A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
A casa solar de Os Muros está situada no lugar do mesmo nome na parroquia de San Pedro de Parada.Ten planta rectangular con tellado a dúas augas, con baixo e planta. O portalón de entrada está coroado por un escudo de forma circular encadrado baixo unha voluta, cuartelada por unha cruz flordelisada coas armas dos Montenegro, dos Andrade, dos Prado e dos Gaioso. A carón da casa atópase un hórreo e unha capela, sobre cuxo lintel hai unha inscrición que di “fixo esta capela Xoan R. dealeira e castro e dona Maria prado e gaioso ano de 1688”. E sobre esta inscrición un escudo coas armas dos Leira e Castro ademais das do Santo Oficio, pois Xoán era notario do Santo Oficio. O fundador desta casa foi Xoán Rodríguez Docasal Daleira (1593-1643), fillo de Pedro Docasal Daleira e de María Rodríguez de Castro e Soutomaior, donos do pazo de Correáns. Foron eles quen lle deron esta propiedade así como a escribanía de Tabeirós e do Viso para emancipalo. Casou con Sabela Docampo, da casa de Lerce en Santa Mariña de Castrelo (Forcarei) e filla tamén de escribán. Xoán non se levaba moi ben coa súa nai nin co seu irmán Clemente e, trala morte de Xoán, a viúva demandounos presentando un testamento -falsodo seu marido onde dicía que Clemente lle debía 1700 reais.
Sucedeulle Pedro (1628-1680) que casou con Francisca Perrúa Yáñez Vaamonde, cuñada do dono do pazo de Monteagudo en Codeseda. E a Pedro sucedeulle nas propiedades e na escribanía o seu fillo Xoán Rodríguez Daleira (1660-1721), quen casado con Xosefa Prado e Gaioso fíxoo a capela do Santo Anxo en 1688, como xa vimos. Tiveron 9 fillos dos que destacamos ao sucesor chamado Baltasar e a Francisca, que foi a sogra de Pedro Bazán de Mendoza e polo tanto tataravoa da condesa Emilia Pardo Bazán. En efecto, Pedro Bazán e Ma Ignacia Leira tiveron varios fillos, entre eles Pedro Pablo Bazán Leira, avogado e catedrático da Universidade de Santiago que morreu no desterro por ser “afrancesao”, e Loisa Bazán Leira, que casou en Cambados con Xoán Pardo de Lama e Pardo de Cela, sendo recoñecidos como condes en 1787 e que foron os avós de dona Emilia Pardo Bazán.
Baltasar casou en 1724 con Constanza Estévez-Raxoi e Ribas, filla do reitor da Universidade de Santiago, polo que foi dotada con 200 ducados, e descendente da familia de Alonso de la Peña Montenegro (1596-1688), bispo de Quito, que mandou facer a capela de San Ildefonso en Iria en 1669.
Logo en 1758 Baltasar, dono da casa de Os Muros e da Casa Grande de Parada con todas as súas terras e rendas, fixo concurso de acredores pois dicía que lle debía moitos cartos á súa muller e a seus irmáns, e que os seus bens de vínculo non se podían embargar, polo que non podía pagar as débedas que tiña cos seus veciños: estes déranlle os cartos para pagar á Administración pero el non o fixera.
Como o seu fillo primoxénito Manuel Leira non tivo descendencia, os bens da casa de Os Muros recaeron no seu sobriño Filipe Leira Pardo, dono do pazo de Correáns.
Pero os tempos foron mudando e o seu neto Xosé María Antonio Leira Ogando (1882-1939) estudou farmacia e logo medicina, exercendo en Parada e logo en Pontevedra, onde casou en 1930 con María Excelsa Cándida Eiriz Fernández. Precisamente foi en tempos de Xosé María, o 28 de
marzo de 1928, cando tivo lugar a última celebración na capela da casa, unha voda entre dous veciños, Xosé Porto Durán e Manuela Porto Fraíz.
Os seus sucesores, os irmás LeiraEiriz, venderon as propiedades da casa de Os Muros a Manuel Ferradás e este á súa vez no ano 2000 aos actuais propietarios, Miguel Antonio Castro Rivas e M^ Vitoria Rei Castedo, quen remodelaron a casa no ano 2003 baixo o proxecto e dirección do arquitecto Xesús Ma Brei González.
* Capicúa. 10-10-2012