeira (nunha taberna que hoxe non existe) era onde repartían diñeiro roubado.
HISTORIA PARROQUIAL
Damos a coñecer por orde de datas canto puidemos recoller sobre esta parroquia polo que se refire á súa historia.
Comezamos polo que nos di Jerónimo del Hoyo "Memorias del Arzobispado de Santiago ed. Porto. Santiago".
"Hay en esta feligresía de Santa Mariña veinte feligreses ...los frutos todos al rétor, que valdrán como 25 cargas de todo pan.
Presentación de la capilla de Mondragón. La fábrica tiene por renta veintisiete ferrados de centeno y una vaca. El rector tiene casa y huerta y buen lugar del iglesario".
Datos moi importantes son os recollidos do Catastro de Ensenada; vexan o capítulo co título "Catastro de Ensenada Coto de Xurisdición de Tabeiros". Alí atoparán datos desta parroquia entre outras (en total 25) que correspondían ao dito couto, e datan dos anos 1 746-1 750.
Cen anos máis tarde, 1846-50, topamos cos datos que nos deixou Pascual Madoz no seu "Diccionario Geográfico Estadístico, Histórico de España" y sus posesiones de ultramar.
Pascual Madoz, dinos:
"AGAR: (Sta Marina de) felig. En la provincia de Pontevedra (6,5 leguas) dioc. de Santiago (4,5) partido judicial de Tabeiros y Ayuntamiento de La Estrada: Situada en la falda O. del Monte San Sebastián y en la encañada que forma un afluente del río de la Barreira; clima sano. Unas 69 casas distribuídas en los lugares de Baliñas, Gonxar, Outeiro y Pepe, Penalobeira y Sorribas forman esta población cuya iglesia parroquial (Sta Marina) es mediana y se haya servida por un Curato de provisión previo concurso. El término confina por N. con el de Remesar. Al Este con el indicado monte, Al Sur con la feligresía de Curantes, y por el O. con la de San Pedro y Sto. Tomé de Ancorados: el terreno participa de monte escabroso y de llano con prados de pasto de buena calidad y algún regadío: sus caminos muy medianos y mal cuidados y el correo lo recibe por la capital del partido. Produce, centeno, maíz, vino, lino, castaña, algún trigo, frutas y hortalizas: Cría ganado vacuno, lanar y de cerda: población 50, vecinos: 250 almas".
Fala doutro AGAR: "Aldea en la provincia de La Coruña, Ayuntamiento de Mazaricos y Felig. de S. Julián de Bea".
Máis tarde en 1883, recollemos datos do Arcebispado de Santiago. Nel atopamos.
Nomenclátor Arz. de Santiago: (1883).
"AGAR (Sta. Marina)- Tabeiros- Pontevedra- Estrada- Estrada- Ecco-Entrada-65 vecinos,314 almas-Estrada-Mota.
Personal: Torres Louzao D. José Pres. Parrco. 43 a. Teol. Lata".
No censo de 1924 tiña 376 habitantes de dereito. Xa moito despois aparecen os datos de:
Gerardo Álvarez Limeses na "Geografía General del Reino de Galicia" publicada no ano 1936 dinos a propósito desta parroquia: (T.XII p350).
"Agar Santa Marina-dista 49 kilómetros de Pontevedra y 9 de La Estrada y limita al Norte con Remesar, al Sur con Curantes, al Este con Moalde (Silleda) y al Oeste con San Pedro de Ancorados y Rubín.
Comprende las siguientes entidades: Gonxar con 97 habitantes, Outeiro 58, Parajó 27, Penalobeira 27, Sorribas 77 y diseminados 90 que hacen un total de 376 habitantes para los que tiene una escuela mixta servida por maestra.
Está situada esta parroquia en la parte alta y montañosa del valle del Ulla, en una de las Estribaciones del monte de La Rocha cercana a la carretera que va de Chapa a Carril y en una encañada que forma un afluente del rfo de la Barreira.
El terreno es en la parte montañosa y en parte llano y sus producciones: cereales, patatas y judías. Tiene ocho molinos harineros.
Sus principales fiestas son la patronal y la de la Virgen de la Esperanza.
IGREXA PARROQUIAL
É pouco o que sabemos das orixes desta igrexa, ampla e con trazos de ter sido reformada en ocasións, Pedro Varela di que ten mesturas dalgunhas artes arquitectónicas e coida que ten antigüidade, tendo trazas de arte románica-bizantina; ten unha cruz trebolada envolta nunha circunferencia.
Na "Gran Enciclopedia Gallega" lemos que é de orixe prerrománica, aínda que está moi adulterada polas moitas transformacións; a ábsida é cuadrangular.
Mais sabemos que o prateiro santiagués Domingo González de Trabada fixo para esta parroquia un viril de peso de dous marcos para o Santísimo Sacramento (Pérez Constanti "Diccionario de Artistas" p. 269. (E isto sucede polo ano 1824).
