Os Mondragón de Vilasusán. Remesar
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Aínda que no lugar de Vilasusán na parroquia de Remesar xa non se conserva a súa casa, houbo unha familia de apelido Mondragón que viviu aquí e tivo relación con outras familias de moita sona en Galicia.
A principios do século XVI estableceuse en Ortigueira (Ribadulla) un cóengo de Santiago de Compostela chamado Juan Ibáñez de Mondragón, natural de Mondragón en Guipúscoa, que fundou a capela da Piedade na catedral de Santiago. A seu carón viñeron moitos da súa familia, como outro Juan de Mondragón avó do 1° marqués de Santa Cruz de Ribadulla, e Andrés de Mondragón, que casou coa súa curmá María Esteban de Cela, instalándose en Vilasusán (Remesar),
onde traballaron na agricultura coa axuda dos criados e xornaleiros. Tiveron dous fillos, Juan, cura de San Martiño de Figueroa (Cerdedo) e Andrés Mondragón Zubieta, que casou Juana Bermúdez de la Maza e Aldao, filla dun escribán de Sanxenxo, que recibiu de dote 1.100 ducados en cartos e en rendas.
Un dos seus fillos Juan Antonio Bermúdez Mondragón casou en 1678 con Beatriz Gil Taboada de Camba Ribadeneira, natural de San Estevo de Barcia (Lalín). Beatriz era tía do que logo foi bispo de Lugo e Santiago don Caetano Gil Taboada, e curmá do bispo de Osma e de Sevilla don Felipe Antonio Gil Taboada.
Un dos fillos, chamado Leonel (1679-1741) como o seu padriño e tío carnal o cura de Ribela don Leonel Gil Taboada, casou con María Varela Mariño de Lobera, natural de Caldas da casa de Piñeiro de Casalnovo.
Tiveron oito fillos, dos cales unha foi Beatriz Mondragón, que casou con Alejo Reguera da casa de Vilanova en Remesar. Outra, Juana María, casou con José López Ballesteros, avós de Luís López-Ballesteros que foi ministro de Facenda durante o reinado de Fernando VII. E outro, Pedro Ignacio Mondragón Varela, o vinculeiro, casou con Josefa Rosa de Córdoba e Castro, filla do rexedor de Rianxo, vivindo na casa de Bacelo do Monte en Santa María de Godos.
Pedro e Josefa foron os pais de José Benito Mondragón e Cordova, que casou en 1762 con Tomasa Bermúdez de Castro e Sangro, da casa grande dos Bermúdez de Castro en San Paio de Figueroa.
Foi filla súa María Nicolasa Mondragón Córdoba Bermúdez e Sangro, quen casou en Santa María de Godos en 1783 con Francisco Taboada y Gil Mosquera, do pazo de Liñares (San Martiño de Prado. Lalín) e pertencente á casa de Barcia (Lalín) por parte de nai. Francisco e Ma Nicolasa tiveron seis fillos, entre os cales, Rosa Taboada Mondragón, bautizada en 1792 cos nomes de Rosa Sebastiana Ramona Xacoba Bieita Antía Xosepha, casou en A Coruña o 27 de marzo de 1815 con Antonio Loriga Reguera, nacido no Grove,
fillo de Xoán Vicente Loriga Bermúdez de Castro, capitán das Milicias Urbanas, e de Xoana Vicenta Romero e Caamaño.
Antonio foi o “xefe político” da Coruña durante o Trienio Liberal, cabaleiro de San Fernando e San Hermenegildo, coronel graduado de infantería e tenente coronel de artillería, dono da casa de Sobrecarreira en Sigrás e do pazo de Follente (Zas. A Coruña) e outras anexas aos seus morgados, Deputado a Cortes e fundador e 1° Presidente da Academia Galega das Artes, e participou co fundador do Consulado de A Coruña en varias empresas.
A saga continúa na CASA DE VILANOVA DE REMESAR (que veremos no próximo número).
* Capicúa. 30-1-2013