Sabucedo
Clara Iglesias Cortizo
- SABUCEDO: trátase dun fitotopónimo, derivado do lexema do latín SABUCUM, “sabugo, sabugueiro” + o sufixo –edo (>ETUM), con valor locativo e abundancial.
Sabucedo (San Lourenzo)
Manuel Reimóndez Portela
E o nome polo que se coñece a parroquia dende que temos memoria dela.
Pertence esta parroquia á zona chamada da Montaña coas demais; Codeseda, Liripio, Ribela, Arca e Souto.
LINDES: linda coa de Codeseda polo norte, e polo sur con Tomonde e Quireza; Tomonde, Cabanelas e Codeseda tamén a limitan polo leste, e Quireza con parte de Codeseda polo oeste.
Polo que atinxe ao nome, Sabucedo, tendo en conta o alfabeto correspóndelles o número 41 entre as parroquias estradenses.
En canto á superficie que ocupa correspóndelle o número 22 con 495 hectáreas.
Lugares: esta parroquia só ten un lugar chamado tamén Sabucedo, altitude, 560 m; poboación: 156 (homes, 49; mulleres, 87); actualmente 76 (34 homes; 42 mulleres).
COMUNICACIÓNS: a estrada que dende a vila se dirixe a Cerdedo pasa por Sabucedo, saíndo dela por Tomonde. Entrando polo norte esta mesma estrada en Sabucedo aparece un gallo, que pola dereita vai dar a Quireza e de alí tamén a Cerdedo ata chegar á estrada Pontevedra-Ourense. Unha pista esgalla desta desde o oeste e entra tamén nesta parroquia. Outros camiños soben aos montes que envolven Sabucedo por todos os aires.
Abriuse un tramo de nova construción que se desvía por debaixo do núcleo de casas dende o Nabal do Cura e entronca coa P0-7001 no Carballiño. Unha en vía en moi boas condicións que melloran sensiblemente as condicións da parroquia.
O Camiño Real seguía case a mesma liña da actual estrada de sur a norte polo medio das casas, pasando polo Campo do Medio (onde se xuntan as bestas) e seguindo pola Ponte Nova cara a Codeseda, Tabeirós e A Estrada.
HIDROGRAFÍA: o río ou regueiro Devesa-Carballa nace en Vilaboa de Codeseda e descende pola Ponte Nova e polo oeste de Vesacarballa desta parroquia indo verter ao Lérez.
O regueiro de Marín nace na Rega das Lamas e vai ao de Vesacarballa.
O regueiro das Bouzas nace en Porcaté pasa polo norte da parroquia e vai tamén ao de Vesacarballa.
O regatiño da Carabuña nace nos pozos e vai ao mesmo río.
PONTES: ten a Ponte Nova a primeira polo norte no río de Vesacarbala (Devesa Carballa?) na vía A Estrada-Cerdedo. A ponte do Cacharón no mesmo regato. A ponte da Pista no medio da parroquia. A ponte de Saramagoso por onde pasaban as bestas para beber. Daba acceso ás veigas na pista a Quireza e a do Retortoiro entre Sabucedo e Quireza.
FONTES: son moitas as fontes de Sabucedo, nomeamos: a fonte de Sanabarrigas nas Berdescas ...chamada así porque sendo tan boa a súa auga a xente fai uso dela decote, para sandar. A fonte da Rega da Xesta. Afonte de San Lourenzo na Rega de Pouso. A da Rega das Lamas, a do Campo do Medio, hai dúas, recentemente restauradas (no campo da festa), a de Pequite, a da Armada, a da Pía, a da Calle Cega entre as casas, a fonte Redonda e a de Portousía onda o Curro Vello.
A fonte do Recanto, no lugar do mesmo nome onda a antiga escola ou ("Casa do Mestre").
OROGRAFÍA: pechada por montañas, no fondo dun estreito val atópase Sabucedo só polo medio día está aberta por Tomonde cara a Cerdedo.
PAISAXE: no escondite deste fermoso val cheo de silencio e paz atópanse regatos de auga co verde das súas ribeiras e unhas carballeiras digna de admirar, todo elo cinguido por altos montes, que dende a súa cima danlle unha visibilidade que engaiola. Fermosa paisaxe de montaña.
MÁMOAS: das catro que se atopan no cume do monte Espiñeira, tres pertencen a Sabucedo. Todas elas encóntranse desfeitas.
Cando se abriu a nova estrada a Cerdedo desapareceu a chamada "Mámoa do Carballiño" no Camiño do couto Alto.
PEDRAS: son moi importantes os marcos que aínda quedan, outros desapareceron, que fan de linde á parroquia, eran dez. O de Ourel de Maná, o da Fonte Armada, o da Cima da Serra, o da Pena Taboazas, o de Outeiro das Herbas, o Marco de Novais, o Marco de Retortoiro, o da Pena Carballa, o Marco de Feal e o Marco de Espiñeira...
Pedras que aínda se atopan restos son as da "Casa das Vellas"; así coñécese en Sabucedo unha paraxe ao oeste da aldea na faldra, na
carballeira da Cabana xunto á pista que une Sabucedo coa estrada de Quireza, onde lle chaman a Cabana, precisamente como recordo a esa casa... vese pedra traballada como restos de cabana... que forma a lenda do comezo da Rapa das Bestas. Atópanse nos muros de cerramento dos predios, pedras traballadas que deberon pertencer á Cabana.