Colocouse tamén unha imaxe do Carme (1 744-1 753).
Entre as cruces feitas por Duarte Cedeira "o mozo" en 1589- 1616 figura unha para esta parroquia "con el árbol de flor de lis cincelada y con ramos serafines y cuatro evangelistas y de otra parte una insignia de Santa Marina".
Ten a planta e a ábsida rectangulares. Portada alintelada e sobre dela ventá rectangular rematada en espadana central, con dobre van, con decoración de placas. Os muros sur e norte teñen canciños baixo a soleira do tellado. Ábsida máis baixa e estreita cá nave. Sancristía chegada ao norte e unha capela ao seu lado.
No ano 1640 fundou a Confraría de San Roque, en 1706 a Capelanía de Santo lldelfonso, Benita Mondragón, viúva de Antonio Romero, escribán, Antonio Suárez veciño de San Pedro de Ancorados. A Confraría do Sacramento data de 1665 e a de Santa Bárbara de 1.748.
A freguesía tivo de padroado o de Santa Cruz de Ribadulla ou de Mondragón, que construíu ou fundou o cóengo Juan de Mondragón, de orixe vasco, no ano 1522 que desde hai tantos anos pertence a Santa Cruz de Ribadulla.
Algúns coidan que a igrexa é de orixe prerrománica con moitas transformacións (José Sanmartín Sobrino), que tamén menciona a importantes persoas que levaron o apelido Agar.
Capela: segundo Pedro Varela houbo unha capela dedicada á Esperanza nun corpo que aínda hoxe se chama da Esperanza "dentro de los términos del lugar de Sorribas".
Tamén en Valiñas hai un topónimo "Súa Ermida", o que significa que houbo alí unha capela.
Polo que atinxe á igrexa: o curato era de entrada e pertencía á Coroa. En 1706 Benita Mondragón viúva de Antonio Romero fundou a capelanía de S. Ildefonso, dando fe o escribán Antonio Suárez de San Pedro de Ancorados. A Confraría do Sacramento data do ano 1665, a de Santa Bárbara de 1748 e a de San Roque de 1640.
Inscrición das campás: campá grande: MARIA Y JOSÉ AÑO 1902. FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO.
Pequena: J.H.S. MARÍA Y JOSÉ SANTA MARINA Y S. BÁRBARA AÑO 1961 POR TABOADA EN LALÍN. ME HICIERON SIENDO CURA D. GONZALO CORTIZO VILA.
FESTAS PARROQUIAIS: a festa da patroa da parroquia (Santa Mariña) celébrase o día 18 de xullo, sendo avogosa para que as vacas queden preñadas, para o cal nalgunhas parroquias teñen por costume ofrecerlle unha ducia de bombas á santa se lle queda a vaca preñada; se así resulta o día da función pola mañá ou á saída da misa maior vanlle botar as bombas que lle prometeran...
O día 19 do mesmo mes celébrase o Corpus e ao domingo seguinte o Carme, e Santo Antón, o domingo seguinte 13 de xuño, e o 4 de decembro Santa Bárbara. Construíuse un novo campo da festa entre os lugares de Souto e Paraxó.
Fermosa é a copla que dende tempos ignorados é coñecida e repetida en loanza das mozas da parroquia.
Non vos queixedes meniñas
Que de Agar sodes nativas
Quixeron as ablaciñas
Ser tan ledas e garridas.
INDUSTRIA : só ten dedicación á agricultura sen outras industrias non sendo os muíños, que xa poucos están en funcionamento, dado o desenvolvemento da industria dos motores e do adianto económico.
Os muíños están no regueiro de Valiñas e son, por orde de arriba a abaixo, o do Crego, o dos Vicentes, o Novo, o de Valiñas (o máis antigo e está en ruínas), o de Fuentes e o de Vilanova.
Actualmente experimentou un importante impulso empresarial e mercantil:
CENTROS CULTURAIS: hai un bo centro cultural na antiga escola, ben equipado, no lugar de Sorribas.
Residen na parroquia tres curas de nova instalación que atenden unha gran cantidade de parroquias, nunha nova concepción de demarcación eclesiástica.
Puxeron en marcha a concentración de catequese no Centro Cultural, traendo máis de cen nenos en autobuses.
A Asociación de Veciños Santa María de Agar foi creada en 2003 e ten 88 socios.
Existe outra asociación chamada A Virxe da Esperanza.
Destacan na parroquia os residentes en Cádiz, onde hai unha ampla colonia ademais de Remesar, Curantes, Olives, etc....
PERSOEIRO SOBRANCEIRO: o Sr. Gerardo Calvo, home de sabedoría e historiador da parroquia.
ENSINO: os nenos da parroquia seguen os seus estudos de ensino primario no colexio de EXB do Foxo (Rubín) co que lindan os de Agar.
DEPORTES: os deportes que poden practicarse en Agar son a caza e a pesca.
