Ribeira
Clara Iglesias Cortizo
- BALTAR: trátase dun topónimo de posesor, derivado de VILLAM BALTARII, xenitivo do antropónimo xermánico Baltarius.
- BARBUDE: é un nome escuro en canto á orixe e tamén complicado no significado; en canto a isto, é destacábel que este topónimo e as súas variantes aparecen designando lugares altos, tales como montes, ou máis especificamente, castros. O arqueólogo Manuel Santos Estévez, nun seu artigo intitulado “Arqueoloxía dun topónimo: o nome do Vigo romano”, intenta demostrar que o nome da cidade en época romana era Burbida. Este topónimo, segundo Moralejo Álvarez, sería de orixe céltica e faría referencia a un castro (o Castro de Vigo). Santos Estévez, para apoiar a súa teoría, sinala como derivados deste Burbida os topónimos Barbude e Barbudo, que aparecen designando castros: Barbude na Estrada; e Barbudo en Rianxo e Ponte Caldelas. En documentos latinos medievais (s. XI), referidos á diocese de Braga aparecen o topónimo BARBUTO e mais o seu plural BARBUTI, referíndose sempre a montes e castros: castro Barbuto, monte Barbuto, castri Barbuti, alpe Barbuto (teñamos en conta que o lexema preindoeuropeo alp- tiña o significado de “monte, altura”). Estes casos veñen a incidir na posibilidade de que o significado do noso topónimo sexa tamén ese. En todo caso, a falta dunha explicación máis satisfactoria, pode ser verosímil esta interpretación.
- COSTENLA: topónimo formado polo substantivo costa + o sufixo diminutivo enla. A palabra costa procede do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente”. En canto ao sufixo, provén do diminutivo latino –ELLA, que deu, segundo a área dialectal, ben –ela, ben –enla.
- MARQUE: é un nome de significado incerto. Segundo os datos de que dispomos, o noso Marque é caso único en toda a toponimia galega. Tendo en conta o lexema e mais o -e final, podemos supoñer que o topónimo Marque é un nome de posesor, derivado do xenitivo do antropónimo latino MARCIUS, a partir do sintagma VILLAM MARCII. Mais esta interpretación ten un grande problema: a dificultade para explicar a consoante /k/, que debería converterse en /θ/, é dicir, en lugar de Marque esperariamos *Marce. É posíbel que se trate dun cultismo relatinizado, como é o caso de Pinario (San Martiño Pinario) en lugar de Piñeiro. En todo caso, non temos probas documentais ao respecto.
- O PAZO: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- O PIÑEIRO: trátase dun substantivo que pertence ao léxico común; este nome de árbore deriva do latín vulgar PINARIUM, procedente, á súa vez, do clásico PINUM.
- A PONTE: o substantivo común ponte deriva do latín PONTEM. Dá nome ao lugar que se sitúa á beira da ponte Sarandón, construída no ano 1925 sobre o río Ulla.
- A RIBEIRA: do latín RIPARIAM e este, á súa vez de RIPAM, “costa, beira do mar ou dun río”. Efectivamente, a aldea que recibe este nome está na parte baixa da parroquia, á beira do río Ulla.
- SAN VICENTE: trátase dun haxiotopónimo, é dicir, un topónimo procedente do nome do santo a quen se dedica a capela situada neste lugar. Vicente é variante de Vicenzo. Deriva do latín VENCENTEM, participio do verbo VINCERE, “vencer”. O significado do antropónimo é, polo tanto, “vencedor, vitorioso”.
- VILABOA: topónimo “propagandístico” de significado transparente. Provén do latín VILAM BONAM.
- VILAR: é unha palabra do léxico común. Procede do latín vulgar VILLARE, “pequeno núcleo poboado”. Continúa a ser este o significado da palabra vilar na actualidade, por iso aparece moitas veces na toponimia.
Ribeira (Santa Mariña)
Manuel Reimóndez Portela
Non se lle coñece outro nome. Pertence á zona chamada Ulla Baixa ademais das parroquias, Arnois, Castro, Riobó, Berres, Oca, Moreira, Paradela e Barbude.
Sitúase no suroeste desta zona, como apoiada no terreo que saíndo da ribeira esquerda do Ulla vai subindo en altura cara ao leste; así reclinada mira de fite acotío cara á marxe dereita do río Ulla, e ás terras que rodean e sosteñen o Pico Sacro camiño de Santiago, constituíndo un verdadeiro miradoiro.
LINDES: polo norte co río Ulla, polo sur con Moreira, polo leste con Berres e polo oeste con Paradela e Barbude.
A esta parroquia correspóndelle o número 37 por razón do seu nome entre as demais da Estrada.
Atinxindo á súa superficie, 330 hectáreas, correspóndelle o número 41.
Ten 472 habitantes; actualmente 312.
Na actualidade componse dos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: dúas estradas comarcais atravesan esta parroquia: unha é a estrada Callobre-Ponte Ledesma que só roza un anaquiño desta freguesía polo sueste e a outra atravésaa polo norte, que é a que desde A Estrada pasa preto da ponte de Sarandón, precisamente por terreos de Ribeira, e síguea cruzando ata o límite con Berres en Alzapernas, para chegar á ponte da Ulla.
Entre estas dúas estradas espállanse as pistas feitas pola concentración parcelaria e unen todos e cada un dos seus lugares e mais danlles paso ás parroquias que a rodean, que deixamos dito que nos lindes estas pistas se atopan afirmadas e asfaltadas e desde elas parten camiños para montes e leiras. Ten en San Mamede de Sarandón o acceso á AP-53. Trátase entón dunha parroquia ben comunicada.
