Naceu en Callobre (A Estrada) no ano 1957. Realizou os seus estudos primarios na Escola Parroquial de Callobre, pasando a continuación ao Instituto de Bacharelato da Estrada. No ano 1975 comezou os seus estudos universitarios na Facultade de Filoloxía, na especialidade de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela, estudos que rematou no 1980. Do 1981 ao 1983 impartiu docencia en Pontevedra, primeiro no “Colexio Estudio” da Caeira e posteriormente no Instituto de Bacharelato “Sánchez Cantón”. No 1983 aprobou as oposicións de Agregado de Lingua e Literatura Galega e irá destinado ao IES “Manuel García Barros” da Estrada, onde continúa na actualidade. Ao longo dos anos formou parte de diferentes asociacións tanto culturais coma deportivas, tendo especial atención na actividade deportiva dos máis xoves.
O seu principal eido dentro da nosa cultura será o de sacar á luz a obra anónima e esquecida do estradense Manuel García Barros. Así comezou coa edición da obra AVENTURAS DE ALBERTE QUIÑOI (Vía Láctea, 1990), esta en colaboración co profesor Xesús Oreiro Pensado, para continuar coa edición, introdución e notas da obra CONTIÑOS DA TERRA (Ed. Xerais de Galicia, 1999) e coa edición de ENREDOS (Edit. Galaxia, 2000), DOS MEUS RECORDOS (Edit. Galaxia, 2001), da CARTA DA HABANA (Ed. Fervenza, 2002) e O CEGO DE FORNELOS (Ed. Fervenza, 2004) de Varela Buxán. No ano seguinte publicará CALLOBRE C.F. DOS ALICERCES A 2002 (Fundación Cultural da Estrada, 2003), onde se narra a historia de máis de sesenta anos de existencia deste exemplar Clube estradense.