En canto atinxe ao aspecto ECONÓMICO, SANITARIO, etc... os veciños de Agar cambiaron moito para mellorar a súa situación económica, igual que noutras parroquias, teñen médico do seguro de enfermidade no Centro de Saúde do Foxo, as vivendas melloraron moito con auga corrente e luz eléctrica, iluminación pública, pistas asfaltadas e camiños que achegan os veciños a leiras e montes.
O campo de fútbol é o campo da festa.
OUTROS DATOS: algúns veciños desta freguesía sufriron as consecuencias da invasión dos franceses pois leváronos presos e morreron lonxe da súa terra; segundo Pedro Varela mataron a Juan Nogueira o 7 de abril de 1811 en San Sebastián e en 1812 a Domingo Antonio Albela e Domingo Antonio Báscuas en Cádiz.
Tamén nos di que foi invadida polos carlistas segundo a acta da sesión municipal do 24 de agosto de 1839 "de esta invasión aún hablaban con horror los ancianos de la localidad"...
Lembrándonos do monte de San Sebastián de Cabana, desexamos deixar reflectidas as andainas do carlista cardenal Goróstidi.
Dinos J. R. Barreiro Fernández "El Carlismo Gallego" ps. 82 e seguintes. "D Francisco María de Goróstidi, vasco, había mandado ya en 1822 el primer Regimiento de Guipúzcoa contra los constitucionalistas. Su realismo estaba pues suficientemente probado... tuviera el mando de Coronel de su regimiento. Concluída la guerra fué premiado con una canongía en la catedral compostelana y designado Capellán de los voluntarios de esta ciudad".
Como seguiu conspirando deron contra el orde de arresto o 12 de febreiro de 1834... Goróstidi consiguió huir aprovechando las puertas falsas de la catedral compostelana y se pasó a Portugal donde se entrevistó con D. Carlos ...permaneció varios meses con el médico Delgado que mandaba una partida cerca de la fontera y vuelve decididamente a Galicia con la intención de levantar al pueblo en favor de D. Carlos... al ser fusilado Mortier la jefatura militar pasó a Goróstidi que se titula "Comandante de las tropas de Carlos V en Galicia... "Goróstidi se acerca con una partida de 40 hombres a Santiago... sacerdotes y ex-militares esperaban su vuelta.
Goróstidi creyó llegado el momento y se acercó a Santiago situándose con su pequeña partida en los montes de La Estrada. A Goróstidi le faltaron todos incluso sus previsiones, pues ignoraba que sus pasos eran vigilados muy de cerca por paisanos armados que comunicaban con patrullas del ejército. Su partida nada fogueada se refugió e el monte de CABANAS, cerca de la capilla de San Sebastián. Allí los encontro el ejército el 13 de Mayo y los atacó en forma combinada (actuaron el alférez de Caballería D. Ramón Acevedo, oficial de D. Pedro Casanova del provincial de Lugo y los paisanos de Tabeirós)... con el apoyo de los paisanos de Tabeirós al mando de su alcalde D. Fernando Lorenzo. El fuego se abrió a las 2 de la tarde. A las pocas horas la desbandada fue total. Goróstidi logro huir pero fue perseguido tenazmente por los paisanos de aquellos lugares que lo encontraron envuelto en una zamarra de piel, con barbas de varios días, escondido en medio del centeno".
A persecución que levaron a cabo os veciños destas terras foi recoñecida por todos e loada incluso polo gobernador civil de Pontevedra, que enviou un parte felicitándoos, e a "Gaceta de Madrid" fíxose tamén eco do acontecemento de que estes paisanos e outros máis en xeral axudasen tanto contra as partidas carlistas...
"Goróstidi fue traído a Santiago, encarcelado y condenado a muerte después después de un juicio sumarísimo"... aínda que máis ben poida que fose unha decisión do xeneral Sanjuanera... de calquera.maneira foi fusilado o 16 de maio "a las 6 de la tarde convicto y confeso en su crimen de rebelión (parte de 18 de maio de 1835. Con el desapareció su facción...Las pérdidas que tubo la partida de Goróstidi fueron en su conjunto: siete carlistas muertos en la lucha, 9 fusilados (otros hablan de 11), 30 fusiles recogidos y varios caballos".
Aos voluntarios da Estrada engadíronse os de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, que perseguiron e acorralaron a partida con "un celo y una saña" que asombrou ás autoridades.
TOPONIMIA MENOR: igual que nas demais teñen topónimos importantes; recolleremos uns poucos.
A Pena Espiñeira, a Carballeira do Rei cos seus marcos con R, como descendentes das plantacións do Rei do século XVIII. A pía feita ou o campo do Santo, o cruceiro e a cruz onde houbo tales monumentos, a Pena Lobeira e outros que poden verse no mapa onde se recolle a toponimia.
TELEFONÍA: sen cable. Envíanse fax e mais conexión a Internet.