A ponte de Cacharrón, de época medieval, precisaría ser restaurada; de alí sácase a auga do río por un estanque, a auga que viña pola presa do Campo do Medio para que bebesen as bestas o día da Rapa.
Cousa aparte é o fermoso cruceiro que se atopa diante da igrexa restaurado hai poucos anos.
Situación: atópanse onda a igrexa parroquial, aínda que se sabe que foi trasladado, porque o tirou un cerro no cruce de camiños no que estaba, preto de alí.
Descrición: non se lle ven pasos ou chanzos na base. Arranca cunha pedra cuadrangular dun metro de alto e algo menos dos lados, con algúns enfeites. Pedestal: cuadrangular con molduras. Columna: empeza cuadrangular con algunha moldura e segue octogonal. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida con enfeites en caras e ángulos. Anverso: Cristo crucificado, coas mans abertas, pé dereito cravado sobre do esquerdo e cabeza caída para adiante e para a dereita. Altura: uns cinco metros.
Propiedade: pública.
Non teñen grandes hórreos de pedra na parroquia, cousa estraña xa que esta era unha terra de canteiros, enténdese por colleren pouco millo.
LENDAS: ten esta parroquia unha fermosa lenda que dá pé á tan nomeada "Rapa das Bestas", dela falaremos cando nos referamos a esta festividade folclórica tan coñecida.
Un topónimo da parroquia é o Foxo de Valente, di a tradición que un home valente fixo un foxo ou cazadeiro... poñíalle de noite unha cabra a berrar e aparecían os lobos que baixaban ao foxo para atacala e despois non daba apoliñado polas paredes, á mañanciña aparecía o valente coa escopeta e acababa con eles...
HISTORIA: desta parroquia deixou dito Jerónimo del Hoyo no 1607:
"San Lorenzo de Sabucedo, anexo de San Juan de Liripio.
Hay en esta feligresía de San Lorenzo doce feligreses. Los fructos son todos del rector que con los de San Juan de Liripio, su cabe^a, valdrán quarenta cargas de pan. Presentación con la cabega del Cabildo de Santiago y de su tenenciero de Codeseda. La fábrica no tiene renta ninguna. Hay Sanctíssimo Sacramento, pila baptismal y sanctos óleos".
Catastro de Ensenada: este catastro ofrécenos datos moi importantes da parroquia, no capítulo onde fala do couto de Codeseda ao que pertencía.
Segundo Pasqual Madoz en 1846-50:
"Sabucedo (San Lorenzo) feligresía de la provincia de Pontevedra (5 leg). partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada y diócesis de Santiago (6 leg) situada cerca del nacimiento del río Quireza con libre ventilación y clima sano. Tiene 50 casas y una iglesia parroquial (San Lorenzo) de la que es aneja San Juan de Liripio y se halla servida por un cura de entrada y patronato eclesiástico y real. Confina con la aneja al N., de la Tamonde al SE. y la de Codeseda, al NE. El terreno es de mediana calidad. Produce: maíz, centeno, trigo, patatas, nabos, habichuelas, lino y pastos; se cría ganado vacuno y hay caza de conejos, liebres y perdices.
Población: 50 vecinos y 200 almas".
Nomenclátor Arz. de Santiago: "Sabucedo (San Lorenzo): Tabeirós-Pontevedra-Estrada Ecco. R1 y del Cabildo-Entrada 71 vecinos, 346 almasEstrada".
Pesonal: Castro D. Manuel Parro, 72 años, carr. lat.
No ano 1924 tiña censados 303 habitantes de dereito.
E Álvarez Limeses escribe en 1936:
"Sabucedo (San Lorenzo) dista 56 kilómetros de Pontevedra y 16 de La Estrada y limita a N. con Liripio y al S. con Tomonde en Cerdedo, al E. con Forcarey y al O. con Codeseda y Souto. Su única entidad es Sabucedo que tiene 303 habitantes para los que dispone de una escuela mixta servida por maestro. Sus montes más importantes son los de La Bayuca, Sierra Cruto, Castelo y Cabaniña y la riega el riachuelo Quireza que tiene por afluentes los arroyos Vaque¡ro,Marín y Vesacarballa...La atraviesa la carretera de Vilapouca a Puente Vea y un camino vecinal.
Esta parroquia fue amojonada en la antigüedad por algunos vecinos que la quemaron en "diezmo a Dios" aforándola al cabildo de Santiago. En 1 708 renovaron el foro y en 1860 lo redimieron y quedaron libres de él. La iglesia ha sido reformada en los siglos XVII y XVIII y no ofrece actualmente particularidad alguna. Sus fiestas principales son las de La Candelaria, San Lorenzo y los Dolores.
Hay una romería de gran originalidad llamada de "Las Yeguas". Consiste esta fiesta sumamente típica y acaso única en su género en reunir en ese día en un cerrado propiedad de la iglesia, a unas caballerías salvajes que viven en manadas en los montes próximos y en marcar las crías antes de volver a los montes. Se celebra el Domingo y Lunes de Pascua de Pentecostés y a ella concurren forasteros de todas partes."
