Barcala (San Miguel)*
Clara Iglesias Cortizo
- BARCALA: a primeira parte da palabra, o lexema –barc, procede dunha base céltica *barc ou *barg, que debeu significar “concavidade, depresión”; de feito aparecen na Galiza moitos topónimos con este mesmo lexema (como Barcia ou Barxa) asociados, como no caso da nosa Barcala, a cuncas ou valgadas fluviais. Con respecto ao sufixo –ala, non sabemos cal pode ser o seu valor semántico, pero o certo é que aparece con relativa frecuencia noutros topónimos de orixe prelatina, como Bealo, Argalo ou Sestalo…
- BUMIO: a orixe deste topónimo non está clara, aínda que a súa aparencia é claramente prerromana. De feito, algúns lingüistas, como é o caso de Elixio Rivas, falan dunha antiga raíz hidronímica *bad- ou *bud-, da que quizais poida derivar Bumio. A morfoloxía do topónimo reforza esta idea, pois o sufixo ou terminación en -io (ou -ia) é moi común na hidronimia prerromana, como podemos ver en hidrotopónimos como Limia, Umia, Ulla (< Ul-ia), Miño (< Min-io)… O lugar de Bumio está situado na parte máis baixa da parroquia, moi preto do río, polo que un nome que faga referencia ás augas está xustificado. De todos xeitos, aínda que parece segura a orixe prerromana do topónimo, non podemos precisar con ningunha seguridade o seu significado.
- CASA DO FRADE: é un topónimo de significado transparente, aínda que non saibamos cal é a razón de que este lugar leve tal denominación. Casa deriva do latín CASAM, “cabana, choza” e frade, do latín FRATREM, “irmán”. Esta palabra sufriu un cambio semántico desde o latín ao galego e pasou a significar “individuo que pertence a unha orde relixiosa”.
- CIMADEVILA: topónimo de significado transparente, formado por un sintagma constituído polo substantivo cima, do latín CIMAM, procedente á súa vez do grego, “parte máis alta dun lugar, cume” + preposición de + vila. Seguramente Cimadevila leva este nome por estar situado un pouco máis arriba e moi próximo ao veciño lugar do Outeiro.
- CORTIÑAS: este nome, que pertence ao léxico común, designa un terreo próximo á casa, xeralmente cercado, destinado normalmente ao cultivo de legumes e cereais. Deriva do latín vulgar COHORTINA, diminutivo de COHORTE, que en latín tardío significaba “sitio cerrado”. Deste mesmo étimo provén tamén corte “lugar cerrado onde se garda o gando” e cortello (>COHORTICULU).
- O COTRO: é unha variante de cótaro, palabra hoxe desaparecida do léxico común, aínda que si se conserva o seu diminutivo cotarelo, “monte ou cume de escasa altura”. O paso de cótaro a cotro prodúcese por un fenómeno fonético chamado síncope, que consiste na eliminación dunha vogal átona no interior dunha palabra. Prodúcese na fala popular e descoidada e antes da estandarización do galego e da súa introdución no ensino dábase con moita frecuencia (boroa>*broa; ferida>*frida…). No caso do Cotro, a decisión que tomou a Comisión de Toponimia (mantelo coa alteración vocálica e non restituílo ao que sería a forma correcta e etimolóxica Cótaro), deriva do peso da tradición escrita, por estar así documentado históricamente e tendo en conta, ademais, que a forma cótaro desapareceu do léxico común. Cotro (ou cótaro) deriva do lexema prerromano cott-, “parte máis alta dun monte, pico, elevación”.
- A NEGREIRA: posibelmente derive do adxectivo latino NIGER, “negro”, acompañado do sufixo abundancial –eira. Segundo Cabeza Quiles, pode aludir a un conxunto de elementos de cor negra ou escura, como a cor do terreo ou, máis probabelmente, un grupo de árbores ou plantas de cor verde escura.
- PARAÑO: provén do adxectivo PETRANEU, “de pedra”, derivado no latín vulgar, de PETRAM. Esta denominación corresponde normalmente a montes ou lugares moi pedrosos.
- AS QUINTAS: procede do latín QUINTANAM, derivado á súa vez do numeral QUINTUS –A –UM. O seu significado orixinalmente tiña que ver coa quinta parte das colleitas que se pagaban aos señores ou mosteiros e, a partir disto, derivou no sentido actual: “propiedade rústica con casa e terreos de cultivo”.