RURAL CENTRO: en 2005, e en virtude do proxecto "aestradadixital", foi instalado no lugar de Sorribas un centro de conexión a Internet con alta capacidade para uso público dos veciños.
PLANTÍOS REAIS: devesa de S.M. eran as chamadas carballeiras ou devesas do Rei. En Agar a "dehesa de Su Magestad" estaba situada no monte da Cruz do Raposo con 50 ferrados de terreo de primeira calidade.
VIVEIRO: tamén tiña a parroquia un viveiro do Rei que se atopaba situado no agro da Trigueira (lugar de río) cun ferrado e 12 cuartillos, de terreo de primeira calidade, cerrada sobre si mesma.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

- Descrición: plataforma: tres chanzos de Cantería. Pedestal: cúbico con debuxo nas súas caras e rematando un círculo que sostén a columna. Columna octogonal, lisa, comeza e remata de sección cuadrangular. Capitel: cuadrangular con volutas e un anxo ou querubín en cada cara. Cruz: latina, redonda e espiñenta. Anverso: Cristo crucificado, testa inclinada á dereita. Reverso: Inmaculada Concepción. Altura: uns cinco metros.
- Inscricións: non se observan.
- Conservación: boa. O Cristo ten a cara deformada pola erosión da pedra.
- Tradición: lémbrase de sempre formando parte do conxunto igrexa-adro-cemiterio.
- Propiedade: pública.
- Descrición: plataforma: catro chanzos cuadrangulares de pedra. Pedestal: cuadrangular ou cúbico rematado en círculo. Columna: comeza cuadrangular e segue redonda, lisa. Capitel: redondo con volutas e catro anxos ou querubíns. Cruz: latina de brazos redondos e espi- ñentos. Anverso: Cristo crucificado coa testa caída inclinada á dereita. Reverso: imaxe da Virxe, querubín aos pés e un anxo a cada banda no brazo transversal da cruz, transportándoa. Altura: uns cinco metros.
- Inscricións: non se observan.
- Conservación: regular.
- Tradición: semella ser un de tantos cruceiros nos encrucillados, camiño da igrexa á que dá cara o cruceiro, e punto obrigado de parada para rezar ao paso de cadaleitos.
- Propiedade: pública.
- Descrición: plataforma de tres banzos de cantería. Pedestal cúbico con tallas de pedra, esquinas biseladas e talla circular.
- Columna: comeza cuadrangular e segue octogonal, remata en capitel con volutas e Virxe e Cristo.
- Inscricións: non se observan.
- Conservación: boa. Restaurado en 2000, por iniciativa de Manuel Reimóndez Portela.
- Tradición: estivo sempre no mesmo lugar.
Tamén (coma noutras parroquias) neste penedo pola noitiña do día de San Xoán aparecía unha galiña con pitos de ouro, que ninguén os deu collido xa que se agochaban; ademais, a galiña era grandísima e moi fera e tíñanlle medo.
É tamén tradición popular que na curva da estrada Chapa- Carril, chamada A Cruz do Raposo, tiña moi mala fama xa que alí os ladróns roubaban a xente que viña da feira da Estrada, sobre todo pola "cuadrilla" do "chavellas" e mais estrada adiante en Pena Lobeira (nunha taberna que hoxe non existe) era onde repartían diñeiro roubado.
HISTORIA PARROQUIAL
Damos a coñecer por orde de datas canto puidemos recoller sobre esta parroquia polo que se refire á súa historia.
Comezamos polo que nos di Jerónimo del Hoyo "Memorias del Arzobispado de Santiago ed. Porto. Santiago".
"Hay en esta feligresía de Santa Mariña veinte feligreses ...los frutos todos al rétor, que valdrán como 25 cargas de todo pan.
Presentación de la capilla de Mondragón. La fábrica tiene por renta veintisiete ferrados de centeno y una vaca. El rector tiene casa y huerta y buen lugar del iglesario".
Datos moi importantes son os recollidos do Catastro de Ensenada; vexan o capítulo co título "Catastro de Ensenada Coto de Xurisdición de Tabeiros". Alí atoparán datos desta parroquia entre outras (en total 25) que correspondían ao dito couto, e datan dos anos 1 746-1 750.
Cen anos máis tarde, 1846-50, topamos cos datos que nos deixou Pascual Madoz no seu "Diccionario Geográfico Estadístico, Histórico de España" y sus posesiones de ultramar.