IGREXA: Dinos Pedro Varela:
"La iglesia es regular, de estilo románico y fue reconstruída en la primera mitad del siglo pasado; está en buen estado de conservación. En 1910 ya existía la feligresía, según lo comprueban documentos indubitados, pero estuvo unido a Liripio hasta mediados del siglo XIX. Se hizo la última escrita de foro en 1708, contando Sabucedo con sólo nueve vecinos; en 1846 ya eran 58. El curato es de entrada con Casa Rectoral mediana y buen iglesario en lo eclesiástico corresponden a la feligresía los lugares de Devesa y Barbeira que sólo tienen nueve vecinos y pertenecen a Sabucedo para efectos civiles: nunca se hizo uso del derecho que parece tiene esta parroquia a llevar incluído el lugar de Vilaboa que va unido a Codeseda. En 1634 ya existía la Cofradía de Nuestra Señora del Rosario. La yeguada o caballerías bravas... .constituía en la antigüedad la renta principal con que contaba la fábrica... Inmediatamente a la iglesia se levanta un crucero de piedra que es una verdadera joya de arte dórico muy admirada por artistas y personas inteligentes en la materia. El curato es de entrada".
Ten o retablo maior do século XIX e o do Carme do século XVII... con esculturas interesantes. En 1105 por privilexio de Ramón de Borgoña e Dona Urraca conseguiu o abade Alfonso para o mosteiro de Carboeiro os lugares de Rubín e Sabucedo.
Antigamente tiña unha espadana tirada por un raio e constrúese en 1908 a torre que hoxe ten de estilo galego.
Campás
A campá pequena custou en 1799 uns 2238 reais e ten como inscricións "Jesús María y José" S(an) LOR (enzo) de Sabucedo. 1977. HICIER (ON) SE S (ien) DO ABAD El S(EÑO) RD(o)N JOSEF VLLLA MARLNO VERMUD (E) 2.
Campá grande, custou en 1890 353 reais. Isncricións "Año De 1890 Jesús M (aría) y José. Fundida por J. LLSTE EN ORAZO.
Restauróuselle o tellado hai 5 anos e atópase en bo estado de conservación.
FESTAS: a do patrón San Lourenzo que se celebra o sábado máis próximo ao día 10 de agosto e o día seguinte 11 a do Carme (xa non ten lugar). A tan sonada Festa da Rapa celébrase o primeiro sábado; domingo e luns do mes de xullo.
Deixáronse de celebrar as seguintes festas: a das Dores o terceiro domingo de xaneiro, a Candelaria o 2 de febreiro e Santo Antón o 26 de decembro.
INDUSTRIA: no río Devesa-Carballa, onde lle chaman o Cagallal, Perfecto Cabada puxera un muíño cunha dínamo e dáballes con iso luz a doce veciños, que alumaban só de noite e non podían ter máis de catro lámpadas cada un... foi a primeira enerxía eléctrica na parroquia.
Muíños: os dous do Obelleiro, o das Paradas e o do Medio no río da Devesa-Carballa. E particulares: o do Comercio, o de Regueiro, tamén chamado muíño do Maestro, que ademais ten a "serra do mestre" aínda conservada, o de Constante desaparecido coa nova estrada, e o de Cabada do que xa falamos como "fábrica de luz".
Teñen dúas tabernas. Actualmente só teñen unha: o teleclub. Tamén contan cun picadeiro e un albergue xuvenil para 37 persoas, ben dotados e que favorecen o turismo.
O ENSINO recíbeno no Colexio de CEIP de Codeseda.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo ocúpase de coidar das bestas do Santo, que ás veces causan problemas de invasión de predios de labradío, de invasión de estradas ocasionando mesmo desgrazas. En marcha teñen proxectos interesantes que co apoio das institucións poderán levar a cabo, como son a marcaxe das bestas con micro-chip ou o nitróxeno líquido co fin de substituír a corta da punta das orellas tal e como se facía antigamente, ou logros xa consumados como ter aseguradas as bestas.
Bibliografía de Referencia: Manuel Cabada Castro, "A Rapa das Bestas de Sabucedo." Ed. Ir Indo 1992.
CENTROS CULTURAIS: un Teleclub que ten moita actividade.
Estase restaurando a casa reitoral a carón da igrexa.
DEPORTES: son moitos os montes da redonda onde poden dedicarse á caza.
Dentro do plan integral de recuperación e impulso de Sabucedo, así como da cultura do cabalo, dende o Concello e coa Consellería de Cultura aprobouse a creación dun albergue-turístico hípico de 37 prazas no Campo do Medio, ao que acceden grupos de persoas, así como un ben dotado picadeiro para cabalos. Son infraestruturas que están a dinamizar moito a zona. Tlf: 679 402 287 e www. alberguedesabucedo.com.
Ademais, están en fase de planificación as obras de valado da estrada P0-7001 Santiago-Vilapouca, que, respectando o paso das bestas, protexen a circulación de vehículos por esta vía.
Por outra banda, o Concello e a Asociación Rapa das Bestas están colaborando cada vez máis intensamente na organización do propio certame, do que se agarda obter a cualificación de "Festa de Interese Turistico Internacional", así como en labores de mantemento e protección do cabalo de pura raza galega e as condicións fisiosanitarias de desparasitación ou as de marcaxe xa antes referidas.
En canto á SANIDADE melloraron as vivendas con servizos de auga e luz eléctrica así como iluminación pública, o servizo médico de asistencia xeral téñeno na Estrada así como o de urxencias e algunhas especialidades no ambulatorio da Seguridade Social, ben lonxe por certo, e no centro de saúde de Codeseda. Viven mellor; da agricultura e gandería...moitos veciños atópanse na emigración no estranxeiro ou traballando nas cidades veciñas, volvendo a Sabucedo aos fins de semana. Actualmente, ocorre isto sobre todo cos que traballan ou residen todo en Pontevedra.
