Curantes*
Clara Iglesias Cortizo
- .CORTES: deriva do latín vulgar CORTEM, formado sobre o céltico *corr, “construción circular”, en referencia seguramente a unha explotación agrícola de forma circular e pechada para o cultivo.
- CURANTES NOVO/VELLO: o topónimo Curantes é de orixe prerromana, formado polo lexema *kor-, que adoita estar relacionado sempre con “pedra” ou “altura rochosa” (como vimos ao tratar de Cora). A este lexema engádese o sufixo, tamén prelatino –nt- que, segundo a opinión, entre outros investigadores, de Moralejo Lasso e Cabeza Quiles, ten valor colectivo étnico ou tribal. É dicir, o sentido sería “habitantes de…”, neste caso “…dun lugar alto ou rochoso”. Efectivamente, o monte da Rocha ocupa a parte sueste desta parroquia.
- ESMORÍS: procede dun nome de posesor xermánico, Ermericus, a través do xenitivo (VILLAM ERMERICI).
- O FIEITOSO: trátase dun fitónimo formado sobre o substantivo fieito + o sufixo abundancial –oso, é dicir, “lugar onde abundan os fieitos”. Esta palabra provén de FILICTUM, derivado tardío de FILIX, substantivo que en latín clásico designaba a planta “fento ou fieito”. FILICTUM inicialmente tiña significado abundancial, “lugar onde hai moitos fentos”. Este nome acaba por substituír, en latín vulgar, a FILIX e con tal significado chegou ás linguas romances. Do latín FILICTUM temos varios resultados posíbeis no galego actual, fento, felgo e mais fieito. Resulta salientábel, con respecto ao topónimo, que fieito non é a solución que se corresponde coa zona xeográfica, posto que na comarca da Estrada a denominación habitual é fento e, polo tanto, o esperábel sería *fentoso.
- A NOGUEIRA: trátase dun fitotopónimo, derivado do latín vulgar NUCARIA, “árbore que produce noces”; e este, do clásico NUX, “noz”.
- A PENA BARREIRA: topónimo composto por dous nomes. En canto ao segundo deles deles, Barreira, podería pensarse que se trata dun derivado de barro con valor locativo; no entanto, segundo afirma Cabeza Quiles, é moi posíbel que en moitas ocasións os topónimos Barro ou Barreira deriven do lexema céltico *bar, “lugar alto, pendente grande no terreo”. No noso caso, é interesante relacionarmos este posíbel significado de Barreira co do substantivo que aparece en primeiro lugar, Pena, que, como xa vimos no apartado correspondente á parroquia de Agar, adoita ter o valor de “outeiro, elevación”. No Nomenclátor da Galiza hai máis de 70 entidades de poboación que teñen os nomes Barreira ou Barreiras. O máis probábel é que haxa que organizalos en dous grupos distintos: uns abundanciais de barro, zonas ricas en lama; e outros emparentados con *bar, que sinalan alturas ou pendentes no terreo.
- AS PEREIRAS: a orixe deste topónimo non é clara, pois pode ter dúas interpretacións ben diferentes: a) de PIRUM) “pera” + sufixo –eira. Os pereiros son pereiras bravas, cuxo froito é o pero silvestre, máis pequeno que a pera cultivada; ou ben, b) de PETRAM, “pedra” + o sufixo locativo e abundancial –eira, é dicir, “lugar onde hai moitas pedras, terreo pedregoso”. O máis habitual é que estes topónimos adoitan estar relacionados máis ben coa segunda opción: lugares máis ou menos elevados localizados nalgunhas ocasións sobre picoutos pedregosos.
- POUSADA: provén do verbo pousar, “deixar algo nun lugar”; e este, á súa vez, do verbo latino PAUSARE, “parar, cesar, repousar”. Este topónimo adoita darlle nome a zonas máis ou menos chás ao final dunha costa, que servían para facer unha parada e descanso. A partir de aí, pode estender o seu significado ao lugar onde remata unha xornada de viaxe e á casa onde facer noite.
- SAN MARTIÑO: topónimo haxiográfico, que provén do latín MARTINUS, derivado de MARS-MARTIS, deus da guerra. Este San Martiño tanto pode ser o de Tours (s. IV) como o de Dumio en Braga (s. VI).
- SINTEIRO: O antropónimo xermánico Sentarius (ou Sentario) aparece en abondosa documentación medieval. Podería tratarse, polo tanto, dun topónimo de posesor.
. Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Curantes (San Miguel)
Manuel Reimóndez Portela
Parroquia que dende sempre é coñecida por este nome.
Esta freguesía corresponde á zona chamada de Pardemarín, que ademais a forman as parroquias de Lamas, Rubín, Olives e Pardemarín.
LINDES: San Miguel de Curantes linda ao norte coa parroquia de Agar, polo sur con Olives, polo noreste con Moalde (de Silleda) e polo oeste con Rubín.
Tendo en conta a orde alfabética correspóndelle o número 18.
Polo que atinxe á súa superficie con 1.022, 5 hectáreas correspóndelle o número 4. Ten 331 habitantes de feito. Na actualidade o número de habitantes é de 228.
COMUNICACIÓNS: esta parroquia, antes sen comunicacións de entradas, só de camiños, hoxe atópase cruzada de pistas asfaltadas importantes que lle dan saída á pena de Foxo para achegarse Á N640 Chapa-Carril polo N-O e tamén polo leste cara ao Concello de Silleda, e cara ao sur por Olives e Pardemarín para saír a Cereixo e A Estrada e máis ás terras de Montes.
Todas estas vías de comunicación son máis ben novas e a maioría feitas pola concentración parcelaria.
O lugar de San Martiño entrou na zona de concentración parcelaria de Olives, que está en proceso de realización.
Camiño Real: o chamado Camiño Real pasaba pola Nogueira, o penedo Vello, e Curantes Vello cara a Moalde, e pola outra banda á Pena do Foxo.
HIDROGRAFÍA: non ten ríos importantes, aínda que si se atopan o regueiro da ponte Retorta, que baixa de Fraíz, vai a San Martiño, As Pereiras, a Curantes Vello, a Pousada, a ponte do Vede e a Rubín.
O regueiro de Follente nace en San Sebastián da Cabana, pasa As Pereiras, a Nogueira, por Porto e a Igrexa para desaugar no da ponte Retorta en Curantes Vello.
PONTES: no regueiro da ponte Retorta ten a ponte do Muíño, a ponte Retorta, a da Calzada do Muíño, a de Pousada Nova, e ponte de Tumbio. Están anovadas feitas en formigón.
No regueiro de Follente atópase a ponte da Cabana.
FONTES: coma noutras parroquias, nesta tiñan moitas fontes públicas que se van esquecendo ou aproveitando para "meter a auga na casa". Hai dúas nas Pereiras, a do Porto, a da Nogueira con picho de pedra, dúas en Pousada, a de Cortes tamén con picho de pedra, e outra que desapareceu en Curantes Vello.
OROGRAFÍA: ten o monte da Rocha na súa faldra sureste, o demais é un val cara a Olives, Rubín etc...
PAISAXES: ademais da fermosa paisaxe da terra baixa do val, a visibilidade dende o alto do monte da Rocha é amplísima cara á vila estradense e terras do oeste, norte e sur.
PEDRAS: ademais de penedas con "olas" ou "aras" no monte de Curantes, preto do linde con Agar é de subliñar o penedo Vello no mesmo monte da Rocha pola cara sur, con lendas. E marcos con R na carballeira do Rei.
Mais as verdadeiras pedras traballadas con agarimo polos nosos canteiros son os CRUCEIROS que nesta parroquia aínda quedan catro fermosos exemplares:
1 Situadón: parroquia de Curantes, no centro do cemiterio.
Descrición: plataforma: catro chanzos de pedra. Pedestal:
cúbico liso. Columna: comeza e remata con sección cadrada, resto de sección octogonal. Capitel: tronco piramidal cadrado invertido, con enfeites sinxelos. Cruz: latina de sección redonda. Anverso, Cristo crucificado, cabeza ergueita. Reverso, Virxe María "Regina Angelorum" con coroa, cetro na man dereita e pequena imaxe na esquerda, con querubín aos pés. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: non hai.
Conservación: boa.
Tradición: trasladado ao centro do cemiterio cando se construíu este, hai uns 45 anos; antes estaba situado nun cruce de camiños de preto.
Propiedade: pública.
2 situación: parroquia de Curantes, lugar de Pousada, á beira dunha pista e preto da antiga casa de Recarei, hoxe pazo da Nugalla.