CAMIÑO REAL: este camiño viña de Pía e Pica en Moreira e tamén desde a ponte Vella; da mesma parroquia baixaba por San Vicente e Baltar, para seguir a Vila e ao Poio da Barca chamada de Sarandón que cruzaba o río Ulla pasando por esa parroquia de Sarandón xa do concello de Vedra, seguindo a Santiago.
En Ribeira os veciños tamén lle chaman a este camiño "Camiño Francés"; din que por alí pasaban os franceses que ademais tiraron coa ponte e desde entón tivéronse que servir por barca, que por certo era moi sonada. Un veciño (Ribeiro) di que aínda o acorda como un camiño parte en Peneda e todo el moi ben empedrado lembrándose moito dos sinais que deixaran os carros e incluso as chatolas dos zocos..." que deberon pasar por alí toneladas delas" de chatolas claro.
BARCAS: moi importante, como xa dixemos, era a chamada de Sarandón, que cruzaba o río Ulla polo Poio da Barca. Tratábase de barcas grandes polas que pasaban os carros, o gando e as persoas; aínda hoxe se conservan uns sinais de edificación de pedras e a entrada do camiño ata o mesmo río (camiño estreito que aínda se ve empregado). Foi paso obrigado do tráfico rodado pesado cara á terras compostelás.
Estas barcas (dúas) foron da casa de Outeiro, alí preto, en Ribeira e debeu de ser despois de mediados do século XVIII pois por esas datas segundo o "Catastro del Marqués de la Ensenada"... "dixeron que en las expresadas feligresías (en ningunha) hay tiendas, puentes, ni outras cousas de las que contiene la pregunta a excepción de una barca sobre el río Ulla en el sitio que llaman Puente de Sarandón término de la feligresía de Santa Marina de Ribeira, la que es de pasaxe, pero no pueden dar razón de su producto ni de quien es su dueño púes el que la administra y cobra el producto del pasaxe es de San Mamed de Rivadulla sita en la otra parte de dicho río..." (velo no Catastro couto ou Xurisdición de Tabeirós).
OROGRAFÍA: forma a parroquia un verdadeiro "plano inclinado" cara á vertente do Ulla, non ten importantes montañas e si zonas de monte cara o sur.
PAISAXES: dada a súa situación xeográfica que xa dixemos pode desde ela ollarse fermosas paisaxes mirando ao río e mailas terras de vertente dereita do mesmo; desde a mesma igrexa a paisaxe é digna de admirarse.
Na actualidade forma parte da paisaxe da autoestrada AP-53, que atravesa San Mamede, no Concello de Vedra.
HIDROGRAFÍA: o río grande (O Ulla) pasa polo norte da parroquia desde Alzapernas lindando con Berres ata A Martixa e ponte das Covas, que a separa da veciña de Paradela.
Ademais ten os seguintes regueiros:
O regueiro do Pazo, que nace en Marque divide Berres con Ribeira e desauga no Ulla, no tan repetido chamadeiro de Alzapernas. O regueiro de Corneda nace en Baltar (fonte do Moucho) e vai tamén ao Ulla. E o regueiro da Costa, que nace en Moreira, pasa por Barbude (lugar da parroquia de Ribeira) para seguir a Baltar, Vilar e cruzar para a parroquia de Paradela a desaugar no Ulla.
PONTES: ten a parroquia a xa tantas veces nomeada ponte de Sarandón (actual) do ano 1925. Ademais ten unhas pontellas, a pontella de Revolida no regueiro da costa no arroio de Corneda, e o pontillón da Trigueira en Vilar.
FONTES: as seguintes son públicas:
No lugar de Vilar: fonte da Corna, fonte de Revolida e fonte da Rata.
No de Baltar: fonte de Moucho e fonte de Cerqueira.
En Barbude: fonte de Parraido.
En Ribeira de Abaixo: fonte de Outeiro e fonte de Anegal.
No Pazo a fonte do Piollo.
En Vilaboa, a Fonte de Vilaboa,
E, en San Vicente a fonte de Costenla.
E para remate a chamada fonte do Santo, nova fonte do campo da festa, no lugar de Pazo (construída por unha das comisións de festas).
PEDRAS: tiña a parroquia os seus correspondentes marcos de lindes coas veciñas, que van desaparecendo pouco a pouco, preto da estrada Callobre-Ponte Ledesma nun camiño a poucos metros polo norte, aínda queda un que divide as parroquias de Berres, Moreira e Ribeira.
Unhas pedras importantes son as da chamada carballeira do Rei, ou sexa plantío real con devesa e viveiro, dos que falaremos.
Estaba situada ao leste do lugar de Baltar e nela atópanse marcos con R e un deles coa data 1796 que levou para a súa casa a familia Otero desta parroquia, donos do monte.
Hórreos: Son importantes os da casa de Otero e o da casa de Araúxo así como os das casas de Ramón de Piñeiro e o da casa da Condesa.
E moi importantes son as pedras xa con arte dos nosos canteiros, os cruceiros que son tres os que quedan en pé.
1 situación: parroquia de Ribeira, fronte á entrada principal da igrexa.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cuadrangular con peto de ánimas na fronte na que está esculpida unha alegoría do purgatorio. Columna: redonda, espiñenta, cunha imaxe de Santo Antón na súa parte anterior que ten debaixo unha placa metálica coa inscrición "Santa Misión de Ribeira". Septiembre 8 de 1920. Padres Franciscanos". O comezo da columna é cuadrangular cos atributos da Paixón: fronte, tenaces e martelo; cara dereita, man e tralla; na esquerda, esqueira e lanza, cara posterior, columna e galo. Remata cadrada. Capitel: pirámide cuadrangular invertida con catro querubíns. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado con testa inclinada á dereita; reverso, Inmaculada cun querubín aos pes. Altura: uns cinco metros.