A RAPA DAS BESTAS: unha das atraccións máis sobranceiras da Estrada, que poden ofrecerse aos visitantes é a moi coñecida Rapa das Bestas de Sabucedo. É por suposto un espectáculo que atrae moita xente e lle dá renome á parroquia e por suposto á Estrada, que vén sendo admirada dende tempos moi antigos, puidese ser que esta festa tradicional veña dos séculos XV ou XVI e ser certo se nos lembramos das grandes doenzas e infeccións que naquel tempo se espallaban por toda Europa levando millóns de persoas e enchendo de medo á xente sen defensas para tal enfermidade "endémica", impoñendo a lei da morte chegando a dar orixe á predicación das ordes relixiosas do arrepiante "Dies Irae". Sabucedo forma tamén parte de tantos que pagaban trabuco á morte. Compréndense por suposto o medo e as oracións dos veciños pregando a Deus que os libre da enfermidade. Ten interesante estudo sobre este tema (salvando as distancias temporais) M Pilar Regueiro Obelleiro "Cando o ceo escurece. Crónica da epidemia de gripe de 1918 na parroquia de Sabucedo" (Misc. hca. e cult. nº 2).
De aquí vén a orixe da "Eguada do Santo" (San Lourenzo); neste ambiente é lóxico que as ofertas fosen moi variadas e grandes cousas, que deu orixe a que dúas irmás cheas de medo decidisen ir ao monte ás aforas da aldea e levantasen unha pequena casiña onde lle chaman Levagueiras vellas (aínda poden verse parte dos seus cimentos) polo que se lle dá o nome de "A Cabana", desa maneira viviron illadas dos veciños encomendados de cotío a San Lourenzo pregándolle que as librase da peste. Non tiveron as irmás outra cousa que ofrecelle ao santo que un par de poldriñas que levaron con elas e mantiñan no monte. E para cumprir co santo que as protexeu, déronllas.
Sen saber qué facer con elas, ao cura ocorréuselle botalas ao monte e alí procreaban e formaban como dixemos a "eguada do Santo", con beneficios a favor da igrexa; cada ano baixábanse as bestas bravas.
O cura meteunas nunha corte, as eguas multiplicábanse e resolveu botalas ao monte e baixalas cada ano para raparlle as crinas que vendía. Sábese que no libro de "Culto y Fábrica" da parroquia aparece xa no 1683..." Cargo: Un potro vendido en 77 reales y dos potros más en 105 reales."
O cabalo salvaxe: é máis que sabido a grandísima axuda que o cabalo lle ten prestado ao home, cantos falaron da súa beleza, axilidade, fortaleza. Canto se escribiu do "nobre bruto" ou do cabalo de carreiras ou "salón". Pois tamén o cabalo salvaxe, parente pobre da familia, foi loado aínda que en menos medida. Non lle dan azucres, mais tampouco ten que sufrir "sillas" ou alforxas, nin cortes relucentes, nin " toilette" a cotío nin enfeites e por outra banda quédalle todo compensado cunha máis que pagada liberdade.
As condicións do clima fixeron destes animais, a traveso de séculos, o "prototipo" da fortaleza e a resistencia mellorada cada día na zafra da nai natureza rematando fortes coma ningún dos outros.
Viven estes cabalos illados nos montes preto de Sabucedo polo oeste, Montouto, Cregos, Cabado (790 m. altitude), Pranzadoira, o da Conla, ou de Souto, Monte Baixo...comendo e bebendo nos pequenos regueiros e fontes de augas puras que aparecen nos montes.
Viven estas eguadas libres e separadas, dirixido cada grupo polo seu garañón que é o amo total da súa grea onde impón a súa lei e tamén o seu antollo, formando as eguas un verdadeiro "harén", claro que para iso o garañón tivo que gañar o posto en loita aberta cos competidores do seu sexo, mentres as eguas non interveñen na liorta de espera á quen será o seu agarimador.
O garañón coas súas eguas marca e pon fronteiras ao seu terreo de tal maneira que cos excrementos queda perfectamente sabido e recoñecido quen manda naquel monte e ningún outro cabalo o tripa sen expoñerse a ser expulsado polas malas.Esta lei cabalar do terreo só ten unha excepción e vén sendo cando son atacados polos lobos.
O lobo: é clásico admitir que en canto se avista ou supón a presenza do lobo alértase á manada dispoñéndose de seguida a defensa, para o cal as eguas se colocan en círculo coas cabezas xuntas no centro onde tamén se acollen os poldriños mentres que o garañón, que por fóra corre alí onde sexa de necesidade e as eguas zóscanlles patadas aos lobos, así se desenvolve a loita cun inimigo carniceiro, fero e moi perigoso... un garda forestal foi testemuña da morte dun lobo polos couces e mordeduras dun cabalo.
Aínda que é coñecida a incompatibilidade dos garañóns en canto á defensa dos seus terreos sábese tamén que en canto son atacados polos lobos forman todos un mesmo corpo en contra deles, por suposto só mentres dure a loita. Mais o lobo ataca moitas veces por sorpresa e sempre que colle fóra da recua a algún poldriño novo que, saltándolle con ferocidade ao pescozo, remata desangrándoo e vencéndoo. Coñecen ben os ataques do lobo os veciños da parroquia polas feridas que presentan os animais cando os conducen ao curro para rapalos e marcalos.