Descrición: plataforma: por estar en terreo desnivelado, presenta á vista 8 chanzos na súa parte máis baixa e 3 na alta. Pedestal: cúbico con redondel superior. Columna; comeza e remata de sección cadrada, o resto octogonal, lisa. Capitel: redondo con volutas e catro querubíns. Cruz: latina, con brazos curtos octogonais. Anverso, Cristo crucificado, cabeza virada á dereita. Reverso, Ascensión da Virxe aos ceos elevada por dous anxos nos brazos laterais da cruz e dous aos seus pés. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: ESTE CRUCEIRO LO NARDO BALLA.MDO ACER DN BER DARES CANDE/A AÑO 1 745. SATA RO//A DSTO
Conservación: mala.
Tradición: foi propiedade da antiga e importante casa de Recarei, da que só o arreda unha pista.
Propiedade: pública.
3 Situación: parroquia de Curantes, no lugar de Pereiras, a carón dunha pista.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cúbico. Columna: desproporcionada pola súa delgadeza con respecto ao resto do cruceiro, como se non pertencese a el primitivamente. Capitel: troncopiramidal cuadrangular invertido con volutas. Cruz: latina con brazos cuadrangulares na súa sección e arestas biseladas. Anverso, Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita. Reverso: Inmaculada. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non se aprecian.
Conservación: posiblemente un de tantos cruceiros ergueitos á beira de camiños ou encrucillados.
Propiedade: pública.
4 Situación: parroquia de Curantes, nun monte colindante polo sur coas casas do lugar de Porto.
Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico cos arestas biseladas. Columna: comeza cadrada seguindo octogonal ata o capitel. Capitel: redondo con volutas. Cruz: latina de sección octogonal. Anverso: Cristo crucificado (catro cravos), testa dereita. Reverso; Virxe orando, posiblemente coroada. Altura: uns tres metros.
Inscrición: non se observa.
Conservación: moi mala. Boa na actualidade.
Tradición: situado a carón dun camiño que conduce á igrexa (agora intransitable), posiblemente moi antigo a xulgar polos catro cravos e a testa ergueita do Cristo e polo deterioro das imaxes polo paso do tempo.
Propiedade: pública.
HÓRREOS: é de subliñar unha "hórrea" na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello.
LENDAS: a máis importante é a da carballeira do Rei, un pouco máis arriba da ponte do Muíño, na marxe esquerda do regato que pasa fondo pola altura do monte que o linda polo sur, á parte dereita é moito máis baixa con herbeiras. Visto desde unha altura pola metade do monte óllase o regueiro alá no fondo coma nun funil. Esta paraxe atópase xustamente no monte do "roxo" de Olives, onde tamén hai uns fermosísimos castiñeiros.
Pois ben; segundo os veciños polo inverno en tempo chuvioso dende a marxe dereita do regueiro vese un vapor que sae do chan pola beira do regato e sobe a atmosfera. Este fenómeno non se olla ao achegarse ao mesmo sitio onde se produce... os veciños din que por debaixo do regueiro pasan unhas correntes de auga quente.
Coidamos que se trata dun fenómeno físico corrente onde unha néboa se evapora saíndo dun terreo baixo máis quente, condensándose o vapor ao subir por razón de menor densidade.
Unha lenda di que na carballeira do Rei hai unha mina de ouro e outra de alcatrán e o sitio fumea por causa da mina de alcatrán.
No penedo Vello, no camiño que vai do monte da Nogueira cara a Moalde de Silleda, saían os ladróns ao camiño e roubaban aos veciños que volvían da feira de Bandeira.
OUTROS DATOS QUE NON SON LENDAS: no fondo das Pereiras, casa dos Picallos, era a casa dos "espiritistas" quefoi famosa... alífacíase de todo, enmascarábanse, facían escritos, dicían misa se llo pedía o "cliente" para quitar o meigallo e incluso íanllo botar da casa etc...
Os xitanos acampaban na pena do Foxo, un xitano moi célebre foi o "Pablo", que din "andaba coa xente rica da Estrada"...cos que se entendía.
Despois da misa na igrexa levaban os nenos a darlles voltas aos tombos, para quitarlles o asombramento.
HISTORIA: desta parroquia dinos Jerónimo del Hoyo xa no ano 1607: "San Miguel de Curantes: Tiene esta feligresía de San Miguel veinte feligreses. Los frutos todos al rector que valdrán cuarenta cargas de pan. Prentación del monasterio de Acebeiro. Tiene el rector casa y lugar junto a la iglesia y la fábrica tiene de renta once ferrados y medio de centeno y medio de mijo y diez y seis cabegas de vacas".
