A república de Guimarei
XOÁN CARLOS GARRIDO
Non é casual que a parroquia de Guimarei fora quen máis mortos, presos e fuxidos subministrou a historia estradense deste período. De alí era Balseiros, o Torneiro e o ferreiro, utilizando os alcumes populares polos que eran coñecidos na parroquia o alcalde, o 1º tenente alcalde, e o 5º tenente alcalde e responsable de pactar a entrega en paz do poder aos sublevados. E mesmo desta parroquia era o protagonista dun dos feitos máis sórdidos e misteriosos, Clementino Louzao; quen con 19 anos entrou no “Cuartelillo” e ninguén soubo nunca máis del. Mesmo se di que está enterrado nel. O certo é que estaba a traballar no Foxo, como aprendiz de Ramiro da Forxa da Somoza. Quizais estaba en mal sitio nun mal momento, mais non se entende o asañamento con el. O corpo de Ramiro da Forxa aparecería ao pouco en Montouto, nunha cuneta, como de costume (alí aparecería o ex-alcalde de Santiago, Anxel Casal)
Mais para comprender por qué a represión se cebou especialmente nesta parroquia, quizais habería que remontarse uns anos antes e ver como o conflito e a división que ía soportando esta comunidade viña canalizándose de xeito diverso e máis ou menos pacífico, até que cambiaron as tornas e os preitos e cencerradas remataron por dirimirse a través de paseos e xuízos sumarísimos. O interesante é ver como a riqueza e a diversidade ideolóxica se ía esforzando por imaxinar como enfrontar as diferenzas de xeito non violento (agás casos illados) para rematar impoñéndose a uniformidade máis abafante e castradora a cambio dunha paz dos cemiterios que ademais de levarse vidas por diante, levouse unha experiencia de participación veciñal democrática e directa que nunca antes se vira, e quizais, tardará en volver a verse.
Efectivamente a parroquia estaba dividida e os diferentes motivos para isto habería que rastrexalos até antes do período republicano, máis o certo é que é na república onde se manifesta a polarización máis irreconciliable e vai centrarse de xeito moi destacado no confronto dos mestres e o crego contra o Sindicato, e o motivo de controversia era o asunto da relixión no colexio.
O certo é que a Casa-Escola de Guimarei foi unha iniciativa do Sindicato e as Sociedades de Emigrados que enviaron cartos. Lembremos a nova que aparecía no xornal “El Emigrado” o 7 de marzo do 29 sobre as obras: “Continúa reinando entre los vecinos de esta parroquia el mayor entusiasmo por la construcción de la casa-escuela de niños y de la vivienda de los maestros. El día 13 del mes pasado empezaron a abrirse los cimientos de dicha obra, y entre el 15 y el 19 han sido bajados del monte unos veinte carros de cantería, en la que empezaron seguidamente a trabajar los canteros. La parroquia, repetimos, se halla sumamente animada con esta obra, y así se ve que unos vecinos regalan pinos, eucaliptos, madera de roble, etc; otros dan prestación en acarreos y otros, los que tienen oficio, ofrécense a hechar días de trabajo gratuítamente”.
Comprenderase entón a decepción cando chegue a república ao ver que os mestres que ocupan esta escola se distancian do Sindicato promotor desta obra, así como as sociedades de emigrados que aportaran cartos. Lembremos o Comité de Residentes do Distrito da Estrada en Buenos Aires que mandaba regularmente cantidades inxentes para escolas como a de Guimarei (por exemplo as de Rubín, San Pedro de Ancorados, San Andrés e San Xorxe de Vea, Santeles, Paredela, Arca, Arnois e Codeseda) E é sabido que os emigrantes, sobre todo os de Cuba, entraran en contacto cunha cultura laica e cuestionábanse o ensino relixioso.
No ano 1930, o 24 de novembro, arde a casa vivenda dos mestres, que estaban en aluguer e pasan a vivir na escola do Sindicato. Mais aínda non se desatara o confronte e o incendio – este cando menos – fora accidental. O Concello contrata co Sindicato e págalle un aluguer a cambio de poñer escola no seu local e albergar alí aos mestres.