- SOUTO: do latín SALTUM, que significaba “salto, desfiladeiro, pasteiro con bosque” e posteriormente adquiriu o significado de “monte poboado de castiñeiros”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Barcala (San Miguel)
Manuel Reimóndez Portela
Esta parroquia non se sabe desde cando ten este nome, que os veciños coñecen desde sempre.
Pertence ao val formado coa sua homónima Santa María e polas súas características de terreo, orográficas de paisaxe e proximidade total ao río Ulla ten a mesma valoración cá das parroquias lindeiras do río grande. Merece por iso o mesmo trato da zona da Ulla Baixa ou dos Veas.
LINDES: a parroquia linda polo norte co río Ulla, que a separa das terras da Coruña, polo sur con Santa Mariña de Barcala, polo leste con San Xurxo de Vea e polo oeste con Herbón de Pontecesures. Dáse nesta parroquia o curioso caso do lugar de Bandín, situado ao oeste da parroquia e que pertence ao concello de Padrón a pesar de situarse na banda sur do Ulla. A demarcación eclesiástica e educativa réxese polo territorio da Estrada e Pontevedra, pero administrativamente o territorio é do Concello de Padrón-A Coruña, a onde ademais manifestan querer pertencer os seus veciños.
Polo que atinxe á orde alfabética das parroquias a esta correspóndelle o número 10.

En canto á superficie que ten tócalle o número 15 entre as súas compañeiras do concello cunha superficie de 565 hectáreas. Ten 233 habitantes de feito. Na actualidade o número de habitantes é de 194.
COMUNICACIÓNS: unha estrada que vén desde a que vai a Cesures (onde a Capela de S. Xoán do Caeiro) baixa decote pola aba do monte do Castro Valente ata o centro da parroquia. O lugar de Casa do Frade atópase máis a trasmán no monte preto do alto do Chedón. Outra estrada desde hai anos vén pola ribeira do Ulla enlazando nesta parroquia coa que dixemos.
Na actualidade estanse facendo as pistas da concentración parcelaria que se espallarán por lugares e veigas... polo pé da capela de Bandín pasa cara a Cesures e está aprobada a construción dunha ponte que cruzará o río Ulla onda o couto de Sinde. Hoxe xa está feita e constitúe unha importantísima vía de comunicación cos terras de Padrón.
HIDROGRAFÍA: o río grande, o Ulla, ábrese en Barcala para fermosear a paisaxe e estreitarse deseguida ao seu paso fronte a terreos de Carcacía.
Regueiros: o máis importante é o regueiro que baixa de Santa Mariña, polo medio da parroquia para desaugar no Ulla, onde lle chaman O Agrelo.
Ten ademais os moi curtiños regatos de Pedrelo, que nace en Fefiñáns, e o da Boca que van ao Ulla.
BARCAS: houbo barcas no lugar de Sinde que prestaron un gran servizo para labores de transporte de persoas, apeiros de labranza e mesmo oficios relixiosos. No tempo da sementeira pasaban o río pola parte menos profunda co gando para labranza.
PONTES: ten as pontes de Souto, Quintáns e Paraño, neses lugares e algunha outra pontella. Especialmente importante é a ponte de Sinde.
FONTES: temos as fontes do Redondo no monte de Castro Valente; de Paracova de baixo da anterior e de Agramouca no mesmo monte. A de Tafona nas Quintas e das Quintas no mesmo lugar. A de Negreira, con lavadoiro, no mesmo sitio. A de Cortiñas tamén con lavadoiro detrás da igrexa, a do Esqueiro tamén onda a igrexa. Afonte de Chedón nace no chamado Foxo ou muíño Vello. A fonte da Casa de Frade, a fonte do Soutiño e a fontiña de Suloureiros.
Temos que subliñar unha fonte (a fonte do Santo), que aparece á metade máis ou menos na ladeira sur indo da estrada a Cesures ata o cume. Alí, á beira dun camiño e nun lugar verde do monte, aparece esta fonte cunha pedra dereita que di:
RECTOR. DAN b D.OEV. DIEGO P/Ra. 1705
CASTRO: faille de fronteira polo oeste a Santa Mariña o castro Valente nunha situación privilexiada ollando a Ría de Arousa, Cesures, Valga e Padrón así coma o val de Barcala. Alí tan preto do mar ten 398 metros de altitude. Este castro fai de linde pertencendo polo mesmo só a metade do leste a Barcala.
