Parada
Clara Iglesias Cortizo
- EIRIZ: trátase dun topónimo de posesor, procedente do sintagma VILLAM EIRICI, xenitivo do antropónimo xermánico Eiricus; faría referencia, polo tanto, a unha granxa ou explotación agrícola pertencente a un terratenente medieval chamado Eiricus, nome de persoa frecuente na época. O substantivo vila co tempo desaparece e queda unicamente Eirici, que acaba por derivar en Eiriz.
- FERMIL: probabelmente é tamén un topónimo de posesor, procedente de VILLAM FILIMIRI, xenitivo do antropónimo xermánico Filimirus (que presentaba tamén as variantes Felmirus e Felemirus).
- OS MUROS: trátase dun substantivo que pertence ao léxico común; deriva do latín MURUM, co mesmo significado que no galego actual. Algún muro ou parede que alí existía foi o elemento que acabou por dar nome á aldea.
- PARADA: é un topónimo moi abundante no noso país e o seu significado ten que ver coa orografía; os numerosísimos Parada e Paradela galegos adoitan sinalar lugares de descanso orográfico, xeralmente situados ao final dun terreo costento ou nun lugar onde os antigos viandantes adoitaban facer un alto e prepararse para continuar camiño. Efectivamente, o lugar de Parada está situado nun terreo chan rodeado de montes cara a Ribela e Liripio. Parada deriva do latín PARATAM, participio pasado do verbo PARARE, “preparar, dispoñer”, que en latín vulgar adquiriu o significado actual de “deter”.
- PAREDES: é un topónimo transparente, cun significado semellante ao dos Muros, na mesma parroquia. Normalmente designa lugares onde existían ruínas de antigas construcións de vivendas. O seu étimo é o latín PARIETES, co mesmo significado que no galego actual.
- PICÁNS: trátase dun topónimo de difícil interpretación, posto que o sufixo –áns pode proceder de étimos diversos e ter, polo tanto, diferentes valores. É posíbel que se trate dun caracterizador dos habitantes do lugar, derivado do sufixo latino –ANES, que se engadiría á palabra pica; é dicir, o significado podería ser algo así como “os que viven na pica”. O topónimo Pica e as súas diferentes variantes aparecen repetidas veces na toponimia galega. Pica deriva da palabra celta *bicc, que se adaptou ao latín como *beccus e que derivou na nosa lingua nas palabras bico e pico. O topónimo Pica refírese normalmente á configuración do terreo e designa un lugar alto, mais tamén pode aludir a unha costa ou pendente, o que se correspondería máis coas características do lugar de Picáns, que se encontra á beira do monte de Parada, subindo desde Vinseiro ao lugar de Fermil.
- SOBRE DA COVA: é un topónimo formado por un sintagma iniciado pola preposición sobre, que deriva da preposición latina SUPER, “sobre, enriba de”. Indica o lugar en que está situada a aldea. A palabra cova ten moita presenza na toponimia galega; deriva do latín vulgar COVAM, “oco, burato”, que veu substituír ao latín CAVAM. Cova foi adquirindo outros significados, como “cavidade grande na terra, gruta; lugar de enterramento, sepultura; dolmen, arca, anta”; de feito, o topónimo Cova adoita aparecer en lugares á beira dun castro ou de restos megalíticos; neste caso, está ao pé do castro de Ribela. No magnífico traballo de Manuel Reimóndez Portela recóllese un microtopónimo Cova moi próximo ao lugar que nos ocupa, polo que é de supoñer que o nome Sobre da Cova indicará a localización da aldea en relación con este lugar; o que non sabemos é se esta Cova se corresponde cun fondal do terreo ou con algún resto megalítico, hoxe desaparecido.
- VILADEMEUS: probabelmente na orixe a forma do topónimo fose Vilademeos, (<de medios), quizais por estar equidistante con respecto a dous lugares próximos. O noso actual medio deriva do latín MEDIUM.
