Mulleres, dignidade e rebeldía
XOÁN CARLOS GARRIDO
A represión das mulleres foi especialmente brutal porque como queda demostrado a composición das partidas falanxistas era recrutada entre delincuentes e psicópatas que daban renda solta aos seus instintos. Mais hai unha represión indirecta e tamén un papel fundamental como sostén da supervivencia dos seus fillos, pais, maridos, compañeiros... etc... sobre a que se cerne un manto de esquecemento, eclipsadas polo protagonismo desas persoas que as veces lograron salvar.
Na conciencia colectiva está o heroe da Somoza, o Carracedo que mantiña en xaque as partidas falanxistas e que preferiu morrer antes de entregarse. Mais a súa muller Isaura Pazos Campos, que conseguiu mantelo con vida, a el e aos seus dous fillos, e que logo rematou en prisión cos seus dous fillos na mesma cela, non é lembrada.
Os falanxistas, en cambio, non se esqueceran delas e sabían ben que era imposible que sobreviviran no monte tantos refuxiados senón fora por que lle daba acubillo, lavábanlle a roupa, coidábanos cando enfermaban, dábanlle de comer... Cantos trucos discorrían para tender a roupa dos homes, para facerlle chegar o xornal coas noticias, para avisalos cando había perigo... Por iso, cando mataron a Carracedo, ademais da nai, da muller, das irmáns e dunha filla... moitas outras mulleres foron presas e nelas se asañaron polo que representaban de rebeldía feminina.
Foron detidas Filomena Coto, Josefa Campos Plaza (nai de Isaura), Francisca Domínguez Boquete, Benedicta Castro Torrado e Mercedes Castro Torrado. Todas elas por prestar colaboración cos fuxidos.
O caso mais emblemático é o das irmáns Laura e Rosa Porto Mariño, e de María Silva Rodríguez. Acusadas de prestar axuda económica á muller de Carracedo.
A Isaura víñalle de morrer un fillo. As condicións de vida era tales que non podían gañarse o pan para alimentar aos outros dous que lle quedaban e solidariedade dos seus veciños da Somoza xa non chegaba para máis, polo cal decide pedir axuda e diríxese á vila onda unhas veciñas, dos tempos en que seu home era policía municipal e residían aquí. Trátase de Laura Porto Mariño, a quen lle pediu 10 pesetas. Laura non dispoñía deses cartos que eran administrados polos seus fillos e tampouco quixo comprometelos polo que lle mandou aviso a súa irmá Rosa. Esta enviou pola súa criada dita cantidade e Laura cando recolleu os cartos comentou para quen eran.

As irmáns Porto Mariño
O caso é que a criada ao pouco foi despedida por Rosa e foi traballar a casa dun recoñecido falanxista estradense onde comentou o feito (“Rosa mandou cartos para os roxos”). Dito falanxista non tardou nada en denunciar o caso no cuartel e foron inmediatamente a prender a Rosa, a quen torturaron a golpes e culatazos nos pés para que confesara o seu crime e o nome de máis membros do chamado “socorro”. Tamén detiveron entón a súa irmá Laura e a María Silva, que era da Somoza e foi a persoa a quen Laura lle pediu que lle levara os cartos a Isaura. Ao fin María non ía ir a Somoza e decidiu enviar o diñeiro por un sobriño que viña ao Instituto. Este foi torturado tamén a pesares de ser un neno. María foi detida cando estaba co seu neno de 8 anos na beirarrúa e alí quedou o rapaz só, nin tempo lle deron a levalo cos seus familiares.
Estiveron 40 días na prisión da Estrada, insistindo en que a súa achega económica era razóns humanitarias. Eran – segundo dicían – a axuda a unha nai que non quería deixar morrer de fame aos seus fillos. Ao cabo dese tempo foron postas en liberdade en canto chegou un xuíz especial que así entendeu o caso sen máis intencionalidade, tendo en conta, tal como recoñece a Garda Civil, que estas mulleres non tiveran ningunha actuación política anterior. Mais o día seguinte chegou unha denuncia segundo a cal fixeran unha manifestación pola rúa abaixo cando saíron libres. Polo que foron detidas outra vez e agora levadas a Pontevedra onde compartiron cela con Isaura e os seus fillos.