Cereixo*
Clara Iglesias Cortizo
- CEREIXO: procede do latín vulgar CERASIUM, “cerdeira, árbore que produce as cereixas”. Con este significado o substantivo perdeuse no léxico común, substituído por cerdeira.
- COSTENLA: topónimo formado polo substantivo costa + o sufixo diminutivo enla. A palabra costa, como xa se dixo noutro lugar, procede do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente”. En canto ao sufixo, provén do diminutivo latino –ELLA, que deu, segundo a área dialectal, ben –ela, ben –enla.
- A IGREXA: o topónimo é ben claro ao respecto do seu significado. Procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia.
- MOLLARRABO: topónimo formado polos lexemas: mollar > do latín vulgar MOLLIARE e rabo > do latín RAPUM. Descoñecemos cal pode ser o significado deste nome de lugar, fóra do máis obvio. No lugar do Mollarrabo desemboca o regueiro da Fervenza, afluente do río Liñares, polo que quizais a interpretación do topónimo teña que ser a máis evidente: unha denominación popular en relación á auga e á fervenza que alí se forma.
- PERNAVIVA: trátase dun curioso topónimo que facilmente se interpreta de xeito equivocado; de feito, ten dado lugar a macabras historias populares para explicar a orixe do nome: a perna dun francés colgada nunha árbore que se movía coma se estivese viva. En realidade procede do latín PETRAM NATIVAM. Este adxectivo NATIVUM, cando se refería a un mineral, tiña co significado de “en estado puro”.
- OS PIORNOS: deriva do latín VIBURNUM e designa un arbusto moi semellante á xesta e ao codeso.
- QUINTAS: procede do latín QUINTANAM, derivado á súa vez do numeral QUINTUS –A –UM. O seu significado orixinalmente tiña que ver coa quinta parte das colleitas que se pagaban aos señores ou mosteiros e, a partir disto, derivou no sentido actual: “propiedade rústica con casa e terreos de cultivo”..
- SEÑORÁNS: este topónimo fai alusión aos habitantes dun lugar desprazados a outro; neste caso, persoas trasladadas dun lugar chamado Señor. O sufixo –ans, derivado do latino –ANOS, serve para designar orixe ou procedencia. En canto a Señor, deriva da palabra latina SENIOR, comparativo de SENEX, é dicir, “máis vello”. Señor era inicialmente un antropónimo, que designaba unha persoa vella ou de certa idade. De aquí sairía o seu uso como topónimo, que se rexistra en varios casos na toponimia galega.
- VILAPOUCA: trátase dun nome composto de vila e pouca (>do latín PAUCAM, “escasa, curta en número”). O significado do topónimo probabelmente será “vila pequena, de poucos habitantes”.
- VISO DE BAIXO/VISO DE ARRIBA: a palabra viso é un substantivo do galego común que aparece recollida nos dicionarios co significado de “altura, lugar alto desde o que se divisa unha grande extensión”. Derivaría do substantivo latino VISUM, “vista, visión, o que se ve”. Trátase dunha palabra moi habitual na toponima e que aparece en lugares un pouco elevados sobre o terreo que teñen arredor. Neste caso, establécese oposición xeográfica entre dous Visos: o de abaixo e o de arriba.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Festas de San Xurxo de 2018
Cereixo (San Xurxo)
Manuel Reimóndez Portela
Este é o nome polo que sempre foi coñecida a parroquia de Cereixo. Pertence á zona Chamada de Tabeirós cunhas 25 parroquias máis.
LINDES: os lindes de Cereixo son os seguintes: polo norte linda con Callobre e parte de Lagartóns, polo sur con Vinseiro e Tabeirós, polo leste con Rubín e parte tamén de Vinseiro, e polo oeste con Guimarei.
Polo que atinxe á orde alfabética ten o número 14 entre as demais do concello.
Por razón da súa superficie Cereixo ocupa o número 44 con 300 hectáreas. Ten 372 habitantes de feito, na actualidade o número é de 215.