Parada (San Pedro)
Manuel Reimóndez Portela
Con este nome é coñecida a parroquia desde que se ten oído dela.
Parada pertence á zona chamada de Tabeirós, composta ademais polas parroquias de Nigoi, A Estrada, Guimarei, Ouzande, A Somoza, Callobre, Lagartóns, Cereixo, Vinseiro e Tabeirós.
LINDES: polo norte linda con Santa Cristina de Vinseiro, polo sur con Codeseda, polo leste con Ribela e polo oeste con Nigoi, tócanlle no ángulo noroeste Tabeirós e no suroeste Arca.
Por razón alfabética do seu nome ocupa o número 33 entre as 51 que compoñen o concello. Ten 339 habitantes de feito, pero hoxe en día o número de veciños é de 237.
Polo que atinxe á súa superficie ocupa o número 23 con 487,5 hectáreas de extensión.
Lugares que a compoñen na actualidade:
COMUNICACIÓNS: ten Parada dúas estradas principais, unha que vén de Cereixo e O Arnado entrando polo sur, a Entrecastrelos, para pasar a Liripio.
A mesma igrexa chega á estrada que sae de P.O.v. 2012, que sobe de Vinseiro cara ao Marco Frende e Forcarei, alí en Carráns esgalla por esta parroquia cara ao sur para pasar por Sesto e Fondo de Vila. Outras pistas dan comunicacións a cada lugar da parroquia, que non tendo feito aínda a concentración parcelaria, dispón aínda de moitos camiños e corredoiras.
Fíxose concentración parcelaria en 1996, abríndose pistas novas, de Picáns a Igrexa, outra de Picáns-Fragoso a Vinseiro, outra en Fermil-As Vilas e outra de Eiriz a Igrexa.
O camiño Real pasaba por Carráns cara a Vinseiro por Moucho a Pernaviva e A Estrada ou a ponte Liñares.
HIDROGRAFÍA: o río Umia percorre a parroquia pola banda sur, é como se sabe un río moi importante, que pasa por esta parroquia encaixado, abríndose máis ao chegar a Codeseda, Arca e Souto.
Ten ademais os seguintes regatos que desaugan nel:
O Trabadela pola marxe esquerda, nace na Grela polo que tamén leva este nome e desauga no Umia, abaixo de Guitón. O regueiro de Fondecelos que nace no Prado Couceiro, pasa por Carracedo a desaugar no Umia. E o regato de Portecelo que nace en Campo da Tomba no monte de Meavia e pasa pola Aldea Grande desaugando xa no Umia.
PONTES: a chamada ponte de Ribela, que foi reconstruída polo concello con data 13 de abril de 1860, é a máis importante da parroquia, que a pon en comunicación con Liripio, Codeseda e Terra de Montes. Fronte a Guitón atópase en ruínas unha ponte románica á que chaman ponte do Cura.
A PRESA DE LEIRA: trátase dunha longa presa de auga para rego e enerxía hidráulica para muíños, é a máis importante do concello (a segunda é a de Paradela); ten quizais máis de 500 anos de antigüidade.
A presa arranca do estanque no río Umia entre as parroquias de Ribela e Codeseda; este estanque fai moer o muíño dos Lourenzós (aínda que se orixina antes, onde lle chaman a Pedra da Urce), e dende alí recóllese unha presa de auga pola esquerda do río
(Codeseda) e máis abaixo fíxose un acueduto e ponte chamada ponte de Leira coma a presa. Aquí atravesa o río para a marxe dereita e vaino seguindo ao seu carón (parroquia de Ribela) ata chegar á parroquia de Parada, por onde entra e chega á antiga casa nobre de Leira, para espallarse regando leiras desta casa, dos veciños e mais para moer algúns muíños.
Ten máis dun quilómetro de longo e en moita da súa lonxitude está feita en peneda e onde se esbarrigaba fixérona de pedra e despois de cemento, toda ela nun terreo moi inclinado e perigoso cara ao río, sempre preto, non sendo ao achegarse a Parada.