Trátase dun monte con moitos penedos e defensas polo leste, sur e oeste. No cume é chan aínda que con pedras soltas sen orde. Pola banda deste concello o monte baixa moi a chupe e desde lonxe óllase o castro co verdadeiro perfil que acostuman ter estas fortificacións ou vivendas tan antigas e tan numerosas na nosa terra, e tamén na Estrada.
PAISAXES: a beleza das paisaxes que poden ollarse nesta terra é das máis fermosas da bisbarra. O val dos Barcalas visto desde o alto do Chedón (310 metros) abarca este estreito val cheo de verdor cara ao Ulla. A paisaxe a pé de río, preto do couto salmoneiro de Sinde, é das máis dignas de admirar e por suposto desde o cume do castro valente abránguense cantas terras hai no arredor en moitas leguas e, aló, ao fondo o Ulla, saíndo ao encontro coa ría de Arousa, na que se funde esta fraternal aperta.
PEDRAS: o fermoso cruceiro no adro da igrexa é unha boa mostra da pedra traballada polos nosos artistas anónimos...é este:
Situación: parroquia de San Miguel de Barcala, no adro da igrexa.
Descrición: plataforma: dous chanzos cuadrangulares. Pedestal: cuadrangular con mesa no seu anverso. Columna: comeza cuadrangular e segue octogonal, estreitándose cara ao capitel. Capitel: cuadrangular. Cruz latina, cuadrangular con bordos biselados.
Anverso: Cristo crucificado. Reverso: Inmaculada. Altura: máis de 5 metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: un máis dos cruceiros nos adros das igrexas.
O hórreo máis antigo coidan os veciños que é o da Eira de Cimadevila.
LENDAS: unha fermosa lenda que contan os veciños e recolleuna moi ben Olimpio Arca Caldas: 7/No Castro Valente viviron os mouros. Como non eran capaces de botalos xuntáronse os veciños e colleron todas as cabras de Confurco, aldea de Herbón, Requián, Trasande, Santa Mariña, San Miguel e Bandín e atáronlles candelas aos cornos e de noite acendéronas e levounas o pastor polo Monte de Arriba. Os mouros colleron medo cando ollaron tantos guerreiros e fuxiron cara ao río Ulla. Uns afogaron xa no río e os que puideron salvarse foron mortos polos homes que xa os esperaban en Carcacía. Naquel forte non entraba ninguén xa que a muralla tiña 14 cuartas de ancho. Cada mouro tiña alí a súa fogueira".
Tamén no castro din os veciños que había unha viga de ouro debaixo dun camiño e que os carros ao ir gastando as pedras da rodeira chegarían a ela. Na Casa do Frade saía unha galiña con pitos de ouro polas noitiñas.
Tamén neste sitio aparecía unha tenda arraiada cunha moza moi belida á fronte dela. Cando lles preguntaba aos que a ollaban quélles gustaba máis... tiñan que dicirlles que lle gustaba a tendeira e todo canto tiña... senón desaparecía por encanto.
Di a lenda que o San Xoán que está na capela do Caeiro, veu do castro Valente, e que se atopou na chamada fonte do Santo... a imaxe ía fuxindo cara ao monte e collérono quitándolle os zapatos para que non fuxise.
Outra versión di: na fonte do monte do castro Valente, fonte do Santo, ten unha pía grande onde cae a auga... un veciño desta parroquia foi por ela e púxoa no curral para darlles de comer aos porcos. De alí a uns días morréronlle todos. Non tivo máis présa que devolverlle a pía á fonte do Santo.
HISTORIA: dinos Jerónimo de Hoyo no ano 1607:
"La feligresía de San Miguel de Barcala tiene veintiseis feligreses. Los fructos se dividen en tres partes las dos y un dezmero y dos partes del iglesario pertenecen al rector y a la otra tercera parte pertenece a la Colegial de Padrón. Vale la parte del rector con el anexo Santa Mariña de Barcala cuarenta cargas de pan.
Presentación de legos. La fábrica tiene ciertas tierras que rentan ocho ferrados de pan. Hay una ermita que llaman Nuestra Sra. de la Merced; esta ermita pertenece a San Pedro de Carcacía donde van a misa y pasan el río".
Catastro de ensenada: os datos (moi importantes) recollidos deste catastro poden verse no capítulo dedicado ao dito "Catastro del Marqués de la Ensenada", na parte correspondente á xurisdición de Vea.
