Vea (Santa Cristina)
Clara Iglesias Cortizo
- BARAZÁS: é o plural de barazal, palabra formada co substantivo baraza + o sufixo locativo e abundancial -al. A palabra baraza, de orixe prerromana, existe no vocabulario común e o seu significado é "corda delgada para atar". O máis probábel é que a partir deste significado inicial, a palabra acadase un valor botánico, é dicir, servise para denominar unha planta da que se obtiñan fíos, cordeis ou atadallos. En portugués a palabra baracejo, derivada de baraça, designa a Stipa Arenaria, unha planta da que se obtén algo semellante ao esparto. Un barazal sería, polo tanto, un lugar onde abunda a baraza.
- A CASA DO MONTE: é un nome de lugar de significado transparente, pois as palabras que o forman pertencen ao léxico común. Casa provén do latín CASAM, “cabana, choza”; e monte, de MONTEM, “monte, montaña”.
- O CASTRO: do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado”. A palabra castro úsase para designar os poboados da época prerromana e romana. É un topónimo moi abundante no noso país e tamén aparece con moita frecuencia como apelido. Parece lóxico pensar que este nome indica que existiu no lugar un destes asentament
- A CERQUEIRA: é unha das denominacións comúns da variedade de carballo cuxo nome científico é Quercus pyrenaica; tamén recibe os nomes de cerqueiro, cerquiño, rebolo, carballo negro e carballo mouro. O nome cerqueiro/cerqueira deriva do latín QUERCUS, a través do latín vulgar CERCUM.
- A COSTA: do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente
- LAMEIRIÑA: trátase dun substantivo que pertence ao léxico común, cuxo significado é “terreo lordento; lugar húmido”. Deriva do substantivo lama, ao que se engade o sufixo locativo -eira (lama>lameira) e, a partir de aí, o sufixo diminutivo -iña (lameira>lameiriña). En canto á orixe de lama, xa foi tratada noutro lugar deste traballo: a palabra prerromana lama incorporouse moi cedo ao latín da Gallaecia e chegou até nós sen alterar o seu significado: “charca, terra enchoupada en auga”.
- MARÁNS: parece outro caso de nome de lugar derivado do xenitivo dun antropónimo; o nome persoal sería o xermánico Marán, de cuxo xenitivo Maranis (VILLAM MARANIS) deviría Maráns. Este topónimo aparece no concello de Vigo con esta mesma solución final en -ns; mentres que en zonas do bloque central, o resultado do mesmo étimo é Marás (en concreto, nos concellos de Paderne e Lobios), correspondente coa distribución dialectal de palabras como as irmáns/as irmás.
- NOGUEIRA: trátase dun fitotopónimo, derivado do latín vulgar NUCARIA, “árbore que produce noces”; e este, do clásico NUX, “noz”.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- A PANADERÍA: o nome deste lugar está orixinado, loxicamente, pola presenza alí dun establecemento de fabricación e venda de pan. A palabra panadería deriva do substantivo pan, ao que se engade un sufixo locativo e/ou profesional. Pan deriva do latín PANEM.
- RIBA DE VEA: o nome deste lugar ten a súa orixe no do río que por alí pasa, o Vea, que é coñecido nesta parroquia coa denominación de Riba de Vea. En canto á orixe dos dous substantivos que forman parte do topónimo, xa foron comentados noutro lugar deste traballo (vid. Ribas, en San Pedro de Ancorados; O Souto de Vea, en San Xurxo de Vea).
- O ROLLO: este substantivo pertence ao léxico común, aínda que estea actualmente en desuso; o seu significado é “columna cilíndrica de pedra que antigamente se utilizaba como picota ou forca”. Polo tanto, os lugares que levan esta denominación seguramente se utilizaron en tempos para axustizar os reos condenados a morte ou para castigalos en público. A etimoloxía da palabra rollo está no latín vulgar ROTULUM, “cilindro”, derivado do verbo ROTARE, “mover circularmente, facer rodar”.
- SORRIBAS: topónimo latino, formado pola preposición SUB , “debaixo de” + o substantivo RIPAM, “aba, ladeira”
- TARRÍO: como todos os Tarrío da toponimia galega, este noso está tamén situado á beira ou detrás dun río. A etimoloxía do topónimo é a forma latina TRANS RIVUM, é dicir, “tras ou ao outro lado do río”. A preposición latina TRANS, “máis alá de, ao outro lado de”, co uso, converteuse en tras, co que teriamos a forma trasrío, que acabou por converterse en Tarrío. En canto ao substantivo río, como xa comentamos noutra ocasión, procede do latín RIVUM, “arroio, pequena corrente de auga” e acabou por substituír completamente a FLUMEN, que se utilizaba en latín clásico para designar “corrente de auga doce de grande magnitude e caudal”.
- TORRE DO VILAR: tanto o substantivo Torre como Vilar foron xa comentados noutras parroquias. Aínda que non se conserve a torre, parece evidente que o topónimo alude á existencia dunha antiga fortaleza (vid. A Torre, na parroquia de Guimarei; O Vilar, en Callobre).
- A TORREVEDRA: trátase dun topónimo derivado do sintagma latino TURREM VETERAM, é dicir, “torre vella”. O adxectivo VETERAM, acusativo feminino de VETUS-VETERIS deu como resultado vedra, que non perdurou no léxico común, aínda que se conserva amplamente na toponimia. A forma vello/vella, que foi a que triunfou no noso vocabulario procede dun diminutivo de VETUS, VETULUS, cuxo significado inicialmente en latín sería “velliño”.