Máis de 200 cabezas de gando cabalar compoñen a eguada de Sabucedo, repartida da seguinte forma: no monte Pranzadoira dúas manadas... o "Castaño da Panzadoira" con 50 eguas e "O de Senén" (2 anos) cunhas 12 eguas.
Monte da Conla (dúas manadas)..."O Castaño da Conla" con preto de 80 eguas e "O Negriño" con preto de 19 eguas. Montes de Penarrubias e Souto: unha manada sen garañón no ano 1980. Monte Cábado: tres manadas: "Fillo do Mamón" (porque seu pai mamara ata moi tarde) cunhas trinta eguas. "Fillo do da Corbata" cunhas 40 eguas e un Garañón sen nome no dito ano 1980 (moi xove, de dous anos) cunhas 20 eguas. Monte de Souto e Insuela:
unha manada: "O roxo de Sobresouto con 29 eguas. Os nomes dados aos cabalos teñen sempre unha motivación, xa dixemos o do "mamón" ...o da "espunlla" (xa morto) tiña unha espunlla nunha pata, "O da corbata" cunha raia branca no pescozo... "O Navarro " pola súa fortaleza, "O Castaño Negrito", "Roxo", etc. pola súa cor.
A baixada: todas estas manadas van sendo recollidas para que estean no "Campo do Medio", na aldea, antes de ir ao curro para os días primeiro sábado de xullo, domingo e luns seguintes (días de rapa), días de festa grande. Festa por certo declarada de Interese Turístico Nacional en 1964. Chegado o sábado os veciños e algúns forasteiros antes do amencer diríxense ao monte para unha vez arrancadas as manadas e dirixilas ao Campo do Medio, levan con eles un anaco de pan, algún chourizo ou xamón, a bota de viño e un bo bastón de carballo cerqueiro rematado unha moca. Nestes trafegos e nos da rapa os veciños teñen por seguro a protección do San Lourenzo en canto a mancaduras maiores. Protección que solicitan na misa que se oficia de madrugada (ás 6 da mañá) para todos os que soben ao monte.
O curro: dende o campo do medio pasan os cabalos ao curro, eguas, garañón e crías. O curro é un cerrado con escanos ou chanzos en círculo e alí desenvólvese a rapa, aínda que antes se separan as crías, que se marcan aparte. No traballo da rapa interveñen os mozos e incluso rapazolos de 10 ou máis anos apartando os poldros para ir collendo oficio e experiencia con finalidade de futuro. No curro, nos escanos...comeza a trafega de homes que seguen o seu traballo aconsellados por unha experiencia de tantos anos cunha coordinación exacta ...o curro cheo de eguas e cabalos, un equipo xa escollido; de súpeto un mozo salta sobre do cabalo montando nel cando xa outro ou outros dous lle arrodéan cos brazos fortemente o fociño para que non morda e tápanlle os ollos, entón entra outro valente, cólleo do rabo e tira fortemente de lado para desequilibralo ata tombalo no chan, alí uns agarrando fuciño e pescozo e outros cruzándolle as patas de atrás miran como tesoiras en man ao rapador vai facendo o seu traballo.
Este trasfego no é doado sobre todo cando na rapa de Sabucedo non usan, como noutras, algúns aparellos para reducir a fera besta, é un traballo feito "a pelo" homes e bestas; sen trampas, sen paus de axuda, sen cordas que os suxeiten e algunhas ocasións a manobra falla mais endexamais "devolveron un touro ao touril" ...e San Lourenzo entre elas.
A multitude das xentes é moi grande, xente e medios de comunicación da comarca de toda Galicia e doutras terras, incluso estranxeiras, chegan de todo o mundo; antes vendíanse as crinas (valía cartos o pelo), hoxe xaésó o espectáculo, a festa, o costume, o herdo dunha xente digna de loanza. Antes a eguada era "do santo", hoxe ademais da igrexa os particulares teñen os seus animais no monte e véndenos ou márcanos e vólvenos ao mesmo sitio os días da rapa e xa non é iso só a Rapa das Bestas de Sabucedo, é tamén unha festa moi agradable, con polbo, xantares, gaitas, romaría, cancións enxebres, alalás, carballeiras que embelecen a paisaxe e refrescan calores de xullo ...unha festa para non esquecer.
Rematados os días de festa os garañóns coas súas manadas son devoltos ao monte... eles saben ben o camiño e toman posesión novamente dos seus territorios esperando un cru inverno, un lobo que ataque ou, o que é peor, un lume que queime o monte... mais son felices, son libres.
As primeiras marcas dos cabalos e eguas foron coa grella do Santo, marcada a lume no cadril, mais dende hai moito tempo úsanse outras marcas que por curiosidade llas damos a coñecer (as de 1980) triscando ou beliscando orellas ou marcando tamén a lume.
Son as seguintes recollidas dun traballiño noso publicado no número 0 da Revista da Deputación no ano de 1980, tal como foron publicadas, en castelán.
ALOITADORES
Esta festa, que se converteu na máis importante da comarca, está situada entre as 12 mellores de Galicia. Milleiros de mozos acampan os tres días nas inmediacións do curro e a algarabía dura día e noite. Todo isto fixo que a Asoc. Rapa das Bestas e o Concello se volcasen na construción de infraestruturas e servizos nun plan de promoción da Rapa e de Sabucedo.
Construíuse un novo curro no Campo do Medio, con cabida para mil persoas, que xa queda pequeno e hai que suplementalo con gradas móbiles que aínda así non dan abasto cos milleiros de visitantes.