Tradición: un de tantos cruceiros fronte ás igrexas, pero este é dun gran valor artístico.
Propiedade: pública.
2 situación: parroquia de Ribeira, lugar de Ribeira, á beira dun camiño. Este cruceiro foi movido por mor da concentración parcelaria, causa de que se atopase en situación de abandono ata hai doce anos, que foi reconstruído. Está situado a cen metros ao sur da súa situación definitiva, a carón da casa do Porto.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cuadrangular cunha gran serpente (pecado orixinal) rodeando tres das catro caras. Columna: redonda, espiñenta, cunha imaxe de Santo Antón mutilada na parte anterior. Comeza cadrada con signos de Paixón: esqueira e lanza, man e tralla, tenaces e martelo, columna e galo; remata cadrada. Capitel: pirámide cuadrangular truncada invertida, un sol na súa cara anterior e querubíns nas outras: Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita; Reverso, Dolorosa coa espada cravada no peito. Altura: uns catro metros.
Inscricións: no pedestal, AÑO 1 784.
Conservación: mala.
Tradicións: lémbrase sempre no mesmo lugar.
Propiedade: pública.
3 situación: na parroquia de Ribeira, lugar de Barbude, na súa parte norte.
Descrición: plataforma: cuadrangular de dous chanzos, mal coidada. Pedestal: cilíndrico. Columna: comeza cadrada e segue octogonal. Capitel: comeza cilíndrico e remata cuadrangular con volutas e querubíns. Cruz: lisa, latina, cuadrangular con bordes biselados, sen figuras. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non.
Conservación: mala.
Tradición: á beira dun camiño, paso cara a igrexa, é un dos cruceiros que en semellante situación asisten o paso dos cadáveres, rezándose oracións diante deles.
LENDAS: nos campos de Sanguñedo, preto de Baltar, aparecíase unha galiña con pitos de ouro... dicíanlle as nais aos fillos... "vente logo que che sae a galiña con pitos..."
Contan ademais outra lenda no mesmo campo...que faltaba pouco no camiño para que as rodeiras dos carros chegasen a unha viga de ouro, ou unha maleta.
Outra variante é a tan sabida de que neste campo había unha viga (ou trabe) de ouro e outra de alcatrán.
Unha maleta de ouro dicían que estaba no regueiro das Cortiñas.
Os veciños coidan, e sábese por tradición, que a capela de San Vicente estivo na súa orixe onde lle chaman a fonte do Santo e máis o Campo do Santo, e que desde alí foi trasladada a onde está hoxe.
Unha veciña atopou alí pedras traballadas, cavando (tiña 90 anos cando mo contou) traballou na súa xuventude lavando foguetes que facía seu pai o fogueteiro de Ribeira... e de mozo cavando do campo santo, un monte cunha fochanca no medio, atopou unha pía que a compara a un vertedoiro de cociña e coida que puidese ser a pedra onde se apoia o santo.
HISTORIA: desta parroquia di Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"Santa Mariña de Rivera
Tiene esta feligresía de Santa Mariña sesenta feligreses. Los fructos todos a la cura. Presentación de la capilla de Alba. La fábrica tiene de renta cincuenta y tres ferrados de centeno y dos de mijo. Hay en esta feligresía dos hermitas una de Sant Antón abad, está bien proveida de ornamentos calles y vinajeras de plata con su platillo y un relicario con muchas reliquias. Edificaron Pedro Vázquez de Puga y su mujer María Siso, que dejó en su testamento que su marido dotase la dicha hermita (fol. 450 y en una carga de pan para sus reparos; la otra se llama de San Vicencio Mártir no tiene dotación pero dicen está encargada de ellas una cofradía de la vocación do Santo. El iglesario tiene una casa en que vive el rétor y una buena huerta cave la iglesia, paga este beneficio a la dignidad arzobispal, por la fortaleza de la Barrera ocho fanegas de centeno y mijo cada año por la medida vieja".
Catastro de Ensenada: polo que se refire aos datos que obtiveron desta importantísima fonte, os referentes a esta parroquia atópanse onde falamos do mesmo e das parroquias que compoñían o coto ou Xurisdición de Tabeirós á que pertencía Ribeira.
Nos anos 184650 di Pascual Madoz:
"Ribeira (Santa Marina) feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada (10), diócesis de Santiago (30). Situada a la izquierda del río Ulla en la falda de una colina, clima templado, vientos más frecuentes los del N. y SE. Tiene 101 casas en las aldeas de Baltar, Barbud, Constenla, Marque, Pazo, Ribeira, y Vilar y escuela de primeras letras frecuentadas por unos 20 niños de ambos sexos cuyos padres dan al maestro la retribución convenida.
La iglesia parroquial (Santa Marina) se halla servida por un cura de primer ascenso y patronato laical; hay también una ermita dedicada a San Vicente Ferrer. Confina: N. Ribadulla, E. Berres y Moreira, S. la misma y Barbud y O. Sarandón y Paradela. El terreno es de primera y segunda clase, sus montes únicamente producen tojo, habiendo bastantes robles, castaños y pastos.
Sobre el mencionado río Ulla existen dos barcas llamadas de Sarandón cuyos productos en el día corresponden a un particular.
También atraviesan la feligresía dos arroyuelos que desagüan en el Ulla y cruzan por la misma el camino que desde Santiago por dichas barcas conduce a Orense y otro que dirige a La Estrada, ambos en mal estado. Produce: maíz, centeno, trigo, patatas, vino de inferior calidad; se cría ganado vacuno, caza de perdices, liebres y conejos y pesca de varias especies. Industria: la agrícola y 4 molinos harineros. Se celebra una feria el 23 de cada mes y consiste en ganados, lino, frutos y otros efectos del país y otra del 22 de enero de cada año cuyo tráfico se reduce a efectos de hierro.