- TRACESTO: trátase dun estraño nome, único en toda a toponimia galega e difícil de explicar. No Catastro de Ensenada, no Dicionario de Madoz, en Pedro Varela e mais en Álvarez Limeses, aparece recollida a forma Trasesto, que tería unha interpretación moito máis doada. O cambio de Trasesto a Tracesto tamén é sinxelo: a ultracorrección do seseo total, propio da zona do Val de Vea (aínda que na actualidade completamente desaparecido). Un caso semellante a este vímolo no caso de Trazarís/Trasarís, na parroquia de Santo André. Se a forma orixinal do topónimo é, tal e como pensamos, Trasesto, sería un derivado da palabra Sesto (que presenta tamén a variante Sisto), moi habitual na toponimia e da que xa falamos neste traballo. Sesto estaría emparentado co latín SISTERE, “establecer, poñer” e designaría lugares de pastos onde se deixaba o gando libre. Neste caso, Sesto iría acompañado da preposición tras, e o significado sería “lugar situada detrás dunha zona de pastos para o gando”.
- VISTA ALEGRE: trátase dun topónimo ponderativo, constituído por un substantivo e un adxectivo que pertencen ao galego común. A intención é a de caracterizar positivamente o lugar. Vista procede do latín vulgar VISITAM, derivado do verbo VIDEO, “ver”. O adxectivo alegre ten a súa orixe no latín vulgar ALECREM “vivo, animado”, derivado do clásico ALACREM.
Vea (Santa Cristina)
Manuel Reimóndez Portela
Con este nome é coñecida desde tempos da maior antigüidade.
Pertence esta parroquia á zona da Vea Baixa ademais de Santo André, San Xiao, San Xurxo, Baloira,Cora e Couso.
LINDES: Santa Cristina linda polo norte con Couso e parte de Cora, polo sur coas parroquias de Baloira e San Xiao de Vea, polo leste Santeles e polo oeste con San Xurxo de Vea.
Atinxindo ao seu nome por orde alfabética, a esta parroquia correspóndelle o número 48.
En canto á súa superficie (560 hectáreas) ocupa o número 27 entre as demais parroquias do concello. Ten 499 habitantes de feito, na actualidade ten 377 habitantes.
Hoxe está composta polos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS
Esta parroquia está ben comunicada desde que se levou a cabo a concentración parcelaria, arrancan pistas que comunican cada un dos seus lugares e danlle saída á PO-841 Estrada-Santiago por Ponte Vea, estas saídas son polo oeste, onde tamén se comunica con Cora. Outra pista sae cara ao sur curveando para o leste por Sieiro cara Santeles. Atópase incomunicada polos montes do nordeste, por pistas asfaltadas, aínda que teñen camiños para servizo de montes e leiras.
O camiño real ía polo monte de Nogueira para achegarse ao que viña da Estrada a Santiago por Ponte Vea.
A PO-841 atravesa a parroquia en dirección A Estrada-Santiago, polos lugares do Rollo, Barazas, A Panadería e Riba de Vea, onde entra no Souto de Vea.
Fíxose a concentración parcelaria do monte no ano 2000, abriuse unha pista a San Xiao de Vea, con zahorra, e outra que cruza de Baloira a Cora, atravesando Santa Cristina polo monte das Chans (zahorra).
HIDROGRAFÍA: ten a parroquia o regueiro da Torre, que nace nas Brañas de Tarrío e vai á Torre, Carbia e Cora ao río Riba de Vea, nome que aquí lle dan ao río Vea.
O regato que nace en Gondar e Sorribas vai ao regueiro da Torre e morre no lugar de Tarrío, nunhas herbeiras.O regato de Torrevedra, que nace no monte do mesmo nome, morre tamén nuns prados.
PONTES: ten a ponte de Tarrío no lugar do mesmo nome sobre do regato da Torre. A ponte da Torre no mesmo lugar sobre o regato que nace en Gondar de Sorribas.
FONTES: ten a.parroquia a fonte de Souto en Sorribas, a do Outeiro, a do Castro, a do Hermo en Tracesto. A fonte do Regueiro en Tarrío. A fonte da Misa entre Sorribas e Tarrío á que se lle colocou o picho e se lle limpou o entorno. A fonte de Carbia. A fonte Alta no monte do mesmo nome e a fonte do Ouro.
CASTROS: ten a parroquia un castro onde lle chaman a Casa do Monte, está moi desfeito, cando estivemos alí non tiña sinais de defensas e estaba cheo de árbores e grandes toxos, cara o sur aparecía unha pequena depresión e polo norte ten moita pendente.
Olimpio Arca Caldas atopou alí uns restos pequenos de cerámica castrexa.
Cóntanse unhas lendas deste castro que se referirán máis adiante.
O castro está rodeado por unha pista da concentración parcelaria do monte e unha masa común catalogada por Patrimonio que o protexe de actuacións que o prexudiquen.
PAISAXES: a paisaxe é ben belida se temos en conta todo o fermoso val inclinado cara a todos os aires menos polo leste, onde se atopan uns altos montes que tamén deixan ver desde o seu cume a gran paisaxe cara terras do Ulla por Ponte Vea, e da provincia da Coruña cara a Santiago.
PEDRAS: no lugar de Torre do Vilar, casa de Porto (logo de Neira e agora de Barcala) teñen unha pedra senlleira, atópase encaixada en cemento no chan sostendo unha columna que tamén sostén un cuberto taller de carpintería, propiedade dos mesmos Neira, hoxe de Barcala. Din por tradición que a pedra estivo sempre onde está hoxe, segundo nos di o dono de máis de 80 anos, que llelo oíu tamén aos seus amigos devanceiros.