Catastro de Ensenada: os moi importantes datos que se recollen deste catastro (anos 1747-50) poden lerse no capítulo dedicado ao catastro onde se fala do couto de Tabeirós ao que pertence esta parroquia con outras moitas do concello.
Sabemos que Pascual Madoz (1846-50)
"Curantes (San Miguel de) feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós (1y fi) diócesis de Santiago (4), ayuntamiento de Estrada (1 y fi). Situación a la falda del monte denominado Rocha o de San Sebastián combatida por los vientos N.y S., con clima templado y saludable pues no se padecen otras enfermedades comunes que fiebres inflamatorias y dolores de costado, comprende además del lugar de su nombre los lugares de Cortes, Curantes Nuevo, Curantes Viejo. Esmoriz, Fieitoso, Nogueiras Pereiras, Porto, Pousada, y San Martín que reúne 95 casas y una escuela de primeras letras frecuentada por 20 niños de ambos sexos, cuyo maestro percibe dos reales mensuales que pagan cada uno de los concurrentes. La iglesia parroquial dedicada a San Miguel está servida por un cura de provisión ordinaria en concurso. También hay una ermita en el lugar de Pousada titulada de Nuestra Señora de la Paz que no ofrece ninguna particularidad. Confina el termino N. feligresía de San Miguel de Moalde, E. con la de San juan de Meavia, S. Santa María de Rubín y O. con la de Sta Mariña de Agar. Brotan en el distintas fuentes de aguas saludables, las cuales sirven para beber y otros objetos, corriendo también un riachuelo de E. a O. que tiene su origen en el monte Rocha baña por su izquiera parte de la feligresía de que hablamos, mueve las ruedas de dos molinos harineros y luego que sale de ella pierde el nombre de Pousada con el que es conocido, tiene tres puentecillos para facilitar el tránsito a los viajeros. El terreno es montañoso, quebrado y de mediana calidad. Los caminos son locales cruzando también por el termino el que desde el Ribeiro de Avia conduce a Santiago y está en mal estado. El correo se recibe en Santiago por balijeo tres días a la semana. Produce: centeno, maíz, algo de trigo, lino, patatas, nabos y yerbas de pasto con las que se cría el ganado mular, caballar y algún lanar; hay caza de liebres, perdices y conejos; pesca de truchas y anguilas.
Población 95 vecinos, 385 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago: Curantes (San Miguel): Tabeirós Pontevedra Estrada Ecco. RL.Entrada.107 vecinos, 539 años -Estrada.
Personal: Carballo D. juan Antonio Parr. Arcip, 75 años carrera completa. Tallón Carballo D. José Presbtr. 29 a. Teolg. 4 años.
No censo do ano 1924 tiña 585 habitantes.
Álvarez Limeses (1936) dinos:
"Curantes (San Miguel). Dista 48 km de Pontevedra y 8 de la Estrada y limita: Al N. con Agar, al S. con Olives, al E. con Moalde, y al O. con Rubín.
Entidades: Barreiro con 19 habitantes, Cortes 57, Curantes Viejo 70, Esmorís 45, Nogueiras 38, Pereiras 79, Porto 51, Pousada 107, San Martín 36, Senteiro 31 y diseminados 15 que hacen un total de 584 habitantes para los cuales hay una escuela mixta servida por maestros.
Esta parroquia se extiende desde las inmediaciones de la capilla de San Sebastián en el Monte de la Rocha hasta el fondo del Valle de Tabeirós. El único monte que merece mención es el Cabana y la recorren los arroyos de Porto y Ponte Retorta. No tiene ninguna carretera y está en proyecto la construcción de un camino vecinal de la Chapa a Carril a la de Vilapouca que pasará por ella. Hoy la parroquia queda a dos kilómetros de distancia de la primera de estas carreteras por la que hay servicio de automóviles.
La iglesia fue construida en el año 1862. Sus principales fiestas son las de San Antonio y San Miguel, pero ambas tienen poca importancia. El terreno es de irregular calidad. Hay en ella una costumbre que merece citarse y es que todos los años, en algunos domingos de mayo y junio concurren a ella trabajadores de la provincia de Lugo y otros puntos contratados por los propietarios para la recolección del centeno."