Población: 101 vecinos y 406 almas."
Nomenclator arz. de Santiago: "Ribeira (Santa Marina) Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Estrada D. Felipe Gutiérrez. Entrada145 vecinos, 680 almas. Entrada-Mota. Personal: Ruibal D. José, parr.74. a. Carr. breve. García Ruibal D. José prbtr. 31 años carr.lat. Brei Naveiro D. Vicente pbro. 27 años, carr. breve."
No censo do ano 1924 tiña 558 habitantes.
Tamén nos apunta Álvarez Limeses-1936
"Ribeira (Santa Marina) dista 49 kilómetros e Pontevedra y 9 de La Estrada y limita al N. con el río Ulla, por el S. con Ancorados (San Pedro) por el E. con Berres y Riobó y por el O. con Paradela y Barbud.
Entidades: Baltar con 93 habitantes, Barbud 47, Constenla 47, Marque 32, Pazo 86, Piñeiro 19, Ponte 18, Ribeira 65, Vilaboa 38 y Vilar 115 que hacen un total de 558 habitantes que cuentan con una escuela mixta desempeñada por maestro. La atraviesan dos arroyos que desaguan en el Ulla y dos carreteras que pasan cada una por un estremo de la parroquia la de La Estrada a Puente Ledesma y la de Puente Liñares a Balboa. En términos de esta feligresía es donde está construyéndose el nuevo puente de Sarandón que une las provincias de La Coruña y Pontevedra. La iglesia fué construída en 1780 por los condes de Pallares y hay además una capilla llamada de San Vicente. Las fiestas principales son la patronal, el día 18 de julio y la de los Milagros el segundo domingo de Septiembre. El terreno es en parte de buena calidad y en parte mediano. Se recolecta algún vino pero no es de buena clase."
IGREXA PARROQUIAL: trátase dunha planta de cruz latina. Capela con cúpula rematada con cupulín. Arco triunfal de medio punto sobre pilastras. Nave de tramo único con bóveda de dúas ventás en cada muro con derrame interior. Unha sancristía a cada lado da ábsida con dous pisos cada unha e entre elas forman a planta en cruz latina.
Exterior: portada en arco alintelado remarcada de moldura, sobre dela doselete e liña de imposta. Diante adro formado por dúas grandes columnas e outras dúas pilastras aos lados, remata en frontón triangular con escudo e campanario central dun corpo.
Muros laterais con ventás de arco alintelado molduras. As ventás ao exterior son cuadradas e remarcadas de moldura plana.
Ábsida máis alta describindo un polígono e sobre dela un cupulín. É de estilo Renacemento. Foi construída en 1780 polo conde Pallares, que alí está soterrado e ten unha grande finca.
Ten unha importante casa reitoral e presentaba Ramón Gutiérrez de la Peña.
Unha obra de Frei Manoel dos Mártires: dinos Bouza Brey (Nós.t. VP 11) o seguinte "A igrexa actual de Santa Mariña de Ribeira, parroquia do concello de A Estrada emprazada na orela esquerda do Ulla, de traza neo-clásica, con pórtico de 4 grandes columnas de orde corintia se non nos falla a memoria, coroada a faciana de frontón triangular en cuxo ángulo érguese a torre e cuxo frontis leva o escudo dos próceres presenteiros, é obra polo que fai á planta se entende, do arquitecto sonado no século XVIII Fr. Manuel dos Mártires. Consta isto nunha acta notarial conservada no arquivo parroquial de data 20-XI-1962 pola que o reitor D. Fernando Cuervo e Araúxo con D. Pedro Xosé Valcárcel Miranda "dueño de la casa y pazo de San Benito" querélanse de forza contra
D. Bernardo Cuevas e outros, por ter retirado estes unha tarima de altar e no documento dise "que en suposición de que la iglesia parroquial se halla deteriorada y con ánimo de reedificarla de nuevo y la planta Pr. el Po. Maestro de obras Fr.. Manuel de los Mártires, religioso dominicano de la ciudad de Santiago y que con esta construcción quedará ancha y espaciosa y algo retirada donde hoy se alla... "pode ollarse no fol 73 v. do libro rotulado " Documentos pertenecientes a esta fábrica de Santa Mariña de Ribeira".
Inscrklón campás: grande: "JESÚS Y JOSÉ AÑO 1830". Sábese que foi fundida en Orazo, aínda que non o pon. Pequena: "SANTA MARINA DE RIBEIRA. ORATE PRO NOVIS 1 778 SIENDO ABAD..."
Ultimamente encintáronselle os muros e púxoselle un tellado novo (hai 8 anos). Tamén se lle fixeron bancos novos e construíuse un piso de madeira no altar.
Capela de San Vlcente en Ribeira
Ten unha planta rectangular e portada de arco de arco rebaixado e recercado de moldura plana aos lados das ventás troneiras e enriba un óculo. Remata na espadana central de dobre van e muros laterais con ventás de derrame ao exterior.
No interior está cuberta de madeira. Sancristía arrimada á cabeceira e consérvanse os arranques da primitiva bóveda. O seu estado é ruinoso.
Esta capela foi trasladada para aquí no ano 1778, antes estaba onda unha lagoa do lugar de Marque, onde aínda hoxe leva o nome de "Veiga da Igrexa".
Nesta capela puxéronlle un tellado e tribuna novos tamén. Isto adecentou o contorno; actualmente aínda está en proceso de restauraáón, e está habilitada para dicir misa nela.
