Hixinio Carracedo, quen nunca se rendeu
XOÁN CARLOS GARRIDO
O 28 de novembro de 1938, ás 5 da mañá, 26 falanxistas (baixo a xefatura local de Felipe Castro Valladares) e 5 Garda Civís da Estrada (o cabo José Segade Gómez, Manuel Planas López, Eduardo Gutiérrez Peón e Antonio Herrera Rodríguez), saíron á caza do home. O obxectivo era un mozo de 28 anos, que se convertera nunha lenda pola súa capacidade de burlar durante máis de 2 anos ás partidas falanxistas: Hixinio Carracedo Ruzo. A sorte da guerra xa estaba mais ou menos clara coa inhibición das potencias democráticas e co apoio decidido de Hitler e Musolini a Franco. Era preciso facer méritos agora que se ventaba o reparto do botín mais cos menores riscos posibles.
No libro de Manuel Silva Ferreiro, “Galicia y el Movimiento Nacional”, publicado nese ano, cítase que Carracedo manda unha columna en Asturias. Popularmente corren moitas historias sobre el, algunha esaxerada mais todas con algún fundamento. O certo é que Hixinio nunca estivo inactivo e tratou de organizar a resistencia no noso Concello, mais non co obxectivo de actuar de inmediato, senón simplemente ter información e capacidade de resposta para chegado o momento, e sobre todo manter a raia aos falanxistas para que se coidaran de internarse no monte, onde estaban centos de mozos que ou ben por evitar ir á guerra ou por convicción, acochábanse mais tamén volvían as súas casas unha vez que pasaba o perigo. En cada parroquia tiñan a súa contrasinal para avisar que viñan os falanxistas. En Cuntis falan de que tiñan un asubío especial, en Guimarei era unha leiteira que ía batendo nun cazo, na da Somoza, onde era Hixinio, chamando polas vacas: “Vaca to! Vaca to!”. E cada un buscaba un burato onde meterse. No seu caso, un forno. Con el estaban ese día outros dous fuxidos, o 2º Tenente de Alcalde e Deputado Provincial, Manuel Coto Chan; e un mozo quen logo de andar prófugo até o 13 de marzo do 38, foi detido pola Garda Civil e enviado á guerra de onde desertara volvendo á casa desde o fronte, fillo do cego de Guimarei, José Silva Rey. Estes dous metéranse nun cortello cunhas táboas cravadas por enriba na casa do pai de Hixinio, Antonio Carracedo Sanmartin.
Posiblemente tiñan algunha xuntanza pois – como queda dito – seguían organizados. Nunha das notas que posuía referíase ao “Comité dos Condenados a Morte”, e noutra ao “Comité antifascista da Estrada”. Incluso levaban un libro de actas das súas reunións e actividades. Nunha do 22 de xullo de 1938 dábase conta dunha entrevista mantida de Hixinio con Lorenzo Puente, no que se conclúe a composición dun comité organizador da resistencia no que el sería o primeiro responsable, Lorenzo o segundo, e o terceiro, Luciano Louzao.
Os falanxistas atopan a Coto e a Silva na corte. Son detidos e torturados até que confesan que Hixinio está na casa. Cousa que xa sabían, mais non lograron que lles dixeran en que sitio da casa.
Así é que revisan unha e outra vez esta até que Hixinio vendo como se estaban poñendo as cousas que xa afectaban aos seus pais, a súa muller, irmás e fillos, cos que os falanxistas non tiñan dor, encañona a un deles desde entre as pedras do forno. Trátase de Ceferino Leis Vilas. Este tírase ao chan e carracedo comeza a disparar ferindo a este na perna dereita – posiblemente cunha bomba de man – e tamén consegue ferir ao Xefe Local de Falanxe da Estrada que dirixía a operación. A Ceferino fracturóuselle o fémur dereito. Felipe só tiña unha pequena ferida no brazo dereito.
Mais a desigualdade de forzas é evidente, e logo de 15 minutos de tiroteo trata de saír da casa para centrar nel os disparos que estaban a poñer en perigo a vida dos seus parentes, para permitir á súa muller sacar aos seus dous nenos a través do tellado. Consegue distanciarse uns 100 metros, até que é abatido por un disparo na cabeza. Posiblemente foi un dos Gardas quen acertou, mais varios os falanxistas que se gababan de facelo. En calquera caso unha vez no chan as testemuñas relatan como saíron todos a rematalo para facer puntos e celebralo.
Son detidos e enviados para a prisión provincial todos os parentes de Hixinio. O seu pai Antonio (60 anos), a súa nai Manuela Ruzo López (60), as súas irmás Celia (20 anos) e Berta (16 anos). E tamén é apresado un empregado municipal ao que acusan de subministrarlle alimentos e o xornal: José Camino Chao, militante do Partido Galeguista.
A muller de Hixinio, Isaura Pazos Campos (28 anos), natural de Ouzande, quen suplicaba aos falanxistas que deixaran sacar aos seus dous fillos da casa – viña de morrerlle un de 7 meses había pouco, posiblemente polas circunstancias nas que vivían – foi considerada tan culpable como Manuel Coto e José Silva, polo fiscal a hora de pedir para eles de cadea perpetua a morte. Acusábana de cargar as escopetas do seu home mentres disparaba e insultar aos falanxistas que estaban fóra.
É de destacar no seu procesamento a intervención do Defensor que en vista dos acontecementos ao ser detidos “in fraganti”, só lle quedaba a literatura para pedir clemencia. Cita ao Mariscal Schombert (“Yo no puedo tener piedad de un traidor porque me haría traidor, pero yo no condeno a un equivocado porque sería una mayor equivocación”, mesmo lembra a carta de San Pedro aos Corintios (“Todos tienen conocimiento del bien y del mal, pero no todos saben medirlo”) e de aforismos en latín, mais sobre todo ao propio “Caudillo” co cal deixa en evidencia a barbaridade de encarcerar a toda unha familia. Refírese o defensor ao lema propagandístico que difundían para gañarse as camadas populares e inscrito en todas partes no que se dicía: “Ningún hogar sin pan y sin lumbre”. Polo que pide: “colaboremos y no destruyamos los hogares”.
Ao fin condénase a morte a Coto, aínda que logo se lle conmuta a pena pola de reclusión perpetua, a José Silva a trinta anos, a Antonio, o pai de Carracedo e á muller, Isaura, a 12 anos.
Que sabemos de Hixinio Carracedo Ruzo?. Como se forxou este valente dirixente da resistencia estradense?. Temos moito que pescudar. Chegan a nós datos soltos. Así no rexistro da policía de inmigración de Béxlica, en Amberes, temos referencia do 19-12-1909, co cal podemos afirmar que nesta data se atopa nese país..