PERSOEIROS A SINALAR
Francisco Regueiro, mestre nacional
É de xustiza falar dun home sobranceiro que deixou un grandísimo recordo. Xa Pedro Varela fala del: "hoy existe allí unha Escuela Nacional servida por el celoso maestro D.Francisco Regueiro, hijo de la parroquia." Viviu para o ensino e para a súa parroquia, fixo un plano de toda ela que damos a coñecer coa topominia; na súa escola, da que saíron moi avantaxados alumnos (obtendo un altísimo índice de xente estudada na parroquia), tiña no piso de madeira gravado un "mapa mundi" e cambiaba de asento os rapaces para que fosen aprendendo sobre qué nación estaban sentados, qué cidade, montaña ou río atopaban por alí. Construíu unha tarima nun recuncho do local e a ela subían os nenos para dar en as súas leccións ou dirixirse aos compañeiros..., adaptou xa unha pedagoxía de tempos novos cando todos andaban pola antiga Tiñan feitos os censos de animais, de percorrido á redonda, estatísticas, das colleitas etc...
O seu fillo Francisco Regueiro Rivas, tamén mestre, deunos estes datos e hoxe é un dos dinamizadores da parroquia.
OUTROS DATOS: curioso o nome da fonte de Sanabarrigas, que segundo os veciños ten moita e boa auga e de verán ían beber nela todos dicindo ademais que sandaba o mal da barriga. Tamén bebían nela os "cambotes" (de Camba en Lalín) que viñan de terras de Deza e Trasdeza polo verán para gadañar a herba que lle axustaban os veciños por seis ou sete pesos e mais caldo.
Recollemos de Pedro Varela: "un hecho sensacional ocurrió en la parroquia que nos ocupa allá por el año 1888 cuando se hicieron obras en la Sacristía de la iglesia; unos desalmados se introdujeron en el tempo por los huecos abiertos depositando una dosis de arsénico en las vinajeras: bien ajeno el párroco D. Ángel Nodar Matalobos del peligro que le amenazaba pereció envenenado inmediatamente de terminar el Santo Sacrificio de la Misa del día siguiente a la noche del hecho vandálico"... "Cuéntase con los franceses, cuando la guerra de la independencia llegaron una mañana a Sabucedo y asustado un vecino se puso en fuga pero lo alcanzaron las balas y cayó muerto: después los mismos franceses se limitaron a abrir los hórreos dándole el maíz a las caballerías y a provocar algún incendio pero un práctico del país que traían con ellos les amonestó para que no causasen más daños y se retiraron seguidamente.
Recuerdos quedan también de los carlistas: estuvieron en la parroquia un domingo, alojándose los jefes en la Rectoral y dedicándose la tropa a cazar gallinas para el rancho." Parece ser que en 1837 o cura e uns veciños viron carlistas dirixidos por Manuel Yáñez e avisaron ás tropas, que os fixeron fuxir, mandábaas Juan Gualberto Corcuera.
PERSOA SOBRANCEIRA: a raíz da boa escola de Francisco Regueiro, tal e como se dixo máis arriba, hai hoxe máis de 30 mestres orixinarios da parroquia e licenciados e titulados que estudaron inducidos pola man deste gran mestre, que tamén facía de perito e escribiu en partillas, préstamos co libro de amelloramento que delimita a propiedade. Del nos fala Olimpio Arca Caldas en "Mestres estradenses que fixeron escola".
Manuel Cabada Castro: nado nesta parroquia en 1935 e sobriño do poeta de Codeseda, é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía pola Universidade de Munich e mais a Universidade Complutense. Na actualidade é catedrático de Filosofía na Universidade Comillas de Madrid e titular de Filosofía na Universidade Complutense. Autor, entre outros escritos, das seguintes obras: "Sein und Gottbei Gustav Siewerth" (1971), "El humanismo premarxista de Ludwing Feverbach" (1975), "Feverbach y Kant". "Dos actitudes antropológicas" (1980), "A Rapa das Bestas de Sabucedo". "Historia e antropoloxía duna tradición" (1992), "Querer o no querer vivir". "El debate Schopenhauer, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana" (1994), "La vigencia del amor". "Afectividad, hominización y religiosidad" (1994), "El Dios que da qué pensar". "Acceso filosófico-antropológico a la divinidad" (1999), "Xosé M. Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos" (2001), "Paixón poética e militancia galeguista". "Estudio biográfico sobre XoséM. Cabada Vázquez" (2001).
TOPONIMIA MENOR: é moi rica e variada. Os distintos marcos da parroquia en total 10, que lle facían de linde (aínda queda algún) coas parroquias veciñas ...Chós, o Retortoiro, Piqueite, Raposa, Atranco, Peniza e fonte Sanabarrigas, e Cabana, onde se encontraba a Casa das vellas, que deu orixe á lenda da Rapa das Bestas en Sabucedo... etc.
PLANTÍOS REAIS: a devesa e viveiro real desta parroquia é compartido coa parroquia de Liripio e descríbese na parroquia de Codeseda, onde se fala destas plantacións correspondentes ao chamado couto de Codeseda.
TELEFONÍA: sen cable.
RURALCENTRO: o proxecto "aestradadixital" dotou o teleclub dun centro de acceso público e gratuíto a Intemet.