Coidan que foi o pedestal dun cruceiro e unha persoa "entendida" díxolles que as marcas que ten a pedra referíanse ao paso do camiño de Santiago. É irregularmente redonda e lixeiramente cónica, faltándolle un anaco polo lado norte e polo sur.
Ten uns 80 cm de diámetro e uns 40 de alto. No centro apóiase a columna agora de pedra e antes de madeira.
Polo sur presenta unha imaxe tipo escudo con tres barras horizontais que enchen todo o campo sobresaíndo del polo oeste, ten unha imaxe que pode ser un lagarto ou o corpo humano dun pagano toscalleiro... Ao norte ten unha imaxe semellante á da cara sur, aínda que só na parte de abaixo, xa que falta o de riba como deixamos dito...Polo leste aparece unha cara e ás, que poida que fose ser dun anxo. E polo NO dous buracos fondos que puidesen ser as concas dos ollos dunha caveira. Coidamos que é o capitel dun moi antigo cruceiro.
Atopamos nesta parroquia penedos ou pedras dignas de subliñar, se non son os marcos con R de Devesa do Rei que diremos, e por suposto a pedra traballada por mans mestras como son os cruceiros seguintes, que aínda se atopan de pé (tivo que haber outros, por ex. teñen o topónimo "eira dos cruceiros")
1 situación: a 350 m da estrada A Estrada-Santiago, á altura do km 7, no lugar de Sorribas da parroquia de Santa Cristina de Vea, a uns 60 m da igrexa parroquial.
Descrición: tres chanzos cuadrangulares forman o pedestal. Base cúbica con arestas biseladas. Columna de base cuadrangular ata os 40 cm., logo octogonal, fuste elegante con dous santos, San Brais e outro na parte anterior. Capitel con volutas e anxos. Na cara anterior do crucifixo, Cristo coa testa un pouco inclinada cara adiante; a cara posterior representa a Asunción da Virxe axudada polo anxos. Altura, uns tres metros e medio.
Descricións: comeza na cara posterior e no senso da escritura segue:
No bisel

ESTE CRUCERO
Nas caras CONCEDIDO EL ILMO S CAYATANº G H TABOADA AR |
LO YCO ALONSO
ZO B´PO DTº 80 DIAS DE ILDULGENCIAS ATODOS LOS QUE DE RODILLAS REZAN |
TIO MELLANA AN0 1734
UN PN Y AVE MARIA O UNA SALVE ANTE ESTE CRUCERO AÑO DE1741 |
Conservación: boa
Tradición: construído pouco despois da igrexa. O lugar de emprazamento fo¡ motivo de fonda diverxencia entre o párroco e algúns veciños, o que fixo que a meirande parte da parroquia se amosa indiferente e mesmo un veciño acaudalado e non conforme fixo construír outro imitante, pero de decoración máis rica a uns 600 m (Tomado de "Cruceiros de Couso" por alumnos desa escola; dtor. Olimpio Arca Caldas).
2 Situación: a 70 m da estrada A Estrada-Santiago, á altura do km 8, no lugar da Panadería, fronte á capela da Virxe de Aránzazu, na Gándara.
Inscrición: pedestal composto de dous chanzos e base cúbica rematada en cilindro. Columna con base cadrada e logo octogonal. Na cara lateral imaxe de San Brais. Capitel cilíndrico con volutas e anxos. Cruz moi tallada con profusión de anxos nos laterais. Na cara anterior, Cristo apegado á cruz; na posterior, Asunción da Virxe con cinco anxos. Altura aproximada tres metros.
Inscricións: indicios de inscricións na base da columna e no pedestal, no que se pode ler:

JUAN DE PORTO
RIUEIRA SUMUGR/ (cara posterior) |
Y CATALINA
PAGARON (lateral) |
ESTA OBRA
AÑ01742 (anterior) |
Conservación: un veciño encárgase da limpeza, labor que xa realizaban os seus antigos. Faino con tal intensidade que foi a causa de que se borrasen as inscricións da base. Actualmente non o limpa ninguén só se adecenta polas festas.
Tradición: ten este cruceiro unha fermosa lenda, recollida xa no seu día por Bouza Brey:
Cando o lugar de Cerqueiras nesta parroquia era toda unha carballeira había moitos lobos... unha noite desapareceu unha nena por máis que a buscaron non a atopaban, os veciños botáronse todos de noite ao monte sen dar con ela, cando amenceron apareceu a nena sentada aloumiñando un lobo morto aos seus pés.
Perante semellante milagre os pais erixiron un cruceiro onde se atopa hoxe. Por elo lese a inscrición que puxemos cos nomes dos pais e a data 1742. Describímolo máis polo miúdo nas lendas da parroquia.
Hórreos: son importantes os hórreos do igrexario e o de Santiso en Tracesto.
LENDAS: fermosa é a lenda dun tamén fermosísimo cruceiro, o cruceiro da Panadería diante da capela da Gándara, ou da Nosa Sra. de Aránzazu. Xa Fermín Bouza Brey recollía esta lenda en Nós T. 97. p. 20, e di:
"Lenda de lobos do cruceiro da Gándara. No lugar de Cerqueiras da parroquia de Santa Cristina de Vea..., atópase un cruceiro barroco de bo arte popular... No basamento ten esta epígrafe JUAN DE PORTO Y CATALINA DE RIBEIRA SU MUGER PAGARON ESTA OBRA AÑO 1 742.
Nunha das faces do boral esta outra xa bastante comesta polo tempo: ANTE/ESTE CRUCE/RO... UN... SALVE... APEDIMI/DE QUIEN/LO MANDO/HACER AÑO/DE 1 742.