A IGREXA: destaca en Curantes máis que outra cousa a moi alta e lanzal torre da súa igrexa cos seus tres corpos, non antiga, xa que foi construída coa casa reitoral por Juan A. Carballo, segundo di unha inscrición no lintel da porta de entrada desta rectoral: "ESTA CASA SE HIZO SIENDO CURA DON JUAN ANTONIO CARBALLO. AÑO DE 1851".
Ten a porta de arco alintelado recercada de molduras, doselete e ventá de arco semicircular sobre pilastras con arco semicircular cego apoiado sobre pilastras. As partes laterais cun par de columnas con capiteis xónicos. Remata con frontón tricircular e pináculos aos lados, campanario central de tres altos corpos.
Muros laterais lisos coa porta norte recercada de molduras acodada...
Sancristía pegada á cabeceira e pilastras de pouco peralte ,destacan ao exterior o que é a ábsida da nave da sancristía.
Inscrición das campás da igrexa: Campá grande: J.H.S. MARÍA
Y JOSÉ, AÑO 1867. LISTE ME HIZO EN ORAZO. De bronce, diamtr. 0'94 m.
Outra máis pequena: 4m. fi j.H.S. M Y jOSÉ AÑO 1879. LISTE ME HIZO EN ORAZO.
CASAS NOBRES
Casa de Recarei: no lugar de Pousada desta parroquia existe a Casa de Recarei que tivo que ser moi importante noutros tempos, parece ser que alí houbo un canónico, ten aspecto de casa patricia e señorial aínda que se descoñezan os seus datos históricos, está en mal estado, actualmente restaurada. Ten capela arrimada á casa, aínda que pechada ao culto. Na banda do norte ten un balcón enriba, no cumio do tellado, unha curiosa imaxe en pedra que chama a atención; representa un home de medio corpo coas mans cruzadas detrás da cabeza e cravada nela unha alta e adornada cruz de ferro.
Din os veciños que o Sr. Recarei, home podente sentaba alí no balcón os días de forte calor de verán á sombra mentres os conveciños ardían de calor todos suados sachando no millo...cousa que a eles lles parecía unha burla. Miraban de esguello para o señor descansando e para a pedra de arriba, sempre alí queda, man sobre man da cabeza... por iso é moi coñecida entre os veciños, que o bautizaron como "A Nugalla de Recarei", hoxe pazo de turismo rural, con gran capacidade e que chama a atención pola súa beleza e contorno, restaurado segundo o proxecto do prestixioso arquitecto Pedro del Llano.
Outros datos: casa de planta rectangular con baixo e piso e ventás rectangulares con doselete. Outra dependencia de planta en L con ventá e doela. Gran cheminea con decoración de placas e remate de pinaculiños. No piso un ollo de boi ovalado.
Portalón de entrada alintelado e sobre del espanada dun van. A capela de planta rectangular está pegada ao muro que rodea a casa. Foi rehabilitada como biblioteca.
Segundo Benito Vicetto, Curantes é de orixe grego, de "Curetis", nome da illa de Creta. Historia de Galicia T.VIII, pax.244.
Casa de Varela das Pereiras: neste lugar de Curantes queda en pé unha casa con escudo que nos mostra unha cabeza de fronte, enriba unha cruz lanzal entre unha folla de palma na dereita e unha espada na esquerda, rematado por unha sinxela, aínda que moi traballada, coroa con enfeites fermosos de follas de acanto a destra e sinistra e debaixo unha inscrición nunha pedra rectanjgular que di:
D. jUAN ANTONIO SOMOZA AQUÍ NACIÓ Y SE CRIO JEFE DE LA SANTA INQUISICIÓN, AÑO 1 736.
Outros din: "También nació en esta parroquia don Juan Antonio Perción y Somoza, quien fue comisario de la Santa inquisición a fines del siglo XVIII".
Atópase en bo estado de conservación.
FESTAS: San Miguel, o patrón, o 29 de setembro; o día 30 San Roque.
Santo Antón o día 13 de xuño, aínda que cambian de datas.
Festival interxeracional dos Pereiriños
É este un certame que se celebrou entre os anos 1916 e 1931, froito do labor desenvolto polos sindicatos agrarios de Pardemarín, Lamas e Olives, xunto cos centros de emigrantes en países como Arxentina, Puerto Rico, Brasil, México, Cuba etc. na preocupación de todos eles por melloraren a calidade do ensino preparando as xeracións máis novas para un futuro mellor e máis próspero para os seus fillos.