No seu comezo a presa estaba autorizada para levar 600 metros de auga por segundo, aínda que o 28 de xullo de 1922, coñécese por documento, que levaba 200 m. Por suposto foi inscrita no Rexistro de Aproveitamento de Augas Públicas de Oviedo con No. 89, no ano 1902, cando o Rexistro dera comezo só un ano antes.
Na mesma data de 1902 fixouse perante notario o nivel de coroación da presa; para iso tomouse como punto fixo unha cruz gravada con pico nunha peneda no fondo do río, abaixo da ponte, puntos marcados na ponte teñen elevacións de 94, 92 e 89 centímetros. Para máis fixeza de identificación da presa no río fixéronse outras dúas cruces sobre da tona dun carballo e un castiñeiro na marxe esquerda fronte á pedra do río, distando entre eles 2,60 metros; dende o castiñeiro á cruz na pedra 2,80 metros e dende o carballo 5,75.
A ponte-acueduto ten as seguintes medidas, longo máis de 20 m ancho total 1,90 m con varandas de pedra de 40 cm de ancho, 2,70 de alto, deixando entón un paso de 1,10 m de ancho todo o cuberto de lousas de pedra (algunhas xa romperon) apoiados nos laterais e por debaixo delas pasa a auga da marxe esquerda á dereita. Ten un só arco de medio punto e cantería ben conservada. Paraxe fonda, de sombra, chea de vexetación autóctona e visión de fantasía, aínda máis se o vestimos con fermosas lendas desa paraxe: a "artesa dos mouros" (unha pedra, laxe, ao pasar a ponte) o "forno dos mouros" (unha esfera grande de pedra (oca) cun burato de cheminea, onda o pé esquerdo da ponte); e onda o dereito adivíñase a entrada dunha cova por onde os mouros do castro de Entrecastrelos viñan darlles de beber ás súas bestas. A Casa de Leira ten dereito á auga desa presa os domingos, luns, martes e mércores de cada semana.
FONTES: a de Santa María atópase a carón da igrexa, a de Espiñaperra en Sesto, a fonte Fría na Aldea Grande así como tamén a chamada fonte Doias.
A de San Miguel, a fonte da Trigueira nesta paraxe así como a fonte da Freixa e a de Reguengo neste sitio.
A fonte de Santa Lucía, no lugar de Parada. Está feita de novo, con canalización de auga e fonte por alto e unha pedra coa Santa Lucía.
OROGRAFÍA: polo sur o terreo forma a ribeira do Umia para ir subindo ao norte e ao sur, cara á mesma parroquia de Ribela e cara a de Liripio pola outra banda ata chegar a terra de montaña, onde se encontran castros e outeiros e un "planalto" importante polo noreste.
PAISAXE: o val de Parada esténdese cara a Tabeirós, Vinseiro e Cereixo, abríndose polas ribeiras do Liñares. Se o val é fermoso, tamén o é o amplísimo horizonte que se ve desde os montes que rodean a parroquia polo SL. Eses montes, destacando o castro de Ribela (linde coa parroquia), poden ollarse tamén desde moitos lugares do concello.
PEDRAS: o penedo do Castelo está encantado pola súa lenda, como o penedo da Cerrada Vella tamén coa súa fermosa lenda da galiña con pitos de ouro.
Os hórreos máis antigos poden ser o de Leira e o do "Gordo".
LENDAS: na peneda onda a Cerrada Vella e onda o Arnadiño din os veciños que se aparecía unha galiña con pitos de ouro ás noitiñas.
O curioso é que este penedo o trouxo unha vella ao mesmo tempo que fiaba nunha roca, con fío de ouro.
No castro de Parada estiveron os mouros e tiñan un túnel e dentro unha artesa onde facían o pan.