COMUNICACIÓNS: a estrada P0-7016 que partindo da N 640 Chapa-Carril no leste da Estrada cruza, polo medio da parroquia pasando por Vinseiro cara a terras de Forcarei. De Pernaviva arrancan pistas cara a Rubín e Callobre, esta pola ponte de Cereixo, e outra cara a Parada; unen ademais cada un dos lugares da parroquia.
Fíxose concentración parcelaria de monte no chamado monte de Callobre, e unha importante pista toda asfaltada que atravesa o monte de Cereixo e Callobre.
Camiño Real: pasaba por Vis de Correa e Quintas a Pernaviva, e a Lagartóns para coller cara a Pía e Pica cara ao río Liñares ou subir á Estrada para coller o camiño real a Santiago. Está parcialmente aberto e transitable.
HIDROGRAFÍA: o maior río é o do Pego Negro, unha das principais ramas que forman o Liñares. Únese ao de Maceirón nesta parroquia. O da Fervenza ou de Rubín, máis ao norte que se une ao Liñares, un pouco abaixo de Pernaviva... un pequeno regato que vén desde Fragoso por Vis de Correa e Vis de Baixetes desauga no Pego Negro no Goio, preto do muíño da Laxe.
PONTES: ten a parroquia a ponte de Pernaviva no Pego Negro, na estrada que vén da vila e segue por Vinseiro a Forcarei. A ponte Cereixo sobre do regueiro da Fervenza, na estrada a Callobre, e preto da igrexa.
A ponte do Santo sobre do mesmo regueiro fronte da igrexa, sendo o antigo paso cara a Callobre. A Ponte da Lagoa sobre do Pego Negro no mesmo lugar da Lagoa.
FONTES: teñen a do Viso de Baixo, a Fonte de Valiñas en Pernaviva, a de Constenla e dos Frades na Raposeiras (Constenla) tamén ten a fonte do Santo ao sur e preto da igrexa en mal estado de conservación e gran valor histórico.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo chan cara ao oeste e no norte, subindo o monte cara aos lugares de Señoráns e Costenla.
PAISAXES: é fermoso o val de Cereixo salientando as terras de Pernaviva e da igrexa, tamén a visibilidade que amosa dende os montes altos do leste.
PEDRAS: atópase a Pedra da Cruz ao norte de Quintas onde están as escolas. Hoxe non se conserva ningunha pedra. A Peneda da Figueira onda o Pego Negro con lenda e algún marco con R na Carballeira do Rei. Actualmente non se localizan tampouco pedras con R.
Cruceiros: esta parroquia tiña un fermoso cruceiro en Pernaviva que retirou o servizo de concentración parcelaria e non o volveu repoñer. Tamén tiveron cando menos outro cruceiro onda Quintas na pedra da Cruz.
Hórreos: son os máis sobresaíntes, dous no Viso de Riba o da casa de Nodar e o da casa de Pena. Tamén o de Bértolo en Vilapouca.
LENDAS: dinnos os veciños que na Peneda de Figueira onda o regueiro do Pego Negro había un encanto... non saben mo¡ ben cál era aínda que por iso o recoñecían como peneda encantada. Nela, en ocasións, aparecíase unha galiña con p¡tos de ouro.
Hai a mesma lenda da gaüña con p¡tos de ouro na fonte dos Frades en Costenla (nas Raposeiras).
HISTORIA
Recolle Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"San George de Cereixo, anexo de Santa Cristina.
(Fol. 457 v.) Tiene esta feligresía de San George treinta y dos feligreses. Los fructos se dividen en dos partes, la una lleva el rector y la otra la dignidad argobispal. Presentación de legos con la cabega. La fábrica tiene de renta ocho ferrados de centeno y quatro de mijo. Hay en esta iglesia Sanctissimo Sacramento".
Catastro de Ensenada: no ano 1747-50 recóllense moi interesantes datos de todas as freguesías do concello. Os da parroquia de Cereixo atópanse no título dedicado ao catastro, no chamado couto de Tabeirós, ao que pertencía con outras moitas parroquias.