A creación de escolas construídas e mantidas polos emigrados, así como outros tipos de actividade cultural, fixo que os sindicatos agrarios canalizasen toda esa axuda como valor de progreso, e aí é onde temos que enmarcar este certame escolar, localizado na Carballeira dos Pereiriños na parroquia de Curantes.
Esta festa foi recuperada no ano 1997 por un grupo de persoas. Trátase da festa do final de curso, que hoxe organiza a Fundación Cultural, onde os nenos das escolas das parroquias do contorno se xuntan nunha celebración cultural e festiva, onde os concursos de redacción, de debuxo, as exposicións de fotos antigas, presentacións de libros, concertos músico -teatrais e actividades de tempo libre son os protagonistas.
Cada ano son máis os visitantes, as persoas que se achegan á carballeira para festexar cos máis pequenos que remataron os estudos, que chegou a hora do descanso estival, das colleitas e tantas outras cousas que significa o verán.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia máis ca un carpinteiro de andar polas portas, xa xubilado, e uns poucos muíños que pouco a pouco deixan de moer.
O máis importante foi desde logo o chamado de "Martinete"... mallaba no ferro para moldealo, estaba en Curantes Vello, soamente queda unha parede.
No río da ponte Retorta hai catro muíños, o de Brea, o dos Loises, o do Batán ou de Bras e o de Bieito.
No regueiro de Follente, o de Basteiro, o da Nogueira, o dos Breis, o do Medio, o Recimil e o muíño do Cura eco o Campo da Festa.
En Pousada teñen tres na Granxa, o de Tumbio, o de Pousada e o do Portal da Granxa.
Actualmente atopamos: 1 empresa de transporte, 1 empresa de recollida de leite, 1 fábrica de prefabricados, 1 empresa de construción, 3 galiñeiros e 1 torneiro metálico.
COMERCIO: pazo da Nugalla e "A casa de Divina" no Campo da festa en Curantes Novo.
Supermercado, taberna e perruquería.
ENSINO: os alumnos desta parroquia van todos ao CEIP do Foxo.
CULTURA: teñen na parroquia un antigo "teleclub" , hoxe Asociación Cultural e pouca actividade.
CENTROS CULTURAIS: hai "Asociación de Veciños de Curantes", fan cursos, celebran festas e xuntas parroquiais.
Están reparando o teleclub en boas condicións.
DEPORTES: son os propios da caza de pluma e pelo nos montes da Rocha e algunha pesca nos regatos.
SANIDADE: teñen asistencia de médico no Foxo ademais da correspondente do ambulatorio da Estrada.
En canto á ECONOMÍA, VIVENDA, etc.. os veciños viven da agricultura e gandería e froitos do campo, melloraron moito na vivenda con servizos de auga corrente, luz e iluminadón pública, etc.
PERSOEIROS: desta parroquia foi o escritor e periodista Ramón Sílvestre Verea García, que en entre outras escribiu: "La cruz de piedra", "Una mujer con dos maridos", "Religión Universal", fundou "El progreso" en Buenos Aires e morreu no ano 1899.
Inventor da primeira máquina sumadora, aparece no libro de Olimpio Arca Castro, "Emigrantes Sobranceiros".
Dolores Torreiro (1904), testemuña da vida pasada en Comarcáns de Honra (David Otero Tab. Terra nVII).
TOPONIMIA E OUTROS DATOS: o Tumbio é un monte moi grande con labradío tamén e algunha herbeira preto de río de Rubín, onde a ponte Pousada, debaixo atópase o portal da Granxa, aínda hoxe o portal está de pé (actualmente non, consérvase en ruínas) así como as ruínas dun gran pombal redondo duns 5 m de diámetro. Tivo que ser unha propiedade grande con muro alto de pedra que a rodea polo norte dando a un vello camiño "calzado".
Onda a mesma ponte chámanlle o Maimón e uns metros arriba da ponte atópase unha fermosa fervenza, poida que de 10 metros de alto, cunha vexetación verdadeiramente autóctona e un conxunto fermosisimo de dous múiños en liña.
Tumbio é sitio de moitas abrótegas cuxos talos ou guizos levaban os rapaces de Bede ou de Pousada, por mandato dos pais para iluminar de noite, cando non había outra cousa.