Os veciños do lugar, Francisco Barcala Sinde e Xosé Barcala duns corenta e cinco anos, contáronme a lenda do erguemento do cruceiro manifestando que cando o lugar de Cerqueiras era todo unha carballeira, había moitos lobos nel e certo día levaron as feras unha meniña filla dos Xan do Porto e Catalina de Ribeira que figuran na inscrición do cruceiro. Buscaron os pais á nena inzados de dor sen atopala por ningures. Acudiron á Virxe que na capela recibe homenaxe e pregaron acesamente. Cando voltaron buscar atoparon coa nena viva e san acariñando un lobo morto que á beira tiña. Os pais agradecidos fixeron erguer o cruceiro que alí está". Ten publicado un artigo interesante de estudo desta lenda o profesor desta parroquia D. Luís Fajundes Lorenzo en Tabeirós Terra nº XIII.
Tamén se fala das lendas do castro.
Algún veciño di que alí viviron os mouros e tiñan moitos tesouros.
Di tamén Arca Caldas: "O dono da casa ao pé do castro, atopou cando fixo un cuberto dous aros semellando arrancados das orellas, de ouro. Cando quixo comprobar a súa dureza romperon pois estaban focas e polo medio tiñan cinza.
O mesmo home atopou unha pedra toda foca como se fose un pequeno forno nunha soa peza. Agora xa non lembra onde a botou"
Recolle ademais, o que nós tamén oímos dos veciños... que o castro coidaban que estaba encantado e para desencantalo fixeron ir alí ao crego e bendicilo.
Din tamén que nunha ocasión os veciños foron cavar para atopar o tesouro alí soterrado.
A Santa Compaña: un veciño de Sorribas facía así coma quen que alf se aparecía a Santa Compaña e os veciños chegaron a coller medo.
Os ciganos "acampaban" na volta de Maráns preto da estrada a Santiago.
HISTORIA: desta parroquia deixou dito Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"Santa Cristina de Vea (cabeza de San Miguel de Cora).
Tiene esta feligresfa de Santa Cristina de Vea y treinta y cinco feligreses. Los fructos se hacen tres partes, las dos y un desmero la cura. Vale la parte de la cura treinta y quatro cargas de todo pan y la tercera dignidad argobispal. La fábrica tiene de renta nueve ferrados de centeno y medio real en dinero. Tiene el iglesario una buena casa y huerta que posee el rector."
Catastro de Ensenada: en canto aos importantes datos que se atopan neste catastro poden lerse no capftulo adicado ao mesmo, onde se refiren á Xirisdición de Vea, á que pertencfan por aquela esta parroquia (anos 1 747-50).
Dicionario Madoz:
O dicionario Madoz (1850) dinos:
"Bea (Sta. Cristina de) feligresfa de la provincia de Pontevedra (6 leguas), diócesis de Santiago (2 y fi) partido judicial de Tabeirós (1/2) y ayuntamiento de La Estrada (1/2). Situación, sobre una pequeña afluencia del Ulla a la cafda de un montecillo sin nombre propio y de poca elevación. Su clima templado y sano aunque reinan fiebres y constipados. Comprende los lugares de: Caleja,Carbia,Casa do Monte,Castro, Cerqueira, Costa Ermo, Nogueira, Outeiro, Riba de Vea, Sorribas, Tarrfo, Torre del Villar, Torrevedra, Trasesto y Vista Alegre, que reúne 111 casas de pocas comodidades. Tiene escuela de primera educación a la que acuden 12 a 14 niños y el maestro no percibe otra retribución que le dan los alumnos. La iglesia parroquial (santa Cristina) es capaz y el curato de provisión ordinaria: hay una ermita con la advocación de Nuestra señora de Gándara. El termino confina por Norte con san Miguel de Cora, con Este con San Juan de Santeles, por Sur con S. Salvador de Baloira, y por el Oeste con San Salvador y San Pedro de Toedo abundante en fuentes de buenas aguas y bañado por el riachuelo de Bea por el Oeste en pequeña extensión.
El terreno gredoso y de muy buena calidad y sus montes bastantes poblados. El camino que dirige desde Santiago a La Estrada se halla en mediano estado. El correo se recibe de Santiago por medio de un peatón que no tiene día señalado. Produce: maíz, trigo, centeno, lino, nabos, patatas, vino, hortalizas, frutas y castañas de muy buena calidad; cría ganado vacuno de cerda y caballar; caza de liebres, conejos, perdices y codornices. Industria: Además de la agricultura se hila y teje lino para uso casero y además dos molinos harineros de diferentes partícipes. Comercio, el sobrante de maíz. Población: 111 vecinos, 483 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago: (1883).
Vea (Sta Cristina): VeaPontevedraEstradaEstradaEcco. RL. Entrada 104 vecinos, 522 almas Estrada. Personal: Tarela D. Francisco Antonio, parr 79 años teol. 4 años".
No censo do ano 1924 tiña 535 habitantes de dereito.
Álvarez Limeses: en 1936 dinos:
"Vea-Santa Cristina: Dista 41 kilómetros de Pontevedra y 7 de La Estrada y limita al norte con Cora, al sur con Baloira, al este con Santeles y al oeste con Vea (San Jorge).
Entidades: Barazás, con 28 habitantes, Carbia 39, Cerqueira 39, Costa 17, Nogueira 67, Outeiro 33, Riba de Vea 74, Sorribas 40, Tarrío 29, Torre del Villar 40, Trasesto 53, Vista Alegre 26, y diseminados 50 que hacen un total de 535 habitantes para los cuales hay una escuela ínTxta servida por maestro.