Sábese que existiu outra capela no lugar de Vilar dedicada a Santo Antón.
CASAS NOBRES
Casa de Araúxo lugar de Ponte Ribeira
É este un bo exemplo de casa nobres conservada co mellor senso e agarimo polos seus donos. Predio perfectamente amurallada, entrada por un portalón rematado por unha cruz, co seu hórreo, fermosas chemineas e dous escudos, un sobre o lintel dunha porta lateral e outro máis moderno sobre da porta principal.
A capela dise que foi fundada polo licenciado Benito Campelo e a súa muller Ana de Castro, e dátana do século XVI. Completa o conxunto un vello múiño alí pretiño lindando coa estrada á actual ponte de Sarandón.
Esta casa pertencía no ano 1923 a Laura Luces, da Estrada e na actualidade á herdeira da mesma familia Araúxo-Luces.
Edificio de planta cadrada con baixo e piso. Porta de entrada alintelada con escudiño na fachada principal con balcón sobre vigas e pilares con cheminea. O aparello nas frontes de cantería grande en cúpulas e vans. Na fachada lateral outro escudiño.
Casa de Cobián e Capela en Ribeira
E unha casa de planta rectangular, baixo e piso e bufarda sobre o tellado, entre estas dependencias unha capela de planta rectangular rematada por espadana dun van.
Casa do lugar de Piñeiro
É de planta cadrada, con baixo e piso separados por unha liña de imposta. Ten nos baixos ventás troneiras. Piso con ventás recercadas de moldura plana acodada con doselete trebatel cegado. Campo de escudo baleiro. Fachada principal con porta enfeitada igual cás ventás e sobre elas un balcón apeado nun par de ménsulas. Está cuberta a catro augas.
Case que din foi feita por Segundo Santos, farmacéutico na Estrada que estando enfermo moito tempo o levaban no carro á misa.
Outra casa importante é a chamada da Condesa, que foi de Conde Pallares, soterrado no cemiterio da parroquia onde pode verse a lousa que o cobre. Ten un predio moi grande preto da igrexa.
Casa dos Otero Ribeira
Antiga casa señorial no lugar de Ribeira de Abaixo, da parroquia de Ribeira. É unha casa nobre cunha gran cheminea de pedra rodeada por un fermoso debuxo feito nela, cunha entrada polo nacente e muralla que a enriquece ademais dun hórreo na eira. Máis adiante falamos do fundador desta casa.
Datos históricos do fundador:
Esta casa foi construída no ano 1 722, o seu dono, o maxistrado Manuel Otero Manquieira, ten unha historia coñecida por unha instancia que lle presenta ao alcalde do Concello da Estrada para obter a clasificación e xubilación, con data 21 de maio de 1881. Disto dedúcese que foi comandante da Milicia Nacional " en este partido durante los 7 años que duró la primera guerra civil durante Íos que estuvo mobilizado case continuamente".
En 1823 era "individuo de la Milicia Nacional de Santiago, siendo allanada y robada su casa en el mes de Julio por el cabecilla Albán". Foi a continuación xuíz desta xurisdición por decreto do 10 de novembro de 1933.
É ademais comisionado polo seu amigo o capitán xeneral Pablo Morillo para o desarme dos realistas perseguindo de seguido ao cabecilla López ata Ponte Ledesma cando viña de Portugal co nomeamento de capitán xeneral para organizar a facción que estalou aos poucos días. O xeneral autorizouno a organizar e mobilizar a milicia con amplos poderes.
Tendo noticia de que amañecendo o día 26 de abril de 1835 estabase xuntaándo na casa do cura de Oca suxeitos armados co cardeal Gorostidi, partidos que pasaban pola barca da Carreira destinou gardas á dita barca e cos nacionais que puido xuntar pasou a Oca, seguindo precipitadamente á Rocha e despois cara a Montes e Cotobade con só 63 homes, dos 400 que desde Santiago se lles debían unir e aos que se lles impedira o paso de dita barca.
Eran os principais xefes desta conspiración o cura de Arca e outro de Cotobade e o de Paradela en Vilagarcía; este foi arrestado e fusilado e indultados os outros dous; prenderon o cardeal Gorostidi (do que xa falamos na parroquia de Agar).
O capitán xeneral, sabendo dos feitos, enviou unha partida mandada polo capitán Abeledo cara a Cotobade, onde bateu a Gorostidi. Xuntándose no Arnau e perseguido todos o cardeal por Santa Cristina de Vinseiro e Olives, onde se rozaron tiros, non puideron collelos (fuxiron cara a Trasdeza) porque se agocharan na devesa de Grava.
Ao día seguinte (4 de maio) volveu aparecer no Alto da Rocha, onde foi batido deixando o cardeal o seu cabalo, maleta e alforxas, todas cheas de correspondencia..."que acreditaban la vasta complicación de Galicia".
En vinganza o 27 de xullo de 1838... "el cabecilla López arrasó su casa (a de Otero) destruyendo, robando y talando su casa dejándole solo lo "encapillado" aprovechando que lo sabían en Santiago". Avisado na barca de Sarandón mandou xuntar os nacionais e cunha partida marcharon a Abades onde se uniron con máis nacionais de Lalín.
Na noite do 7 de 1836 (cando a invasión de Gómez) marchou coa compañía de "miñotes" que se atopaba na Estrada... a Pontevedra e Ponte San Paio.
En 1837 invadindo terras de Montes a facción de Guillade foi na súa persecución.
En 1838 sostivo combate novamente en Aciveiro.