Pascual Madoz, dinos:
"AGAR: (Sta Marina de) felig. En la provincia de Pontevedra (6,5 leguas) dioc. de Santiago (4,5) partido judicial de Tabeiros y Ayuntamiento de La Estrada: Situada en la falda O. del Monte San Sebastián y en la encañada que forma un afluente del río de la Barreira; clima sano. Unas 69 casas distribuídas en los lugares de Baliñas, Gonxar, Outeiro y Pepe, Penalobeira y Sorribas forman esta población cuya iglesia parroquial (Sta Marina) es mediana y se haya servida por un Curato de provisión previo concurso. El término confina por N. con el de Remesar. Al Este con el indicado monte, Al Sur con la feligresía de Curantes, y por el O. con la de San Pedro y Sto. Tomé de Ancorados: el terreno participa de monte escabroso y de llano con prados de pasto de buena calidad y algún regadío: sus caminos muy medianos y mal cuidados y el correo lo recibe por la capital del partido. Produce, centeno, maíz, vino, lino, castaña, algún trigo, frutas y hortalizas: Cría ganado vacuno, lanar y de cerda: población 50, vecinos: 250 almas".
Fala doutro AGAR: "Aldea en la provincia de La Coruña, Ayuntamiento de Mazaricos y Felig. de S. Julián de Bea".
Máis tarde en 1883, recollemos datos do Arcebispado de Santiago. Nel atopamos.
Nomenclátor Arz. de Santiago: (1883).
"AGAR (Sta. Marina)- Tabeiros- Pontevedra- Estrada- Estrada- Ecco-Entrada-65 vecinos,314 almas-Estrada-Mota.
Personal: Torres Louzao D. José Pres. Parrco. 43 a. Teol. Lata".
No censo de 1924 tiña 376 habitantes de dereito. Xa moito despois aparecen os datos de:
Gerardo Álvarez Limeses na "Geografía General del Reino de Galicia" publicada no ano 1936 dinos a propósito desta parroquia: (T.XII p350).
"Agar Santa Marina-dista 49 kilómetros de Pontevedra y 9 de La Estrada y limita al Norte con Remesar, al Sur con Curantes, al Este con Moalde (Silleda) y al Oeste con San Pedro de Ancorados y Rubín.
Comprende las siguientes entidades: Gonxar con 97 habitantes, Outeiro 58, Parajó 27, Penalobeira 27, Sorribas 77 y diseminados 90 que hacen un total de 376 habitantes para los que tiene una escuela mixta servida por maestra.
Está situada esta parroquia en la parte alta y montañosa del valle del Ulla, en una de las Estribaciones del monte de La Rocha cercana a la carretera que va de Chapa a Carril y en una encañada que forma un afluente del rfo de la Barreira.
El terreno es en la parte montañosa y en parte llano y sus producciones: cereales, patatas y judías. Tiene ocho molinos harineros.
Sus principales fiestas son la patronal y la de la Virgen de la Esperanza.
IGREXA PARROQUIAL
É pouco o que sabemos das orixes desta igrexa, ampla e con trazos de ter sido reformada en ocasións, Pedro Varela di que ten mesturas dalgunhas artes arquitectónicas e coida que ten antigüidade, tendo trazas de arte románica-bizantina; ten unha cruz trebolada envolta nunha circunferencia.
Na "Gran Enciclopedia Gallega" lemos que é de orixe prerrománica, aínda que está moi adulterada polas moitas transformacións; a ábsida é cuadrangular.
Mais sabemos que o prateiro santiagués Domingo González de Trabada fixo para esta parroquia un viril de peso de dous marcos para o Santísimo Sacramento (Pérez Constanti "Diccionario de Artistas" p. 269. (E isto sucede polo ano 1824).
Colocouse tamén unha imaxe do Carme (1 744-1 753).
Entre as cruces feitas por Duarte Cedeira "o mozo" en 1589- 1616 figura unha para esta parroquia "con el árbol de flor de lis cincelada y con ramos serafines y cuatro evangelistas y de otra parte una insignia de Santa Marina".
Ten a planta e a ábsida rectangulares. Portada alintelada e sobre dela ventá rectangular rematada en espadana central, con dobre van, con decoración de placas. Os muros sur e norte teñen canciños baixo a soleira do tellado. Ábsida máis baixa e estreita cá nave. Sancristía chegada ao norte e unha capela ao seu lado.
No ano 1640 fundou a Confraría de San Roque, en 1706 a Capelanía de Santo lldelfonso, Benita Mondragón, viúva de Antonio Romero, escribán, Antonio Suárez veciño de San Pedro de Ancorados. A Confraría do Sacramento data de 1665 e a de Santa Bárbara de 1.748.
A freguesía tivo de padroado o de Santa Cruz de Ribadulla ou de Mondragón, que construíu ou fundou o cóengo Juan de Mondragón, de orixe vasco, no ano 1522 que desde hai tantos anos pertence a Santa Cruz de Ribadulla.
Algúns coidan que a igrexa é de orixe prerrománica con moitas transformacións (José Sanmartín Sobrino), que tamén menciona a importantes persoas que levaron o apelido Agar.
Capela: segundo Pedro Varela houbo unha capela dedicada á Esperanza nun corpo que aínda hoxe se chama da Esperanza "dentro de los términos del lugar de Sorribas".
