Naceu en Moreira(A Estrada) no ano 1960. A súa formación educativa, vital no seu futuro, comezou nunha escola, daquela unitaria, desta mesma parroquia, rematando os seus estudos do EXB no Colexio Público Pérez Viondi da Estrada. Transcorre estes primeiros anos de vida rodeado dun ambiente rural e onde as tradicións culturais galegas están presentes.
Pero será no Instituto de Bacharelato da Estrada (75-79) onde comezará a tomar en serio o seu interese pola literatura, á vez que esperta nel un profundo sentimento pola cultura galega en calquera que sexa a súa expresión. Neste periodo vive un feito que o marca: finaliza a “dictadura franquista” e chega o que el denomina “demosgratia”, que supón un paso adiante no afán de conseguir a liberdade de expresión que el tanto arelaba. Comeza a evolucionar dentro del unha personalidade de escritor e galeguista, que amosa (sempre que o cre conveniente) nun enfoque crítico da realidade social na que vive, pero tamén rexeita calquera feito de vincular a súa ideoloxía a un partido político. Nestes anos de bacharelato forxa as súas mellores amizades (un dos valores que el máis aprecia), case sempre ligadas ao gusto polas artes e pola cultura galega. Toma clases de guitarra e logra dar saída á súa vea musical no grupo da asociación cultural “Volvoretas”.
A finais do ano 1979 comeza os estudos universitarios na Escola Universitaria do Profesorado de EXB de Santiago de Compostela, co obxectivo de cursar os estudos de Pedagoxía ao rematar os primeiros. Será nesta época cando formará parte como membro da “Asociación Cultural A Estrada” e fundará, conxuntamente con tres amigos, o grupo de música folk “Penadona”.
Xa sabedor da grave enfermidade que padece, vive os últimos meses con intensidade, intentando aproveitar o tempo para calquera tipo de creación, ben sexa literaria, musical ou pictórica.
Deixando unha breve pero apaixoada creación, “afronta un cambio máis da súa vida” o 24 de Maio do 1982.
Xa nos seus derradeiros anos do bacharelato comezou coa súa actividade literaria colaborando na edición dun pequeno xornal estudantil, “Pingueira”, e escribe os primeiros relatos e poesía (a súa verdadeira paixón) xa a comezos do 1978. Tamén aquí comezarán as súas inquedanzas pola investigación do Castro de Barbude (A Estrada) co afán de buscar antecedentes da cultura celta na zona e de reflexalo nun pequeño manual. Nesta época de maduración da súa personalidade como autor, marcará nel un fito salientábel a figura do seu admirado Manuel García Barros, así como posteriormente Xosé Neira Vilas, chegando el mesmo a identificarse co seu Balbino. A súa admiración por García Barros verase acrecentada polos seus contactos cotiáns co fillo, David Ovidio García. Xa por aquela escribe unha pequena reflexión verbo da súa particular visión da morte, á que concibe como un cambio máis da vida que debemos afrontar con curiosidade. A súa etapa de estudante en Compostela será a máis intensa como escritor e tamén como músico. Nesta época coñecerá a Xosé Neira Vilas, a Xosé Manuel Martínez Oca, a X. Amancio Liñares Giraut, a Xosé V. Ferreirós (de “Milladoiro”), que incentivarán aínda máis os seus anceios literarios e musicais. Nestas datas dará saída á súa forte paixón literaria en forma de diversa poesía, relatos breves e artigos como colaborador no xornal “El Correo Gallego” e na revista literaria universitaria “Dorna”.
A súa obra poética será recompilada postumamente na obra homenaxe DAME A TÚA MAN (Ed. Fouce, 1999).

A riqueza dunha vida breve
Xosé Manuel Martínez Oca
Mentres escribo estas liñas teño diante unha carta do meu primo David García Insua, datada en Moreira o 24-05-82, que di: “Niste mesmo intre, catro da tarde, danme a triste notiza do pasamento de Xosé Manoel Mosquera ... Foi un dos poucos, pouquiños, que eu tiña pra conversar. Gardáballe todo o que atopaba e il traíame todo o que mercaba...”
Pouco máis dun ano antes chegara á casa dos meus avós, en Berres, o propio David, acompañado dun rapaz de Moreira que quería falar comigo despois de ter lido as miñas primeiras novelas. Así foi como coñecín a Xoseme e como desde o primeiro momento se me evidenciou a necesidade de comunicación que irradiaba del, así como a urxencia por saber e por compartir todo o que levaba dentro de si. Guiado por el fun percorrer o castro de Barbude e a Penadona, ou o lugar de Mamuela, en Ancorados, á percura de restos prehistóricos que daquela lle andaban a dar voltas na cabeza. Del recibiría unha copia do libro de Pedro Varela, “La Estrada”, que se apurou a mandarme cando soubo que non o coñecía. El proporcionaríame información sobre as inquietudes da xente máis nova dA Estrada nas poucas ocasións que tivemos de nos ver, porque o mal que o levaría xa cerraba a cada paso máis o cerco arredor seu. Hoxe aínda revivo a angustia que me premeu a gorxa cando nunha visita que lle fixen, xa no leito, me dixo que sabía que había morrer novo. Mireino ós ollos e non fun capaz de atopar unha palabra coa que lle dar ánimos. Pouco despois, creo lembrar que unha mañá de domingo, ía dA Estrada a Berres e vino diante da porta sentado nun coche co seu pai. Parei para saudalo e díxome que marchaba ó hospital. Desexeille sorte e quedamos en que cando volvese pasaría pola súa casa para falarmos outra volta. Xa non puido haber máis visitas. Da calidade humana de Xoseme fala mellor que cousa ningunha o cariño que nos que o coñeceron soubo sementar. E como mostra dese cariño, gracias ós seus amigos temos hoxe aquí esta edición dos seus versos, coa que conservar mellor a súa lembranza entre nós. |