No tiene montes de importancia pero desde ella se divisan al oeste el Xesteiro y al N-O el Pico Sacro. La cruza de sur a norte el arroyo Tarrío y el río Vea, que forman al oeste los límites con la de San Jorge.
En el lugar del monte existe un castro.
Está cruzada por las carreteras de La Estrada a Santiago y de La Estrada a Puente Cesures y tiene además un camino vecinal que va de la Gándara a Cora.
Hay seis molinos harineros y existe también en Barazás una fábrica de aserrar maderas. Tiene una posada y varias tabernas.
El terreno es bueno y las producciones abundantes en cereales, legumbres, hortalizas y frutas.
En el límite sur de esta parroquia se celebra todos los años el 27 de Enero una importante feria caballar a la que concurre un gran número de mulas traídas de esta parroquia y tiene gran fama.
La iglesia es del siglo XVII, de estilo Barroco y sus principales fiestas son la patronal del 24 de julio, el Carmen el 25, el Santísimo el 26, San Antonio el 27 y S. Blas el 3 de febrero.
En el lugar de la Gándara hay una capilla fundada en 1690 por el que entonces era párroco don Francisco Bretal y consagrada a la virgen de Aránzazu, que se venera en Navarra, cuya fiesta se celebra los días 8 y 9 de septiembre.
Hay constituída una comisión de beneficencia formada por el párroco, el maestro y el médico, que tiene por objeto favorecer a los pobres en caso de necesidad mediante aportaciones colectivas. También todos los años al finalizar el curso se celebra en la escuela una fiesta escolar.
Los vecinos de Vea en general y los de esta parroquia en particular tienen fama de buenos pagadores y de bondadosos pues en la comarca es muy conocido este dicho: " Xente de Vea, Dios a dea".
Hay como en general en esta zona bastante emigración a América.
El curato es de presentación de la corona antiguamente tenía foros por valor de 30 ferrados de fruto mediano, diez capones y 4 gallinas y esto pagaba el clero de la capilla de la Concepción de la Catedral de Santiago, 21 ferrados de mediano y dos capones. El arzobispo ejercía jurisdicción como en toda Vea y tenía en esta parroquia la casacárcel que estaba situada en la Gándara primitivamente, hasta que pasó al lugar de la Torre, donde aún existe la casa, la cadena y el cepo de los presos. Otra cadena de esta llamada "monfortina" está en la casa consistorial de La Estrada.
La iglesia de Santa Cristina fué saqueada en 1809 por las tropas francesas para vengar las agresiones de que aquí fueron objeto.
IGREXA PARROQUIAL: portada alintelada recercada de molduras acodadas que rematan en friso que á súa vez remata en pináculos e fornacina de arco semicircular con pilastras acodadas coroadas por frontón semicircular... Adosado ao lado sur campanario de dous corpos.
Muros laterais lisos, sancristía acaroada despois da ábsida.
Interior: planta basilical, capela con bóveda de canón de madeira, sobre imposta. Arco triunfal de medio punto capeado sobre pilastras tamén. Altares laterais destacados en planta con arco de medio punto sobre pilastras tamén capeadas. Nave con tellado a dúas augas.
Álvarez Limeses, p. 554: "La iglesia es del siglo XVII de estilo Barroco.
)acobo Perrul Montenegro fixo para ela unha cruz en 1804. Couselo, Cali. Art.. p.503. E en 1 783 Gregorio Arias Mariño nacido nesta fixo a imaxe de S. Xiao. Dinos P. Varela: "el curato es de entrada presentación de la corona... antiguamente cobraba el cura 208 ferrados de mediado y dos capones...Primitivamente la iglesia estuvo en el punto de Pardiñeiros en donde aún se encuentran indicios de edificación...el actual templo no ofrece particularidad alguna". p. 237.
Restaurou o altar de San Antón (lateral dereito) por a Asociación de Mulleres Rurais da Gándara, así como a imaxe do Sagrado Corazón grazas a uns cursos de restauración organizados pola Deputación de Pontevedra.
CAPELA DE NOSA SRA.DE ARÁNZAZU A GÁNDARA.
Ten planta rectangular, portada con arco de medio punto recercada de moldura plana, ventá con arco de medio punto, liña de cornixa e sobre dela estrutura triangular con espadana central de dobre van. Ten laterais lisos con ventás e portas alinteladas.
Álvarez Limeses p. 554 "En el lugar de Gándara hai una capilla fundada en 1690 por el cura párroco D. Francisco Bretal y consagrada a la Virgen de Aránzazu que se venera en Navarra".
Tamén o di Bouza Brey "El origen de la capilla de Nuestra Señora de Aránzazu está en haber ocupado esta feligresía como párroco el conocido "fundador" de la capilla de Aránzazu de Trasulfe, San Pedro de Couceiro, Coruña D. Francisco Bretal Mariño originario de OleirosRibeira, La Coruña, donde se emplaza el más antiguo santuario en Galicia de esta devoción" Bouza Brey " El culto a Ntra. Señora de Aránzazu en Galicia". Compostellanum XV-No.2 (1970-p.225 e 262).
Campás: inscricións das campás: Igrexa: campá grande: J.H.S MARÍA Y JOSÉ AÑO DE 1891. FABRICADA POR MELCHOR CONDESA.
Capela da Gándara. campá grande: JESÚS MARÍA Y JOSÉ AÑO 181 7. FABRICADA POR OCAMPO EN ARCOS DE LA CONDESA.