Sabucedo*
Pedro Varela
Parroquia situada máis alá de Codeseda, ao principio do val de Quireza, que dista da capital do distrito uns 16 quilómetros. Consta de 58 cabezas de familia e 303 habitantes.
A época de fundación da freguesía pertence ao terreo do descoñecido. Existe a crenza tradicional de que a Sabucedo se estenderon os primitivos habitantes de Quireza —antes Crieza ou lugar de cría de gandos—, e comezaron construíndo alí unhas cabanas para gorecerlos; mais, por outra banda, sabemos que a parroquia pertenceu na antigüidade á xurisdición ou couto de Codeseda e máis tarde a Tabeirós, mentres que Quireza foi sempre da xurisdición de Montes.
Hai quen opina que o nome de Sabucedo vén do culto ao deus pagán Sabaznis. Don Afonso VII, o 13 de maio de 1133, fixo doazón á Catedral de Ourense, dun couto en que inclúe a aldea de “Castro Saxuzo” e, ao ser traducido o orixinal latino (ata entón inédito) por verdadeiras autoridades na materia, chamaron a Castro Saxuzo, Castro de Sabucedo; e saxuzo en latín bárbaro e tamén en castelán arcaico, significa “pedregoso”.
Podería derivar Sabucedo do adxectivo latino sabuletum, “terra sabulosa, areosa”? Talvez, porque a freguesía que nos ocupa está situada nun terreo que ten esas características.
Para efectos civís non ten a parroquia máis lugares que o de Sabucedo.
Lindeiros: norte e oeste, os lugares de Vilaboa e Portela, Barro e Quintas, pertencentes a Codeseda; polo leste, Cabanelas de Liripio; e polo sur, distrito de Cerdedo.
Vías de comunicación: Camiños rurais antigos. O Estado aprobou o proxecto de construción dunha estrada que desde a parroquia sae á de Vilapouca a Ponte Vea no punto coñecido por Carballeira do Rei. Por un extremo está proxectado outro camiño do Estado que, arrincando do Serrapio, cruza Quireza.
Bañan o territorio os regatos de Bouzas, o de Marín, o de Vesacarballa ou Trasdosichós, o Regueiriño, o de Folso e a fonte de Protousía. Cóntase que houbo un escribán que vivía nun lugar elevado desta aldea —aínda se conserva o muro da súa propiedade— e, como carecía de auga, derivou unha presa desde o lugar de Vilaboa (Codeseda). Os veciños de alí armáronlle un preito que o escribán gañou, e así adquiriu o dereito a aproveitar a totalidade do auga do río durante os meses de xullo, agosto e setembro de cada ano, para o que se abriu unha grande canle con más de 1500 metros de lonxitude, por onde corría o líquido que constituía unha verdadeira riqueza na parroquia. Unha vez morto o escribán, foise abandonando o cano e hoxe está atoado.
Pódese dicir que Sabucedo forma un só núcleo de poboación; a maioría das casas están apiñadas; apenas hai media ducia de fogares separados dos demais. Pode cualificarse de pequena vila coas súas rúas, Real, Cortello Vello, Rúa Cega, Celeiro, Recanto e Campo, estradas de toxo sobre o empedrado. Esta distribución das casas atribúese á necesidade de defendérense en común polas noites dos lobos que abundaban moito na localidade. A maioría do vecindario componse de canteiros que adoitan saír na primavera a traballar polo seu oficio e volven no inverno; tamén hai algúns carpinteiros.
En sesión do Concello de data 14 de xuño de 1856, trátase da creación da escola primaria de Sabucedo. Hoxe existe alí unha escola nacional atendida polo celoso mestre D. Francisco Regueiro, fillo da parroquia. Teñen aqueles veciños unha sociedade de agricultores de pouco número de asociados.
No eclesiástico: a freguesía ten por patrón San Lourenzo e a presentación de cura corresponde ao Cabido. A igrexa é regular, de estilo románico e foi reconstruída na última metade do século pasado; está en bo estado de conservación. En 1610 xa existía a freguesía, segundo se pode comprobar con documentos de indubidábel veracidade; mais estivo unida a Liripio até mediados do século XIX. Fíxose a última escritura de foro en 1708, contando Sabucedo con só nove veciños; en 1846 xa eran 58. O curato é de entrada, con casa reitoral mediana e boas propiedades. No eclesiástico corresponden á freguesía os lugares de Devesa e Barbeira, que só teñen nove veciños e pertencen a Cerdedo para efectos civís. Nunca se fixo uso do dereito que parece que ten esta parroquia a levar incluído o lugar de Vilaboa, que vai unido a Codeseda. En 1634 xa existía a confraría de Nosa Señora do Rosario. A recua de bestas e cabalos bravos, de que nos ocuparemos despois, constituía na antigüidade a renda principal con que contaba a fábrica. Á beira da igrexa érguese un cruceiro de pedra que é unha verdadeira xoia da arte dórica, moi admirada por artistas e persoas intelixentes na materia. O curato é de entrada.
Festas anuais: San Lourenzo, o 10 de agosto; as Dores, en xaneiro; o domingo seguinte, San Amaro; a Candelaria, o dous de febreiro; e algunha outra menos importante.
