DÚAS IGREXAS: nesta parroquia houbo nun primeiro momento, dúas igrexas moi cercanas e de igual categoría, consagrada unha a San Vicenzo, aberta ao culto até comezos do século XIX e derrubada posteriormente (só se salvou unha pía bautismal e un fragmento do antigo cruceiro) ; e a outra, a Santa María, que é na actualidade a igrexa parroquial.
A palabra igrexa chegou a nós a través do latín, pero na súa orixe é grega. Nesta lingua ekklesia tiña o significado de “asemblea” ou “congregación”. A partir de aquí pasou a designar a comunidade de todos os cristiáns e mais o edificio que se consagra a este culto.