Mediana: J.H:Mª y JOSÉ AÑO 1880 LISTE EN ORAZO
Moi pequena: J.H.S.Mª Y JOSÉ AÑO 1871. ¿...? ORAZO.
FESTAS: ten a parroquia a festa da patroa Sta. Cristina, que se celebra o 24 de xullo e ao día seguinte 25, o Santísimo Sacramento.
A Virxe da Gándara celébrana o 8 de setembro e o día 9 Santo Domingo.
Actualmente pásanse para a segunda fin de semana de setembro.
Na festa da Gándara poxaban ofertas, que lle facían á santa e ofrecíanlle cera.
INDUSTRIA: ten Santa Cristina unha fábrica de serrar madeira, hoxe pechada. é unha importante marmorería na Panadería.
Os mufños son os seguintes: o muíño do regueiro no regato da Torre, o da Torre no mesmo lugar e o de Vilar no lugar de Carbia, o das Cortiñas e o do Crino. O da Torrevedra no regato do mesmo nome, e o da Costa nunha presa que nace en Santeles.
Esta parroquia conta cunha importante flota de Autobuses no lugar da Panadería. No lugar do Rollo existe unha empresa de motos, motocultores, etc... contando esta tamén cun taller mecánico.
No lugar da Torre hai unha carpintaría. En Carbia existe unha explotación intensiva de feixónss e manturios.
Existe unha panadería no lugar do mesmo nome.
COMERCIO: ten tres tabernas.
Unha perruquería "unisex ", no lugar da Panadería.
Un supermercado no Rollo.
No lugar da Torre existe un comercio de distribución de manturios e fariña.
ENSINO: recíbeno os rapaces en idade escolar no Colexio do Souto de Vea.
Danse clases de primaria no local social en Sorribas.
ESCOLA DE XENERAIS DA ULLA
ASOCIACIÓN CULTURAL: teñen na parroquia unha asociación cultural, antigo teleclub que lles serve para reunións parroquiais e nalgunhas ocasións actos culturais.
ASOCIACIÓNS: hai constituída unha asociación de veciños moi numerosa. Xestionaron o aparcadoiro do campo da festa cunha plantación de árbores, aparcadoiro da igrexa e restauración do templo parroquial.
Esta asociación ten unha cota de quince euros anuais da que se pagan os arranxos de floristería e mantemento do teleclub.
A devandita asociación é a encargada de preparar todos os eventos lúdicos relacionados co Entroido, e formouse en 2004 unha asociación que rexenta a "escola de xenerais", onde se formarán estes emblemáticos persoeiros da Ulla.
Hai unha asociación de mulleres rurais da Gándara, moi activa, que conta con aproximadamente 30 asociadas, que imparte cursos de restauración, cociña, floristería, ximnasia, etc...
As reunións desta asociación celébranse no local social, antiga escola, onde tamén se imparten clases e vive o veciño chamado Nabor Campos Couceiro.
TRANSPORTES
Teñen servizo de autobuses de liña A Estrada-Santiago.
DEPORTES: poden practicar a caza nos montes da parroquia e a pesca no río de Vea ademais do río Ulla, tamén preto desta parroquia. Existe un campo de fútbol denominado dos Veas, situado no lugar de Nogueira, no que xoga o Vea. Está dotado de vestiarios e iluminación. Tamén teñen unha pista polideportiva no campo da festa na que se practican varios deportes.
SANIDADE: ademais do médico de Souto de Vea, na actualidade hai un moderno centro de Saúde que leva o nome de Xosé Besada. Teñen como todas as parroquias do concello algunhas especialidades médicas en servizo de urxencia no ambulatorio da Seguridade Social na Estrada.
ECONOMICAMENTE trátase dunha parroquia onde teñen un nivel de vida alto. Tamén hai presenza de fruticultura, cultivo de flores e produtos da horta. As vivendas melloraron moito de calidade e servizos e teñen alumado público.
Esta parroquia ten un bo índice de poboación e numerosas casas restauradas.
PERSOEIROS IMPORTANTES
Segundo Pedro Varela e Sanmartín Sobrino naceu nesta parroquia o importante persoeiro Manuel Ventura Figueroa Barreiro. O primeiro dinos " En esta parroquia, que fué secretario de su Santidad el papa y cuya célebre y meritfsima fundación para carreras y dotes, todos conocemos. Aún existe la casa donde tal nacimiento tubo lugar y pertenece hoy a los herederos de Rafael José Otero Rivas".
Outras fontes consultadas dinnos que naceu en Santiago (cóidase que seu pai era un empregado do hospital), e tamén difiren na data de nacemento, uns din que foi o día 25 de decembro e outros que foi o día 21, do ano 1708.
Enciclopedia Universal llustrada Espasa Calpe T. 23.p.1271 (que lle chama José Ventura) e Dos Mil Nombres Gallegos, Francisco Lanza Álvarez Ediciones Galicia-Buenos Aires1953.
Consultado o cura párroco actual, mirou no Arquivo Parroquial de nacementos e dinos que non o atopou aínda que debeu de vivir e ter moito que ver coa parroquia. Estamos de acordo con iso. Aínda así no monumento que estivo na entrada da Alameda de Santiago (banda dereita) e trasladado ao comezo do "campus Universitario"), despois de rematada a mesma alameda, onde aparece Ventura Figueroa cos papeis da súa fundación na man dereita, atópanse estas inscricións.
"AL EXCMO. SR. DON MANUEL VENTURA FIGUEROA EN TESTIMONIO DE GRATITUD SUS PARIENTES: 1898.
NACIÓ EN COMPOSTELA 1708. Ejerció altos cargos eclesiásticos y civiles. Murió en Madrid en 1783.