O patrón ten a súa recua desde tempo inmemorial. Por tradición dise que nunha remota época de epidemia e por medo ao contaxio, dúas mulleres solteiras edificaron unha casopa no punto coñecido por Lebagueiras Vellas, un tanto afastada do núcleo da poboación; ademais, pregaron a San Lourenzo e ofrecéronlle dúas poldras que tiñan, dando con iso orixe ás bestas do Santo. Despois ideáronse os sinais para distinguir as reses que ían nacendo: consistían e consisten no corte do extremo superior das orellas e unha marca no anca cun ferro candente que, pola súa forma é chamada vulgarmente “parrilla do Santo”. Os cabalos foron aumentando e estendéndose ao sur polo monte de Montouto, nunha superficie de terreo considerábel, pois mide 40 ou 50 quilómetros cadrados. Está situado entre as parroquias de Sabucedo, Quireza, Morillas, Moimenta, Cequeril, Souto e Codeseda. Ten elevacións enormes, sendo as principais o Pico do Cabeiro no centro, o alto do Cábado, correspondente a Montillón, e os montes da Canle Prouzadoira. Tamén hai por alí canellas relativamente fértiles e congostras apropiadas polo seu abrigo para gorecerse os animais nas épocas do inverno.
Nese medio viven as bestas, en mandas independentes unhas das outras, sen que xamais se confundan. Cada unha ten seu garañón, cabalo pai, cabeza directora, que goberna con notábel instinto. Actualmente pertencen ao Santo doce mandas que sumarán unhas cen cabezas; as particulares pasan dese número. Antes había moitas máis, apesar de que os lobos facían os seus estragos; e cóntase que as eguas, ao notar que se aproximaba algún dos mencionados carnívoros, se reunían formando un apertado círculo, coas cabezas xuntas e as crías no centro, e sacudían couces constantemente, até que o perigo se afastaba; durante esa operación defensiva, o garañón recorría sen descanso unha circunferencia exterior ao círculo, defendendo a manda e vixiando para acudir ao momento de perigo no momento preciso. Eran os lobos os peores inimigos que as bestas bravas tiñan na antigüidade; hoxe teñen outros inconvenientes: esquílmase todo moito máis e alí a onde non pode chegarse esquilmando e rozando, aplícase o lume que acaba coa maleza, facendo desaparecer os túneles que hai por debaixo, onde os animais se metían os días de temporal cru; de xeito que as mandas van diminuíndo con tendencia a desaparecer, como desapareceu tamén o seu inimigo, o lobo.
De tempo inmemorial vén o costume de baixar as bestas o domingo de Pentecostés, operación que se celebra cunha verdadeira festa en que reina a alegría e o balbordo. Á alba, a campá da igrexa parroquial chama os feligreses para asistir á misa e, unha vez terminado o Santo Sacrificio, a mesma campá, con dous tanguidos, dá o sinal de partida para o monte. Marcha así todo o pobo tras o seu párroco, armados os homes de fortes paus e provistos de mochilas con abundante friame, porque é un día moi sinalado do ano e hai que comer e beber ben. Coa habilidade adquirida en moito tempo de práctica, os veciños van concentrando os animais nun punto determinado, onde hai un cercado. Unha vez feito isto, comezan as merendas campestres. Rematada a comida, son conducidas as bestas a un montículo debidamente cerrado, moi próximo á aldea, que se chama «Campo do Medio», onde pernoctan as bestas debidamente vixiadas por persoas designadas ao efecto. O luns, márcanse as crías e aproximadamente sobre as dez, trasládase todo o gando para o curro inmediato á igrexa, que está solidamente amurallado. Alí selecciónanse os poldros de un ano, que pasan á venda, e rápanse as demais bestas, operación de moito coidado que acometen con ousadía e valor, por parellas, os mozos da localidade, a conta de non poucos incidentes e vorcallóns, pois teñen que suxeitar, unha por unha, as bestas salvaxes, que se defenden canto poden. Estes contratempos constitúen a parte más distraída de todas as operacións de baixada, marcado e rapa. É de ver os garañóns coidando activamente cada un da súa manda, pelexando uns con outros e formando algunha vez, levantados e abrazados, un ramallete ou piña animal moi curiosa. As crinas produto da rapa póxanse.
Nunha ocasión, alá polo ano 1840 e en virtude de denuncia do alcalde do Campo, presentáronse en Sabucedo dous delegados da Facenda para tomar nota das bestas reunidas no curro, pero os veciños da localidade déixaronas soltas e os animais marcharon para o monte a todo galope sen que houbese tempo para inventarialas nin recoñecelas. Debido a este incidente iniciouse un grande preito, que gañou o cura.
Unha vez terminada a rapa e as demais operacións volven as bestas ao monte, até o ano seguinte.
Un feito sensacional ocorreu na parroquia alá polo ano 1888, cando se fixeron obras na sancristía da igrexa. Uns desalmados introducíronse no templo polos ocos abertos, depositando unha dose de arsénico nas vinagreiras. Ben alleo o párroco D. Ángel Nodar Matalobos ao perigo que o ameazaba, pereceu envelenado inmediatamente despois de terminar o Santo Sacrificio da misa o día seguinte á noite do feito vandálico.
Cóntase que os franceses, cando foi a guerra da Independencia, chegaron unha mañá a Sabucedo. Asustado, un veciño púxose en fuga, pero alcanzárono as balas e caeu morto. Despois os franceses limitáronse a abrir os hórreos, dar millo aos cabalos e provocar algún incendio, pero un práctico do país que traían con eles recriminounos para que non causasen máis danos, e retiráronse seguidamente.
Recordos quedan tamén dos carlistas: estiveron na parroquia un domingo, os xefes aloxáronse na reitoral e a tropa dedicouse a cazar galiñas para o rancho.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017