HISTORIA
Deixounos dito Jerónimo del Hoyo no ano 1607: /7San Pedro de Parada, anexo a Santiago de Tabeirós. Tiene esta feligresía de San Pedro veinte y ocho feligreses. Los fructos se hacen tres partes, la una y un desmero lleva la cura y las dos la dignidad argobispal. Presentación del cabildo de Santiago. La fábrica tiene de renta nueve fanegas de pan con cargo de sesenta misas. Vale la parte del cura quarenta ducados, en que moderan quince cargas de pan que valdrán al dicho rector"
Catastro de Ensenada: polo que atinxe aos datos que se encontran neste Catastro poden lerse onde se fala do entón chamado couto ou xurisdición de Tabeirós.
Parada tiña 207 habitantes en 1594 (Población de Galicia de 1500 a 1945 J. Ruiz Almansa. Instit. Balmes de Sociología).
Segundo Pascual Madoz (1846-50):
"Parada de Tabeirós (San Pedro), feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (5) ayuntamiento de La Estrada (1) situada a la caída occidental del monte Arnao. El clima es templado y sano, los vientos más frecuentes del N. y S. Tiene 70 casas en las aldeas de Dasvilas, Eirís, Fermil, Muros, Parada, Picáns, Paredes y Vilademeus y escuela de primeras letras frecuentada por 30 niños de ambos sexos cuyos padres dan al maestro la retribución convenida...La iglesia parroquial (San Pedro) aneja de la de Tabeirós. Confina el término: N. Vinseiro. E. Rivela, S. Codeseda y O. Tabeirós y Nigoy. El terreno es de buena calidad; nace en esta parroquia y faldas del dicho monte Arnao el río Liñares que después de atravesar por Vinseiro, Cereijo, Tabeirós y Paradela desagua en el río Ulla. En el espresado monte se crían muchos robles, castaños y excelentes pastos. El correo se recibe de La Estrada... Produce maíz, centeno, patatas, trigo, nabos, lino y castañas, cría ganado vacuno, mular, de cerda, lanar y cabrío, caza se liebres y conejos y pesca de truchas. Indrustria, la agrícola, un molino harinero y algo de arriería.
Población: 70 vecínos, con 270 almas."
No censo do ano 1924 tiña a parroquia 645 habitantes.
Tamén di Álvarez Limeses (1936):
"Parada (San Pedro). Dista 46 kilómetros de Pontevedra y 6 de La Estrada y limita: al N. con Vinseiro, S. con Codeseda, E. con Rivela y O. con Nigoy y con Tabeirós de la cual es anexo.
Entidades: Eiriz con 162 habitantes, Fermil 65, Muros 29, Parada 82, Paredes 115, Picas 31, Vilademeus 45 y Vilas 115 que forman un total de 644 habitantes para los cuales existe una escuela mixta servida por maestro.
En esta parroquia existe un castro típico que puede considerarse como modelo y nace en ella el Río Liñares. El terreno es de buena calidad y abundante producción de cereales y patatas."
IGREXA PARROQUIAL: ten a portada alintelada recercada de molduras acodadas, sobre dela fornacina de arco semicircular con debuxo de placas e ventá rectangular. Remata en espadana medial de dobre van. Fachada enmarcada por pilastras con capitel. Muros laterais lisos, ábsida máis alta cá nave, cuberta con tellado ás catro augas.
Inscrición campás da igrexa: Campá grande: AÑO DE 1927 Un pequeno selo di: FABRICADA POR OCAMPO EN ARCOS DE LA CONDESA. Campá pequena: AÑO 1891 SIENDO CURA PARROCO D. JOSE NOBO VASQUEZ OCAMPO ME HIZO EN ARCOS DE LA CONDESA.
A igrexa foi restaurada por dentro e atópase en moi bo estado e o seu contomo mellorado en 2000, ano no que se construíu un novo cemiterio, unha grande obra para a parroquia en "O Grilo"Vilademeus con 97 panteóns, ben dotado, con sala de autopsias, baños, auga corrente, etc.
CASAS NOBRES
Casa de Leira-Parada. Trátase dunha antiga casa nobre que existe aínda, sendo moi coñecida na parroquia, así como a presa que tamén leva o nome de Leira. Ten unha capeliña onda a casa, dedicada ao Sto. Anxo da Garda, foi fundada por Manuel de Leiro no ano 1600.