Sobre a parroquia cóntanos Pascual Madoz no seu Diccionario (1846-50):
"Cereijo (San Jorge) feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.), partido judicial de Tabeirós (1) diócesis de Santiago (4) Ayuntamiento de La Estrada (1) Situado parte en la pendiente meridional del monte Seoane y parte en un llano, la combaten principalmente los aires del N. y NO. El clima es templado y las enfermedades comunes reumatismos y gastro-enteritis. Tiene 70 casas repartidas en los lugares de Constenla, La Iglesia, Pernaviva, Quintas, Señorán, Vilapouca y Viso. La iglesia parroquial bajo la advocación de San Jorge es anexa de Vinseiro. También hay una capilla dedicada al mismo santo en la parte más honda de la feligresía es muy concurrida y el edificio espacioso y de moderna arquitectura. Confina el término al N. feligresía de Callobre y Lagartones, E. la matriz, S. la de Parada y O. la de Guimarey, cruzan por el mismo los riachuelos Liñares y del Viso a que naciendo en la cordillera divisoria del país de Tabeirós de la anterior jurisdición de
Montes se reúnen y entran en el río Ulla por cerca de Paradela teniendo para su tránsito 4 puentes insignificantes. El terreno participa de monte y llano es arcilloso y de buena calidad. Los caminos son locales y malos hallándose también el que dirige desde A Estrada a Carballino, el correo se recibe de la capital del ayuntamiento por peatón.
Produce: trigo, maíz, centeno, castañas, patatas, nabos, lino, frutas, leñas y pastos; ganado vacuno mular, de cerda, lanar y cabrío, hay caza de conejos, algunas liebres y perdices y pesca de anguilas y truchas. Industria y Comercio: además de la agricultura existen tres molinos harineros, dedicándose además los vecinos a fabricar carros para la labranza las expeculaciones principales de comercio consisterLen la extracción de maíz e importación de vinos de la ribera del Ulla."
Poboación: 70 veciños e 380 almas. No ano 1924 tiña censados 471 habitantes.
Álvarez Limeses na "Geografía General del Reino de Galicia" recolle no ano 1936:
"Cereijo (San jorge) dista 14 Kilómetros de Pontevedra y 4 de La Estrada y limita al N. con Callobre y Lagartones, al S. con Vinseiro de cuya parroquia es anexa, al E. con Lamas y Rubín y al O. con Guimarey. Entidades: Constenla con 84 habitantes, Pernaviva 58, Quintas 99, Señoráns 56, Vilapouca 36, Viso 112 y en diseminado 26 es decir en conjunto 471 habitantes, para los que tiene una escuela mixta desempeñada por maestro.
Está situada en el extremo este del valle de Tabeirós en la pendiente meridional del monte de Seoane o San Martiño y la bañan los ríos Liñares y Viso. El terreno es de buena calidad y produce algunas castañas.
Su principal fiesta es la patronal que se celebra en los tres domingos siguientes al 23 de abril con una romería que tiene mucho renombre no ya por el crecido número de romeros que a ella concurren, sinó por la particularidad de las ofrendas a San Jorge, consisten casi exclusivamente en pies y cabezas de cerdo, habiendo año en que las piezas ofrendadas pesan un centenar de arrobas. Se llega en automóvil al santuario.
Atraviesan esta parroquia los ríos San Jorge y Pego Negro los cuales al unirse en el punto llamado Sallás, forman el Liñares".
IGREXA: a igrexa de Cereixo é espaciosa, boa e sufriu importantes transformacións, cóidase que é da primeira metade do século XIX e que foi construfda no mesmo sitio onde estaba unha capela dedicada a San Xurxo, patrón da parroquia. A cúpula fíxose en 1925 e ten dúas altas torres moi garridas. Na primitiva colocouse unha imaxe do Carme, 1744-1753, enriba dunha fermosa cruz de pedra a devoción do abade de San Martiño de Laxe José Bernárdez; esta parroquia non ten casa reitoral por ser anexo de Vinseiro.