Pascual Madoz no seu gran "Diccionario" deixounos dito nos anos 1846-50:
"Barcala (San Miguel) feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) diócesis de Santiago (4) partido judicial de Tabeirós (2) y ayuntamiento de La Estrada (2), situada a la falda del monte denominada costa de Caballos, la baten comunmente los vientos de NE y SE y disfruta de clima templado y sano pues sólo se conocen algunas fiebres y reumas, comprenden los lugares de Cimadevila, Negreira, Paraño, Quintas y Souto que se hallan diseminados en la misma situación, tiene 49 casas una iglesia parroquial (San Miguel) de la que es aneja Santa Mariña de Barcala servida por un cura. Una ermita dedicada a Nuestra Señora del Carmen en el lugar de Paraño y seis fuentes de aguas ligeras y saludables de las que se surten los vecinos para beber y para sus usos domésticos además de otras tres también de buenas aguas que se encuentran en el término el cual confina por el N. con el río Ulla (1/4) E. y S.E con un extenso bosque (1/4) y O. con el monte Costa de Caballos. El terreno es arcilloso de mediana calidad y parte de monte con un bosque poblado de alcornoques, robles y pinos que produce mucha leña y alberga algunas fieras. El mencionado río Ulla que nace en la Ulloa partido de Chantada en la provincia de Lugo, corre por él fertilizándole, sus aguas dan impulso a dos molinos harineros de propiedad particular y lo separa del partido judicial en la provincia de La Coruña. Caminos locales y uno que conduce de La Estrada a Padrón de donde se recibe el correo por peón extraordinario. Produce trigo, maíz, centeno, patatas, nabos, castañas y hortalizas de buena calidad siendo su mayor cosecha la de maíz. Cría ganado lanar, cabrío de cerda y algún mular y con preferencia el vacuno, caza de liebres, conejos, perdices, zorros y lobos; pesca de truchas y anguilas."
Nomenclátor do Arzobispado de Santiago, ano 1883, veñen xuntos coa parroquia de Santa Mariña onde poden lerse.
No censo do ano 1924 tiña 358.
Gerardo Álvarez Limeses na "Geografía General del Reino de Galicia" (1936) dinos: "Barcala (San Miguel) dista 43 kilómetros de Pontevedra y 13 de La Estrada, limita: al N. con el río Ulla, al S. con la parroquia de Santa Mariña de Barcala, al E. con Vea (San )orge) y al O. Con Requeijo (Puente Cesures).
Entidades: Bumio con 31 habitantes, Casa do Frade 47, Cima de Vila 32, Negreira 23, Paraño 49, Quintas 56 y Souto 120 osea un total de 358 habitantes con una escuela mixta servida por maestro para el servicio de esta parroquia y Santa Mariña.
IGREXA: é máis ben moderna sen que teña moito que destacar, está situada nun terreo chan, con fermosas vistas, cara ao río Ulla e mais naquel estreito val da beira esquerda do río grande.
No ano 1803 o compostelán Jacobo Pecaul Montenegro fixo un viril para esta parroquia.
Foron restauradas as imaxes nos últimos dez anos.
Outros datos: esta igrexa ten unha portada alintelada arrodeada de molduras acodadas, sobre dela fornacina de arco semicircular e ventá rectangular. Remate en volutas e a espadana central de dobre van. Ten os muros dos lados lisos con contraforte na unión da nave coa ábsida. Sancristía e osario pegados ao muro norte.
Capela do Carme, lugar de Paraño: ten a portada alintelada recercada de moldura plana con doselete e sobre do ollo de boi.
Ábsida máis baixa e estreita cá nave. No interior, a ábsida con bóveda de canón é de arcos paralelos que a sosteñen, o triunfal e un faxón de medio punto sobre pilastras.
Esta capela foi vendida polo crego José Resúa Buela, mercouna un irlandés e fixo dela unha vivenda particular.
Inscricións das campás. Grande: M. JOSE AÑO DE 1874 ¿... CON DISPOSICIÓN DE D. FELIPE GARCIA PORTO Y A ESPENSAS DE LOS VECINOS DE ESTA...? Pequena: M. JOSE D. AÑO 1874.
Coidan os veciños que as pedras para construír a capela de San Xoán do Caeiro viñeron do castro Valente.
Tamén di a lenda que o San Xoán que está na capela veu do mesmo castro, atopándoo na fonte que leva o seu nome (fonte do Santo).
FESTAS: a do patrón San Miguel celébrase o día 8 de maio. O San Roque o día despois. Deixaron de celebrarse As Dores, O Santísimo Sacramento, do que se dá unha misa cantada, e a festa do Carme.
San Xoán, o 24 de xuño na capela de San Xoán. En Bandín as Mercedes o día 24 de setembro, empezando a novena 9 días antes.