Edificio de planta rectangular con baixo e sobrado, ventás rectangulares con doselete. Portalón de entrada con ventá alintelada. Capela de planta rectangular con porta alintelada, sobre dela escudo e remate en espadana central dun van, está moi desfeita e conserva a espadana cunha pequena campá.
Sabemos que a casa de Leira era dos mesmos donos da casa de Correáns en Vinseiro, xa que nos di Martínez Barbeito en "Torres y Pazos de La Coruña" p. 332:
"Doña María de Castro Leira Gayoso y Seijas hija del Sr. de la Casa de Parada en Tabeirós casó con D. Pedro Bazán de Mendoza Sr. del Coto de Vigo del solar de Cores y del Pazo y vínculo de la Calzada en Cambados, Alcalde del Castillo de Rianxo-Regidor de Cambados".
A casa de Parada foi fundada por Manuel de Leira Ogando no ano 1600.
A casa de Leira tradicionalmente pertencía á señora de Leira, agora cambiou de donos, que están abordando a súa restauración compoñendo un fermoso conxunto arquitectónico de casa principal e "casa pequena" con patín e escudo. Segue tendo un fermoso hórreo e figuras na fonte e no dintel no portalón principal. Tamén se lle está restaurando a capela.
A presa de Leira: moi importante para a parroquia de Parada é a chamada presa de Leira, recolle a auga do río Umia á altura das parroquias de Ribela e de Codeseda, da marxe esquerda do río e pásaa á banda dereita por un verdadeiro viaduto que ao mesmo tempo serve para pasar persoas e do cal daremos noticia na parroquia de Ribela.
Esta presa ten unha lonxitude superior aos 1.500 metros e regaba os bens da casa de Leira; aínda hoxe rega as terras de Parada. Vén pola marxe dereita do Umia, feita de pedra en moitos anacos, rompendo penedos para darlle paso noutras ocasións, co río alá abaixo, presentando fortísimas pendentes.
Outra casa nobre da que non sabemos das súas orixes é a chamada casa do Gordo a carón da igrexa. Aínda hoxe aparece coa súa estrutura de pedra e un escudo dividido en catro cuarteis: no primeiro ten unha folla de palma e unha espada, no seguinte derriba unha cruz, no de abaixo da dereita un castelo e no outro seis roeis.
Din os veciños que esta casa foi moi importante, e a maior parte deles traballaban para ela. Tiñan por costume que cando ían segar a herba seca, ou facer o palleiro, ou a malla, chamaban aos veciños tocando a campá e xuntábanse axiña para facerlles o traballo.
D. Manuel, o dono, dicíalle á criada (que só sabía contar ata tres): "Vaite á leira e conta canta xente hai traballando para prepararlles o xantar." A criada ía e volvía dicíndolle máis ou menos..¡haille tres... e dous!
FESTAS: ten porfestas a do patrón San Pedro o día 29 de xuño. A Santa Lucía e o Santo Antón o día 13 de decembro.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia e os antigos muíños de regueiro son os seguintes:
Tres no Barreiro de Eiriz. Outro, o de Leira, na presa de Leira e preto da casa. Dous no Loureiro no río Umia. O de Benita. O de Casouto. O de Elisa da Menora, o do Ferreiro, o do Zon... en Paredes. O do "Gordo" e o de Belarmino no regueiro da Cerqueíra; así coma tamén o de Picallo. Na presa das Vilas hai: o de Riba, o do Medio e o de Baixo, e tamén o de Andúxar no mesmo lugar das Vilas.
Actualmente creouse en Eiriz, unha empresa de material de construción e outra de transporte.
En Sobre da Coba fíxose un taller de carpintería. Atopamos dúas empresas de albanelería en Paredes.
Hai dúas explotacións gandeiras, unha en Fermil e outra en Eiriz.