En 1839 xunto coa 16 compañía, que chegara a véspera á Estrada, alcanzou en Castro de Muras a Facción de Farraspeira deixando alí morto o seu cabecilla.
A MÚSICA EN RIBEIRA
É máis que sabida a grande afección pola música dos veciños desta parroquia.
En Ribeira os veciños deron sobradas mostras diso organizando con teima bandas de música.
Coñécense uns comezos "heroicos"; en tempos pasados existiron unhas bandas (se se lles pode chamar asO improvisadas... xuntábanse uns poucos amigos con anceios musicais e saían tocar a calquera parroquia que os chamaba... un exemplo destas "bandas" era a de CarnotaT xuntábanse onda a barca de Sarandón para ensaiar, a ceo aberto, ao aire libre, e desde alí marchaban tocar... Estes músicos cheos de boa vontade e afección pasaban os seus apuros xa que nalgunhas parroquias os despedían as pedradas... coma naquela ocasión en Marrozos, a comezo deste século (onde feriron na cabeza a Francisco Bello dunha pedrada). As mozas enchían os mandís de pedras e pasábanllelas aos mozos, que llelas tiraban aos músicos cando ían de paso que se despedían tocando, como era costume. Os desprazamentos por suposto facíanos xeralmente a pé.
Imos coas bandas de música desta parroquia:
Primeiro foi "Ribeira a Vella". Esta banda xurdiu pola xuntanza duns poucos veciños e amigos aos que máis adiante se foron engadindo outros. O seu primeiro director foi José Bello. Ensaiaban onde podían, ou sexa nas casas dalgún músico, unha desas casas era a de Rafael Fernández, do lugar de San Vicente desta parroquia:
Aínda que o primeiro director foi José Bello, o seu fillo Francisco Bello Neira dirixiuna tamén desde 1953 a 1957 e foi un home que ademais compuxo pezas de moita importancia "Ecos da Estrada", "Espadela", "Ratantán", "Alto de Penadona", que se refire a esta pena na parroquia de Paradela, ou sexa a súa parroquia, xa que Bello non era de Ribeira. Bello emigrara á Arxentina onde dixo que cursara solfexo e harmonía, cousa a ter en conta pois daquela estas bandas tocaban "sen papeis" xa que non sabían solfexo. Moitos son os nomes de músicos: os Ribadeo, Cerviño, Pereiriñas, Pereiras, Penas, Vázquez Requeijo, Figueiras, Reimóndez, Rey, Vinseiro, Barreiro, Arjones... algúns, varios irmáns..e tantos outros.
Desfeita a banda, en 1916 fundouse outra que por levar tamén o nome de Ribeira se chamou "Ribeira a Nova", da que foi fundador José Ribadeo López; a banda ensaiaba en varias casas do lugar de Baltar desta parroquia, na de Ribadeo, na de Taberniña, na de Encarnación, na de Márquez, ou na do Zoqueiro en Paradela.
Desfíxose no ano 1932 por morte de Ribadeo e seguiu desfeita ata pasada a Guerra Civil en que volveu aparecer en 1939, dirixida por Jaime Barros Barreiro, veciño do lugar de Baltar de Ribeira, que botou dirixíndoa ata 1944.
Pasou despois a dirixila Manuel Iglesias Domínguez, que viña da Municipal de Santiago.
Despois encargouse da banda Ricardo Jordán, home moi serio e cunha gran rectitude, procedía da Coruña...deixouná unha tempada para volver de novo a dirixila. Anos despois encargouse dela Secundino Pedreira, que botou tres anos, deixouna un ano, dirixida por un músico novo da Coruña e volveu dirixila uns poucos anos máis.
E de novo desfíxose por uns dous anos. Polos anos 1965 volveu a Banda de Ribeira co nome de Nova Ribeira sendo o seu primeiro director un tal Gervasio, despois dirixiuna Secundino Pedreira, para deixala e converterse esta banda xa en tempos de Pedreira na chamada Banda Cultural da Estrada, que é como se denomina hoxe. Ensaiaba no edificio do Instituto Vello da Estrada e actualmente faino no local social de Matalobos. Está dirixida por Ricardo Olivén, con varios galardóns no seu haber e un disco gravado.
En funcións aínda a Ribeira Vella fundouse a Ribeira Nova e como é de supoñer as rivalidades e petirras foron grandes. Sen dúbida (xa o dixemos) é terra de músicos.
AS BARCAS DE SARANDÓN
Dinos Pedro Varela (La Estrada p. 205) "Las barcas de Sarandón eran propiedad de los Otero. El 7 de mayo de 1839 el capitán general de la Región concedió el uso de una barca recibida. En 1845 el jefe político de la Provincia mandó detener los derechos que se devengan por la barca del puente de Sarandón. En 25 de enero de 1855 son declaradas las mismas barcas de propiedad de D. Manuel y D. Hipólito Otero y se acuerda ponerlos en posesión de ellas. Todo esto consta en los libros de actas del Ayuntamiento. El Estado apróbó la construcción de un camino de Pica e Sarandón cruzando a parroquia y también la construcción de un puente económico sobre el río partiendo del lugar de Ponte donde estaba el antiguo y desaparecido casi en su totalidad púes sólo se conservan restos de los estribos y la dmentación de los 6 arcos que tenía. Fuera destruído el 18 de Febrero de 1871".
Foi destruída a ponte de Sarandón na data que di Pedro Varela... unha grandísima riada levou ese dfa todas as pontes sobre do Ulla e mais o mosteiro de San Xoán da Cova.
