Naceu na Estrada no ano 1942. Vivirá en Ourense dos 11 aos 20 anos. No ano 1962 trasladouse á Coruña, onde reside dende aquela, con períodos de estadía en Ferrol (1963), Ifni (1964-65, por servizo militar), Cee (1967-68), Madrid (1969) e Bilbao (1970-74). Na actualidade reside na Coruña.
Estamos perante un dos máis prolíficos autores da narrativa galega contemporánea. A súa primeira novela longa publicada foi UN ANO E UN DÍA (Ed. do Castro, 1980; Edicións Xerais de Galicia, 1990). Ese mesmo ano publicou A FUXIDA (Edicións Xerais de Galicia, 1980). No ano seguinte saíu publicada a súa obra A CHAMADA ESCURA DOS CABORCOS (Edicións Xerais de Galicia, 1981). No ano 1982 publicou A ESPADA NA AUGA (Ed. Castrelos, 1982). No ano 1983 acadou un dos máis sobranceiros premios das nosas letras, o “Eduardo Blanco Amor” coa novela BEIRAMAR (Edicións Xerais de Galicia, 1983) e tamén publicou este mesmo ano OS CHAPURROS (Ed. do Castro, 1983). Tras uns anos en que non publicou ningunha novela longa, no ano 1986 publica DETRÁS DO SILENCIO (Sotelo Blanco, 1986), para continuar nos anos seguintes con ROI E OS SEUS AMIGOS (Ed. Casals, 1987) e AS FLORESTAS DO MAÑUEMA (Edicións Xerais de Galicia, 1988; A Nosa Tem, 1997). Tras outros anos de silencio sacará a novela OS CULPABLES (Vía Láctea, 1993) e no ano seguinte DIARIO DE INVERNO (Ed. Bahía, 1994) e VIOLANTE-A ALDEA MORTA (Ed. Nigra, 1994). No ano 1995 publicará NÁUFRAGOS EN TERRA (Edicións Xerais de Galicia, 1995; La Voz de Galicia, Col. Biblioteca Galega 120,2002). Dous anos máis tarde aparecerá TODO O PESO DO CEO (Edelvives, 1997). Tras outros tres anos, publicará o seu libro de viaxes DOS CAMIÑOS DE ARRIEIROS ÓS PAZOS DA ULLA (A Nosa Terra, 2(XX)). Ultimamente sacou á luz a obra O TEMPO EN NINGUNHA PARTE (Espiral Maior, 2003). Con todo, cómpre salientar que onde máis prolífico se amosou Martínez Oca foi en obras colectivas e de colaboración en conxunto con outros autores. Xa no ano 1975 Martínez Oca foi finalista do 1° Premio de narración curta “Pedrón de Ouro”, premio que posteriormente pasou a se coñecer como “Premio Modesto R. Figueiredo”, e así viu publicado o seu primeiro relato curto titulado “Un home no corral”, inserido na obra titulada CATRO NARRACIÓNS (Ed. do Castro, 1977). No 1978 o se u relato “A figueira” formará parte da obra NUMERO DE PATENTE (Ed. do Castro, 1978) e “No fondo do espello” da obra A FUNDICIÓN E OUTRAS NARRACIÓNS (Ed. do Castro, 1978). Neste mesmo ano acadará o 1° Premio da 4a Edición dos premios Modesto R. Figueiredo co relato titulado “A negra”, que posteriormente lle deu título á obra colectiva A NEGRA (Ed. do Castro, 1979). No ano 1981 o seu relato “Os lóstregos e a carballeira” sairá publicado na obra titulada PREMIOS CASA DE GALICIA DE LAS PALMAS (Edicións Xerais de Galicia, 1981). Este mesmo ano volve a se proclamar gañador do Premio Modesto R. Figueiredo na súa 7a Edición co seu relato “Noite de luar”, que se publicará posteriormente na obra A GRANDE NOVELA (Ed. do Castro, 1982). A continuación publicará o seu relato “As miñas relacións ca igrexa” na obra MEDUSA (Sotelo Blanco, 1984). Ata tres anos despois non volverá a publicar en obras colectivas, o que ocorrerá co seu relato “Monólogo do autor inédito”, que figurará na obra MONÓLOGOS (Sotelo Blanco, 1987). No ano 1989 sairá o seu “A pomba baixo da roda” na obra CADERNO DE VIAXE (Edicións Xerais de Galicia, 1989). No ano seguinte publicará “A ti, Laura” en O RELATO BREVE.1980-1990 (Edit. Galaxia, 1990) e “O artículo mortal” en SEDE CENTRAL (Clube Cultural Adiante, 1990). No ano 1991 verán a luz os seus relatos “Celso Emilio, aí está o imperio” en VOZ E VOTO (Patronato Curros Enríquez, 1991), “Patxi e Fuco” en OS CONTOS DA CAMPAÑA (3) (Xunta de Galicia, 1991) e “Desexo” en HOMENAXE A LAXEIRO (Galería de Arte Citania,1991). No ano seguinte publicou, en conxunto con Inmaculada Pellicer, a obra A CIDADE DO VENTO (Edicións do Cumio, 1992) e “Luz, vento, mar...” en A CORUÑA, ¡ASÍ A QUEREMOS! (Mesa pola Normalización Lingüística, 1992). Continuará con “Acisclo Manzano” en GALICIA HOXE, GALICIA SEMPRE-ACISCLO, QUESADA (Parlamento de Galicia, 1993). No ano 1995 publicará “Noite de luar” en MANUAL E ESCOLMA DO RELATO GALEGO (Sotelo Blanco, 1995). A continuación sairán á luz os seus relatos “O artigo mortal” en UNHA LIÑA NO CEO (Edicións Xerais de Galicia, 1996), “Un arrecendo de rosas” en BERRA LEBERDADE (Ediit. Galaxia, 1996) e “O médico de San Miguel” en MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA LEMBRANZA (Ed. do Castro,1996). Seguirá co relato “Reencontro” na obra NOVO DO TRINQUE (Consello Comarcal do BNG, comarca de Santiago de Compostela, 1997). Xa neste século temos a publicación dos relatos “Castelao visto por un estradense” en CLÁSICOS E MODERNOS 2 (Departamento de Galego-portugués, Univ. da Coruña, 2000), “Dolmen” en MANUEL MARÍA (Asociación Cultural Xermolos, 2001) e “Contra a mentira e a ocultación” en ALMA DA BEIRAMAR (A Nosa Terra-AELG, 2003).
Tamén Martínez Oca foi autor de dúas traducións ao noso idioma, de PAULO E VIRXINIA (Edicións Xerais de Galicia, 1985) e MAIGRET NA ESCOLA (Vía Láctea, 1992).
Ademais Martínez Oca é un asiduo colaborador de diferentes xornais e revistas, como as revistas “Dorna”, “Man Común”, “Follas Secas”, “Escrita”, “Luzes de Galiza”, “Boletín Galego de Literatura”, “Madrygal”... e de xornais coma “El Ideal Gallego”, “La Región", “La Voz de Galicia”, “Diario 16 de Galicia”, “Faro de Vigo”, “A Nosa Terra”.