ENSINO: os rapaces da parroquia van en transporte escolar ao CEIP de Codeseda. Non teñen escola de "párvulos" ou de preescolar.
DEPORTES: pódese cazar nos montes que rodean a parroquia (caza menor) e dedicarse á pesca no río Umia, alí preto.
ASOCIACIÓN CULTURAL: ten a parroquia un antigo Teleclub, hoxe chamado Asociación Cultural que ten vida e celebra anualmente unha "Semana Cultural" con actos culturais e recreativos, como son os campionatos de diferentes xogos.
A SANIDADE primaria téñena mal xa que os médicos viven e consultan na vila, onde teñen tamén os servizos do ambulatorio coma as demais parroquias.
CENTROS CULTURAIS: as antigas escolas en Vilademeus teñen en bo estado a primeira planta e precisa dunha reforma a segunda. Utilízase para todas as xuntas parroquiais e acapara toda a actividade veciñal.
PERSOA SOBRANCEIRA: Severino Chacón, líder sindical do mundo do tabaco. Ana Romero Masiá, coa publicación da súa tese de doutoramento, rescatou para a historia a biografía de Severino Chacón, un líder sindical, nacido na parroquia de San Pedro de Parada o 14 de novembro de 1884 e que morreu aos 94 anos en Madrid, esquecido de todos menos das "Chaconeiras"-as vellas cigarreiras coruñesasque gardaron a súa memoria histórica e mantiveron con fidelidade o culto ao que fora o seu líder indiscutible.
Severino Chacón naceu nunha familia labrega de escasas terras, tivo que dedicarse ao oficio de canteiro. Hai anos que f. A. Durán defendeu a tese de que as cordas de canteiros que ían de cidade en cidade e de vila en vila construíndo pontes, igrexas e casas, foron condutos de ideoloxía socialista.
Os canteiros espallaron por Galicia a utopía igualitaria na versión máis construtiva e humanitaria (...). Foi en Ferrol onde Chacón, traballando de canteiro, descubriu a teoría e a praxe socialistas que tanto defendeu. En 1903 reside na Coruña. Axiña destaca pola súa capacidade organizativa, pola ardorosa oratoria e por unha cultura autodidáctica. En 1905 emigra a Cuba, funda o Partido Socialista de La Habana, do que foi presidente, e formou parte do comité central do Partido Socialista de Cuba. Expulsado polas autoridades en 1911 retorna á Coruña, presidindo as Xuventudes Socialistas e Agrupación Socialista.
En 1916 todo empeza a mudar para Chacón. As cigarreiras da Coruña, que atravesában unha prolongada crise motivada pola caída da produción a causa da guerra mundial, inician un proceso de contestación social e atopan en Chacón o líder que instintivamente buscaban.
A partir de 1916 Severino Chacón desenvolve unha frenética actividade; neste ano constitúe a Unión Tabacalera Coruñesa, e sen parar, inicia a organización das 11 tabaqueiras de toda España que conclúe na Constitución en 1918 da "Federación Tabaquera Española", da que foi nomeado presidente e logo secretario. Lso explica que dende 1920 resida en Madrid.
No ano 1924 funda a "Confederación de Industrias do Tabaco", é dicir, de todas as industrias que tiñan que ver coa produción do tabaco, coma os mistos, etc...
Aínda chegou a traballar intensamente pola constitución da Federación de todos os monopolios estatais: tabaco, petróleo, telefónica, etc... nos que atopou máis resistencia. O máis sorprendente da súa actividade é que foi capaz de crear un modelo de sindicalismo autónomo, á marxe institucional das grandes centrais sindicais, aínda que a súa "Federación Tabaquera Españolá' ingresa na UGT en 1936.
O importante era lograr obxectivos inmediatos, que repercutisen beneficiosamente nos asociados. Conseguiu melloras nas condicións de traballo, melloras salariais, bibliotecas para os sindicatos, edificios para as súas actividades sociais, ata a creación duna escola de capacitación que puxo baixo a dirección do frlósofo galego Verdes Montenegro.