Por testamento de 27 de marzo de 1 783. Instituyó la Fundación Figueroa concediendo dotes a doncellas y pensiones a escolares"
Alberto Vilanova Rodríguez na Gran enciclopedia Gallega T.13 p.23 dinos: "Figueroa Barreiro-Manuel Ventura. Nació en el Hospital Real de Santiago en el que su padre era un modesto empleado, el
21 de diciembre de 1708..."
Doutros persoeiros fálanos Pedro Varela: "Manuel López... fué alcalde, procurador general, juez de Paz, recaudador de impuestos etc....".
"También nacieron en Santa Cristina de Vea D. Francísco Barreiro, primo hermano de D. Manuel Ventura que fué coronel del regimiento de Perú quien falleció en 1781. D. Jacobo Quirino pariente también del Sr. Figueroa D. Juan Bautista Valverde primer patrono de la Fundación de Figueroa, designado por D. Manuel Ventura en el testamento que otorgó el año 1783". Sen dúbida Figueroa se non é nado nesta parroquia tivo moito que ver con ela.
Actualmente exerce como párroco Ramón Campos Suárez,
popularmente coñecido como "Moncho”, de gran traxectoria como profesor do I.B. García Barros e ao que esta parroquia, xunto coa de Cora, vén de celehrar as súas vodas de prata ao fronte destas.
Carme María Pombo Nartallo, presentadora da TVG e Radio Estrada nada na Casa do Monte.
Luís Fajundes Lorenzo, escritor e profesor de Filosofía.
Juan Manuel Lorenzo Lorenzo, catedrático. Distinguido coa insignia de ouro de Fillos e Amigos da Estrada no ano 2005.
OUTROS DATOS: recollemos tamén de Pedro Varela"... La
cárcel de Vea estuvo en la Gándara casa de D. Juan Pan de Castro, maestro de alguacil. El edificio desapareció y su solar se halla incluído en una finca de labradío perteneciente a Francisco Lorenzo confinante en el camino real y la cerrada de los Martínez. Después pasó la cárcel a la Torre del Villar a una casa que fué vendida por el arzobispo a Andrés Riveira y hoy pertenece a Ignacio Baloira. El Ayuntamiento de La Estrada en 8 de julio del año 1840 acordó que las mujeres detenidas pasasen a la cárcel que nos ocupa porfalta de condiciones de la prisión de la villa.
En la casa de Manuel López a quién sucedió Antonio Barcala y hoy sus herederos, del lugar de Cerqueira, quedaron unas cadenas de la cárcel, grillos y llaves. La cadena llamada Monfortina, que el ayuntamiento tiene en su poder procede de la cárcel de Vea".
"En el año 1809 fué saquedada la iglesia por las tropas francesas... en la casa donde vivió el fraile exclaustrado P. Domingo Antonio Carulo...y actuaba en esta parroquia en 1 747 el escribano
D. Domingo Andrés de Cobas".
Vea deixounos dito Benito Vicetto era nome grego... "Bea, monte de la isla de Cefalonia al NO..."en Galicia Vea jurisdicción etc.".
TOPONIMIA MENOR: son chamadeiros rechamantes o da Casa do Monte, Tracesto, Pardiñeiros, Outeiro, Torre, Vilar, A Volta de Maráns, O Castro, Eira dos Cruceiros, A Cruz e outros...
PLANTÍOS REAIS: en Santa Cristina o Rei tiña unha dehesa Real:
"Una en la aldea de Sorribas, cabida 15 ferrados, levante Vivero de S.M. Poniente Dehesa Nueva, N. agro de Gondar, S. monte común .Hoxe propiedade privada. Otra: Llamada dehesa nueva de S.M. inmediata a la de arriba, cabida 30 ferrados, Levante Dehesa vieja, Poniente monte de Tarrío. Norte agro de Gondar, Sur monte de Sorribas." Tamén de titularidade privada.
Xan Docampo, profesional da radio galega e veciño da Gándara.
TELEFONÍA: por cable.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Vea (Santa Cristina)*
Pedro Varela
Parroquia de 109 cabezas de familia e 539 habitantes, que dista da capital do distrito uns 8 quilómetros por termo medio.
Lugares: Riba de Vea, A Cerqueira, Nogueira, Barazás, O Rollo, Torre do Vilar, Carbia, Tarrío, Sorribas, Vista Alegre, O Outeiro, Tracesto, A Torrevedra, A Casa do Monte, O Castro, Ermo e Gándara.
Riba de vea e arriba de Vea son a mesma cousa; con todo, é de notar, que este lugar, con relación aos demais da zona, non ocupa unha posición alta e por iso nos inclinamos a pensar que o de Riba vén de estar situado sobre o río de Vea que por alí corre. O nome de Cerqueira vén de estar relativamente preto da capela, segundo din uns; e segundo outros, ao parecer os máis acertados, de que por alí abundan os cerqueiros, que son unha variedade de carballos. Nogueira, nome da árbore que produce as noces. Barazás din que recibiu o nome do primitivo fundador ou aforante do lugar; mais, os celtistas, neste caso con fundamento, dado o punto elevado que ocupa Barazás, sosteñen que por ter a raíz celta bar, significa “cima”, “cume”. De Carbia, segundo cartas forais, sábese que debe a denominación ao primeiro aforante, que levaba ese apelido. Unha torre ou fortaleza antiga serviu de base para o nome que leva o lugar de Torre do Vilar. Tarrío, é dicir, tras río: por estar detrás do río ou regato que por alí corre. Tracesto, Trasesto, antes Trasxeito: pouco xeitoso por razón do camiño laberíntico que hai que percorrer para ir a el. Ermo, “inculto, afastado, solitario, de malas condicións para dar froito”.Gándara; “terra cha e rara”. O lugar de Sorribas denominábase antigamente Calexa; e o de Nogueira, Cabritas. Torrevedraé denominación composta de torre e vedra, que significa “verea” en antiga linguaxe ibérica.