Máis arriba da fervenza, tratábase dun batán onde tamén se facía carbón.
Non atopamos quen nos dixese que o topónimo Tumbio vén de dar tombos aos nenos para curarlles o asombramento... coidamos que fose por iso, xa que sabemos que nesa zona era costume (citamos un caso cando falamos en Curantes do Bede).
Temos tamén como topónimos a Cruz da Portela, a carballeira do Rei coa súa lenda, prado da Torre, campo da Cruz, o Penedo, o Castro, Outeiriño, Xorxas e outros.
TELEFONÍA: hai teléfono por cable en Cortes e dous no resto das parroquias. Os demais son de fío.
Non hai mámoas ou tombas.
PLANTÍOS REAIS: o Catastro de Ensenada dinos en Curantes: "Dehesa y Viveiro Real de Su Magestad. La Dehesa se halla en dicho monte de Synteiro. Cavida sesenta ferrados, segunda calidad. L.P.N y M. dicho monte.
El Vivero inmediato a dicha dehesa, cavida un ferrado y tres cuartillos, segundo la calidad, cerrada sobre sí".
TURISMO RURAL:
Pazo A Nugalla. Curantes-Pousada, A Estrada. Teléfonos: 986 588 409/591 600. Fax: 986 588 409. Nove habitacións dobres.
Val Fresco, en Curantes Novo, con cinco cuartos dobres. Teléfono: 986 681 841

Pedro Varela
Parroquia de 99 cabezas de familia e 540 habitantes, situada na aba oriental do monte da Rocha ou de San Sebastián e distante da Estrada uns 10 quilómetros.
Conta a tradición que na localidade houbo outra freguesía de distinto nome e que, despois de suprimida, aquelas xentes non deixaron de reclamar a constitución da actual, fundándose sempre en que xa tiñan “cura antes”; e a iso atribúese o nome de Curantes. Mais, por outra banda, atopámonos con que na parroquia hai o antiquísimo lugar de Esmorís, denominación que provén, segundo o Sr. Murguía, do culto a Esmoum, deus da medicina, ao que se encomendaban os enfermos para “curar antes”, e non falta quen opine que niso tivo orixe a palabra Curantes.
Lugares: Pousada, Esmorís, Sinteiro, A Barreira, Cortes, Curantes Novo, Curantes Vello, O Porto, A Nogueira, As Pereiras, San Martiño e O Fieitoso.
Lindeiros da parroquia: norte, Agar, Orazo e Moalde; sur, Olives; leste, Moalde; e oeste, Rubín e Lamas.
Vías de comunicación: camiños rurais e pequenas pontes, unha entre Curantes Novo e Curantes Vello; dúas en Pousada; a de Retorta entre Sinteiro e As Pereiras, e outra no Foxo dos Lobos. Polo territorio da parroquia había un antigo camiño que utilizaban os arrieiros para transportar viño do Ribeiro a Santiago e paraban en Pousada moitas noites; de aí o nome do lugar.
Bañan Curantes os regatos de Ponte Retorta, que xorde en San Martiño e desemboca en Rubín; e o de Pontillón, que nace na Nogueira e incorpórase ao anterior, no punto de Serrao.
No eclesiástico: Curantes ten por patrón a San Miguel; o curato é de entrada e pertence á Coroa. Antes era padroado do mosteiro de Aciveiro, fundado en 1135 por Afonso VII. A igrexa, que resulta bastante boa, é moderna. En Pousada hai unha ermida en ruínas, que estivo dedicada a Nosa Señora da Paz.
Festas anuais: San Miguel, o 29 de setembro; San Roque, o 30; Corpus Christi, no seu día; San Antonio, o domingo seguinte ao 13 de xuño; ademais de algunha outra variable.
Na casa que hoxe é de José Suárez, houbo un cóengo. Aínda presenta o edificio aspecto señorial. Na parte superior existe unha estatua de pedra, de aspecto estraño e grotesco, que semella a figura dunha muller coas mans na cabeza: o vulgo chámalle a "Nugalla de Recarei". En Esmorís, na casa de Brea, dise que tamén houbo uns cóengos.
Os de Curantes teñen cartería
*Pedro Varela, A Estrada, 1923.

Ramón Verea García | |
File Size: | 3443 kb |
File Type: |