Todos estes logros levárono a ser candidato á Alcaldía da Coruña nas eleccións municipais pola Agrupación Socialista.
A Guerra Civil vai truncar para el todas as perspectivas sindicalistas en España, polo que chegan os anos de exilio en Francia, Venezuela, República Dominicana, Checoslovaquia para regresar a España en 1967, con 83 anos pasando a recuperar intensamente o contacto con compañeiros co fin de reconstruír un movemento sindical que o paso do tempo levou a que houbese que facelo doutro xeito.
Severino Chacón morreu o 31 de xullo de 1978 en Madrid, e a súa figura vese recuperada nunha magnífica e valiosa biografía de Ana Romero Masiá, doutora en Historia da Arte e catedrática de Xeografía e Historia, editado pola Fundación Luís Tilve.
OUTROS DATOS: no lugar de Vilademeus houbo unha taberna que deu moito que falar polos manexos pouco claros que alí se facían.
Segundo Pedro Varela "De Parada fue D. Felipe Constenla, capitán del Ejército; en sesión de Ayuntamiento de fecha 11 de febrero de 1841, D. Ramón Constenla, sobrino del D. Felipe dio conocimiento de que este había sido fusilado por los carlistas en la madrugada del 4 de enero de 1839, después de haberle incendiado la casa que habitaba en el lugar de Fermil".
O SOLDADO DE PARADA: falouse moito do chamado "soldado de Parada" sen que haxa datos moi concretos. Os que parecen máis de fiar son os que nos deixou o párroco de Tabeirós Camilo Eiras Eiras, home cunha gran sensibilidade por estes temas que nos di:
"¿Qué decir del soldado de Parada? el llmo. D. Plácido Castro Pena, inspector de Enseñanza Primaria, natural y vecino de Tabeirós, gran entusiasta de la Historia de Galicia y de las tradiciones de la zona, escribió en periódicos provinciales, sobre este soldado:" Luchó en las zonas de Tabeirós, Cuntis, Caldas y Moraña, etc"... "hijo de Parada y gran conocedor de las armas francesas"... los franceses le temían por la forma de reclutar gente y disponerla*en la lucha..." Don Adolfo Constenla en sus apuntes dice que fue el capitán de la zona..." las espigas que dejaban los caballos se las hacía comer a los franceses capturados... fue herido varias veces y murió luchando en Tabeirós..."
En la parte tercera del tomo y de Benito Viceto, se lee"...Así provocados los invasores por nuestros guerrilleros galaicos, hicieron una salida de Padrón con objeto de exterminar a sus provocadores: estos los baten y les hacen sufrir pérdidas: se repiten los ataques y entonces los franceses se dirigen al pueblo de los Baños, lo saquean, queman la mayor parte de sus casas y se arrojan luego a practicar lo mismo con los pueblos de La Estrada, Soutelo de Montes y Santa María de Sacos..." Si todas las jurisdicciones del alrededor estaban implicadas en la lucha, es normal que lo estuviese la de Tabeirós, aunque Viceto no la nombra; habla de pueblos de La Estrada, cuando ni siquiera existía, por lo tanto está hablando de la Jurisdicción de Tabeirós. En todas estas luchas dicen que intervino el soldado de Parada.
En el libro de Defunciones de Tabeirós aparece una partida que literalmente dice:"en ventitrés de febrero año de mil ochocientos y nueve, se dio sepultura dentro de la iglesia de Santiago de Tabeirós en una limosna de tres reales al cadáver de Manuel Toldra, hijo de Pablo y Josefa Jule, vecino de San Bartolomé de Igualada en el Principado de Cataluña y Soldado en el regimiento de infantería de Línea de Navarra y transeúnte por esta parroquia, murió en el día antecedente, habiendo recibido los Sacramentos..." (Libro II, Folio 12 Vto.).