Outros datos desta igrexa: ten unha portada de arco alintelado rodeada de baquetón acodado e doselete, sobre dela unha ventá con arco. As dúas rúas laterais lixeiramente adiantadas rematan en campanarios de dous corpos e no medio dos dous balaustrada. O templo ten tres naves, as laterais levan cinco pilastras repartidas polo muro. No centro do tellado un cupulín con decoración de placas. Sacóuselle a madeira do piso hai 15 anos e agora deixóuselle á vista o enlousado que tiña antigamente.
Inscrícíón das campás: campá grande: (sur) ME HIZO JOSE LISTE AÑO 1919 (de bronce), diamtr. 0,85 m. Campá grande: (Norte) ME HIZO JOSE LISTE AÑO... bronce, diamtr. 0,70 m. Non ten capelas nin casas nobres antigas, só se conta como casa importante a chamada casa do cura en Viso de Correa.
FESTAS: a de San Xurxo celébrase o 23 de abril, e o domingo seguinte, celébrase de novo a mesma festa co nome de "Domingo da Carne". Hai a tradición de "pasarpor detrás do San Xurxo" dentro da igrexa, por devoción ao santo, moitas veces con acivro na punta da vara para bendicir os animais. Na procesión pasa a xente en rengue por debaixo das imaxes.
O primeiro domingo de maio é a festa das Angustias, o segundo de maio a de Nosa Señora de Belén, coñecida como "o refestexo", e o 22 do mesmo mes a de Santa Rita, así como a de Corpus o segundo domingo de agosto.
O San Xurxo é un santo de moita devoción, a esta parroquia achéganse moitas xentes de toda a redonda e neste domingo da Carne aquí ofrécellese ao Santo todo canto pode darnos o porco, cacheiras, bicos, unllas, lacóns ou xamóns, raxos e incluso linguas e rabos... estas pezas póxanse no adro adxudicándollas
ao mellor postor e o recollido lévao "a Igrexa". Hoxe en día véndese a carne. Tense por costume mercar alí mesmo varas para o gando e tocalas ao santo para darlles saúde aos animais ao achegárllelas.
INDUSTRIA: ten a parroquia un aserradoiro de madeira pechado, ademais dun cereiro, e unha carpintería en Pernaviva que actualmente non ten actividade.
Atópanse os seguintes muíños; moitos deles desfeitos: o da Laxe, o de Cimáns, o de Pesoide, o de Pena, o de Sandán: todos no Pego Negro no Viso. O de San Xurxo no río da Fervenza ou de Rubín. No regato que baixa de Frende por Constenla atópanse dous muiños.
COMERCIO: actualmente atopamos un bar en Pemaviva.
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Xosé Otero Abelleira, nacido nesta parroquia, foi o primeiro director do xornal "El Emigrado", órgano das Sociedades de emigrados e agricultores. Sae á rúa este xornal en 1920 ata 1940, e foi Otero Abelleira, director de 1920-1933, data en que o substitúe Fernández Daponte e en 1936 Manuel Durán. Nese mesmo ano retoma otero Abelleira a dirección. A tirada do primeiro número foi de 200 exemplares chegando logo aos 1.000, dos que 300 ou 400 se envián a América.
Foi concelleiro na ditadura de Primo de Rivera e en épocas posteriores. Fundador de ORGA na Estrada e do Centro Republicano, foi gran dinamizador e activista político da primeira metade do s. XX estradense, sempre xunto co seu amigo M. García Barros. Rexentou a imprenta e librería "La Artística".
Enrique Porto Rey, cura de Baión, nacido en Señoráns.
Manuel Villar Cortizo foi crego desta parroquia durante 39 anos. Finou en 2004.