Tamén en Valiñas hai un topónimo "Súa Ermida", o que significa que houbo alí unha capela.
Polo que atinxe á igrexa: o curato era de entrada e pertencía á Coroa. En 1706 Benita Mondragón viúva de Antonio Romero fundou a capelanía de S. Ildefonso, dando fe o escribán Antonio Suárez de San Pedro de Ancorados. A Confraría do Sacramento data do ano 1665, a de Santa Bárbara de 1748 e a de San Roque de 1640.
Inscrición das campás: campá grande: MARIA Y JOSÉ AÑO 1902. FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO.
Pequena: J.H.S. MARÍA Y JOSÉ SANTA MARINA Y S. BÁRBARA AÑO 1961 POR TABOADA EN LALÍN. ME HICIERON SIENDO CURA D. GONZALO CORTIZO VILA.
FESTAS PARROQUIAIS: a festa da patroa da parroquia (Santa Mariña) celébrase o día 18 de xullo, sendo avogosa para que as vacas queden preñadas, para o cal nalgunhas parroquias teñen por costume ofrecerlle unha ducia de bombas á santa se lle queda a vaca preñada; se así resulta o día da función pola mañá ou á saída da misa maior vanlle botar as bombas que lle prometeran...
O día 19 do mesmo mes celébrase o Corpus e ao domingo seguinte o Carme, e Santo Antón, o domingo seguinte 13 de xuño, e o 4 de decembro Santa Bárbara. Construíuse un novo campo da festa entre os lugares de Souto e Paraxó.
Fermosa é a copla que dende tempos ignorados é coñecida e repetida en loanza das mozas da parroquia.
Non vos queixedes meniñas
Que de Agar sodes nativas
Quixeron as ablaciñas
Ser tan ledas e garridas.
INDUSTRIA : só ten dedicación á agricultura sen outras industrias non sendo os muíños, que xa poucos están en funcionamento, dado o desenvolvemento da industria dos motores e do adianto económico.
Os muíños están no regueiro de Valiñas e son, por orde de arriba a abaixo, o do Crego, o dos Vicentes, o Novo, o de Valiñas (o máis antigo e está en ruínas), o de Fuentes e o de Vilanova.
Actualmente experimentou un importante impulso empresarial e mercantil:
- 1 taller de tomo a carón do campo da festa
- 1 fabricante de leña
- 1 taller mecánico de maquinaria agrícola
- Comercio: 4 restaurantes e 1 club
CENTROS CULTURAIS: hai un bo centro cultural na antiga escola, ben equipado, no lugar de Sorribas.
Residen na parroquia tres curas de nova instalación que atenden unha gran cantidade de parroquias, nunha nova concepción de demarcación eclesiástica.
Puxeron en marcha a concentración de catequese no Centro Cultural, traendo máis de cen nenos en autobuses.
A Asociación de Veciños Santa María de Agar foi creada en 2003 e ten 88 socios.
Existe outra asociación chamada A Virxe da Esperanza.
Destacan na parroquia os residentes en Cádiz, onde hai unha ampla colonia ademais de Remesar, Curantes, Olives, etc....
PERSOEIRO SOBRANCEIRO: o Sr. Gerardo Calvo, home de sabedoría e historiador da parroquia.
ENSINO: os nenos da parroquia seguen os seus estudos de ensino primario no colexio de EXB do Foxo (Rubín) co que lindan os de Agar.
DEPORTES: os deportes que poden practicarse en Agar son a caza e a pesca.
En canto atinxe ao aspecto ECONÓMICO, SANITARIO, etc... os veciños de Agar cambiaron moito para mellorar a súa situación económica, igual que noutras parroquias, teñen médico do seguro de enfermidade no Centro de Saúde do Foxo, as vivendas melloraron moito con auga corrente e luz eléctrica, iluminación pública, pistas asfaltadas e camiños que achegan os veciños a leiras e montes.
O campo de fútbol é o campo da festa.
OUTROS DATOS: algúns veciños desta freguesía sufriron as consecuencias da invasión dos franceses pois leváronos presos e morreron lonxe da súa terra; segundo Pedro Varela mataron a Juan Nogueira o 7 de abril de 1811 en San Sebastián e en 1812 a Domingo Antonio Albela e Domingo Antonio Báscuas en Cádiz.
Tamén nos di que foi invadida polos carlistas segundo a acta da sesión municipal do 24 de agosto de 1839 "de esta invasión aún hablaban con horror los ancianos de la localidad"...
Lembrándonos do monte de San Sebastián de Cabana, desexamos deixar reflectidas as andainas do carlista cardenal Goróstidi.
Dinos J. R. Barreiro Fernández "El Carlismo Gallego" ps. 82 e seguintes. "D Francisco María de Goróstidi, vasco, había mandado ya en 1822 el primer Regimiento de Guipúzcoa contra los constitucionalistas. Su realismo estaba pues suficientemente probado... tuviera el mando de Coronel de su regimiento. Concluída la guerra fué premiado con una canongía en la catedral compostelana y designado Capellán de los voluntarios de esta ciudad".