Lindeiros: norte, Cora; sur, Baloira e San Xiao; leste, Santeles e Toedo; e oeste, San Xurxo e Couso; separadas polo río ou regato.
Vías de comunicación: a vía da Estrada a Santiago e mais a que conduce a Cesures; o camiño real da Gándara a Cora, e algúns rurais; as pontes de Carbia, da Torre do Vilar e de Ribadevea.
Bañan esta parroquia o Río Vea e mais o regato de Tarrío, que xorde no lugar deste nome.
Os de Santa Cristina de Vea, a pesar do seu indiscutíbel dereito, carecen de escola pública para o ensino primario. O Ministerio aprobou o expediente para crear unha nacional de nenos.
No eclesiástico: o curato é de entrada, presentación da Coroa, e ten un párroco. Antigamente cobraba o cura 208 ferrados de froito mediado, dez capóns e catro galiñas, e pagaba ao clero da capela da Concepción da Catedral de Santiago 21 ferrados de mediado e dous capóns. O arcebispo exercía xurisdición en Sta. Cristina onde tiña casa-cárcere. Primitivamente a igrexa estivo no punto de Pardiñeiros, onde aínda se encontran indicios de edificación con algunha frecuencia. O actual templo non ofrece ningunha particularidade.
No punto da Gándara, lugar de Cerqueira, hai unha elegante capela a Nosa Señora de Aránzazu, fundada polo párroco D. Francisco Bretal Mariño o ano 1690. Cóntase por aqueles contornos que os lobos levaron en certa ocasión unha nena e os pais, desesperados, comezaron a orar na capela, recollendo pronto o froito das súas oracións, pois recobraron a rapaza sa e salva ao pé do lobo, que apareceu morto. Fronte a dita capela hai un cruceiro de pedra feito a expensas de Juan de Porto e Catalina de Ribeira, que se pensa que foron os pais da devandita nena.
No ano 1809 foi saqueada a igrexa polas tropas francesas.
Festas anuais: a patroa, Santa Cristina, o 24 de xullo; na Gándara, o 8 de setembro; Santo Domingo, o 9 de setembro; o Carme, o 25 de xullo; San Brais, o 3 de febreiro; o Santísimo, o 26 de xullo; o domingo seguinte, San Antonio.
Outras particularidades: Os de Santa Cristina construíron un local social moi vistoso, tamén coa idea de que sirva para escola.
O cárcere de Vea estivo na Gándara, na casa de D. Juan Pan de Castro, mestre e alguacil. O edificio desapareceu e o seu soar está incluído nunha leira a labradío pertencente a Francisco Lorenzo, confinante co camiño real e coa cerrada dos Martínez. Despois pasou a cadea a Torre do Vilar, a unha casa que foi vendida polo arcebispo a Andrés Ribeira e hoxe pertence a Ignacio Baloira. O Concello da Estrada, o 9 de xullo de 1840, acordou que as mulleres detidas pasasen a este cárcere por falta de condicións na prisión da vila. Na casa de Manuel López, a quen sucedeu Antonio Barcala e hoxe os seus herdeiros, do lugar de Cerqueira, quedaron unhas cadeas do cárcere, grillóns e chaves. A cadea, chamada Monfortina, que o Concello ten no seu poder, procede do cárcere de Vea.
Manuel López desempeñou cargos importantes en Vea; foi alcalde, procurador xeral, xuíz de paz, recaudador de impostos, etc.
No testamento de Dª Teresa Sánchez de Gres, esposa de Alfonso Gómez Turrichao, ano 1395, aparece legado ao mosteiro de San Francisco de Santiago un tonel de viño branco de Ribadevea.
Nesta parroquia, no lugar de Sorribas (antes Costa), naceu don Manuel Ventura Figueroa, que foi secretario da Súa Santidade o Papa, e cuxa célebre e meritísima fundación para carreiras e dotes todos coñecemos. Aínda existe a casa onde tal nacemento tivo lugar e pertence hoxe aos herdeiros de Rafael José Otero Rivas.
Tamén naceron en Santa Cristina de Vea: D. Francisco Barreiro, curmán de D. Manuel Ventura, que foi coronel do Rexemento do Perú e que faleceu en 1781; Don Jacobo Quirino, parente tamén do Sr Figueroa, que foi cura de Tabeirós e cóengo despois en Santiago, morto no ano 1797; e don Juan Bautista Valverde, primeiro patrón da fundación de Figueroa, designado por D. Manuel Ventura no testamento que outorgou o ano 1783.
Na Casa do Monte viviu o frade exclaustrado P. Domingo Antonio Carulo. No mesmo lugar hai un castro, que contiña, segundo o vulgo, algúns encantos e, para desenfeitizalos, presentouse alí en certa ocasión un sacerdote acompañado de varios veciños, que comezaron a facer escavacións que deron como único resultado o achádego do tobo dun teixugo que, véndose acosado, saíu correndo, causando a risa de todos os presentes.
En Santa Cristina de Vea, aínda dominan algo os señoríos de D. Marcial Fernández e D. Javier Cervela, de Ribeira.
Actuaba nesta parroquia en 1747 o escribán D Domingo Andrés de Cobas.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017