José Loureiro García "José de Quintas" (1886-1967), emigrante en Cuba, onde foi directivo da Sociedad de Hijos de Ayto. de A Estrada, dende onde ocupa unha posición moi activa no impulso de actividades de corte laico e progresista dos emigrantes en Galicia. Escribiu sobre el Carlos Loureiro en "José de Quintas" (Tab. Terra nVII, VIII).
Antonio Iglesias Fraga, presidente do Estradense C.F., é nativo e veciño desta parroquia.
ENSINO: polo que atinxe ao ensino recíbeno no Colexio de CEIP de Figueroa situado ao norte da vila.
TRANSPORTES: o mesmo que vén por Vinseiro pasa por Quintas e Pernaviva facendo a liña á Estrada e Santiago (VilapoucaSantiago, Empresa Troitiño).
SANIDADE, ECONOMÍA, VIVENDA, etc. Hai un médico en Vinseiro e o da Seguridade Social vive na vila, alí tamén teñen as prestacións de urxencias e algunhas especialidades. Actualmente non hai médico en Vinseiro e acoden ao ambulatorio da Estrada.
A economía dos veciños mellorou de acordo cos demais da comarca, viven da agricultura e gandería, produción de leite e produtos de horta. Melloraron moito os servizos nas casas, con auga corrente e luz eléctrica que tamén teñen iluminación as fronteiras das casas.
OUTROS DATOS: Pedro Varela fálanos dalgúns persoeiros importantes "...D. Manuel Nogueira de Quintas con un hermoso garaje y taller de automóviles... los Matalobos, distinguidos y cultos... el director de El Emigrado Sr. Otero Abelleira, muy útil, muy formalito, todo un galleguiño, cepillado y bien preparado" ...cousas da política.
Outros datos deste: "El actual Ayuntamiento correspondía a Cereijo. Estuvo instalado en varios puntos de la parroquia, entre ellos Señoráns y Pernaviva y llevó el mismo nombre de Cereijo hasta 1840 en que se le dio la denominación de "Ayuntamiento de La Estrada".
Hai en la localidad una asociación de agricultores, que tiene su sección para seguro de ganados. Cuéntase de Pernaviva por tradición que había en las inmediaciones de Penacoba (Lamas) una casa aislada en que vivían tres famosos ladrones conocidos por "Los
del Rey" y que la justicia los hizo ahorcar y descuartizar, siguiendo la costumbre de tiempos remotos, para exhibir los miembros de los culpables colgados en los puntos de mayor tránsito, con un rótulo en que se leía el motivo de la ejecución; una de las piernas de aquellos malhechores fue colgada cerca de la confluencia de los ríos Curantes y Pego Negro y el cruce de los caminos de Pardemarín y el real de Soutelo de Montes a Estrada y como quiera que la tal pierna parecía moverse impulsada por el viento, no faltó quien exclamara "¡Perna-Viva"... rocambolesco. El 21 de marzo de 1809, las águilas del Sena extendieron sus negras alas sobre Cereijo cubriendo la parroquia de luto: Se opusieron los vecinos con denuedo y gran patriotismo a la invasión francesa... perecieron acribillados a balazos... Jacinto de Prado marido de María de Porto, Ricardo Louzao, Luis Trigo marido de Dominga Matalobos, Juan Louzao marido de Dominga Nodar, Jacinto Trigo, Mateo Constenla, Ángela Riveira, Rosa Rivadulla y Manuel Ribeira".
O día 21 de setembro de 1840 celebrouse sesión na Estrada deixando de chamarse "Ayuntamiento de Cereijo" e pasando a ser "Ayuntamiento de La Estrada". Aínda que xa deixara de chamarse de Cereijo o día 17 do mesmo mes. Este cambio de nome foi aprobado pola Deputación Provincial o día 23 de xaneiro, dando coñecemento ao xuíz de Tabeirós para que adoptase o mesmo nome.
Avelino Cachafeíro cantoulle:
Patrón santo dos labregos ampara nosas facendas defende os nosos boiciños nosos porcos e marelas e os cuxiños e os carneiros os cabirtos e as ovellas o millo e o centeo e o fruto das nosas leiras.