A mocidade de Guimarei foi a que máis se destacou na loita pola república na Estrada. O 14 de abril en canto chegou a noticia da proclamación formaron unha manifestación e cun grupo de gaiteiros ao fronte dirixíronse a vila presididos por unha bandeira republicana marchando pacificamente ao tempo que cantaban o himno galego”
García Barros escribía sobre eles: “No día da eleución, os rapaces de Guimarey recorreron os arredores do colexio eleutoral c´un cartelón que decía: “A xuventude quere a Repúbrica”. Moi ben rapaces. Pois xa tendes a Repúbrica. Agora a traballar por honrala e por sostela, demostrando que a Repúbrica non é desorde, como decían os seus impunnadores. Desorde era antes no réxime das leis inxustas, dos monopolios noxentos, dos negocios porcos en que o mesmo rei levaba parte cobrando centos de miles de pesetas mentres se morrían de fame os obreiros sin traballo. A República é orde e liberdade, e a liberdade non é facer cada cal o que queira, senón suxetarse ás leis estabrecidas pol-o mesmo pobo, e dende logo, iguales pra todos. Xa tendes a Repúbrica, rapaces. ¡Viva a Repúbrica!”
Máis coa chegada da república o Concello saca o seguinte bando en cumprimento do decreto de 6 de maio referido ao ensino relixioso: “Los Maestros harán saber a los padres, por el medio que crean más eficaz, el derecho que se les reconoce a solicitar para sus hijos la instrucción religiosa... Para que no se interrumpa la estancia de los alumnos en la Escuela, intercalando en el horario escolar el tiempo consagrado a la Religión, deberá tomarse para ella el tiempo destinado a la primera o a la última lección de la mañana o la tarde, en los días acostumbrados. Los niños que no hayan de recibir esta enseñanza, podrán atrasar o adelantar la entrada o salida de la Escuela en esos días.... Los maestros no pueden, pues exigirla, y muchísimo menos echar de la escuela, ni siquiera amenazar con esto, a los niños cuyos padres o tutores se resistan a hacer la repetida declaración”
Queda claro pois – contra o que se ten dito – que non é que a República botara a relixión das escolas, senón simplemente que deixaba de ser obrigatoria. Cousa que os mestres de Guimarei, influídos polo crego de entón, non estaban de acordo, de tal xeito que aqueles nenos que non asinaron a solicitude foron expulsados da escola. Entón desátase a rifa co Sindicato. En outubro do 31 máis de cen pais asinan unha denuncia no concello contra os mestres por impoñer pola forza o catecismo. Curiosamente acudiron 12 testemuñas no seu favor, entre as que se destaca a súa criada que non tiña nenos en idade escolar, e tamén o feito de que nalgún caso o pai asina en contra e a nai asina a favor, o cal é interpretado polo xornal como “cousas do tempo”.
José Mª Sánchez Brea, director de diversas publicacións en Cuba e do xornal “La Vanguardia” na Estrada, escribe: “El Maestro, si responde a su profesión, debe ser querido y respetado como forjador de conciencias y orientador de pueblos. Pero si desciende de su alto pedestal al vallardar de sus mezquinas pasiones, debe de eliminarse del seno de la sociedad en que convive porque corrompe e infecta el ambiente. ¡Para bien de España, la República necesita muchos Guimareyes”. Estas palabras dan conta como este conflito foi vivido como exemplar dentro de todo o republicanismo local e tamén xa se suporá a sorte do seu autor quen terá que andar acochado no monte e mesmo no faiado da casa de Ken Keirades, durante os anos duros da represión.
O 7 de novembro do 31 quéimanlle un palleiro ao presidente do Sindicato, José Rivadulla, e na prensa xa se deixa ver a xenreira que se respira: “Están siendo muy comentadas por el vecindario ciertas frases que el maestro Sr. Alfonsín y sus familiares dirigían a la gente que pasaba hacia el lugar del suceso para apagar el incendio”. A principio do 32 o crego denuncia que se fixeron disparos contra a reitoral e son chamados a declarar numerosos veciños da parroquia, estando detidos Eduaro Canabal, Gumersindo Valiñas e Aurelio Goldar. E faise o seguinte chamamento no Emigrado: “La tirantez que desde hace algún tiempo existe entre una gran mayoría de los vecinos y el Parroco y maestros de Guimarey, está adquiriendo mayor tensión cada día; y, al objeto de evitar mayores males, es deber de las autoridades competentes poner fin cuanto antes a ese pleito, dando a Dios lo que es de Dios y al Cesar lo que es del César”
Empezan os trámites xudiciais para declarar a incompatibilidade dos mestres e a causa contra o Sindicato remata sendo sobresaída na Audiencia Provincial, así como levantada a suspensión do Sindicato en maio do 32. De feito, o sindicato remata por contratar un mestre particular para pórlle escola aos seus nenos, Donato Garrido Buela.