Na actualidade aínda existen restos de muros de pedra que rodeaban o campo onde atracaba a barca, e un anaco de terreo pequeno duns 50 metros que dá fronte ao río e uns 15 a 25 de fondo e chégase a el por un camiño (como xa dixemos) antigo camiño real duns 50 metros desde A Estrada á ponte na súa parte leste, é dicir río arriba e como a uns 100 metros da ponte, ou sexa no poio da barca.
Cóntase que deixaron de traballar as barcas hai algo máis de 50 anos.
Eran tres as barcas de varios tamaños, na moi grande que podía transportar ata dous carros do país cos seus bois (de grandes taboleiros de Castiñeiro) e a máis pequena servía para transportar dúas ou tres persoas soamente.
Foi moito o tráfico en dirección a Santiago e A Estrada (segundo algún veciño que o lembra) o paso de cada persoa custaba un patacón.
Tamén os veciños coidan que as barcas foron sempre propiedade dos Otero e mais os terreos de arredor, incluso o camiño que vai desde a estrada á barca, e aínda hoxe é o día que paga un tanto o que circula polo camiño para sacar area do río no poio da barca, que se conserva.
PERSOEIRO SOBRANCEIRO: Lois Estevez, José. Lois Estevez non naceu na Estrada (naceu en Pontecaldelas o 21 de marzo do ano 1922) e aínda así trátase dunha persoa considerada como estradense sobranceiro.
Estudou Dereito en Santiago, foi profesor auxiliar de Dereito Procesal e doutorouse no ano 1947; sendo encargado das cátedras de Economía e de Facenda Pública (1953-1965). En 1967 marchou invitado pola Universidade de Caracas para ditar un curso de Metodoloxía Xurídica, e alí seguiu ata 1972, sendo nomeado cando volveu catedrático de Epistemoloxía das Ciencias Sociais e Xurídicas da Facultade de Dereito en Santiago. Ten publicados máis de vinte volumes sobre temas de Dereito, e moitos artigos e ensaios. Lois é ademais un grande afeccionado á astronomía, ata o punto que foi el quen instalou e usou o primeiro telescopio no observatorio de Caracas, e en Santiago construíu o primeiro "ecuatorial" que se fixo en España.
Son moitísimos os méritos de Xosé Lois, que deixamos para dedicar unhas liñas á súa faceta como estradense. Está casado cunha estradense e vive concretamente nesta parroquia, considerouse e considerámolo sempre como un home máis desta terra e recoñecémoslle unha chea de virtudes que fan del un gran home, coa súa humildade acocha a súa sabenza e os seus coñecementos universais.
Mais Lois Estevez deu mostras dabondo do seu agarimo á terra estradense, a ela dedicoulle loanzas a cotfo e defendeuna sempre. Este home, ao que a súa sensibilidade o fai chegar á mesma poesía, fíxolle dedicar aos seus sentimentos e aos seus fondos sentimentos postos na Estrada.
"En la brutal megápolis, febril extenuante, donde asfisia la máquina con feroz dictadura mi alma estumida sueña, como oasis distante una casita, apenas visible en la espesura.
Una casa en Galicia sahumada por las flores,
Cabe el regazo rústico de travieso arroyuelo..."
Dicía na distancia.
E en "Las musas Bajan al Pueblo". Poema XXV:
Allá sobre la cumbre iluminada Soñando en paz paisaje y firmamento Que bien pareces al surgir, La Estrada,
Tras la envoltura musical del viento.
Cerca, la fronda melodioso acento Tiene por tu ladera perfumada,
Te ofrece el agua su deslumbramiento
Y el campo su bandera desplegada.
Tienes al horizonte la belleza
Y el vértice a Dios: norma y altura Conciertan en honor de tu destino.
¡Mira con fe al después, trabaja y reza, tiempo y afán propician tu ventura
y en el confín se alarga tu camino!
A Lois non se lle resistiu a ciencia, a poesía, a prosa e por suposto a filosofía e o dereito, que é o del.
FESTAS: as festas son as da patroa Santa Mariña o día 18 de xullo e o Santísimo ao día seguinte. San Vicente o 22 de xaneiro (chamábanlle a festa da castañeta, coa que era costume ir tocando as castañetas). Os Milagres o día 10 de setembro, e o día 11 o San Roque. E Santo Antón o 13 de xuño. Tamén en xuño se celebra o San Xoán.
INDUSTRIA: ten industrias a parroquia: unha grande empresa de complementos de construción no lugar de Marque (GALISEC), expandida por toda España e Portugal. Unha fábrica de embutidos, dous tomos de madeira, dúas empresas de construción, unha carpintería, unha industria agropecuaría e unha grande empresa de ferretería (MFER).
Tamén ten muíños, aínda que ningún no río grande, o Ulla, son todos de regueiro.
No regueiro do Pazo están os dos Trigos, o de Esperanzas, o de Pazo, o dos Barreiros, o de Ramón de Abraldes, o de Ribadavia, o do Palluzo e o da Señora (a condesa).
No regueiro da Costa están o muíño Vello e o muíño de Baltar. Tiña a parroquia unha importante industria de foguetes, o famoso fogueteiro de Ribeiro desde hai moitos anos. O derradeiro xubilouse hai tempo rematando o oficio.
O ENSINO: en canto ao ensino, esta parroquia ten unha escola de prescolar tamén chamada de "párvulos" e os demais nenos que estudan ensino primario van ao grupo de Figueroa da vila da Estrada, en transporte escolar. Teñen despois opción a seguir estudos de ensino medio.
DEPORTES: pódese cazar nos montes da parroquia, caza menor, coellos e perdices, e a pesca de salmóns e troitas no río Ulla.
Foi construído un novo campo de fútbol no lugar de Baltar, que tamén fai de campo da festa.
Existe ademais en Ribeira un gran campo da festa, debido ao reparto feito pola concentración parcelaria.