Si vou á festa a Cereixo non vou mirar a ninguén vouche por ver a San Xorxe matando ao demo tan ben...
Posuímos unha copia dun documento do "Ayuntamiento" de Cereixo que di: "En 20 del actual se dirijieron a la Depositaría de la Diputación la cantidad de 1790 reales y 20 maravedises de lo recaudado hasta... en la misma fecha... segue con un "estado de cuentas" detallado por partidas que suman en total 6.267 reaies."
O día 28 de xaneiro de 1837 celebraron sesión os de Cereixo na Estrada fuxindo dos carlistas.
TOPONIMIA MENOR: Pernaviva é un chamadoiro singular, O Cruceiro, Muíño da Laxe, e Pedra da Cruz, o Outeiro, Quintas, etc. Nesta parroquia de Cereixo sabemos polo Catastro do Marqués de la Ensenada que tiña...
PLANTÍOS REAIS: "Dehesa y Bivero Real de esta feligresía. La dehesa se halla en el monte de San Jorge, cavida 35 ferrados, segunda calidad, levante, vega de Lamela, poniente, vega dos Campos, norte monte abierto de la feligresía de San Martín de Callobre, mediodía río de Cereijo.
El Vivero se halla en dicha dehesa, cavida 14 cuartillos, segunda calidad, levante, poniente y norte y mediodía cerrada sobre sí".
CENTRO CULTURAL: antigas escolas, que precisan restauración no lugar das Quintas, (Pena da Cruz), non rexistrou case actividade, non sendo reunións veciñais, aínda que ultimamente comenzaron un grupo de veciños/as entusiastas a celebrar cursos, etc.
TELEFONÍA: mixta.
TURISMO RURAL
"Casa Matalobos." Señoráns. Cereixo. A Estrada. 986/571937986/573930. Fax: 986/571937. Ten 7 habitacións dobres con baño e 2 habitacións dobres con baño común. Opcións de almorzo, cea e dereito a cociña.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Parroquia de 75 cabezas de familia e 410 habitantes, que dista da Estrada uns catro quilómetros por termo medio.
Cereixo é unha árbore froiteira moi coñecida e abundante na localidade, da que derivou o nome que leva a freguesía.
Lugares: Constenla, Señoráns, Quintas, Vilapouca, San Xurxo, Pernaviva, Mollarrabo, Os Piornos, Viso de Abaixo e Viso de Arriba.
O significado, orixe ou etimoloxía das denominacións destas aldeas é a seguinte:
Constenla: costa de pouca consideración en que está establecida a aldea. Señoráns, é dicir “señoróns” ou “señoríos”, pois alí, na antigüidade houbo pazos ou casas soarengas pertencentes a persoas poderosas. Quintas: punto onde se facía o alistamento antigamente, ou ben, quinta parte dos produtos que correspondían ao señor ou aos señores de Señoráns. Vilapouca, é dicir, «pouca vila», “pequeno casarío”. Cóntase de Pernaviva, por tradición, que había ao pé de Penacoba (Lamas) unha casa illada en que vivían tres famosos ladróns, coñecidos por “os de Rei”, e que a xustiza os fixo aforcar e despezar, seguindo os costumes de tempos remotos, para exhibir os seus membros colgados nos puntos de maior tránsito, cun rótulo en que se lía o motivo da execución; aconteceu que unha das pernas daqueles malfeitores foi colgada preto da confluencia dos ríos Curantes e Pego Negro e do cruzamento dos camiños de Pardemarín e o real de Soutelo de Montes á Estrada e, como semellaba que a tal perna se movía, impulsada polo vento, non faltou quen exclamase: «Perna-viva!...», e de aí o nome do lugar. Os Piornos debe o seu nome a que era un lugar en que abundaban as xestas. Viso, do latín visum, “boa vista”; non falta tamén quen asegure que Viso vén de veihsa, palabra dos godos, que significa “aldea”, “burgo”.