Os termos no que está a liorta a estas alturas é que a parroquia conta con 142 familias e 784 habitantes. Asisten a escola privada 112 nenos. 6 veñen á Estrada e 28 asisten á oficial de Tomás Alfonsín e a súa muller.
En Marzo do 33 conseguen da Xuntra Provincial a declaración de “incompatibilidade” coa parroquia aínda que empeza a circular o rumor de que as amizades dos mestres ían deixar sen efectos esta declaración así como o seu traslado a Vilaxoán. Aparece publicada a orde na Gazeta da República, o cal calma os ánimos. Hai que ter en conta que viña declarándose unha folga escolar que ademais de Guimarei xa abranguía a Aguións, Ancorados, Arnois, Agar, Codeseda, Curantes, Cereixo, Lamas, Somoza, San Andrés de Vea, Pardemarín, Matalobos e Vinseiro. Porque o tema – como se dicía daquela – xa era unha cuestión de “honor” de todo o republicanismo local. Mais por cousas da política que vai máis aló dos réximes nos que se dá, o certo é que a sospeita de que as amizades dentro do Goberno Republicano ían dar ao traste co traslado, acabaron confirmándose, non foi preciso agardar ao bienio negro, no que se anulou o decreto de incompatibilidade. Isto levaría a desesperación a algúns e accións incontroladas como o incendio do galiñeiro que provocaría que outra volta a directiva do Sindicato acabara no cárcere. Dábase o caso de que na Escola onde vivían os mestres era tamén onde tiña o seu local o Sindicato, e ao lado estaba o galiñeiro dos mestres.
Outros optaron por canalizar o confronto relixioso cara o cambio de confesión, de aí o éxito inicial da capela Evanxelista de Guimarei, e as visitas de pastores de EEUU a esta parroquia (en río revolto... xa se sabe)
Finalmente, logo de febreiro do 36 volve a activarse o traslado e a estratexia do sindicato, agora no poder local cun dos seus membros - Jesús Puente Fontanes - como alcalde, foi deixar de pagar desde o concello o aluguer do local para poder desafiuzar aos mestres. E así o fixeron.

Botarse ao monte para sobrevivir
Mais pouco tempo durou a alegría. O 18 de xullo ía supoñer un novo xeito de resolver estes conflitos, sen preitos nin sinaturas, sen manifestacións nin artigos da prensa. E a parroquia máis animada e viva da Estrada, acabaría coa maior parte dos seus fillos presos, mortos ou polo monte. Algún mesmo chegaría fuxindo até Portugal, como é o caso de Benigno Louzao Rivas, quen mesmo durmiría nas cortes coas vacas para conseguir sobrevivir por este longo roteiro.
Outros fuxidos desta parroquia foron:
Alfredo Varela Vilas
Francisco Vilas Segade
Gumersindo Valiñas Segade
Manuel Puente Puente
José Pérez Riveira
Serafín Pérez Riveira
Florentino Puente Puente
José Silva Rey
Benigno Louzao Rivas
Laurentino Nogueira Touceda
Serafín Goldar Souto
Manuel Puente Vilas
Alfonso Castro Dono
Manuel Ferro Puente
Entre estes atopamos algúns fuxidos que participaron activamente na resistencia contra o réxime, mesmo despois de rematada a guerra os irmáns Puente Puente foron quen de encher de propaganda os postes da Estrada por onde ían desfilar os militares que estaban acuartelados na vila. Tamén vemos a un fuxido de sona, a Alfonso Ramiro Castro Dono, poeta e mestre da Garda, secretario do Partido Galeguista nese concello. Acochado en varias casas, mesmo na do escritor galeguista, Manuel García Barros.