Como seguiu conspirando deron contra el orde de arresto o 12 de febreiro de 1834... Goróstidi consiguió huir aprovechando las puertas falsas de la catedral compostelana y se pasó a Portugal donde se entrevistó con D. Carlos ...permaneció varios meses con el médico Delgado que mandaba una partida cerca de la fontera y vuelve decididamente a Galicia con la intención de levantar al pueblo en favor de D. Carlos... al ser fusilado Mortier la jefatura militar pasó a Goróstidi que se titula "Comandante de las tropas de Carlos V en Galicia... "Goróstidi se acerca con una partida de 40 hombres a Santiago... sacerdotes y ex-militares esperaban su vuelta.
Goróstidi creyó llegado el momento y se acercó a Santiago situándose con su pequeña partida en los montes de La Estrada. A Goróstidi le faltaron todos incluso sus previsiones, pues ignoraba que sus pasos eran vigilados muy de cerca por paisanos armados que comunicaban con patrullas del ejército. Su partida nada fogueada se refugió e el monte de CABANAS, cerca de la capilla de San Sebastián. Allí los encontro el ejército el 13 de Mayo y los atacó en forma combinada (actuaron el alférez de Caballería D. Ramón Acevedo, oficial de D. Pedro Casanova del provincial de Lugo y los paisanos de Tabeirós)... con el apoyo de los paisanos de Tabeirós al mando de su alcalde D. Fernando Lorenzo. El fuego se abrió a las 2 de la tarde. A las pocas horas la desbandada fue total. Goróstidi logro huir pero fue perseguido tenazmente por los paisanos de aquellos lugares que lo encontraron envuelto en una zamarra de piel, con barbas de varios días, escondido en medio del centeno".
A persecución que levaron a cabo os veciños destas terras foi recoñecida por todos e loada incluso polo gobernador civil de Pontevedra, que enviou un parte felicitándoos, e a "Gaceta de Madrid" fíxose tamén eco do acontecemento de que estes paisanos e outros máis en xeral axudasen tanto contra as partidas carlistas...
"Goróstidi fue traído a Santiago, encarcelado y condenado a muerte después después de un juicio sumarísimo"... aínda que máis ben poida que fose unha decisión do xeneral Sanjuanera... de calquera.maneira foi fusilado o 16 de maio "a las 6 de la tarde convicto y confeso en su crimen de rebelión (parte de 18 de maio de 1835. Con el desapareció su facción...Las pérdidas que tubo la partida de Goróstidi fueron en su conjunto: siete carlistas muertos en la lucha, 9 fusilados (otros hablan de 11), 30 fusiles recogidos y varios caballos".
Aos voluntarios da Estrada engadíronse os de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, que perseguiron e acorralaron a partida con "un celo y una saña" que asombrou ás autoridades.
TOPONIMIA MENOR: igual que nas demais teñen topónimos importantes; recolleremos uns poucos.
A Pena Espiñeira, a Carballeira do Rei cos seus marcos con R, como descendentes das plantacións do Rei do século XVIII. A pía feita ou o campo do Santo, o cruceiro e a cruz onde houbo tales monumentos, a Pena Lobeira e outros que poden verse no mapa onde se recolle a toponimia.
TELEFONÍA: sen cable. Envíanse fax e mais conexión a Internet.
RURAL CENTRO: en 2005, e en virtude do proxecto "aestradadixital", foi instalado no lugar de Sorribas un centro de conexión a Internet con alta capacidade para uso público dos veciños.
PLANTÍOS REAIS: devesa de S.M. eran as chamadas carballeiras ou devesas do Rei. En Agar a "dehesa de Su Magestad" estaba situada no monte da Cruz do Raposo con 50 ferrados de terreo de primeira calidade.
VIVEIRO: tamén tiña a parroquia un viveiro do Rei que se atopaba situado no agro da Trigueira (lugar de río) cun ferrado e 12 cuartillos, de terreo de primeira calidade, cerrada sobre si mesma.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.
Agar*
Pedro Varela
Á caída do monte da Rocha ou de San Sebastián atópase a parroquia de Agar que, coas de Remesar e os Ancorados,forma un grupo ideal. Ten 73 cabezas de familia e 348 habitantes distribuídos no seu territorio. Dista da Estrada uns dez quilómetros por termo medio, que poden percorrerse por estrada ata o Foxo e dende este punto queda pouca distancia ao centro parroquial.
Agar é metátese de agra, significado que convén á condición eminentemente agrícola da localidade. Puido derivarse o nome do latín ager, “agro, campo”; ou do grego agros. Tamén nos trae á memoria aquilo de que os árabes ou mouros que invadiron a Península Ibérica foron chamados agarenos, como descendentes de Abrahan e da súa escrava Agar.
