Calros Solla naceu en Pontevedra no ano 1971. É filólogo, profesor de historia e lingua galega, etnógrafo e escritor. Membro fundador do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende. Membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
En 2010 foi merecente do Premio de Poesía Johán Carballeira polo poemario MazinGZ; en 2011, do Premio de Poesía Victoriano Taibo polo poemario Holocausto zacoe. En 2012 publicou O orgullo do gurgullo, tributo á Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) no seu 25 aniversario. APDR fíxolle entrega do seu Diploma de recoñecemento en 2018.
No eido histórico, etnográfico e divulgativo, forneceu as coleccións Cerdedo in the Voyager e Solea Scripsit con vinte e nove títulos, entre os que destacan: Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas (2008), Así aprenderán a non ter ideas. Agrarismo, caciquismo e República en Cerdedo (2016), O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo (2017), Crónica da Galiza bizarra (2021), O Campo das Laudas. Alcouve da Memoria en Cerdedo (2022) e O pote do ouro. Novas de tesouros na Galiza (2022).
Así mesmo, como colaborador da asociación cultural e ecoloxista Vaipolorío, deu ao prelo: Andar primeiro de río. Inmateriais do río dos Gafos (2009), O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970) (2014), Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos (2019) e Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos (2023).
Na súa faceta exploratoria, descubriu ou colaborou na descuberta, valorización e divulgación de máis dun cento de sitios arqueolóxicos na comarca de Terra de Montes (petróglifos, mámoas, castros...).
“Polo seu labor de investigación e divulgación do patrimonio cultural do monte do Seixo”, a asociación Amigos da Cultura Celta concedeulle o seu Diploma de honra en 2011 e, en 2017, o Premio á xestión e conservación do patrimonio cultural e mais o seu Diploma de agradecemento.
“Polo seu traballo incansable de promoción e posta en valor da lingua e da cultura galega e nomeadamente do patrimonio natural e inmaterial do concello de Pontevedra”, concedéuselle o Premio Cidade de Pontevedra 2015.
En 2017, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais entregoulle o Premio Cogave. En 2023, a Fundación Alexandre Bóveda outorgoulle o Premio Galiza Mártir.