INDUSTRIAS: non ten industrias esta parroquia, aínda que se atopan algúns muíños nos regueiros citados.
Actualmente creouse unha empresa de albanelería.
COMERCIO: fíxose unha taberna.
La parroquia está situada en la orilla izquierda del río Ulla en la falda del monte llamado Costa de Caballos y existe en ella un castro digno de estudio desde el que se denomina Herbón y Cesures, titulado Castro Valente en que se supone hubo una citanea hállase materialmente cerrada entre dicho río por el N., los montes de S. Jorge de Vea, por el SE Castro Valente por el O. no tiene caminos vecinales que la comuniquen. El terreno es de regular calidad.
CENTROS CULTURAIS: teñen un centro cultural en bo estado. As mulleres sobre todo organizan cursos de horta, arte floral, cociña, conservas, poda, etc.
O ENSINO: os rapaces en idades de ensino lévanos igual cós de Santa Mariña ao CEIP de Souto de Vea, podendo despois seguir os estudos nos centros de ensino medio da vila.
Non teñen asociacións culturais.
DEPORTES: a caza é doada nos montes que rodean a parroquia e por suposto a pesca no gran río, o Ulla, onde o salmón no seu couto de Sinde é a aspiración maior de cada pescador. É este o primeiro couto, augas arriba, no Ulla, alí esperan moitos ao "príncipe do río" coas canas dispostas e a ilusión desbordada, nunha paisaxe inmellorable con bo clima e xente agarimosa. Un coto digno de visitarse.
Practican puenting dende a ponte de Sinde.
En canto aos aspectos da SANIDADE, ECONOMÍA, de VIVENDA, etc. temos que dicir que a sanidade "primaria" recíbena dun médico que exerce en Souto de Vea e actualmente no Centro de Saúde de Vea ademais do Ambulatorio da Seguridade Social cos seus servizos dalgunhas especialidades e de urxencias. A vivenda mellorou, aínda que tiña que facelo máis, así como o servizo da luz eléctrica tanto privada coma pública.
OUTROS DATOS: dona María Pérez de Monreal y Moscoso aportou ao seu matrimonio os coutos de Bea, Frades e San Miguel de Barcala... era parente dos señores do couto ou xurisdición de Ximonde.
TOPONIMIA MENOR: son de lembrar Castro Valente, a capela de San Xoán do Caeiro, a Casa do Frade, o couto salmoeiro de Sinde, Suatorre, e outros...
TELEFONÍA: con cable e TRAC.
RURALCENTRO: situado na igrexa, no local social, dálles acceso a Internet aos veciños/as, no marco do proxecto "aestradadixital".
PLATÍOS REAIS: dinos o Catastro de Ensenada: "Devesa de San Miguel, una denominada de San Miguel sito en la aldea de Souto. Cavida 143 ferrados, Levante camino, Poniente y Sur monte de Souto y norte tierra del iglesario.
Vivero: llamado de San Miguel sito en la aldea de Souto, cavida un ferrado.
* A Estrada Rural. 1990. Ed. 2007

San Miguel de Barcala*
Pedro Varela
Parroquia de 85 cabezas de familia e 378 habitantes, situada na aba do monte coñecido por Costa de Cabalos, a 15 quilómetros da Estrada aproximadamente.
En canto ao significado ou etimoloxía do nome desta parroquia, atémonos ao dito ao describir a de Santa Mariña, a súa filial.
Lugares: Retorta, Souto; Casa do Frade, Bumio, Paraño e Cimadevila.
Lindeiros: norte, río Ulla e Couso; sur, Santa Mariña; leste, San Xurxo; oeste, Herbón.
Vías de comunicación: camiños antigos e as pontes de Souto, Quintas e Paraño.
Baña esta parroquia o mesmo regato que cruza o territorio da súa compañeira, Santa Mariña.
No eclesiástico: ten por filial a Santa Mariña, por patrón a San Miguel; o curato é de entrada e presentan varios leigos.
A igrexa resulta regular. Hai por separado dúas capelas: unha ao Carme en Paraño; e outra á Mercede en Bandín, lugar da provincia da Coruña para efectos civís, e de San Miguel no eclesiástico.
Festas anuais: a do Patrón, o 8 de maio e 29 de setembro; a Mercede o 24 de setembro; a do Carme, variábel.
En sesión do Concello de data de 22 de xullo de 1847 faise mención dos males que os animais salvaxes causan nos montes de Barcala.
Hai na localidade unha cartería de recente creación.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923