Lindeiros: norte, Callobre e Lagartóns; sur, Tabeirós e Vinseiro; leste, Vinseiro e Lamas; e oeste, Guimarei.
Vías de comunicación: unha estrada municipal que, partindo da do estado de Chapa a Carril, cruza a parroquia, dirixíndose, por Vinseiro, cara aos límites do Concello de Forcarei; os indispensábeis camiños rurais; as pontes de Cereixo e Pernaviva (construída a primeira en virtude de acordo municipal de data 6 de febreiro de 1840), e os pontillóns de Mollarrabo e Valiñas.
Ríos: bañan esta parroquia o Pego Negro, que nace na Somoza, compoñente do Liñares, co que baixa de Curantes, a reunirse no punto do Sallás, no lugar de Pernaviva.
Regatos: o de Constenla, que xorde en Frende; o de Mollarrabo, que ten orixe en Ouzande e desemboca no Liñares; e o de Larín, que nace en Fonte Piñeiro de Vinseiro e desemboca no Pego Negro.
O ensino primario está a cargo dun mestre nacional, que actúa en Quintas. Esta escola xa funcionaba en 1856, ano en que era mestre D. Manuel Rodríguez, de Aguións.
Hai na localidade unha asociación de agricultores, que ten a súa sección para seguro de gandos.
No eclesiástico: Cereixo é anexo de Vinseiro e ten curato de presentación da coroa e varios leigos. A igrexa resulta boa, despois dos arranxos e modificacións que se lle practicaron; ten dúas torres iguais, nova unha e ambas as dúas moi elegantes; a súa construción data da primeira metade do século XIX. Antes había no sitio unha capela dedicada ao patrón San Xurxo.
Festas anuais: a do patrón, San Xurxo, o 23 de abril (famosa en moitas leguas á redonda, pois até da Maía concorren romeus e devotos do Santo, con agasallos e ofrendas); a do domingo seguinte, chamada da Carne (tamén moi importante e de utilidade para a Igrexa, porque son moitos os xamóns, lacóns, cacheiras e peteiros de porco que se reúnen e poxan con requisitos tradicionais de gran curiosidade e entretemento; a da Angustia, ao domingo seguinte; a do Belén, ao domingo seguinte; e a de San Antonio, o 13 de xuño.
O actual Concello correspondía a Cereixo. Estivo instalado en varios puntos da parroquia, entre eles Señoráns e Pernaviva e levou o mesmo nome de Cereixo, até 1840, en que se lle deu a denominación de Concello da Estrada.
A parroquia dá un bo continxente de emigrantes, especialmente para Cuba, e hai que dicir na súa honra que resultan activos, competentes e aproveitados, ao extremo de que viaxando pola freguesía, obsérvase ben axiña un estado de adianto, cultura e benestar nos casaríos, urbanizados e luxosos.
Desta parroquia son: D. Manuel Nogueira, o noso querido amigo, que nas súas posesións de Quintas ten un fermoso garaxe e taller para os excelentes automóbiles que posúe; os Matalobos, distinguidos e cultos; o camarada Loureiro, incansábel traballador pola redención da súa terra; o director de El Emigrado, Sr. Otero Abelleira, moi útil, moi formal, todo un galego ben preparado; e outros moitos.
En Pernaviva hai establecementos comerciais e a parroquia conta con cartería.
Deixamos para o final unha nota amarga: o 21 de marzo de 1809, as aguias do Sena estenderon as súas negras ás sobre Cereixo, cubrindo a parroquia de loito. Opuxéronse os veciños con audacia e grande patriotismo á invasión francesa, perecendo na contenda, esburatados a balazos, Jacinto de Prado, marido de María de Porto; Ricardo Louzao; Luís Trigo, marido de Dominga Matalobos; Juan Louzao, marido de Dominga Nodar; Jacinto Trigo; Mateo Constenla; Ángela Riveira; Rosa Rivadulla e Manuela Riveira.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923