Lugares: Penalobeira ,O Outeiro, Sorribas, O Souto, Pepe, A Pedreira, A Revolta, Valiñas, A Lagoa, O Río, A Pena, Gueifas, Aminde, Gonxar e Paraxó.
O lugar de Penalobeira debe o nome a estar situado nun lugar penedío, alto e internado no monte da Rocha ou de San Sebastián, onde é máis que de supoñer que abundaron os lobos. Tanto foi así que o noso Concello, en actas de dúas sesións (unha do ano 1847 e outra de 1848) consigna que “os lobos causan enormes danos en Agar”. A denominación de Outeiro non precisa aclaración: ninguén ignora que vén da súa situación elevada nun outeiro, cuíña ou lomba. Sorribas, punto inferior ás ribas ou ribadas que se observan no terreo. O Souto, monte poboado de castiñeiros. Pepe é o nome do fundador ou primeiro aforante: aínda hoxe é moi coñecido o foral de Pepe (Xosé). Dos lugares de Revolta, A Pedreira, A Lagoa, O Río e A Pena non cómpre dicir cousa ningunha. O de Valiñas vén do diminutivo valiños, “muros pequenos”. Gueifas é abreviatura de Regueifas. Cóntase que Aminde debe a denominación ao apelido ou alcume do fundador. Paraxó ou Paraxe, punto de parada ou albergue; sosteñen algúns que Paraxó, por compoñerse de para e xo, vén das voces que os habitantes de antano daban ás eguas salvaxes, bestas bravas que baixaban da Rocha, para que se parasen ou detivesen e non arrasasen as sementeiras; outros din que Paraxó vén de “parexo” co lugar do Río, por estar inmediatos e compoñerse de dúas casas cada un. A denominación da Pena denuncia a súa orixe sueva.
Lindeiros: norte, Remesar; sur, Curantes; leste, Orazo; e oeste, os Ancorados.
Vías de comunicación: a estrada de Chapa a Carril está establecida polo extremo sur desta parroquia. As demais comunicacións consisten en camiños ordinarios.
Hai un regato chamado da Serra, que nace no punto de Orosa (Orazo) e desemboca no río de Remesar, no punto de Vilanova, despois de fertilizar terreos do lugar de Gonxar e Valiñas.
O 7 de abril de 1811 tivo lugar o enterro de Juan Nogueira, asistente do Tenente de Administración D. Francisco Miguez; morrera na enfermaría de San Sebastián a consecuencia da invasión francesa. O 26 de agosto de 1812 celebráronse os funerais de Domingo Antonio Albela, morto en Cádiz, a onde fora levado, prisioneiro das hostes de Napoleón. O mesmo sucedeu con Domingo Antonio Bascuas.
A parroquia de Agar foi invadida tamén polos carlistas, segundo consta, entre outros antecedentes, na acta da sesión municipal, de data de 24 de agosto de 1839. Desa invasión aínda falaban con terror, hai poucos anos, os anciáns da localidade. De Agar era Pedro González, que morreu o antedito ano, pelexando como soldado en Bilbao.
O Concello da Estrada, en sesión do 14 de xuño de 1856, alude a unha escola de instrución primaria, acabada de crear para a parroquia que nos ocupa. Hoxe non teñen escola alí.
Edificios importantes: A igrexa parroquial, ben situada nun lugar dende o que se domina un dos máis fermosos panoramas da bisbarra, é de construción antiga, con mestura de distintas ordes arquitectónicas, entre as cales non falta o románico-bizantino; cara ao sur ten unha cruz trevoada envolta nunha circunferencia. Houbo unha capela á Esperanza nun campo que aínda hoxe se chama da Esperanza, dentro dos termos do lugar de Sorribas.
No eclesiástico: Agar ten por patroa a Santa Mariña, o curato é de entrada e pertence á Coroa; o persoal consiste nun cura. En 1706, Dona Benita Mondragón, viúva de D. Antonio Romero, fundou a capelanía de Santo Ildefonso, do que deu fe o escribán D. Antonio Suárez de San Pedro de Ancorados. A confraría do Sacramento data do ano 1665; a de Santa Bárbara de 1748 e a de San Roque de 1640. Celébranse anualmente festas: á Patroa o 18 de xullo; o 19, o Corpus; o domingo seguinte, o Carme; a Esperanza, o domingo seguinte do de Pascua; e outras menos importantes.
A freguesía tivo por padroado a capela de Santa Cruz ou de Mondragón, incluída na basílica santiaguesa, que fundou e construíu o cóengo D. Juan de Mondragón, familiar dos Marqueses de Santa Cruz de Ribadulla, o ano 1522.
O arquivo parroquial alcanza ao ano 1610.
Os de Agar reciben o correo polo Foxo.
Non vos queixedes, meniñas
que de Agar sodes nativas,
quixeran as ablaíñas
ser tan ledas e garridas.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017