Si los vecinos lo llaman simplemente "soldado", si el entonces rector de Tabeirós-Parada pone tantos detalles en la partida, cuando en las demás es sumamente escueto; si todos coinciden en decir que está enterrado en Tabeirós creemos que el "Soldado de Parada" fue Manuel Toldra Jule".
TOPONIMIA MENOR: sen dúbida son nomes a ter en conta o de Mámoa, o Penedo do Castrelo coa súa lenda de encantos, Vilademeus, Tuxedín e outros.
TELEFONÍA: só ten cable o lugar de Picáns, todo o demais é sen cable.
PLANTÍOS REAIS DE S.M.: dinos o Catrasto de Ensenada: "Dehesa y Vivero de S.M. La Dehesa se encuentra sita en el monte llamado Porto Matos (sic) cavida treinta y seis ferrados. Dehesa primera calidad, L. arroyo de Porto Matos, P. monte de Constenla N. y iden monte camino del lugar de Vilademeus a la feligresía de Nigoy.
El Vivero se halla inmediato a dicha Dehesa, cavida un ferrado y quince quartillos, primera calidad, cerrada sobre sí".
TURISMO RURAL
"A casa de Marica", no lugar de Eiriz. Teléfono 986 484 221
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Parada*
Pedro Varela
Á caída do monte Arnado, distante uns 8 quilómetros da Estrada, está a parroquia de Parada, que conta con 114 cabezas de familia e 670 habitantes.
En canto á orixe do nome, circula como verídica a versión de que o debe a unha parada de sementais que alí hai desde tempos remotos.
Lugares: Parada, As Vilas, Picáns, Fermil, Eiriz, Os Muros, Paredes, Vilademeus e Tugudín.
Lindeiros: norte, Vinseiro; sur, Codeseda; leste, Ribela; oeste, Nigoi e Tabeirós.
Vías de comunicación: Camiños antigos e malos e mais a pontiña chamada Ponte do Cirurxián. Precisamente, esta parroquia é unha das máis mal comunicadas, apesar de non estar lonxe da estrada de Codeseda á vila. Régana os regatos da Cerqueira, que xorde en Vilar de Ribela; e o Zon. Do río Umia derívase a importante presa de Leira coa que se fertiliza unha boa extensión de terreo.
Hai unha escola nacional atendida por un mestre e unha sociedade de agricultores.
No eclesiástico: Parada é filial de Tabeirós, presentación do Cabido, e ten por patrón a San Pedro. A igrexa é regular, de perpiaño, estilo renacemento.
A casa de Leira ten unha capela adicada ao Santo Anxo da Garda. Foi fundada por D Manuel de Leira no ano 1600.
Festas anuais: San Pedro, o 29 xuño; ao seguinte día, San Antonio; Santa Lucía, o 13 de decembro.
Outras particularidades: entre Parada e Ribela hai un castro moi ben situado, desde o que se domina unha enorme extensión de terreo. Ten, como moitos da súa clase, unha planicie na parte superior á que os de Ribela chaman “Coroa”, e os de Parada, “Eira dos Mouros”. Aínda conserva o castro os alicerces dun bo cinto de defensa.
No monte de Parada, entre Fermil e Picáns, apareceu unha lápida cunha inscrición atribuída aos celtas. Supoñemos que foi parar a Pontevedra, de onde trouxemos notas que aparecen noutro lugar deste libro.
No oco dun penedo, preto da igrexa, na veiga denominada Bicada, encontrou o veciño Manuel Magán unhas ferramentas antiquísimas, cuxo paradoiro non puidemos pescudar.
De Parada foi D. Felipe Constenla, capitán do exército. En sesión do Concello de data 11 de febreiro de 1841, D. Ramón Constenla, sobriño de D. Felipe, deixou coñecemento de que este fora fusilado polos carlistas na madrugada do 4 de xaneiro de 1839, despois de incendiárenlle a casa onde vivía, no lugar de Fermil.
En Vilademeus estaba a taberna da Sisa, que se fixo célebre.
En 1726 actuaba en Parada o escribán D. Francisco Nodar Branco.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017