CENTROS CULTURAIS: o edificio da escola está dividido en dous corpos: a metade do edificio úsase para escola e a outra metade para reunións veciñais.
Existe a "Asociación de Veciños de Santa Mariña" que se encarga de variados asuntos parroquiais.
Tamén se atopa a Asociación Padroado "Virxe de Lourdes" (é a Santa da Capela). Manuel Reimóndez Corral deixou o froito dos predios para a capela de San Vicente (a propiedade dos predios está en discusión xudicial).
, No que atinxe á SANIDADE, dependen de médicos da vila e do seu ambulatorio, onde tamén teñen servizos de urxencias e algunha especialidade.
ECONOMICAMENTE: O nivel de vida mellorou moito, igual que nas parroquias da zona... vivendas mellores, servizos de auga, fonte de Piollo, o Merlo, o das Cortiñas e, cómo non, o campo e a fonte do Santo.
PLANTÍOS REAIS: de S. M., dinos o "Catastro de Ensenada":
"Dehesa y Viveiro Real de S.M. La Dehesa se halla sita en el monte de Constenla, su cavida quarenta ferrados, primera calidad, L. Vega de Estivadón, P. Vega del Chao del monte, N. dehesa del pazo M. dicho monte de Constenla.
El vivero se halla en el monte de Ribeira, cavida dos ferrados, primera calidad, cerrada sobre si".
TELEFONÍA: mixta
TURISMO RURAL:
"Fonteclara". Ten seis habitacións dobres con baño, unha habitación con baño especial e unha habitación individual con baño. Opcións de ceas e almorzos. Teléfono 986 573 209.

Ribeira*
Pedro Varela
Consta esta parroquia de 108 cabezas de familia e 794 habitantes, e dista da Estrada uns nove quilómetros.
Ribeira leva este nome por estar á beira do río que por alí corre.
De moi antigo vén a fundación desta parroquia, pero non podemos concretar a data por falta de datos precisos.
Lugares: A Ponte, A Ribeira, O Piñeiro, O Pazo, Baltar, San Vicente, Constenla, Marque, Barbude, Vilanova e Vilar.
O lugar de Ponte tomou o nome da ponte de Sarandón; en canto aos da Ribeira, O Pazo, San Vicente, Vilanova e Vilar, non cómpre dicir nada. Sobre Baltar non falta quen opine que significa “altura”, e nesa situación está o lugar que nos ocupa con relación aos demais da parroquia; Constenla está en costa, aínda que pouco pronunciada; Marque, antes Marqués, territorio dominado por un señor con título nobiliario.
Lindeiros: norte, río Ulla e Berres; sur, Moreira e Barbude; leste, Berres e oeste, Paradela.
Vías de comunicación: a vía do estado da Estrada a Ponte Ulla; camiños rurais antigos, a ponte chamada Ponte Nova e as barcas de Sarandón, propiedade dos Otero. Estas barcas teñen a súa historia e antigüidade: o 7 de maio de 1839, o Capitán Xeneral da Rexión concedeu o uso dunha barca en Sarandón a D. Manuel Otero; o 21 de xaneiro de 1841 acordou o goberno que se respectase a D. Hipólito e a D. Manuel Otero na propiedade da barca referida; en 1845 o xefe político da provincia mandou reter os dereitos que se devindicaban pola barca da ponte de Sarandón; o 25 de xaneiro de 1855 son declaradas as barcas de propiedade de D. Manuel e D. Hipólito Otero e acórdase poñelos en posesión delas. Todo isto consta nos libros de actas do Concello. O Estado aprobou a construción dun camiño da Pica a Sarandón, cruzando a parroquia que nos ocupa, e tamén unha ponte económica sobre o río, partindo do lugar de Ponte, onde estaba a antiga. Na actualidade esta desapareceu case na súa totalidade, só se conservan restos dos estribos e a cimentación dos seis arcos que tiña. A destrución desa ponte data de moi antigo e o pobo impútalla a Pedro Madruga, señor de Soutomaior; pero pode asegurarse que en realidade se debeu a unha riada producida o 18 de febreiro de 1571.
Os de Ribeira non contan con escolas de ensino primario e verdadeiramente non se explica, pois teñen indiscutíbel dereito a educárense e poboación suficiente para que o estado os atenda. O Ministerio aprobou o expediente para crear alí unha escola de nenos, pero o asunto é que non acaba de establecerse. Funciona en Ribeira unha sociedade de agricultores con seguro de gandos.
No eclesiástico: o curato é de entrada e sérveo un párroco. Ten por patroa Santa Mariña. Presenta actualmente o Excmo. Sr. don Ramón Gutiérrez de la Peña y Quiroga, e antes fixérao a capela de Alba. A igrexa é bastante boa, con arquitectura do Renacemento. En Constenla, no punto de San Vicente, hai unha capela, advocación do mesmo santo; foi trasladada para ese lugar no ano 1778, o 5 de abril; antes estaba nunha lagoa do lugar de Marque. Tamén existiu outra capela de San Antonio no lugar de Vilar e foise arruinando até desaparecer. Houbo a de San Bieito no lugar de Ponte, fundada polo licenciado D. Benito Campelo e a súa esposa Dª Ana de Castro, nun terreo que hoxe pertence a Dª Laura Luces.
Festas anuais: Santa Mariña, o 18 de xullo; o Sacramento, o día seguinte; San Bieito, en xaneiro; os Milagres, en setembro; San Antonio, o 13 de xuño; San Roque, o día seguinte de San Antonio.
De Ribeira procedían D. Manuel e D. Jenaro Otero, avogados e persoas moi distinguidas e estimadas.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017